Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Fisioloxía Vexetal
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O obxectivo da materia é que os alumnos adquiran as seguintes habilidades:
- Distinguir a diversidade vexetal e o ciclo de vida das plantas.
- Aplicar coñecementos sobre o papel das paredes e membranas e os mecanismos de transporte do xilema e do floema.
- Describir os procesos de fotosíntese e fotorrespiración.
- Identificar as bases da nutrición mineral e do metabolismo secundario.
- Enumerar as fitohormonas e aplicar ese coñecemento sobre o seu papel na regulación das diferentes etapas do desenvolvemento.
- Identificar a fotomorfoxénese e as respostas ao estrés biótico e abiótico.
CLASES EXPOSITIVAS:
1. Plantas: Diversidade e introdución á xenética funcional, 1 h.
2. Transporte: Potencial hídrico e químico e transporte de membranas, 1.5 h.
3. Auga: captación en raíces, transporte no xilema e regulación de estomas, 1.5 h.
4. Luz: Cadea de transporte de electróns e antenas 1.5 h.
5. Adaptación: Calidade e intensidade da luz, 1.5 h.
6. Rubisco: Fotosíntese e fotorrespiración, 2 h.
7. C4 e CAM: Fotosínteses alternativas, 1.5 h
8. Azucres: Síntese de sacarosa e amidón e transporte no floema, 1.5 h
9. Nutrientes: Captación e distribución, toxicidade e simbiose, 1.5 h
10. Síntese: Aminoácidos, Polisacáridos de parede, Lípidos e Metabolitos secundarios, 1.5 h
11. Mensaxeiros: Hormonas e péptidos, 3 h.
12. Receptores: Fotorreceptores, mecanorreceptores e quimiorreceptores, 3 h.
13. Desenvolvemento: Xerminación, crecemento, floración e frutificación, 3 h.
14. Estrés: Estrés biótico e abiótico, 3 h
LABORATORIO:
O alumnado traballará 5 horas no laboratorio nas que se realizarán as seguintes actividades:
1. Fotosíntese en cloroplastos illados
2. Papel da xiberelina na xerminación.
A maiores o alumnado realizará de forma autónoma exercicios de análises de resultados coa axuda de titoriais.
En escenario 3 as prácticas presenciais serán substituídas por exercicios adicionais de análises de protocolos e de resultados.
SEMINARIOS:
Interpretación e debate de resultados experimentais relacionados cos contidos teóricos da materia.
TUTORIAIS:
Resolución de dúbidas e revisión de exercicios.
BÁSICA
Taiz, L., Zeiger, E., Moller I. M. and Murphy, A. eds., 2015. Plant Physiology and Development. 6th ed. Sunderland, MA: Sinauer Associates.
Buchanan, B., Gruissem, W. and Jones, R. eds., 2015. Biochemistry & Molecular Biology of Plants. 2nd ed. Hoboken: Wiley-Blackwell.
COMPLEMENTARIA
Jones, R., Ougham, H., Thomas, H. and Waaland, S., 2012. The Molecular Life of Plants. Chichester: Wiley-Blackwell.
Smith, A.M., Coupland, G., Dolam, L., Harberd, N., Jones J., Martin, C., Sablowski, R. and Amey, A., 2010. Plant Biology. New York: Garland Science.
Taiz, L., Zeiger, E., Moller I. M. and Murphy, A. eds., 2018. Fundamentals of plant physiology. Sinauer Associates - Oxford University Press
Nesta materia o alumnado traballará en particular as seguintes competencias:
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Biotecnoloxía.
CG2 - Aplicar os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos na formulación de problemas e a procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG3 - Saber obter e interpretar información e resultados relevantes e obter conclusións en temas relacionados coa Biotecnoloxía.
CG4 - Ser capaces de transmitir información tanto por escrito como de forma oral e de debater ideas, problemas e solucións relativos á Biotecnoloxía, ante un público xeral ou especializado.
CG5 - Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en Biotecnoloxía e adquirir capacidade para traballar en equipo.
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT1 - Pensar de forma integrada e abordar os problemas desde diferentes perspectivas.
CT2 - Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT3 -Organizar e planificar o seu traballo.
CT4 -Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
CT5 -Traballar en equipo.
CT6 - Razoar criticamente.
CT7 - Manter un compromiso ético.
CT8 -Adaptación a novas situacións ( resiliencia).
ESPECÍFICAS
CE3- Coñecer e saber aplicar as técnicas instrumentais e os protocolos de traballo nun laboratorio, aplicando as normativas e técnicas relacionadas coa seguridade e a hixiene, a xestión de residuos e a calidade.
CE4- Ter unha visión integrada do funcionamento das células, incluíndo as súas biomoléculas, metabolismo, expresión xénica, relación entre compartimentos celulares, así como os mecanismos de comunicación e sinalización celular.
As clases expositivas impartiranse en 27 sesións dunha hora, cunha periodicidade de 2 horas semanais durante o segundo cuadrimestre do curso académico. Nelas explicaranse os aspectos básicos dos temas que compoñen o programa da materia. Competencias traballadas: CG1, CG2, CG3, CB1, CB2, CB3, CT1, CT2, CT4, CT6, CE4.
En escenario 2, en función da situación e a dispoñibilidade de infraestrutura, as clases expositivas poderán realizarse de forma parcial (quendas) ou totalmente telemática empregando preferentemente a plataforma Teams. En escenario 3 as clases serán telemáticas. No caso de clases completamente telemáticas proporcionaranse clases pregrabadas e complementaranse con sesións de resolución de dúbidas mediante videoconferencia no horario de clases expositivas. En todos os escenarios os alumnos dispoñerán de gravacións das clases (audio ou vídeo).
As clases interactivas de seminario impartiranse en grupos reducidos durante 12 sesións. Nestas clases o alumnado deberá resolver en común problemas consistentes en interpretar resultados experimentais relacionados co temario. Competencias traballadas: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT1, CT2, CT4, CT5, CT6, CE4.
En escenario 2, en función da situación e a dispoñibilidade de infraestrutura, as clases interactivas de seminario poderán realizarse de forma parcial (quendas) ou totalmente telemática, mediante videoconferencias na plataforma Teams. En escenario 3 os seminarios serán telemáticos.
En escenario 1 e 2 as prácticas presenciais de laboratorio desenvolveranse en 5 horas distribuídas en 2 sesións presenciais, complementadas con exercicios autónomos de 5 horas adicionais. O alumnado deberá elaborar un informe individual que incluirá a análise e discusión dos resultados. Competencias traballadas: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CE3
En escenario 3 as prácticas presenciais serán substituídas por exercicios adicionais de análises de protocolos e de resultados que se realizarán mediante videoconferencias en Teams.
Ao longo do curso realizaranse 2 sesións de titorías de 60 minutos en grupos moi reducidos nas que se revisarán e discutirán os resultados da avaliación continua. Competencias traballadas: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CE3, CE4.
A primeira titoría será telemática a través de Teams en todos os escenarios, a segunda será presencial ou telemática en función da situación.
ACTIVIDADES OBLIGATORIAS NON EVALUABLES:
Será necesario asistir as 2 sesións prácticas para presentar o informe de prácticas.
ACTIVIDADES OBLIGATORIAS EVALUABLES:
- Informe de prácticas (20% da cualificación final). Competencias avaliadas: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CE3
Será necesario presentar un informe de prácticas e obter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 para poder presentarse ao exame final. En caso de obter polo menos un 5 e suspender a materia non será necesario repetir as prácticas e conservarase a nota do informe nos dous cursos seguintes. Nestes casos poderanse realizar as prácticas de forma voluntaria. Considerarase non presentado a efectos de avaliación ao alumno que non entregue o informe de prácticas.
- Cuestionarios de avaliación continua (20% da cualificación final). Competencias avaliadas: CG1, CG2, CG3, CG5, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT1, CT2, CT4, CT6, CE4.
Realizaranse durante os seminarios preferentemente de forma presencial. Se os seminarios realízanse de forma telemática os cuestionarios realizaranse tamén de forma telemática. Será necesaria unha cualificación mínima de 4 sobre 10 para poder presentarse ao exame final.
- Exame final (50% da cualificación final). Competencias avaliadas: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT1, CT2, CT4, CT6, CE4.
O exame final consistirá na resolución de problemas similares aos que se verán en seminarios e prácticas. Durante o exame final poderase consultar os apuntamentos. Realizarase preferentemente de forma presencial. En escenario 3 ou no caso de que non se permitan os exames presenciais en escenario 2 realizarase de forma telemática.
ACTIVIDADES NON OBRIGATORIAS AVALIABLES:
- Exame parcial non liberatorio (10 % da cualificación final). Competencias avaliadas: As mesmas que no exame final.
O exame parcial será similar ao exame final e ten como obxectivo que o alumnado se familiarice con este tipo de proba. Realizarase preferentemente de forma presencial. En escenario 3 ou no caso de que non se permitan os exames presenciais en escenario 2 realizarase de forma telemática.
IMPORTANTE: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
- Clases expositivas: 27 horas
- Clases interactivas de seminario: 12 horas
- Clases prácticas de laboratorio: 10 horas
- Titorías en pequenos grupos: 2 horas
- Exame final: 3 horas
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDIANTE:
- Estudo individual e realización do informe de prácticas: 96 horas
TOTAL HORAS DE TRABALLO: 150 HORAS
- Aconséllase o estudo da materia durante todo o curso.
- É moi recomendable participar activamente nas sesións de seminario xa que os exercicios que se realizarán serán moi similares aos dos exames parciais e finais.
- É importante organizar as notas para que poidan ser consuladas de xeito eficiente durante os seminarios e os exames.
PLAN DE CONTINXENCIA:
Nos escenarios 2 e 3 empregarase preferentemente a plataforma Teams para a comunicación cos alumnos.
En escenario 2, en función da situación e a dispoñibilidade de infraestrutura, as clases expositivas poderán realizarse de forma parcial (quendas) ou totalmente telemática empregando preferentemente a plataforma Teams. En escenario 3 as clases serán telemáticas. No caso de clases completamente telemáticas proporcionaranse clases pregrabadas e complementaranse con sesións de resolución de dúbidas mediante videoconferencia no horario de clases expositivas. En todos os escenarios os alumnos dispoñerán de gravacións das clases (audio ou vídeo).
En escenario 2, en función da situación e a dispoñibilidade de infraestrutura, as clases interactivas de seminario poderán realizarse de forma parcial (quendas) ou totalmente telemática, mediante videoconferencias na plataforma Teams. En escenario 3 os seminarios serán telemáticos.
En escenario 1 e 2 realizaranse prácticas presenciais en laboratorio. En escenario 3 as prácticas presenciais serán substituídas por exercicios adicionais de análises de protocolos e de resultados que se realizarán mediante videoconferencias en Teams. En escenario 3 será necesario asistir ás videoconferencias de Teams que substituirán ás prácticas presenciais para poder entregar o informe de prácticas.
A primeira titoría será telemática a través de Teams en todos os escenarios, a segunda será presencial ou telemática en función da situación.
Se os seminarios realízanse de forma telemática os cuestionarios de avaliación continua realizaranse tamén de forma telemática.
O exame final realizarase preferentemente de forma preferentemente presencial. En escenario 3 ou no caso de que non se permitan os exames presenciais en escenario 2 realizarase de forma telemática.
O exame parcial realizarase preferentemente de forma preferentemente presencial. En escenario 3 ou no caso de que non se permitan os exames presenciais en escenario 2 realizarase de forma telemática.
Javier Sampedro Jiménez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881813113
- Correo electrónico
- javier.sampedro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
Martes | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
Venres | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
24.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
24.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
13.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
13.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |