Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 33 Clase Interactiva: 15 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Xenética
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Coñecer a organización dos xenomas, as bases moleculares da regulación da expresión xenética e a súa incidencia en procesos como de desenvolvemento, defensa do organismo e enfermidades complexas como o cancro.
- Coñecer as metodoloxías da tecnoloxía do ADN recombinante para as súas aplicacións para a transgénesis e en xeral para a mellora das producións e a seguridade alimentaria.
- Fomentar o traballo en equipo e a adquisición de destrezas na procura e manexo da información científica a través da realización dun traballo en grupo ao longo do curso.
A Memoria do Título contempla para esta materia os seguintes contidos: Estrutura e organización dos xenomas. O xene eucariótico. Familias xénicas. ADN repetido. Técnicas bioquímicas para a análise de ADN. Illamento e marcaxe de ácidos nucleicos. Encimas relacionados con ácidos nucleicos e propiedades. Encimas de restrición. Técnicas de análise xenética molecular. Secuenciación de ADN. Síntese de oligonucleótidos. Reacción en cadea da polimerasa (PCR). Técnicas de blotting. Clonación. Análise e illamento de produtos clonados. Vectores. Hospedadores: Transformación e transfección. Selección de colonias: métodos. Librerías xenéticas. Librerías xenómicas. Librerías de cDNA. Librerías especializadas. Rastrexo dunha librería. Obtención de sondas. Librerías de expresión. Transferencia xénica en eucariotas. Transferencia xénica en animais. Microinxección de xenes. Vectores víricos. Animais transxénicos e clónicos. Transferencia xénica en plantas. Edición xenómica. Terapia xénica. Aplicacións á Medicina clínica e forense. Patróns de herdanza das enfermidades. Diagnóstico preimplantacional e diagnóstico prenatal. Diagnóstico molecular. Enfermidades complexas: aproximacións xenéticas. Cancro: perfís moleculares e terapia. As impresións dixitais do ADN. Identificación e parentesco. Aplicacións á mellora xenética animal e vexetal. Marcadores xenéticos e trazabilidade xenealóxica. Parentescos moleculares. Xenes maiores e QTL. Detección e localización de QTL. Clonación posicional.
Estes contidos desenvolveranse de acordo ao seguinte temario e programa práctico, indicando a distribución estimada por tema e práctica de laboratorio das actividades presenciais (48 h, clases expositivas e interactivas), titorías de grupo presenciais (3 h) e horas de traballo non presencial (95 h).
1.CONTIDOS TEÓRICOS (36 horas)
Temario clases expositivas (33 horas): Xenética Mol e Enx Xen
BLOQUE 0: Presentación da Materia (1 hora)
BLOQUE 1: Xenética Molécular (16 horas)
Tema 1: Estrutura e organización dos xenomas (2h). Tamaño e organización dos xenomas. Tipos de secuencias nos xenomas.
Tema 2: Regulación da expresión de los xenomas (5h). Control da expresión xénica. Xeneralidades. Sistemas enzimáticos inducibles e reprimibles. Modelo do operón lac: control positivo e negativo. Operón do triptófano. Regulación pretranscripcional-Epigenética: remodelación da cromatina, metilación do ADN e ARN non codificante. Regulación transcripcional: promotores, intensificadores, silenciadores, aisladores, elementos resposta, factores de transcrición. Regulación postranscripcional: procesamentos alternativos, estabilidade do ARNm, ARN non codificante. Regulación traduccional. Regulación postraduccional.
Tema 3: Xenética do desenvolvemento (3h). O control xenético do desenvolvemento. Teoría da actividade génica variable. Desenvolvemento embrionario en Drosophila: xenes de efecto materno, xenes zigóticos: xenes de segmentación e xenes selectores. Paralelismo entre o desenvolvemento en insectos e plantas. Morte celular programada e desenvolvemento normal.
Tema 4: Inmunoxenética (2h). O sistema inmune. Estrutura da inmunoglobulina. Xeración da diversidade de anticorpos. Xenes do complexo maior de histocompatibilidad.
Tema 5: Ciclo celular e cancro (4h). O cancro. Base xenética do cancro: xenes que controlan a división celular, xenes de reparación do ADN, oncogenes, xenes supresores de tumores. Virus e cancro. O ciclo celular: puntos de control. Metástase. Tratamento do cancro.
BLOQUE II: Enxeñería Xenética (16 horas)
Tema 6: Técnicas xenéticas de análise molecular (5h). Enzimoloxía para a manipulación de ácidos nucleicos. Illamento de ácidos nucleicos. Electroforesis. Hibridación. Marcaxe. Blotting. Reacción en cadea da polimerasa (PCR). Secuenciación Sanger do ADN.
Tema 7: Clonación molecular in vivo (4h). ADN recombinante. Vectores. Hospedadores. Métodos de transferencia, selección e identificación.
Tema 8: Xenotecas (2h). Xenotecas de ADN: xenómicas, ADNc, especializadas, metaxenómicas. Xenotecas de ARN pequeno. Xenotecas de expresión. Xenotecas in vivo e in vitro.
Tema 9: Transferencia xénica en eucariotas (4h). Transferencia xénica en células animais. Técnicas de transfección e transducción. Animais transxénicos. Edición xénica. Animais clónicos.
Tema 10: Aplicacións (1h + 3 h traballos das Titorías en grupo reducido). Medicina clínica e forense. Mellora xenética animal.
Seminarios (3 horas)
Sem Xen Mol Inx 1. Cuestións e problemas relativos ao Bloque 1.
Sem Xen Mol Inx 2. Cuestións e problemas relativos ao Bloque 2.
Sem Xen Mol Inx 3. Cuestións e problemas relativos ao Bloque 2.
2.CONTIDOS PRÁCTICOS (15 horas)
Clases prácticas (12 horas)
P XM & EX LB1. Técnicas de purificación e análise de ácidos nucleicos.
P XM & EX LB2. Técnicas de análise molecular de ADN.
P XM & EX OR3. Introdución ao manexo de bases de datos e ferramentas de análise bioinformático.
Titorías en grupo reducido (3 horas)
Tit Xen Mol Enx Xen. Realizaranse e presentarán oralmente traballos en grupo. Os temas estarán relacionados coas aplicacións da enxeñería xenética para a mellora das producións e seguridade alimentaria.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Benito, C. & Espino, J., 2012. Genética: conceptos esenciales. Madrid: Editorial Médica Panamericana.
Brown, T.A., 2016. Gene cloning and DNA analysis: An Introduction. 7th ed. Chichester: Wiley-Blackwell.
Brown T.A. 2023. Genomes. 5ª Edición. Taylor & Francis Group
Herráez, A., 2012. Biología molecular e ingeniería genética: conceptos, técnicas y aplicaciones en ciencias de la salud. 2ª ed. Barcelona: Elsevier.
Izquierdo, M., 2014. Ingeniería Genética y Transferencia Génica. 2ª ed. Pirámide, Madrid
Klug, W.S., et al. 2018. Concepts of genetics.12th ed. New York. Pearson.
Nicholl, D.S.T. 2023. An introduction to genetic engineering. 4th ed. Cambridge: Cambridge University Press.
Pierce, B.A., 2015. Genética: un enfoque conceptual. 5ª ed. Madrid: Médica Panamericana.
Pierce, B.A. 2020. Genetics: a conceptual approach. 7th ed. New York: Macmillan International Higher Education.
Real García, M.D., et al. 2017. Técnicas de ingeniería genética. Madrid: Síntesis.
Os/ as estudantes terán acceso aos manuais electrónicos: Benito & Espino, 2012; Pierce, B.A., 2015 e Herráez, A., 2012: O acceso realizarase a través de ReBUSCa da Biblioteca da USC (https://rebusca.usc.gal/inicio).
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Glick, B.R. & Patten, C.L., 2017. Molecular biotechnology: principles and applications of recombinant DNA. 5th ed. Washington DC: ASM Press.
Green, M.R. & Sambrook, J., 2012. Molecular cloning: a laboratory manual. 4th ed. 3 v. Cold Spring Harbor: Cold Spring Harbor Laboratory Press.
Krebs, J.E., Goldstein, E.S. & Kilpatrick, S.T., 2018. Lewin’s Genes XII. 12th ed. Jones & Bartlett Larning.
Básicas
CB3: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB5: Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Xerais
CG1: Posuír e comprender os coñecementos fundamentais acerca da organización e función dos sistemas biolóxicos nos niveis celular e molecular.
CG7: Capacidade para expor e resolver cuestións e problemas e interpretar os resultados obtidos no ámbito da Bioquímica e Bioloxía Molecular.
Transversais
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT7: Capacidade para a resolución de problemas.
CT14: Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica.
Específicas
CES6: Comprender a estrutura, organización, expresión, regulación e evolución dos xenes nos organismos vivos, así como as bases moleculares da variación xenética e epixenética entre individuos. Coñecer os principios da manipulación dos ácidos nucleicos, así como as técnicas que permiten tanto o estudo da función xénica, como o desenvolvemento de organismos transxénicos con aplicacións en biomedicina, industria, medio ambiente, agricultura, gandería, etc.
CES8: Coñecer e entender os cambios bioquímicos e xenéticos que ocorren nun amplo rango de patoloxías, e saber explicar os mecanismos moleculares implicados nestes cambios. Coñecer como se determinan no laboratorio clínico os marcadores xenéticos, moleculares e bioquímicos asociados ás diferentes patoloxías, e ser capaz de avaliar de forma crítica como poden usarse no diagnóstico.
- Clases expositivas ou maxistrais (33 horas): trataranse os contidos do programa empregando presentacións audiovisuais por cada tema, coa axuda de anotacións no encerado e material de apoio, tamén en inglés. Realización nas aulas asignadas polo centro.
- Seminarios (3 horas): O/a profesor/a proporcionará, por medio do Campus virtual e coa antelación suficiente, boletíns con cuestións e problemas non resoltos relacionados cos contidos do programa. Os/ as estudantes tentarán resolver os boletíns antes das sesións e de maneira autónoma para calibrar os seus progresos na materia. Nos seminarios, o/a profesor/a abordará as dúbidas expostas polos/ as estudantes. Realización nas aulas asignadas polo centro.
- Prácticas (12 horas): trataranse métodos de análise xenética, tanto no laboratorio como en ordenador, que complementarán os conceptos desenvolvidos nas clases teóricas. Incluirán unha introdución e guións que detallen os procedementos para desenvolver baixo a supervisión do profesor/a. Ao finalizar as mesmas os/as estudantes discutirán co/a profesor/aos resultados obtidos para dar resposta e entrega ás preguntas expostas no guion. Os/as estudantes traballarán en subgrupos de 2-3 estudantes no laboratorio e individualmente no ordenador. As prácticas de laboratorio realizaranse no laboratorio do Departamento de Xenética, Facultade de Veterinaria, pavillón 4, 2ª planta superior. As de informática nas aulas asignadas polo centro.
- Titorías en grupo reducido (3 horas): realizaranse traballos en grupo (2-3 estudantes) que se entregarán en formato póster mediante un arquivo pdf e presentaranse posteriormente de forma oral. Os/ as estudantes buscarán, procesarán e analizarán información para a súa elaboración sobre aplicacións da enxeñería xenética para a mellora das producións. As horas presenciais utilizaranse para a supervisión e o asesoramento por parte do/a profesor/a e para a presentación dos traballos. Realización nas aulas asignadas polo centro.
- Utilizarase de forma continuada a Aula da Materia no Campus Virtual da USC para a distribución do material e para a comunicación con/cas estudantes.
Lémbrase ao alumnado que tal e como recolle o Artigo 16 da Normativa de Avaliación do Rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada en Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011, “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.”
A cualificación final será unha media ponderada das cualificacións obtidas polos/ as estudantes nas diferentes actividades docentes avaliables de acordo co seguinte baremo:
- Exame teórico, representan o 60% da cualificación final (se o/a estudante aprobou o exame). Exame único presencial na data asignada polo Centro ao comezo do Curso Académico. Consistirá en contestar a preguntas tipo test e/ou preguntas que requirirán respostas de maior ou menor extensión e na resolución de problemas sobre os contidos teóricos impartidos. Actividade avaliable obrigatoria.
Competencias avaliadas: CB3, CB5, CG1, CG7, CT1, CT7, CT14, CES6, CES8
- Clases prácticas (avaliación continua), representan o 15% da cualificación final. Puntuarase a actitude e contestación ás preguntas dos guións con un 7,5% como máximo e o exame prácticas con outro 7,5% como máximo, este exame realizarase xunto co exame final. Actividade avaliable non obrigatoria.
Competencias avaliadas: CB5, CG7, CT1, CT7, CT14, CES8
- Titorías en grupo reducido (avaliación continua), os traballos realizados representan o 15% da cualificación final. Valoraranse aspectos como a calidade da información, a estrutura do traballo e a presentación escrita e oral. Actividade avaliable non obrigatoria.
Competencias avaliadas: CB3, CB5, CT1 CES6, CES8
- Cuestionarios a través do campus virtual e/ou tarefas presenciais (avaliación continua), representan o 5% da cualificación final. Realizarase unha ao final de cada bloque en horario lectivo. Actividade avaliable non obrigatoria.
Competencias avaliadas: CB3, CB5, CG1, CG7, CT1, CT7, CT14, CES6, CES8
- Participación nas actividades (avaliación continua), representa un 5% da cualificación final. Valorarase a participación activa e a resolución de problemas.
NOTAS ACLARATORIAS:
BAREMO: Para superar a materia débese obter unha nota mínima de 5,0 puntos (escala de 0 a 10) no exame teórico. Unha vez superado o exame (que representa o 60 % da cualificación final), á súa cualificación sumaránselle as obtidas nas restantes actividades da materia coa ponderación descrita. En caso de non alcanzar 5,0 puntos no exame teórico, a cualificación final será só a obtida no exame teórico.
PRÁCTICAS, TITORÍAS E CUESTIONARIOS/TAREFAS: Non é obrigatoria a súa realización para aprobar a materia. No caso de non realizar estas actividades a cualificación será a do exame teórico, que no poderá superar 6,0 puntos sobre 10 pois representa o 60 % dá cualificación final.
CAMBIOS DE GRUPO: Nas prácticas, titorías e seminarios, poderanse realizar cambios de grupo sempre que se atope a outro/a estudante doutro grupo co que cambiarse. Devanditos cambios deberán ser comunicados previamente por e-mail ao profesor/a responsable da actividade.
FECHAS DE EXÁMENES: Non se realizarán exames en datas alternativas ás oficiais.
AVALIACIÓN SEGUNDA CONVOCATORIA: Os/as estudantes deberán realizar o exame, similar o da 1ª convocatoria. Conservaranse as cualificacións obtidas nas restantes actividades da materia.
DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE: será de aplicación para aqueles alumnos/as aos/as que se lles concedeu tras solicitala segundo indica a instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral.
ESTUDANTES REPETIDORES: aplicarase o mesmo sistema de avaliación. Non é obrigatorio repetir as prácticas e titorías, a condición de que sexan as mesmas, manténdose as cualificacións obtidas. En caso de cambio informarase a os/as alumnos/as mediante o campus virtual para que aqueles repetidores que queiran ter estas cualificacións saiban que teñen que realizalas.
A materia consta de 6 créditos ECTS. O número total de horas de traballo do estudante é de 150 horas, das que o 36,6% son presenciais e o 63,4% son horas de traballo autónomo do/a estudante (non presencial). A distribución detallada do tempo de traballo do/a estudante é a seguinte:
Traballo presencial na aula: 55 h
- Clases maxistrais: 33 h
- Seminarios: 3 h
- Prácticas: 12 h
- Titorías en grupo reducido: 3 h
- Realización de exames e revisión: 4 h
Traballo persoal do/a estudante: 95 h
- Estudo individual: 84 h
- Elaboración de traballos: 11h
Recoméndase a asistencia a todas as actividades e expor as dúbidas durante o desenvolvemento destas.
Estudo continuo baseado na comprensión dos conceptos.
Profundar nos contidos presentados nas clases de teoría utilizando a bibliografía recomendada.
Empregar as titorías para resolver dúbidas ou cuestións.
Estará operativa unha aula virtual na plataforma Moodle ao dispor dos/as estudantes e canles de comunicación directa a través de MS- teams.
INFORMACIÓN RELEVANTE: Lémbrase que todo o material que o profesorado deixa na aula virtual da materia está suxeito a dereitos de autor, por tanto, o seu uso fóra deste espazo considerarase fraudulento ao incumprir as condicións de uso.
María Belén Gómez Pardo
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Teléfono
- 982822428
- Correo electrónico
- belen.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marina Pampín Iglesias
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- marina.pampin.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC_Campus Terra
Laila Al Soufi Novo
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- laila.alsoufi.novo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |
19.01.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 3 SEGUNDA PLANTA |
19.01.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |
21.06.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 3 SEGUNDA PLANTA |
21.06.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |