Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 33 Clase Interactiva: 15 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Física
Áreas: Química Física
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Describir o equilibrio entre fases e a súa aplicación a disolucións reais e ás transicións de fase en biomoléculas.
- Identificar os fundamentos dos fenómenos de superficie e interfases e aplicalos a sistemas biolóxicos.
- Identificar os fenómenos de transporte de relevancia en sistemas biolóxicos.
- Discutir o transporte de ións e de electróns en sistemas biolóxicos.
- Identificar os fundamentos da Termodinámica Estatística e aplicalos a biomoléculas.
Teoría:
- Equilibrio entre fases e aplicación a biomoléculas.
- Disolucións non ideais.
- Fenómenos de superficie e interfases.
- Fenómenos de transporte.
- Transporte de ións e de electróns en sistemas biolóxicos.
Prácticas:
- Experimentos de laboratorio relacionados cos contidos teóricos da materia.
Os contidos fundamentais desta materia están incluídos nas fichas de actividades de cada tema que estarán dispoñibles na aula virtual. As fichas de actividades están baseadas principalmente nos seguintes libros. Indicarase outra bibliografía adicional na aula virtual se é necesario.
• P. W. Atkins e J. de Paula, Physical Chemistry for the Life Sciences, Oxford University Press, Oxford, 2011.
• P. W. Atkins, J. de Paula y James Keeler, Atkins’ physical chemistry, 11ª edición, Oxford University Press, Oxford, 2017. Versión en castelán: Atkins Química Física, 8ª edición, Editorial Médica Panamericana, Buenos Aires, 2008. Student`s solutions manual for physical chemistry: solucións a problemas correspondentes á 6ª edición.
• R. Chang, Physical chemistry for the biosciences, University Science Books, 2005. Versión en castelán: Fisicoquímica para las ciencias químicas y biológicas, Trad. R. Zugazagoitia, A. Rojas et al., MacGraw-Hill, México, 2008.
• H. Kuhn, H.-D. Försterling y D. H. Waldeck, Principles of physical chemistry, Wiley, Hoboken-New Yersey, 2009. Versión en castelán: Principios de fisicoquímica, trad. J. Hernández e M. A. Lanto, Cengage Learning, México, 2012.
Competencias xerais:
CG1 - Posuír e comprender os coñecementos fundamentais acerca da organización e función dos sistemas biolóxicos nos niveis celular e molecular.
CG5 - Capacidade para aplicar protocolos experimentais de laboratorio incluíndo a preparación de reactivos de maneira exacta e reproducible.
Competencias básicas:
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias transversais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT7 - Capacidade para a resolución de problemas.
CT14 - Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica.
CT15 - Capacidade para a comunicación oral e escrita.
Competencias específicas:
CES1 - Entender as bases físicas, químicas, matemáticas e estatísticas dos procesos biolóxicos, así como as principais ferramentas físicas, químicas, matemáticas e estatísticas utilizadas para investigalos.
CLASES EXPOSITIVAS:
Para o estudo da materia utilizarase a metodoloxía de aula invertida, onde o estudante traballa os conceptos teóricos de forma asíncrona antes da clase e realiza exercicios e problemas relacionados en grupos durante a clase coa titorización do profesor. Para iso, os contidos da materia divídense en fichas de actividades e póñense a disposición do alumnado na aula virtual. A través dun cuestionario on line previo a cada clase analízase o grao de comprensión alcanzado polo alumnado en cada un dos conceptos obxecto de estudo co fin de preparar unha breve explicación ao comezo da clase dos conceptos que non foron ben comprendidos. Despois os estudantes resolven en grupo exercicios e problemas nos que se aplican os conceptos teóricos estudados.
SEMINARIOS:
Clases de resolución individual e entrega de problemas máis complexos que combinan varios conceptos estudados na teoría. O estudante participa activamente nestas clases e o seu traballo valórase dentro da avaliación continua.
TITORIAS:
Estas clases utilizaranse para tratar algúns aspectos non específicos da materia (erros nas medidas, tratamento de datos, etc.) pero que son fundamentais para a resolución de problemas e a análise dos datos experimentais das sesións prácticas. Tamén se discutirán cuestións de interese relacionadas cos contidos da materia previamente preparadas polo alumnado.
PRÁCTICAS:
As prácticas son sesións de traballo experimental no laboratorio nas que o alumnado adquire as habilidades básicas dun laboratorio de química e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. O alumnado deberá acudir ao laboratorio coñecendo as tarefas a realizar e os conceptos teóricos relacionados, para o que disporá con antelación do material docente correspondente.
PLAN DE CONTINXENCIA PARA ACTIVIDADES DOCENTES EN REMOTO:
As actividades docentes en remoto realizaríanse, de forma síncrona/asíncrona e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e MS Teams.
As clases expositivas e titorías serían substituídas por sesións en liña mediante a ferramenta Microsoft Teams. As clases de seminario realizaríanse a través do Campus Virtual e consistirían na resolución individual de cuestionarios ou exercicios para a súa posterior entrega. As prácticas da materia substituiríanse por experimentos sinxelos relacionados coa materia que se puidesen levar a cabo en casa, xunto coa análise dos datos experimentais que se tiveran obtido nas prácticas previstas.
A comunicación directa, tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante MS Teams ou, en casos excepcionais, mediante correo electrónico.
ASISTENCIA:
É obrigatoria a asistencia ás prácticas, seminarios e titorías salvo causa excepcional debidamente xustificada. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose razóns de exame e de saúde, así como aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente.
AVALIACIÓN DO ALUMNADO:
A cualificación de aprobado obterase para unha nota final de 5 sobre 10. A nota final, tanto en primeira como en segunda oportunidade, basearase na avaliación dos seguintes aspectos:
• 30% da nota final: avaliación continua baseada nos controis e as entregas de exercicios e problemas que se realicen nas titorías e seminarios, así como na participación activa nas clases.
Competencias avaliadas: CB3, CB5, CG1, CT1, CT7, CT14, CT15, CES1.
• 20% da nota final: avaliación das prácticas de laboratorio baseada na preparación previa do alumnado, o caderno de laboratorio e a avaliación continua durante as prácticas. Será necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 nas prácticas para aprobar a materia.
Competencias avaliadas: CB3, CB5, CG5, CT1, CT7, CT14, CT15, CES1.
• 50% da nota final: avaliación do exame final da materia con cuestións conceptuais e problemas, complementaria á avaliación continua e á nota de prácticas, tanto en primeira como en segunda oportunidade e en calquera dos escenarios. Será necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 no exame para aprobar a materia.
Competencias avaliadas: CB5, CG1, CT1, CT7, CT14, CES1.
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS NA REALIZACIÓN DE TAREFAS Ou PROBAS: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
PLAN DE CONTINXENCIA PARA ACTIVIDADES DOCENTES EN REMOTO: O sistema de avaliación será o mesmo independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial ou virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación realizaranse, segundo o que establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos dispoñibles na USC.
O número de horas presenciais desta materia é 51 horas (máis 4 horas de exames), polo que o/a alumno/a deberá investir unhas 95 horas de traballo persoal, repartido entre o estudo autónomo e o afondamento nos contidos teóricos e a aplicación dos devanditos contidos á resolución de problemas e á elaboración de traballos e de memorias de prácticas.
Para cada unha das actividades presenciais estímanse os seguintes tempos de traballo persoal:
- Clases: 33 h presenciais, 33 h de traballo persoal individual ou en grupo.
- Seminarios: 3 h presenciais, 17 h de traballo persoal individual ou en grupo.
- Titorías: 3 h presenciais, 37 h de traballo persoal en grupo.
- Prácticas de laboratorio: 12 h presenciais, 12 h de traballo persoal individual.
- É importante manter o estudo da materia “ao día”.
- A resolución de problemas é fundamental para a aprendizaxe desta materia.
- É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio.
- Recoméndase consultar regularmente a aula virtual da materia, onde estará dispoñible toda a información relevante achega do programa, horarios e organización da materia, así como as fichas e o material audiovisual complementario (diapositivas, simulacións, enlaces Web, etc.) e cuestionarios on line de axuda para a preparación dos contidos teóricos.
Plan de continxencia
METODOLOXÍA
PLAN DE CONTINXENCIA PARA ACTIVIDADES DOCENTES EN REMOTO:
As actividades docentes en remoto realizaríanse, de forma síncrona/asíncrona e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e MS Teams.
As clases expositivas e titorías serían substituídas por sesións en liña mediante a ferramenta Microsoft Teams. As clases de seminario realizaríanse a través do Campus Virtual e consistirían na resolución individual de cuestionarios ou exercicios para a súa posterior entrega. As prácticas da materia substituiríanse por experimentos sinxelos relacionados coa materia que se puidesen levar a cabo en casa, xunto coa análise dos datos experimentais que se obtiveron nas prácticas previstas.
A comunicación directa, tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante MS Teams ou, en casos excepcionais, mediante correo electrónico.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS NA REALIZACIÓN DE TAREFAS OU PROBAS: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
PLAN DE CONTINXENCIA PARA ACTIVIDADES DOCENTES EN REMOTO: O sistema de avaliación será o mesmo independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial ou virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación realizaranse, segundo o que establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos dispoñibles na USC.
Maria De La Merced Novo Rodriguez
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Correo electrónico
- m.novo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Wajih Al-Soufi
Coordinador/a- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 982824114
- Correo electrónico
- wajih.al-soufi [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
Martes | |||
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
Mércores | |||
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
Xoves | |||
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
Venres | |||
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
17.01.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
17.01.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |
28.06.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
28.06.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |