Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Física Aplicada, Óptica
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Que o alumno adquira unha sólida base científica en aspectos xerais da Física, de forma que sexa capaz de identificar, polo menos cualitativamente, os fenómenos físicos máis destacables en biociencias e enxeñería.
- Saber identificar e describir os principais elementos da Física de Fluídos.
- Saber identificar e describir os fenómenos e procesos de transporte.
- Comprender o concepto de onda e identificar á luz como unha radiación electromagnética percibida polo ollo humano.
- Saber identificar, distinguir e describir os procesos que xeran os cambios dos núcleos atómicos.
- Saber elixir e aplicar conceptos físicos á biotecnoloxía.
Contidos de clases expositivas e interactivas de seminario (22 h + 14 h)
Introdución A linguaxe da física. Nocións de cinemática e dinámica. Traballo e enerxías Leis de escala. Taxas metabólicas. (4 h+3 h)
Elementos da física dos fluídos. Estados da materia. Densidade e presión Estática dos fluídos. Ecuación de continuidade. Dinámica de fluídos Movemento de sólidos dentro dos fluídos. Forzas de resistencia, arrastre e elevación. Fenómenos de superficie. (4 h + 3 h)
Procesos de transporte. Fluxo Transporte da materia: fundamentos. Movemento de difusión: Leis de Fick. (3 h + 1 h)
Transporte a través de membranas. Transporte de calor. Transporte eléctrico: fundamentos. Células nerviosas. Equilibrio Donnan. Potencial de reposo. Potencial de acción. (4 h + 3 h)
Ondas e Óptica. Tipos de ondas e características xerais. Propagación de problemas de luz e bordo. Interacción coa luz-materia. Polarimetría e interferometría e aplicacións biolóxicas. Óptica xeométrica, sistema visual e instrumentos ópticos. Propagación de problemas sonoros e fronteirizos. Sistema auditivo. (3,5 h + 2 h)
Nucleónica e biofísica de radiación. Núcleo atómico. Fusión e fisión nuclear. Tipos de radiación Interacción da radiación-materia. Detección e medida da radiación. Efectos e aplicacións biolóxicas da radiación ionízante. Medicina nuclear. (3,5 h + 2 h)
Seminarios: - Resolución de problemas e cuestións relacionados con cada tema.
Laboratorio (12 h)
Cada alumno terá 3 sesións de traballo de laboratorio, todas de igual duración (2 h), nas que se realizarán 3 das prácticas propostas:
- Mecánica.
- Fluídos.
- Ondas e óptica.
- Fenómenos de transporte.
As 6 horas restantes serán de traballo guiado
Titorías en grupo reducido (3 h)
O alumno terá 3 sesións de titorías en grupo reducido, todas de igual duración (1 h), destinadas á tarefa de aclaración de conceptos xurdidos nas clases regulares.
Libros impresos:
Cromer, A.H. 1996. Física para las ciencias de la vida. 2ª ed. México: Reverté.
Cussó, F., López, C. y Villar, R. 2004. Física de los procesos biológicos. Barcelona: Ariel.
Giancoli, D.C. 2009. Física: principios con aplicaciones. 6ª ed. México: Pearson. 2 vol.
Jou Mirabent, D., LLebot Rabagliati, J.E. y Pérez García, C. 2008. Física para ciencias de la vida. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill.
Kane, J.W. y Sternheim, M.M. 1998. Física. 2ª ed. Barcelona: Reverté.
Tipler, P.A. y Mosca, G. 2010. Física para la ciencia y la tecnología. 6ª ed. Barcelona: Reverté.
Young, H.D. y Freedman, R.A. 2013. Física universitaria. 13ª ed. Naucalpan de Juárez: Pearson. 2 vol.
Recursos electrónicos e web
No momento de aprobar esta programación docente, pensando nun posible escenario 2 ou 3, estase tamén en proceso de solicitude e adquisición de novo material bibliográfico electrónico; por elo o profesorado da materia especificará no Campus Virtual que material bibliográfico pode atoparse en formato electrónico na biblioteca da USC cando os fondos estean dispoñibles.
Campus Virtual da USC, http://www.usc.es/gl/servizos/ceta/tecnoloxias/campus-virtual.html
Manuales de Acceso: Curso preparatorio de acceso a la universidad para mayores de 25 años. 20. Física, José Luis Trenzado Diepa, Las Palmas de Gran Canaria Servicio de Publicaciones y Difusión Científica de la ULPGC 2014. Accesible en Prelo
Curso Interactivo de Física en Internet, Ángel Franco García, http://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica_/
Física General, Ignacio Martín Bragado, http://metodos.fam.cie.uva.es/~imartin/noticias/libros/fisica/libro.html
José L. Fernández, Principios de Óptica Geométrica, https://www.fisicalab.com/apartado/fundamentos-optica-geometrica
BÁSICAS E XENERAIS
CG1 - Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Biotecnoloxía.
CG2 - Aplicar os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos na formulación de problemas e a procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG3 - Saber obter e interpretar información e resultados relevantes e obter conclusións en temas relacionados coa Biotecnoloxía.
CG4 - Ser capaces de transmitir información tanto por escrito como de forma oral e de debater ideas, problemas e solucións relativos á Biotecnoloxía, ante un público xeral ou especializado.
CG5 - Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en Biotecnoloxía e adquirir capacidade para traballar en equipo.
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía TRANSVERSAIS
CT1 - Pensar de forma integrada e abordar os problemas desde diferentes perspectivas.
CT2 - Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT3 - Organizar e planificar o seu traballo.
CT4 - Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
CT5 - Traballar en equipo.
CT6 - Razoar críticamente
ESPECÍFICAS
CE1 - Saber facer cálculos, analizar datos e interpretar resultados experimentais propios dos ámbitos de Biotecnoloxía.
CE2 - Comprender e saber aplicar os principios físico-químicos dos procesos biolóxicos con aplicación en Biotecnoloxía, así como as principais ferramentas utilizadas para investigalos.
Aplicaranse as metodoloxías xerais do grao descritas no apartado 5.3 da memoria. Así, nesta materia farase uso de:
-Campus Virtual: Activarase un curso na plataforma Moodle da Campus Virtual, á que se subirá información de interese para o alumno así como material docente diverso.
-Clases maxistrais, nas que se explicará os conceptos propios da materia con apoio de medios audiovisuais e informáticos.
-Seminarios en grupos reducidos, nos que se propoñen e resolven aplicacións da teoría.
-Clases prácticas de laboratorio, nas que o alumnado, seguindo os protocolos preparados para ese efecto, manexará os equipos apropiados e resolverá cuestións prácticas.
-Titorías (individuais ou en grupo) para aclarar dúbidas, fornecer información ou orientar ao alumnado, así como para coñecer o progreso na adquisición de competencias. Poderanse realizar actividades complementarias.
As titorías individuais poderán ser presenciais ou telemáticas, se son telemáticas requiriran de cita previa o que tamén é recomendable para as presenciais.
Escenario 2
Ver Plan de Continxencia no apartado Observacións
Escenario 3
Ver Plan de Continxencia no apartado Observacións
Actividades obrigatorias nun principio non avaliables: asistencia ás actividades programadas.
Actividades obrigatorias avaliables:
A cualificación global do alumno na materia é unha media ponderado entre as diversas cualificacións obtidas polo seu rendemento ao longo do curso, en varias partes diferenciadas:
-o exame final (70% da cualificación final)
-a realización das prácticas cos correspondentes informes (20% da cualificación final)
-a realización das actividades expostas nas titorías (10% da cualificación final. Deste 10%, o 5% corresponderá aos catro primeiros temas é o outro 5% aos temas de Ondas e Nucleónica)
No exame avaliaranse as competencias CG1, CG2, CG3, CG4, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT1, CT4, CT6, CE1, CE2
En prácticas: CG3, CG4, CB3, CB5, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CE1, CE2
Outras actividades (Titorías, seminarios): CG4, CG5, CB2, CB3, CB4, CB5, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CE1, CE2
A asistencia a todas as actividades programadas é obrigatoria, en especial ás prácticas de laboratorio.
Para facer media entre as diferentes partes avaliables é necesario ter un mínimo de 4.0 no exame (4.0 como mínimo en cada unha das partes) e outro 4 como mínimo nas prácticas de laboratorio.
As prácticas de laboratorio considéranse superadas se ademais de asistir ás sesións programadas, entrégase a memoria e obtense unha cualificación mínima de cinco na mesma.
Un alumno que non supere algunha destas dúas partes terá unha cualificación global máxima de 4.0 na correspondente oportunidade.
En caso de superar as prácticas de laboratorio (nota maior que 5.0), pero non a asignatura, estas gárdanse para os dous cursos posteriores.
Con carácter xeral, estímase unha media de 150 horas de traballo para esta materia, das cales 51 horas corresponden a asistencia a clases teóricas e prácticas, seminarios e titorías (22h clases expositivas, 14h clases interactivas seminario, 12h clases interactivas laboratorio e 3h titorías en grupo), 96 horas a traballo autónomo do estudante (tempo de estudo e elaboración da memoria de prácticas) e as 3 restantes á realización de exames e revisión dos mesmos.
-Asistencia a todas as actividades docentes
-Participar de forma activa nas clases
-Consulta da bibliografía recomendada
-Utilizar a aula virtual
-Facer uso das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia
PLAN DE CONTIXENCIA ante un posible cambio de escenario
1) Obxectivos: sen cambios
2) Contidos: sen cambios
3) Material bibliográfico: No momento de aprobar esta programación docente, pensando nun posible escenario 2 ou 3, estase tamén en proceso de solicitude e adquisición de novo material bibliográfico electrónico; por elo o profesorado da materia especificará no Campus Virtual que material bibliográfico pode atoparse en formato electrónico na biblioteca da USC cando os fondos estean dispoñibles.
4) Competencias: sen cambios
5) Metodoloxía:
Escenario 2
As clases expositivas, interactivas de seminarios e titorías en grupo reducido serán síncronas, presencial con quendas alternas en aula, mantendo o horario oficial de clase.
As titorías individuais poderán ser presenciais ou telemáticas, requirirán de cita previa.
Se a limitación de aforo ditado polas autoridades sanitarias non permite que todo o alumnado asista as clases interactivas de laboratorio simultaneamente, o alumno realizará o 100% das prácticas presenciais, pero a duración de cada práctica reducida ao 50%.
Escenario 3
A docencia será telemática e as clases desenvolveranse de forma síncrona no horario oficial de clase.
As titorías serán telemáticas e requirirán de cita previa.
O 100% das prácticas serán virtuais, coa duración de cada práctica reducida ao 50%
6) Sistema de avaliación
Escenario 2 e 3
As actividades de avaliación que non poidan ser realizadas de xeito presencial, se non poden ser adiadas, realizaranse telemáticamente a través das ferramentas institucionais en Office 365 e Moodle. Neste caso esixirase a adopción dunha serie de medidas que requirirán que o alumnado dispoña dun dispositivo con micrófono e cámara mentres non se dispoña dun software de avaliación axeitado. O alumnado pode ser chamado a unha entrevista para comentar ou explicar unha parte ou o total da proba.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
7) Tempo de estudo e traballo persoal: sen cambios
8) Recomendacións para o estudio da materia: sen cambios
Debido á situación derivada da pandemia COVID-19, pode variar a programación docente que se adaptará segundo os distintos escenarios.
Maria Concepcion Nistal Fernandez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813529
- Correo electrónico
- mconcepcion.nistal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Enriqueta Lopez Iglesias
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814050
- Correo electrónico
- enriqueta.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula virtual |
Martes | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula virtual |
14.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
23.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |