Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Bioloxía Celular
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Segundo o plan de estudos:
- Saber identificar e describir as etapas e os factores que interveñen no proceso da esporoxénese, gametoxénese, fecundación e desenvolvemento temperá.
- Saber identificar e describir os procesos que determinan a morfoxénese dos tecidos e estruturas corporais, a formación do patrón corporal e a capacidade de rexeneración.
- Enumerar as características e funcións dos distintos tecidos vexetais e animais.
- Identificar co microscopio óptico os distintos tecidos vexetais e animais.
PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS
Bioloxía do desenvolvemento (6 horas).
TEMA 1.- Obxecto do estudo do desenvolvemento. Principais procesos e conceptos. Reprodución asexual e sexual. Células xerminais. Determinación do sexo.
TEMA 2.- Gametoxénese. Fecundación. Fecundación in vitro. Clonación.
TEMA 3.- Embrioxénese: segmentación, gastrulación e desenvolvemento temperá. Procesos de morfoxénese. Especificación, determinación e diferenciación celular.
TEMA 4.- Deseño (patterning) dos eixos corporais en animais e plantas. Xenes do desenvolvemento responsables da identidade dos segmentos ou unidades corporais.
Bioloxía dos tecidos vexetais (10 horas).
TEMA 5.- A flor. Esporoxénese. Fecundación. Semente. Froito.
TEMA 6.- Clasificación dos tecidos vexetais. Meristemas.
TEMA 7.- Tecidos fundamentais.
TEMA 8.- Tecidos vasculares primarios e secundarios.
TEMA 9.- Tecidos protectores primarios e secundarios.
TEMA 10. - Tecidos glandulares externos e internos.
Bioloxía dos tecidos animais (12 horas).
TEMA 11.- Tecidos animais. Tecido epitelial.
TEMA 12.- Tecidos conxuntivos. Tecido adiposo. Tecido pigmentario.
TEMA 13.- Tecido cartilaxinoso.
TEMA 14.- Tecido óseo. Tecido dentario.
TEMA 15.- Sangue e hematopoese.
TEMA 16.- Sistema inmunitario.
TEMA 17.- Tecido muscular.
TEMA 18.- Tecido nervioso.
TEMA 19.- Rexeneración. Procesos de rexeneración a nivel celular, tisular e de órgano.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS DE LABORATORIO
PRÁCTICA 1.- Gametoxénese: ooxénese e espermatoxénese. Flor.
PRÁCTICA 2.- Desenvolvemento en vertebrados. Segmentación, gastrulación e neurulación.
PRÁCTICA 3.- Tecidos vexetais: meristemas, fundamentais, vasculares, protectores e glandulares.
PRÁCTICA 4.- Tecido epitelial. Tecido conxuntivo. Tecido adiposo.
PRÁCTICA 5.- Tecido cartilaxinoso. Tecido óseo.
PRÁCTICA 6.- Sangue. Órganos linfoides..
PRÁCTICA 7.- Tecido muscular. Tecido nervioso.
SEMINARIOS
Cada alumno traballará en grupo para elaborar obrigatoriamente un seminario sobre o último
tema do temario.
O profesorado subministrará ou indicará onde localizar a materia que terá que ser procesada para realizar o seminario (revisións científicas, libros, páxinas na rede).
Bibliografía básica:
WOLPERT, L.; JESSEL, T.; LAWRENCE, P.; MEYEROWITZ, E.; ROBERTSON, E.; SMITH, J. Principios del desarrollo. 3ª ed. Editorial Médica Panamericana. 2010.
WOLPERT, L.; TICKLE, C.; MARTÍNEZ ARIAS, A. Principles of development. 5th ed. Oxford University Press. 2015.
PANIAGUA, R.; NISTAL, M.; SESMA, P., ÁLVAREZ-URÍA, M.; FRAILE, B.; ANADÓN, R.; SÁEZ, F.J. Citología e Histología Vegetal y Animal. 4ª ed. 2 vol. McGraw-Hill-Interamericana. 2007.
BRÜEL, A; CHRISTENSEN, E.I.; TRANUM-JENSEN, J.; QVORTRUP, K.; GENESER, F. Geneser Histología. 4ª ed. Editorial Médica Panamericana. 2015.
EVERT, R.F. Esau Anatomía Vegetal. 3a ed. Barcelona: Ediciones Omega. 2008.
Bibliografía complementaria:
WEBSTER, S.; DE WREEDE, R. Embriología. Lo esencial de un vistazo. Editorial Médica Panamericana. 2013.
GILBERT, S.F. Biología del desarrollo. 7ª ed. Editorial Médica Panamericana. 2005.
GILBERT, S.F.; BARRESI, M.J.F. Developmental biology. 11th ed. Oxford University Press. 2016.
PAWLINA, W.; ROSS, M. Ross Histología. Texto y atlas. Wolters Kluwer. 2015.
Páxinas web:
Developmental Biology, 11th Edition. Gilbert, S.F.; Barresi, M.J.F. www.devbio.com/
Histology Virtual Slide Box. University of Michigan Medical School. http://www-personal.umich.edu/~akc/slidebox.htm
Atlas de Histología Vegetal y Animal. Universidade de Vigo. https://mmegias.webs.uvigo.es/
Competencias básicas
CB1.- Que o/a estudante demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se soe encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda de seu campo de estudo.
CB2.- Que o/a estudante saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3.- Que o/a estudante teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4.- Que o/a estudante poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público, tanto especializado como non especializado.
CB5.- Que o/a estudante teña desenvolvidas aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias xerais
CG1.- Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da biotecnoloxía.
CG2.- Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos no planteamento de problemas e a busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG3.- Saber obter e interpretar información e resultados relevantes e obter conclusións en temas relacionados coa biotecnoloxía.
CG4.- Ser capaces de transmitir información tanto por escrito como de forma oral e de debater ideas, problemas e solucións relativas á biotecnoloxía, ante un público xeral ou especializado.
CG5.- Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en biotecnoloxía e adquirir capacidade para traballar en equipo.
Competencias transversais
CT1.- Pensar de forma integrada e abordar os problemas dende diferentes perspectivas.
CT2.- Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT3.- Organizar e planificar o seu traballo.
CT5.- Traballar en equipo.
CT6.- Razoar criticamente.
CT7.- Manter un compromiso ético.
Competencias específicas
CE9.- Saber identificar os distintos tipos de virus, microorganismos e tecidos animais e vexetais, comprender o seu desenvolvemento, organización e fisioloxía e coñecer a súa aplicación no campo da biotecnoloxía.
- Clases maxistrais.
- Seminario obrigatorio realizado polo alumnado. O alumnado traballará en grupos de 3 e presentará por escrito, a través do Campus Virtual da USC, o traballo realizado sobre o último tema do temario.
- Prácticas de laboratorio. Faranse grupos de prácticas ata completar 14 h por grupo.
- Titoría obrigatoria (unha titoría de 1 h).
Dependendo do escenario segundo as “directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura, curso 2020-2021”:
As clases expositivas, seminarios e titorías serán presenciais en aula no escenario 1 (normalidade adaptada); presenciais con quendas alternas en aula no escenario 2 (distanciamento; restricións parciais na presencialidade física) e presenciais virtuais (en remoto) no escenario 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física).
As prácticas serán a metade presenciais no laboratorio e a metade virtuais asíncronas nos escenarios 1 e 2, e asíncronas virtuais no escenario 3.
- O alumnado debe superar un exame dos contidos explicados nas clases maxistrais que representará o 60% da nota final. O aprobado está en 5 sobre 10.
Competencias avaliadas: CB1, CB5, CG1, CG3, CG5, CE11, CT1, CT2, CT3, CT6, CT7, CE9.
- O alumnado tamén debe realizar obrigatoriamente o seminario, o que suporá o 16% da nota final. Realizarase un exame da materia preparada no seminario. Deste 16%, a nota do exame representará o 10% e a nota do traballo entragado polo grupo o 6%. A nota final do seminario será a suma de ambalas dúas notas. A non asistencia aos seminarios tamén se terá en conta.
Competencias avaliadas: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CG2, CG3, CG4, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT7, CE9.
- Así mesmo, é obrigatoria a asistencia a prácticas (% mínima de asistencia esixida: 85%). O alumnado debe superar un exame das prácticas que representará o 16% da nota final. O aprobado está en 5 sobre 10.
Competencias avaliadas: CB2, CB3, CB5, CG1,CG3, CG5, CT1, CT2, CT3, CT6, CT7, CE9.
- Titoría obrigatoria, asistencia a clase e a participación a través do Campus Virtual tamén se terán en conta e suporá o 8% da nota final.
Competencias avaliadas: CB1, CB2, CB4, CB5, CG1, CG2, CG3, CG4, CT1, CT2, CT3, CT6, CT7, CE9.
- Unha vez superado o exame dos contidos explicados nas clases maxistrais e o exame das prácticas sumaránse as cualificacións obtidas no seminario e pola asistencia-participación.
- Se non se realiza o seminario ou non se fan as prácticas, non se poderá superar esta materia.
- A non asistencia á titoría obrigatoria terase en conta na nota final.
- O alumnado repetidor non terá que facer as prácticas nin o seminario se xa foron superados e/ou realizados nos anos anteriores. Aínda que repetirá as prácticas e o seminario se así o considera e se quere superar (ou baixar) a nota que xa ten, poderá facer o exame de prácticas e/ou do seminario.
Dependendo do escenario segundo as “directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura, curso 2020-2021”:
Os exames no escenario 1 terán carácter presencial, no escenario 2 terán preferentemente carácter telemático e no escenario 3 terán carácter telemático. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
- Teoría: 28 horas presenciais e 48 horas de traballo persoal.
- Seminarios: 7 horas presenciais e 26 horas de traballo persoal.
- Titoría obrigatoria: 1 hora presencial.
- Prácticas de laboratorio: 14 horas presenciais e 22 horas de traballo persoal.
- Realización de exames: 4 horas presenciais.
- Total de horas de traballo presencial na aula: 54 horas.
- Total de horas de traballo persoal: 96 horas.
- Asistencia e participación activa na clase.
- Por cada hora de clase unha hora de estudo, empregando material bibliográfico para comprender e afondar na información obtida na clase.
- Estudo e revisión semanal da materia dada.
- Aclaración co profesorado de posibles dúbidas.
- Repaso para o exame final.
Dependendo do escenario segundo as “directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura, curso 2020-2021”: a participación activa e as consultas co profesorado serán presenciais e/ou telemáticas segundo o escenario.
Plan de continxencia:
Dependendo da evolución que se produza na pandemia da COVID-19, os contidos desta programación docente adaptaranse a cada un dos tres escenarios establecidos nas “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura, curso 2020-2021”.
As clases expositivas, seminarios e titorías serán presenciais en aula no escenario 1; presenciais con quendas alternas en aula no escenario 2 e presenciais virtuais (en remoto) no escenario 3.
As prácticas serán a metade síncronas presenciais no laboratorio e a metade asíncronas virtuais nos escenarios 1 e 2, e asíncronas virtuais no escenario 3.
Os exames no escenario 1 terán carácter presencial, no escenario 2 terán preferentemente carácter telemático e no escenario 3 terán carácter telemático. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
A participación activa e as consultas co profesorado serán presenciais e/ou telemáticas segundo o escenario.
Manuel Noia Guldrís
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816948
- Correo electrónico
- manuel.guldris [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Isabel Rodriguez-Moldes Rey
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816950
- Correo electrónico
- isabel.rodriguez-moldes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
26.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
26.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
15.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |