Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 33 Clase Interactiva: 15 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Coñecer e interpretar as adaptacións metabólicas que se requiren en situacións de requirimento funcional físico extremo.
- Coñecer os cambios metabólicos que se observan durante o avellentamento; as súas orixes e modificacións.
- Coñecer o equilibrio homeostático e as modificacións que se producen como consecuencia da actividade física e durante o avellentamento.
Teoría:
Tema 1.- Respostas e adaptacións metabólicas e fisiolóxicas ao exercicio: Respostas metabólicas ao exercicio de alta intensidade. Fosfocreatina e ATP. Causas da fatiga. Metabolismo glucídico durante o exercicio. Regulación do metabolismo de proteínas e aminoácidos durante o exercicio.
Tema 2.- Adaptacións bioquímicas e fisiolóxicas ao adestramento. Respostas e adaptacións do sistema nervioso á actividade física. Adaptación do sistema inmunitario á actividade física.
Tema 3.- Conceptos sobre o avellentamento. Teorías sobre o avellentamento. Aspectos metabólicos Senescencia celular e avellentamento.
Tema 4.- Inestabilidade xenómica. Mantemento de telómeros. Alteracións epixenéticas. Metilación do ADN. Modificación das histonas. Papel de miRNAs.
Tema 5.- Disfunción mitocondrial. Os antioxidantes. Sinalización molecular.
Tema 6.- Modificacións metabólicas. A vía anabólica e a súa relación co avellentamento. FOXO. Sirtuinas.
Tema 7.- Proteoestasis. Autofaxia e avellentamento. Esgotamento das células nai. Inflamación. Terapias antiavellentamento.
Bibliografía Básica:
-Nelson, D.L. y Cox, M.M. 2018. Lehninger. Principios de Bioquímica 7ª Edición. Ed. Omega.
-Voet, Voet y Pratt. 2016. Bioquímica 4ª Edición. Editorial Médica Panamericana (también disponible on-line en la BUSC).
-Berg, J.M.; Tymoczko, J.L. y Stryer, L. 2012. Bioquímica 7ª Edición. Ed. Reverté S.A. (también disponible on-line en la BUSC)
-Mathews, C.K.; Van Holde, K.E.; Appling, D.R. y Anthony-Cahill, S.J. 2013. Bioquímica. 4ª Edición. Pearson Educación.
-Baynes, J.W. y Dominiczak, M.H. 2014. Bioquímica Médica 4ª Edición. Elsevier.
- Willmore, J.H. y Costill, D.L. Fisiología del esfuerzo y del deporte. Paidotribio, 2004
-Handbook of the biology of aging 2011/ edited by Edward J. Masoro and Steven N. Austad. 7th ed.London ; Burlington, MA : Academic Press.
-Peter J. Kennelly, PhD 2023. Bioquímica del envejecimiento, McGraw Hill.
Bibliografía complementaria:
- Hargreaves, Mark. Exercise metabolism. Champaign, IL: Human Kinetics, cop. 2006.
- Mougios, Vassilis. Exercise biochemistry Champaign, IL: Human Kinetics, cop. 2006.
- Maughan, Ron. Biochemistry of exercise and training. Oxford: Oxford University Press, 2008
Competencias básicas e xerais:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CG1 - Posuír e comprender os coñecementos fundamentais acerca da organización e función dos sistemas biolóxicos nos niveis celular e molecular.
CG3 - Capacidade de adaptación a novas situacións de tipo bioquímico que requiran unha visión diferente ás previamente establecidas ou estudadas.
Competencias transversais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT6 - Capacidade para buscar, analizar e xestionar a información proveniente de fontes diversas.
CT7 - Capacidade para a resolución de problemas.
CT9 - Capacidade para transmitir coñecementos.
CT10 - Capacidade para o razoamento crítico e a argumentación, e capacidade autocrítica.
CT14 - Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica.
Competencias específicas (resultados da aprendizaxe):
CEOP8: Coñecer o equilibrio homeostático e as modificacións que se producen como consecuencia da actividade física e durante o avellentamento.
-As clases expositivas ou maxistrais (33 horas) serán impartidas polos profesores encargados da materia, empregando presentacións audiovisuais por computador con proxector de vídeo, coa axuda de anotacións no encerado.
- As clases prácticas de laboratorio (12 horas) incluirán unha introdución teórica e guións que detallen os procedementos para desenvolver. Os alumnos traballarán en grupos de 2-3 alumnos.
- Nos seminarios interactivos (3 horas) os alumnos presentarán oralmente traballos realizados en grupo relacionados cos temas da materia.
-A orientación de todas as actividades e tarefas realizadas polos estudantes será realizada polos profesores nas sesións de titoría en grupo (3 horas). Tamén realizarán un traballo individual consistente na resolución de problemas.
-Utilizarase de forma continuada como apoio á docencia o Campus Virtual da USC.
As titorías poderán realizarse tanto presencialmente como a través do foro do Campus Virtual, mediante Ms. Teams ou ben mediante correo electrónico.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Para a avaliación da materia teranse en conta 4 apartados: exame teórico, prácticas de laboratorio, presentación de traballos e participación activa en clases e debates.
O exame final (60% da cualificación final, complementaria á avaliación continua) será un exame único, cuxa data de realización é asignada polo Centro e é coñecida antes do inicio do Curso Académico. Trátase dun exame tipo test, que consta de 100 preguntas con 4 respostas das cales só unha será correcta. Ademais, o exame completarase con varias preguntas curtas. O tempo de realización do exame será de 2 horas. Competencias avaliadas: CB2, CG1, CT1, CT7, CEOP8.
Prácticas de laboratorio (15% da valoración final) os coñecementos adquiridos avaliaranse mediante un exame escrito (10% da nota final) que se efectuará á conclusión das prácticas. A valoración do caderno de prácticas e da actitude no traballo de laboratorio supoñerá o 5% restante da nota final. Competencias avaliadas: CG3, CT1, CT7, CT14.
Presentación de traballos (15% da cualificación final) valoraranse aspectos como a estrutura do traballo, a calidade da información e a presentación oral. Competencias avaliadas: CB2, CB3, CG1, CG3, CT1, CT6, CT9, CT10.
Avaliación continua (10% da cualificación final) valorarase a participación activa en clase e a resolución de problemas (tamén nas titorías en grupo). Competencias avaliadas: CB2, CB3, CG1, CG3, CT1, CT6, CT7, CT9, CT10, CT14, CEOP8.
A materia consta de 6 créditos ECTS. O número total de horas de traballo do estudante é de 150 horas, das que o 39% son presenciais e o 61% son horas de traballo autónomo do alumno. A distribución detallada do tempo de traballo do alumno é a seguinte:
Clases maxistrais: 33 h presenciais / 66 h traballo autónomo
Seminarios: 3 h presenciais / 17 h traballo autónomo
Prácticas: 12 h presenciais / 8 h traballo autónomo
Titorías en grupo: 3 h presenciais / 8 h traballo autónomo
Recoméndase a asistencia a clases teóricas e a resolución de dúbidas nas titorías.
Prestar atención nas clases teóricas, seminarios e prácticas.
Levar a materia ao día e profundar nos contidos presentados nas clases de teoría utilizando a bibliografía recomendada.
Os idiomas de docencia son castelán e galego.
A cualificación da 2ª oportunidade realizarase en base aos resultados obtidos nun exame final similar ao feito na 1ª oportunidade da convocatoria correspondente e ás valoracións obtidas nos demais apartados obxecto de cualificación (prácticas, traballos, avaliación continua; que en ningún caso teñen carácter obrigatorio) que se conservarán nas dúas oportunidades de cada convocatoria.
Soamente os alumnos que non realizasen ningunha actividade durante o curso serán cualificados con “Non Presentado”.