Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fisioloxía
Áreas: Fisioloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
• Identificar a estrutura e función normal do organismo, a nivel molecular, celular, tisular, orgánico e de sistemas, nas distintas etapas da vida.
• Distinguir os mecanismos de adaptación e regulación das devanditas funcións e recoñecer o fluxo de información que fai posible dita regulación.
• Valorar críticamente e saber aplicar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
Bloque I (13 h; 1-11E + S1 + S2)
- Introdución á Fisioloxía. Fisioloxía celular.
- Características xerais do sistema nervioso. Fisioloxía da neurona. Sinapsis.
- Fisioloxía sensorial. Sensibilidade somática. Sentidos especiais.
- Fisioloxía do músculo. Motilidad. Coordinación motora.
- Funcións non motoras (superiores) do sistema nervioso central
- Sistema nervioso autónomo.
Bloque II (8 h; 12-17E + S3 + S4)
- Fisioloxía do sangue.
- Organización e funcións do sistema cardiovascular.
- Fisioloxía cardíaca e do sistema vascular
Bloque III (6 h; 18-22E + S5)
-Organización e funcións do sistema respiratorio.
- Regulación da respiración.
Bloque IV 8 h (23-28E + S6 + S7)
- Organización e funcións do sistema urinario.
- Regulación renal do balance hidroelectrolítico.
- Regulación do equilibrio acedo-base.
Bloque V (5 h; 29-32E + S8)
- Organización e funcións do sistema dixestivo.
- Fisioloxía do Sistema Hepatobiliar.
Bloque VI (7 h; 33-37E + S9+ S10)
- Características xerais do sistema endocrino. Integración neuroendocrina.
- Fisioloxía das glándulas endocrinas
- Fisioloxía do aparello reprodutor.
- Fisioloxía do desenvolvemento.
Costanzo, L.S., 2018. Fisiología. 6ª ed. Barcelona: Elsevier.
Levy, M.N., Stanton, B.A. y Koeppen, B.M., 2018. Fisiología. 7ª ed. Madrid: Elsevier.
Accesibles en ClinicalKeys. Elsevier
Fisiología humana (14a. ed.) Fox, Stuart Ira; McGraw-Hill Interamericana
Dispoñible vía McGraw-Hill AccessMedicina Spa
Complementaria
Boron, W. F. e Boulpaep, E. L. eds., 2017. Fisioloxía Médica. 3ª ed. Madrid: Elsevier.
Guyton, A. C. e Hall, J.E., 2016. Tratado de fisioloxía médica. 13ª ed. Madrid: Elsevier.
Silverthorn, D.U., Johnson, B. R., Ober, W. C., Garrison, C. W. e Silverthorn, A. C., 2019. Fisioloxía humana: un enfoque integrado. 8ª ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.
Tortora, G. J. e Derrickson, B., 2018. Principios de anatomía e fisioloxía. 15ª ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.
Básicas: (CB1) Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos na área de fisioloxía que parte da base da
educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén
algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
Xerais: (CG1, CG2) Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes da Fisioloxía. Aplicar os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos na formulación de problemas e a procura das súas solucións en contextos académicos.
Transversal: (CT4) Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
Específicos: (CE9) Saber identificar os distintos tipos de tecidos animais, comprender o seu desenvolvemento, organización e fisioloxía, e coñecer a súa aplicación no campo da Biotecnoloxía.
Metodoloxía da ensino
Escenario 1. Clases maxistrais, nas que o/a docente explicará os conceptos propios da materia con apoio de medios audiovisuais e informáticos; pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia), promovendo a participación do alumnado.
Titorías telemáticas (individuais ou en grupo) a pedimento do estudante para aclarar dúbidas, fornecer información ou orientar ao alumnado
Adaptacións aos escenarios 2 e 3.
A impartición das clases maxistrais será de maneira síncrona presencial e telemática (con quendas) no escenario 2, ou exclusivamente síncrona telemática no escenario 3.
Sistema de avaliación
Escenario 1. Normalidade adaptada.
Realizarase a avaliación da aprendizaxe de contidos e competencias mediante probas de avaliación continua e exame final.
A nota final de avaliación obterase da suma da nota alcanzada no exame final (máximo 8 puntos) e a avaliación continua (máximo 2 puntos).
Exame final (primeira e segunda oportunidade):
• Incluirá todos os contidos traballados nas clases expositivas e seminarios da materia.
• Será unha proba escrita presencial que poderá constar de preguntas tipo test, preguntas curtas, problemas e/ou temas a desenvolver.
• A puntuación máxima a alcanzable será de 8 puntos e será necesario obter un mínimo de 4.8 puntos sobre os 8 puntos posibles para poder engadir á nota alcanzada no exame final a puntuación obtida na avaliación continua. De non alcanzarse o mínimo de 4.8 puntos no exame final a materia considerarase suspensa reflectíndose na acta unicamente a nota obtida no exame final, independentemente de que a súa suma coa nota alcanzada na avaliación continua supere o 5.
Avaliación continua:
Para valorala será obrigatorio a asistencia ao 80% das clases expositivas + seminarios = (38 h en conxunto) para iso realizarase control de asistencia todos os días.
• Constará de seis cuestionarios realizados durante o curso a través do campus virtual da USC, Teams, MS forms, Kahoot, ou similares de maneira presencial. Estes cuestionarios poderán incluír preguntas tipo test, problemas ou preguntas de resposta curta realizaranse ao finalizar cada un dos seis bloques de contidos (1 cuestionario por bloque de contidos; ver táboa inferior). A súa data/hora de realización anunciarase con antelación a través da plataforma Moodle do Campus Virtual da USC vía email.
• A valoración máxima de cada cuestionario reflíctese na seguinte táboa:
Bloque I Bloque II Bloque III Bloque IV Bloque V Bloque VI Total
0,6 puntos 0,4 puntos 0,2 puntos 0,3 puntos 0,2 puntos 0,3 puntos 2 puntos
• A suma dos puntos obtidos nos 6 cuestionarios (máximo 2 puntos) engadirase á nota alcanzada no exame final (primeira e segunda oportunidade) sempre que se obtivo unha puntuación igual ou superior a 4.8 dos 8 puntos posibles no exame final.
• A nota obtida na avaliación continua é válida só para o curso académico vixente.
_________________________________________________________________________________________
Adaptacións ao escenario 2 (distanciamento)
De non poderse realizar de maneira presencial na aula, o exame final consistirá nunha proba oral telemática (videoconferencia), cunha estrutura análoga ao exame final descrito no escenario 1. De ser necesario os cuestionarios da avaliación continua realizaranse de maneira síncrona telemática remota.
Adaptacións ao escenario 3 (peche de instalacións)
O exame final consistirá nunha proba oral telemática (videoconferencia), cunha estrutura análoga ao exame final descrito no escenario 1. Os cuestionarios da avaliación continua realizaranse de maneira síncrona telemática remota.
No plaxio e no uso fraudulento da tecnoloxía na realización de cuestionarios, tarefas e/ou exames, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacions
TRABALLO PRESENCIAL
Clases expositivas e de seminario 47 h
Tutorias individuais e en grupo 4 h
Exames, cuestionarios e revisión 3 h
Total presencial 54 h
TRABALLO PERSOAL
Estudo autónomo individual 96 h
Asistencia e participación activa nas clases e seminarios.
Estudo e revisión periódica da materia impartida, utilizando material bibliográfico para comprender e profundar na información obtida en clase.
Aclaración cos profesores de posibles dúbidas.
Durante o curso 2020-2021 actuará como coordinador da materia o Profesor Francisco Javier Martín-Cora (franciscoj.martin.cora [at] usc.es (franciscoj[dot]martin[dot]cora[at]usc[dot]es))
A correspondencia entre alumnos e profesores será a través das direccións de correo que provea o servidor da USC para profesores e alumnos (@ usc ou @ usc. rai)
Plan de Continxencia:
Metodoloxía do ensino
Adaptacións aos escenarios 2 e 3.
A impartición das clases maxistrais será de maneira síncrona presencial e telemática (con quendas) no escenario 2, ou exclusivamente síncrona telemática no escenario 3.
Sistema de avaliación
Adaptacións ao escenario 2 (distanciamento)
De non poderse realizar de maneira presencial na aula, o exame final consistirá nunha proba oral telemática (videoconferencia), cunha estrutura análoga ao exame final descrito no escenario 1. De ser necesario os cuestionarios da avaliación continua realizaranse de maneira síncrona telemática remota.
Adaptacións ao escenario 3 (peche de instalacións)
O exame final consistirá nunha proba oral telemática (videoconferencia), cunha estrutura análoga ao exame final descrito no escenario 1. Os cuestionarios da avaliación continua realizaranse de maneira síncrona telemática remota.
Francisco Javier Martin Cora
Coordinador/a- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881812295
- Correo electrónico
- franciscoj.martin.cora [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
Martes | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
Mércores | |||
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
14.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
24.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |