Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Bioloxía Celular
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
-Saber identificar a estructura e funcions da membrana plasmática e os mecanismos de transporte celular, e como se relacionan as células entre sí e con o medio.
-Coñecer a estructura e función dos orgánulos celulares.
- Saber identificar as etapas do ciclo celular e coñecer os mecanismos de división, determinación, diferenciación, envellecemento e morte celular.
-Saber manexar o microscopio óptico.
-Saber identificar células animais e vegetais e os seus orgánulos.
PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS (28 h)
Introdución (1 h)
TEMA 1.- Introdución. A Teoría Celular. A Bioloxía Celular e a súa relación con outras disciplinas.
TEMA 2.- Organización estrutural dos seres vivos. Células e tecidos.
Membrana plasmática (3,5 h)
TEMA 3.- Composición e estrutura da membrana plasmática.
TEMA 4.- Intercambios da célula co medio externo I. Transporte de pequenas moléculas e ións a través da membrana plasmática.
TEMA 5.- Intercambios da célula co medio externo II. Transporte de macromoléculas e partículas.
O núcleo, ribosomas e mecanismos xenéticos (4 h)
TEMA 6.- Organización estrutural do núcleo celular interfásico.
TEMA 7.- Cromatina e cromosomas.
TEMA 8.- Replicación. Transcrición.
TEMA 9.- Ribosomas e síntese de proteínas.
Sistemas de endomembranas (3 h)
TEMA 10.- Retículo endoplasmático.
TEMA 11.- Aparato de Golgi.
TEMA 12.- Sistema lisosomal e vacúolos.
Conversión da enerxía (4 h)
TEMA 13.- Mitocondrias.
TEMA 14.- Plastos.
TEMA 15.- Microcorpos.
Citosol, motilidade celular e citoesqueleto (3,5 h)
TEMA 16.- Citosol. Citoesqueleto. Microfilamentos.
TEMA 17.- Microtúbulos.
TEMA 18.- Filamentos intermedios.
O ciclo celular e a división celular (3,5 h)
TEMA 19.- O ciclo celular eucariota.
TEMA 20.- División celular.
TEMA 21.- Meiose.
Determinación, diferenciación e morte celular (2 h)
TEMA 22.- Determinación, diferenciación e avellentamento celular.
TEMA 23.- Morte celular.
Relación das células entre si e co medio (4 h)
TEMA 24.- Sinalización celular.
TEMA 25.- Matriz extracelular e unións intercelulares.
TEMA 26.- A parede celular vexetal.
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS (8 h)
PRÁCTICA 1.- Práctica de computador. Busca de páxinas na rede relacionadas coa Bioloxía Celular. Técnicas aplicadas a Bioloxía Celular.
PRÁCTICA 2.- Manexo do microscopio óptico. Diversidade celular
RÁCTICA 3.- Observación de orgánulos celulares animais e vexetais
PRÁCTICA 4.- División celular: mitose e meiose.
SEMINARIOS (14 seminarios)
Os alumnos deberán de preparar os seminarios propostos polo profesor da materia. Nos seminarios, os alumnos profundaran na materia e na relación entre a bioloxía celular e a biotecnoloxía. A data na que se tratará cada seminario será proposta a principio de curso. Relación de seminarios: 1-. Bioética na biotecnoloxía. 2.- Membrana plasmática e intercambio das células co medio. 3.- Introducindo moléculas nas células. 4.- Núcleo e mecanismos xenéticos. 5.- Editando o xenoma. 6.- Retículo endoplásmico e Aparato de Golgi. 7.- Lisosomas e Biotecnoloxía .8.- Mitocondrias, cloroplastos, e peroxisomas. 9.- Citoesqueleto. 10.- Células nai. 11.- Ciclo e división celular. 9.- Determinación e diferenciación celular e avellentamento e morte celular. 13.- Cultivos celulares. 14.- Sinalización celular e relación das células co medio.
TITORÍAS (1 titoría)
Na titoría explicarase a programación do curso, daranse as recomendacións para organizar e estudar a materia e resolveranse as dúbidas dos alumnos en relación ca mesma.
RECOMENDADA COMO TEXTO.
- Cooper, G. M.; Hausman, R.E. (2017). La célula. 7ª ed. Madrid: Editorial Marbán
OUTROS LIBROS RECOMENDADOS
- Alberts, B., et al. (2011). Introducción a la biología celular. 3ª ed.
Madrid: Editorial Médica Panamericana
- Alberts, B., et al. (2016). Biología molecular de la célula. 6ª ed. Barcelona: Omega
- Karp, G. (2014). Biología celular y molecular: conceptos y experimentos.
7ª ed. México: MacGraw-Hill Interamericana
- Lodish, H., et al. (2016). Biología celular y molecular. 7ª ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.
- Paniagua, R. et al. (2017). Biología celular y molecular. 4ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana.
- Plattner, H., Hentschel, J. (2014). Biología celular. 4ª ed. Madrid: Panamericana
PRÁCTICAS E TÉCNICAS
- Montuenga, L., Esteban, F.J., Calvo, A. (2009). Técnicas en histología y biología celular. Barcelona: Elsevier Masson
- Ruíz, M. S., Rodicio, M.C., Corujo, A. (1985). Cuaderno de prácticas de
citología e histología vegetal y animal. Santiago de Compostela: Servizo
de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de
Compostela
- Sepúlveda, J. (2011). Histología: biología celular y tisular: instructivo de laboratorio. México: McGraw-Hill
INFORMACIÓN EN INTERNET
1.- Biblioteca da USC.
http://busc.usc.es
2.- Libros de clase.
http://www.pubmed.com (books)
3.- Bioloxía Celular.
http://www.pubmed.com
http://www.cell-biology.com
http:// www.roberthooke.org.ok
http://cellbio.utmb.edu/cellbio/membrane.htm
http://www.microanatomy.net/index.asp
Básicas
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo, partindo como base dos coñecementos obtidos na educación secundaria, que inclúan coñecementos baseados en libros de texto avanzados pero tamén coñecementos de vangarda no seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha maneira profesional e que posúan as competencias que lle permitan elaborar e defender argumentos e a resolución de problemas na súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) que permitan emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público especializado e non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.
Xerais
CX1. Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Bioloxía, incluíndo a perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CX2. Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas relacionados coa Bioloxía.
CX3. Aplicar tanto os coñecementos teórico‐prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e plantexamento de problemas e na busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CX4. Comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Bioloxía, tanto a un público especializado como non especializado.
CX5. Estudar e aprender de forma autónoma, con organización do tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
Transversais
CT1.- Pensar de forma integrada e abordar os problemas dende diferentes perspectivas.
CT2.- Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT3.- Organizar e planificar o seu traballo.
CT4 - Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
CT5.- Traballar en equipo.
CT6.- Razoar criticamente.
CT7.- Manter un compromiso ético.
CT8.- Ter capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñocementos.
Específicas
CE4 - Ter una visión integrada do funcionamento das células, incluíndo as biomoléculas, metabolismo, expresión xénica, relación entre compartimentos celulares, así como os mecanismos de comunicación e sinalización celular.
Utilizaranse:
- Clases expositivas.
- Seminarios. Os alumnos participarán coa preparación e discusión dos temas propostos.
- Prácticas de laboratorio e de computador.
- Titoría.
Tipo de docencia en función da evolución do COVID-19
Escenario 1: Normalidade adaptada Clases expositivas e seminarios: docencia presencial. Titoría: en liña. Prácticas: semipresenciais.
Escenario 2: distanciamento, restricións parciais á presencialidade física. Clases expositivas, seminarios e prácticas: semipresenciais, no caso de que a súa organización sexa compatible cas medidas establecidas nos protocolos de saúde da USC. Titoría: en liña.
Escenario 3: Peche das instalacións. Clases expositivas, seminarios, prácticas e titoría: docencia en liña.
- Os alumnos deben superar un exame que representará o 75 % da nota final. Este exame incluirá seccións dedicadas a avaliar a teoría e os seminarios. A materia dividirase en dúas partes. A primeira parte comprende os temas 1 a 15, ambos incluídos. A segunda parte comprende os temas 16 a 27. Os alumnos terán a posibilidade de superar a materia realizando un exame parcial da primeira parte (elimina materia) e un único exame final. Os exames serán comúns para os dous grupos de clases expositivas. Para aprobar a materia, o alumno debe aprobar as dúas partes.
- Os alumnos deben realizar os seminarios e as prácticas que supoñerán un 20% e un 5%, respectivamente, da nota final. - Os alumnos tamén deben obrigatoriamente elaborar os seminarios e responder as preguntas relacionadas cos mesmos formuladas polo profesor. A asistencia aos seminarios é obrigatoria, sendo necesario asistir polo menos a un 80% dos mesmos.
- A asistencia a prácticas é obrigatoria. É necesario ter aprobadas as prácticas para poder aprobar a materia.
- Os alumnos repetidores que superasen as prácticas non terán que volver realizalas. Dado que estes alumnos non teñen valoración das prácticas do curso anterior, a nota final será a obtida nos exames (80%) e nos seminarios (20%).
Sistema de avaliación segundo os distintos escenarios:
Escenario 1: Normalidade adaptada
Os exames de teoría e seminarios, así como a avaliación da actividade realizada nos seminarios serán presenciais. O exame de prácticas será en liña.
Escenario 2: distanciamento, restricións parciais á presencialidade física.
Todos os exames realizaranse en liña.
Escenario 3: Peche das instalacións.
Todos os exames realizaranse en liña.
Os instrumentos utilizados para avaliación incluirán a avaliación das seguintes competencias:
-Exame teórico: CB1, CB2, CG1, CG5, CT3, CT6, CT7, CE24.
-Seminarios: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG2, CG3, CG4, CG5, CT1, CT2, CT4, CT6, CT7, CT8
-Titorías e prácticas: CG1, CG3, CT1, CT2, CT3, CT4, CE4.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
http://fxc.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
Tempo de estudo e traballo persoal
- Teoría: 28 horas presenciais e 56 horas de traballo persoal (horas totais: 84).
- Seminarios: 14 horas presenciais e 35 horas de traballo persoal (horas totais: 49).
- Prácticas de laboratorio: 3 horas presenciais, 3 horas virtuais e 3 horas de traballo persoal (horas totais: 9).
- Prácticas de ordenador: 2 horas presenciais e 2 horas de traballo persoal (horas totais: 4).
- Titoría: 1horas presencial (horas totais: 1).
- Realización de exames: 3 horas presenciais (horas totais: 3).
- Asistencia e participación activa na clase.
- Por cada hora de clase dúas hora de estudo, utilizando material bibliográfico para comprender e afondar na información obtida na clase (é fundamental que a hora de estudo sexa o máis próxima posible á hora de clase).
- Estudo e revisión semanal da materia dada.
- Preparación dos contidos dos seminarios previamente a exposición na clase
- Aclaración co profesor de posibles dúbidas.
- Repaso para o exame final.
Recoméndase o estudo diario da materia polo libro seguindo as indicacións dos profesores. Unha vez estudada, o alumno deberá responder as preguntas propostas nos seminarios, comprobar se estas respostas son correctas e repetir o estudo e a autoavaliación as veces que sexan necesarias. Finalmente, o alumno deberá resolver os problemas propostos nos seminarios.
Plan de continxencia:
Co fin de conseguir un escenario seguro para a docencia teórica e práctica desta materia en caso de novos brotes por SARS- CoV –2 durante o curso 2020-21, prevíronse varias alternativas para impartila e para avaliar os coñecementos adquiridos polos alumnos, en función dos tres escenarios previstos.
Escenario 1: Normalidade adaptada A docencia expositiva e os seminarios realizaranse de forma presencial e as titorías realizaranse en liña. As clases prácticas serán semipresenciais. Os exames de teoría e seminarios, así como a avaliación da actividade realizada nos seminarios serán presenciais. O exame de prácticas será en liña.
Escenario 2: distanciamento, restricións parciais á presencialidade física. Clases expositivas, seminarios e prácticas serán semipresenciais, no caso de que a súa organización sexa compatible cas medidas establecidas nos protocolos de saúde da USC. A titoría será en liña. Todos os exames realizaranse en liña.
Escenario 3: Peche das instalacións. Toda a docencia realizarase en liña. Todos os exames serán en liña.
De tódalas maneiras, segundo a evolución do COVID-19, esta programación docente podería variar e adaptarse ás circunstancias existentes nese momento. No caso de que haxa modificacións da programación, os alumnos serán informados dos cambios que se fagan na mesma.
Maria Fatima Adrio Fondevila
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816943
- Correo electrónico
- fatima.adrio.fondevila [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Celina Rodicio Rodicio
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816946
- Correo electrónico
- mcelina.rodicio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jesus Lamas Fernandez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816951
- Correo electrónico
- jesus.lamas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Anton Barreiro Iglesias
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Ismael Hernandez Nuñez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Correo electrónico
- ismael.hernandez [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula virtual |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula virtual |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego, Castelán | Aula 02. Gregor Mendel |
25.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
30.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |