Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 35 Clase Interactiva: 14 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Aplicar os coñecementos teóricos adquiridos nas clases sobre as principais técnicas de caracterización de biomateriais como ferramentas de investigación biomédica.
Aplicar os coñecementos teóricos básicos sobre a integración de substancias activas en sistemas elaborados a partir de biomateriais.
Presentar e interpretar adecuadamente os resultados e informes relacionados coa experimentación no ámbito dos biomateriais.
Programa teórico
1. Introdución. Tipos de biomateriais. Definición de biomateriais e clasificación. polímeros biodegradables. aplicacións tecnolóxicas.
2.- Técnicas de separación e análise en función do tamaño: Fundamentos e aplicacións.
3.- Técnicas de esterilización.
4.- Liofilización: Aplicacións en bioquímica.
5.- Técnicas de obtención e caracterización de sistemas coloidais obtidos a partir de biomacromoléculas. Liberación de fármacos e substancias activas.
6.- Técnicas de microencapsulación con biomateriais. Aplicacións no ámbito da nutrición e da biomedicina.
7.- Impacto social, económico e sanitario. Lexislación. Perspectivas de futuro.
Programa práctico
1.- Liofilización de diferentes produtos e biomateriais.
2.- Obtención e caracterización de micropartículas
3.- Obtención e caracterización de hidroxeles e andamios
Tecnología Farmacéutica. Vol. I y II
José Luis Vila Jato (Ed.)
Editorial Síntesis. Madrid. 1997
Tratado de Tecnología Farmacéutica. Vol. I, II y III
Ramón Martínez Pacheco (Ed.)
Editorial Síntesis. Madrid. 2016
Handbook of Biomaterials Biocompatibility
Masoud Mozafari (Ed.)
Elsevier. Chennai (India). 2020
Biomaterials: an introduction. Park, Yoon Bu; Lakes, Roderic, S. Springer. 978-1-4419-2281-6
Básicas e xenerales
CG2 - Pensar de forma integrada e abordar os problemas desde diferentes perspectivas, tanto a nivel técnico-profesional, como a súa relación cos problemas socioeconómicos que implica a un bioquímico.
CG7 - Capacidade para formular e resolver cuestións e problemas e interpretar os resultados obtidos no ámbito da Bioquímica e da Bioloxía Molecular.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as habilidades que adoitan demostrarse mediante o desenvolvemento e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB5 - Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Transversales
CT6 - Capacidade para buscar, analizar e xestionar información de diversas fontes.
CT7 - Capacidade para resolver problemas.
CT11 - Capacidade de aprendizaxe autónoma.
CT14 - Capacidade para aplicar os coñecementos á práctica.
Específicas
CEOP3: Capacidade para deseñar e planificar adecuadamente os experimentos relacionados coa obtención dos parámetros relacionados coa caracterización dos biomateriais e a liberación de substancias activas a partir deles.
As clases expositivas (35 horas) serán impartidas polos dous profesores encargados da materia. Durante o desenvolvemento das clases empregaranse medios audiovisuais, principalmente (presentacións e vídeos) dende o ordenador. Así mesmo, contarase co apoio de anotacións e explicacións no encerado. Ao comezo de cada clase farase un breve resumo do visto na clase anterior para situar ao alumnado no punto da materia no que se atopa.
Os seminarios ou clases interactivas (2 horas) consistirán na realización de actividades complementarias co fin de afondar nos aspectos tratados na materia, por exemplo, na resolución de problemas numéricos relacionados coa análise granulométrica, esterilización, etc.).
As clases prácticas (12 horas) consistirán na realización de prácticas de laboratorio. Estas prácticas consistirán nunha breve introdución teórica e un guión práctico que o alumnado cubrirá como un caderno de prácticas cos resultados obtidos durante os experimentos. Os grupos prácticos estarán formados por un máximo de 2 alumnos por grupo.
Os alumnos traballarán en grupo ou individualmente.
As horas de titoría establecidas (2 horas) servirán para orientar ao alumnado sobre as actividades que realizarán os alumnos e desenvolveranse na aula por grupos, que se establecerán previamente.
Todo o material empregado na clase estará dispoñible na plataforma virtual da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Realizarase un seguimento da aprendizaxe, mediante a avaliación dos traballos de laboratorio, a participación en actividades realizadas na aula (respostas a preguntas, seminarios). Tamén se realizará un exame. O peso de cada unha das partes a avaliar será o seguinte.
60% Exame (avaliación das competencias CG2 e CB5)
10% Participación nas actividades da aula. (Avaliación da competencia CT7)
20% Prácticas (traballo de laboratorio e caderno de prácticas). (Avaliación das competencias CG7, CB2, CEOP3 e CT14)
10% Realización e/ou exposición de traballos (Avaliación das competencias CT6, CT11 e CT14)
Só poderán obter a cualificación de NON PRESENTADO o alumnado que non realizase ningunha tarefa das actividades obrigatorias avaliables.
Para aprobar a materia é necesario obter polo menos o 50% da puntuación máxima asignada ás prácticas (1 punto sobre 2) e ao exame (3 puntos sobre 6).
No caso de non superar a materia na primeira oportunidade, o alumno será avaliado na segunda oportunidade, polo menos naqueles apartados nos que non se acade a cualificación mínima.
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou doutras probas, aplicarase o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión das cualificacións”.
Todo o material empregado na clase estará dispoñible na plataforma virtual da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
O curso de Tecnoloxía de Biomateriais consta de 6 créditos. O número total de horas de traballo do alumno é de 150 horas das cales 51 son presenciais, o resto son horas de traballo autónomo.
Traballar continuamente
Jose Blanco Mendez
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Teléfono
- 982824142
- Correo electrónico
- jose.blanco.mendez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Asteria Maria Luzardo Alvarez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Correo electrónico
- asteriam.luzardo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |
Venres | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |
29.05.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |
04.07.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |