Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Microbioloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
- O coñecemento e correcta utilización por parte do alumno da terminoloxía básica da Microbioloxía.
- Identificar e situar no contexto dos seres vivos os distintos tipos biolóxicos que serán obxecto de estudo da Microbioloxía.
- Adquirir coñecementos básicos sobre a bioloxía dos microorganismos, incluíndo aspectos morfolóxicos, fisiolóxicos e ecolóxicos.
- Adquirir a base teórica e metodolóxica necesaria para abordar sen dificultade unha posterior especialización en calquera área da disciplina xa sexa básica ou aplicada.
- Aprender a manexar correctamente os materiais e instrumentos propios dun laboratorio de Microbioloxía, adquirindo as habilidades manuais que requiren os metodos microbiolóxicos.
- Aprender ás técnicas máis utilizadas en Microbioloxía: microscopia, tinguiduras, illamento de cultivos puros, identificación de microorganismos, etc.
- Aprender a manexar as fontes de documentación.
- Que o estudante comprenda e valore o interese da Microbioloxía no marco dos estudios de Biotecnoloxía, así como a repercusión social da Microbioloxía
En conclusión, tratárase de favorecer os hábitos de iniciativa, espírito crítico e traballo en equipo, e a adquisición de coñecementos básicos que permitan ao alumno entender o que son os microorganismos como seres vivos e abordar sen dificultade unha posterior especialización en calquera área de disciplina, tendo como horizonte os seguintes resultados de aprendizaxe:
-Coñecer a estructura e fisiología dos microorganismos procariotas e eucariotas
-Coñecer os factores que afectan ao desenvolvemento dos microorganismos
-Coñecer os métodos de obtención de cultivos axénicos, discontinuos e continuos
-Coñecer os métodos de illamento e cultivo viral
-Coñecer as bases da clasificación dos microorganismos procariotas, eucariotas e virus
-Coñecer as interrelacións entre microorganismos e ca súa contorna.
PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS
Bloque I. INTRODUCCION.
Tema 1. Orixen e desenvolvemento histórico d Microbioloxía. (1 h)
Definición de Microbioloxía. Desenvolvemento histórico da Microbioloxía. Os tres “Dominios”: Bacteria, Archaea e Eucarya. Diferenzas principais entre procariotas e eucariotas. Características xerais dos virus.
Bloque II. MORFOLOXIA E ULTRAESTRUCTURA DE PROCARIOTAS.
Tema 2. Técnicas de Estudio e Observación dos Microorganismos. (Seminario)
Tipos de microscopía óptica. Tipos de preparacións para exame ó microscopio óptico. Tipos de tinción. Microscopía electrónica de transmisión e barrido. Outros tipos de microscopía.
Tema 3. Morfoloxía e Estrutura Bacterianas. (1 h)
Morfoloxía, tamaño e agrupacións bacterianas. Estruturas esenciais e non esenciais. Citoplasma e Formacións Citoplasmáticas: Ribosomas. Orgánulos limitados por membrana dunha soa capa. Inclusións citoplasmáticas de reserva. Area nuclear ou xenóforo. DNA extracromosomico.
Tema 4. Membrana Plasmática e Estruturas Membranosas. (1 h)
Composición química, estrutura e funcións da membrana bacteriana. Tipos de transporte a traveso da membrana plasmática. Características diferenciais das membranas de Archaea. Estruturas membranosas.
Tema 5. Parede Celular Bacteriana. (2 h)
Estrutura e composición química: diferenzas entre Eubacterias Gram positivos e Gram negativos. Funcións dos distintos polímeros da parede celular. Características específicas da parede de Archaea.
Tema 6. Estructuras Externas á Parede Celular. (1 h)
Cápsulas: Natureza química e funcións. Flaxelos e movemento flaxelar: Estrutura e composición química do flaxelo. Pili o fimbrias: tipos e funcións.
Tema 7. Células Especializadas: A Endospora Bacteriana. (1 h)
Estrutura, composición química e propiedades da endospora. Presenza e observación de endosporas. Diferenzas entre célula vexetativa e endospora bacteriana. Cinética de esporulación: cambios citolóxicos, fisiolóxicos e bioquímicos. Aspectos xenéticos do proceso de esporulación. Xermolación de endosporas.
Bloque III. FISIOLOXIA, CULTIVO E CRECEMENTO DE MICROORGANISMOS.
Tema 8. Nutrición Microbiana. (2 h)
Principios da nutrición microbiana. Categorías nutricionais dos microorganismos: Fontes de enerxía, electróns e carbono. Fontes de nitróxeno, xofre, fósforo. Asimilación en forma inorgánica do nitróxeno, xofre e fósforo.
Tema 9. Cultivo de Microorganismos y Condicións Físico-Químicas para o Crecemento (1 h)
Tipos de medios de cultivo bacteriolóxicos. Cultivos mixtos e cultivos puros. Métodos de illamento de cultivos puros. Conservación dos cultivos. Efecto dos factores físico-químicos no crecemento. Temperatura. pH. Presión osmótica. Presión hidrostática. Necesidades de osíxeno.
Tema 10. Crecemento bacteriano y Medida do Crecemento Bacteriano (1 h + Seminario)
Crecemento celular: Ciclo de división bacteriana. Crecemento de poboacións: Curva de crecemento e características das distintas fases. Expresión matemática do crecemento. Efecto dos axentes antimicrobianos sobre o crecemento. Crecemento sincrónico e asincrónico. Métodos directos e indirectos de medida do crecemento. Cultivo continuo e a súas aplicacións.
Tema 11. Control do Crecemento Microbiano. (2 h + Seminario)
Definición de conceptos: esterilización, desinfección, antisepsia, etc. Factores que inflúen na acción antimicrobiana. Modos de acción dos axentes antimicrobianos. Control por axentes físicos e químicos. Determinación da potencia de desinfección. Quimioterapia. Tipos de quimioterápicos: naturais (antibióticos) e sintéticos. Determinación da actividade antimicrobiana. Resistencia a axentes quimioterápicos: mecanismos e transmisión. Importancia dos péptidos antimicrobianos.
BLOQUE IV. FUNDAMENTOS DE TAXONOMÍA MICROBIANA
Tema 12. A clasificación dos microorganismos. (1 h)
Concepto de especie bacteriana e especie biolóxica. Clasificación fenética e filoxenética. Nomenclatura bacteriana. Principales grupos de bacterias e Arqueas.
Tema 13. Principales grupos de bacterias Gram negativas (2 h)
Bacterias Fotosintéticas. Bacterias quimiolitotrofas: Importancia nos ciclos bioxeoquímicos da materia. Pseudomonas e Burkholderia. Bacterias oxidadoras do metano. Bacterias do ácido acético. Bacterias que fixan nitróxeno atmosférico. Familias Enterobacteriaceae e Vibrionaceae. Bacterias anaerobias estritas. Rickettsias e Clamidias.
Tema 14. Principales grupos de bacterias Gram positivas (2 h)
Bacterias Gram positivas con baixo contido G+C. Bacterias formadoras e non formadoras de endosporas: Importancia clínica, industrial e ecolóxica. Os micoplasmas. Bacterias Gram positivas con alto contido G+C. Actinobacterias. Grupo Corineforme: Ecoloxía e importancia industrial e clínica. Micobacterias. Actinobacterias filamentosas con esporanxios e conidios. Características xerais e importancia do xénero Streptomyces.
Tema 15. Dominio Archaea. (1 h)
Filoxenia do Dominio Archaea. Arqueas halófilas extremas. Arqueas metanóxenas. Arqueas termóacidófilas. Interese ecolóxico e industrial.
Tema 16. Microorganismos eucariotas (1 h)
Principias diferenzas entre células procariotas (bacterias e arqueas) e células eucariotas. A orixe da célula eucariota: teoría da endosimbiosis. Principais liñaxes eucariotas.
BLOQUE V. VIRUS E PARTÍCULAS SUB-VIRAIS
Tema 17. Natureza e Características dos virus. (2 h)
Características e natureza da partícula viral. Propiedades distintivas dos virus. Estructura e arquitectura viral. Clasificación dos virus. Ciclo infectivo e sínteses dos compoñentes víricos. Replicación do ácido nucleico viral: tipos. Partículas subvirais.
Bloque VI. ECOLOXIA MICROBIANA
Tema 18. Ciclos Bioxeoquímicos. (2 h)
Ciclos da materia e microorganismos implicados: Ciclo do nitróxeno, Ciclo do xofre, Ciclo do carbono. Degradación microbiana de polímeros naturais en solo e auga.
Tema 19. Microbioloxía industrial e Biotecnoloxía. (3 h)
Papel dos microorganismos na industria biotecnolóxica. Búsqueda e selección de microorganismos de interés aplicado. Principais microorganismos de interese aplicado. Obtención de productos industriais mediante biotecnoloxía microbiana. Principais productos obtidos mediante Microbioloxía Industrial. Uso de microorganismos para a obtención de alimentos e bebidas. Tratamientos de aguas residuales.
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS
Bloque I. Introdución. Preparación de Medios e Material
Práctica 1. O laboratorio de Microbioloxía.
Descrición do material de laboratorio. Descrición da colección de microorganismos. Normas de traballo no laboratorio
Bloque II. Illamento e Cultivo de Microorganismos
Práctica 2. Cultivo de Microorganismos en medio sólido e medio líquido.
Sementeira en medio sólido. Características dos microorganismos en cultivo: medios sólidos e medios líquidos. Técnicas de obtención de cultivos puros: método de illamento por estría en medio sólido.
Bloque III. Morfoloxía e Estrutura dos Microorganismos
Práctica 3. O microscopio óptico.
Manexo e coidado do microscopio óptico. Observación de preparacións en fresco mediante microscopia de contraste de fases.
Práctica 4. Métodos de tinguidura de microorganismos.
Tinguiduras diferenciais: tinguidura de Gram.
Bloque IV. O crecemento e o seu control
Práctica 5. . Métodos de medida do crecemento.
Reconto ó microscoscopio, reconto de viables, estimación espectrofotomética da biomasa. Construción de unha curva de crecemento nun cultivo de microorganismos.
Práctica 6. Axentes antimicrobianos.
Medida da actividade antimicrobiana de quimioterápicos: método de difusión en placa.
Bloque V. Identificación Microbiana
Práctica 7. Pruebas bioquímicas de identificación de cultivos puros. Prueba s IMViC, oxidasa-catalasa y ureasa.
Bloque VI. Viroloxía
Práctica 8. Titulación de bacteriófagos.
BÁSICA
Madigan, M.T. et al. eds., 2015. Brock Biología de los microorganismos. 14ª ed. Madrid: Pearson.
Martín, Béjar, Gutiérrez, Llagostera & Quesada. 2019. Microbiología Esencial. Editorial Médica Panamericana.
Willey, J.M., Sherwood, L.M. y Woolverton, C.J., 2009. Microbiología de Prescott, Harley y Klein. 7ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana.
COMPLEMENTARIA
Atlas, R.M. y. Bartha, R., 2001. Ecología microbiana y microbiología ambiental. 4ª ed. Madrid: Addison-Wesley.
Balows, A., Truper, H.G, Dworkin, H., Harder, N. and Schleifer, K.H., 1992. The Prokaryotes: a handbook on the biology of bacteria: ecophysiology, isolation, identification, applications. 2nd ed. Berlin: Springer- Verlag.
Ingraham, J.L. y Ingraham, C.A., 1998. Introducción a la microbiología. 2 vol. Barcelona: Reverté.
Lederberg, J. ed., 2000. Encyclopedia of microbiology. 2nd ed. 4 vol. San Diego: Academic Press.
Schaechter, M. 2012. Eukaryotic microbes. Amsterdam: Elsevier/Academic Press.
Singleton, P. and Sainsbury, D., 2006. Dictionary of Microbiology and Molecular Biology. 3rd ed. New York: John Wiley & Sons.
Struthers, J.K. y Westran, R.P., 2005. Bacteriología clínica. Barcelona: Masson.
PRÁCTICAS
Gamazo, C., Lopez, I. y Camacho, A.I. eds., 2013. Manual práctico de microbiología. 3ª ed. Barcelona: Elsevier.
Gamazo, C., Sánchez, S. y Díaz, R. eds., 2005. Microbiología basada en la experimentación. 3ª ed. Barcelona: Masson.
Koneman, E. W., Allen, S.D., Janda, V.M., Schreckenberger, V.C. y Winn W.C. Jr., 2008. Koneman diagnóstico microbiológico: texto y atlas en color. 6ª ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.
McFaddin, J.F., 2003. Pruebas bioquímicas para la identificación de bacterias de importancia clínica. 3ª ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.
Olds, R.J., 1982. Atlas de Microbiología. Barcelona: Editorial Científico-Médica.
Seeley, H.W., Van Demark, P.J. and Lee, J.J., 1991. Microbes in action: a laboratory manual of microbiology. 4th ed. New York: W.H. Freeman.
Competencias básicas e xeráis
CG1- Coñecer os conceptos, métodos e resultados mais importantes das distintas ramas da Biotecnoloxía.
CG2- Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos no plantexamento de problemas e a búsqueda de súas solucións tanto en contextos académicos como profesionales.
CG3- Saber obter e interpretar información e resultados relevantes e obter conclusións en temas relacionados ca Biotecnoloxía.
CG4- Ser capaces de transmitir información tanto por escrito como de forma oral e de debater ideas, problemas e solucións relativos á Biotecnoloxía, ante un público xeral ou especializado.
CG5- Estudar e aprender de forma autónoma, con organización do tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en Biotecnoloxía e adquirir capacidade para traballar en equipo.
CB1- Que os estudantes demostren posuir e comprender coñecementos que, partindo da base da educación secuandaria xeral, se poda atopar a un nivel que, se ben se apoie en libros de texto avanzados, inclúa tamén algúns aspectos que impliquen coñecementos procedentes da vangarda da Microbioloxía.
CB2- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da Microbioloxía.
CB3- Que os estudantes teñan capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole solcial, científica ou ética.
CB4- Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5- Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores con un alto grao de autonomía.
Competencias transversáis
CT1- Pensar de forma integrada e abordar os problemas dende diferetes perspectivas.
CT2- Buscar, procesar, analizar e sintetizar información obtida de diversas fontes.
CT3- Organizar e planificar o seu traballo.
CT4- Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
CT5- Traballar en equipo.
CT6- Razoar críticamente.
CT7- Manter un compromiso ético.
CT8- Adaptación a novas situacións (resiliencia).
Competencias específicas
CE3- Coñecer e saber aplicar as técnicas instrumentais e os protocolos de traballo nun laboratorio microbiolóxico, aplicando as normativas e técnicas relacionadas con seguridade e hixiene, xestión de residuos e calidade.
CE9- Saber identificar os diferetes tipos de virus, microorganismos e tecidos animáis e vexetáis, comprender o seru desenvolvemento, organización e fisioloxía, e coñecer a súa plicación no campo da Biotecnoloxía.
A) Clases expositivas:
Escenario 1: síncrono, presencial en aula.
Escenario 2: síncrono, presencial con quendas alternas en aula.
Escenario 3: síncrono virtual (en remoto a través de Microsoft Teams)
B) Seminarios:
Escenario 1: síncrono, presencial en aula.
Escenario 2: síncrono, presencial con quendas alternas en aula.
Escenario 3: síncrono virtual (en remoto a través de Microsoft Teams)
C) Prácticas de laboratorio
Escenario 1: 50% prácticas síncronas presenciais en laboratorio e 50% prácticas asíncronas virtuais (Campus Virtual)
Escenario 2: 50% prácticas síncronas presenciais en laboratorio e 50% prácticas asíncronas virtuais (Campus Virtual)
Escenario 3: 100% prácticas asíncronas virtuais (Campus Virtual)
D) Titorías (programaránse polo profesor a demanda do alumno):
Escenario 1: presencial
Escenario 2: presencial ou virtual a través do correo electrónico ou Microsoft Teams.
Escenario 3: virtual a través do correo electrónico ou Microsoft Teams.
- En escenario 1 e 2 poderán organizarse actividades voluntarias relacionadas cos contidos das clases de teoría ou laboratorio. Posibilidade de realización dunha práctica dentro do programa internacional SWI (Small World Inititive: crowsourcing antibiotic discovery) de aprendizaxe colaborativo para a exploración da biodiversidade microbiana en solos na procura de novos microrganismos productores de antibióticos.
- Teoría.- Para aprobar a materia superarase un exame final obrigatorio no que se poderán incluír cuestións sobre os seminarios expostos na clase. A nota do exame de teoría representará un 65% da nota final da materia.
- Prácticas.- É obrigatoria a asistencia a tódalas prácticas e será un requisito imprescindible para poder presentarse ao exame de teoría. Os alumnos realizarán un exame sobre os fundamentos, metodoloxía e resultados obtidos A nota deste exame representará un 20% da nota final. Poderase solicitar a elaboración dun informe relativo a algunha das actividades das clases prácticas, que será avaliado xunto co exame.
- Seminarios.-O peso total das actividades dos seminarios será do 15% da nota final. No caso dos seminarios polo profesor, o contido dos mesmos será susceptible de exame, valorándose tamén a realización de exercicios individuais relacionados.
No caso de ser impartidos polos alumnos, para a valoración dos seminarios, terase en conta:
1) A correción formal do resumo escrito e da presentación pública
2) A labor de síntese da información recopilada.
3) A capacidade para responder de forma adecuada ás preguntas formuladas.
- No caso de outras alternativas docentes, valorarase a participación do alumno nas mesmas.
Nota: A nota mínima nos exames de teoría ou práctica para poder valorar os outros conceptos será de 4,5.
Levarase a cabo unha avaliación continua, tanto nas clases expositivas como nas interactivas, podéndose incluir probas orais ou escritas, realización e presentación de traballos (vía Campus Virtual), participación do alumnado nas aulas, e a súa valoración se incluirá nos apartados respectivos sinalados con anterioridade.
Escenario 1:
Prácticas de laboratorio: presencial
Seminarios: presencial e telemática a través do Campus Virtual
Exame final: presencial
Escenario 2:
Prácticas de laboratorio: presencial
Seminarios: presencial e telemática a través do Campus Virtual
Exame final : de forma telemática a través do Campus Virtual
Escenario 3:
Prácticas de laboratorio: de forma telemática a través de Microsoft Teams e do Campus Virtual
Seminarios: de forma telemática a través do Campus Virtual
Exame final: de forma telemática a través do Campus Virtual
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de Avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revision de cualificacions”.
Todos estes instrumentos serán empregados para avaliar as competencias segundo o seguinte esquema:
-No exame avaliaranse as competencias: CG1 a CG3, CG5, CB1 a CB5, CT1, CT2, CT4, CT6, CE9.
-Nas prácticas avaliaranse as competencias: CG3, CT3, CT5, CT7, CE3, CE9.
-Na participación activa na aula e seminarios avaliaranse as competencias: CG4, CT1, CT2, CT4, CT6, CT7, CT8, CE9.
-Nas outras alternativas docentes avaliaranse as competencias: CT3, CT5, CT7, CT8.
Alumnos repetidores
Aos estudantes repetidores que teñan avaliadas positivamente as prácticas, se lles manterá dita cualificación durante os dous cursos académicos seguintes.
A asistencia ás titorías de grupo reducido será voluntaria, aínda que as actividades levadas a cabo nestas titorías poden ser valoradas no 10% correspondente á valoración dos seminarios.
Materia de 6 créditos ECTS x 25 horas = 150 horas
Presenciais 54 horas:
clases maxistrais 27 horas
clases prácticas 15 horas
seminarios 6 horas
titorías en grupo reducido 2 horas
titorías individualizadas 1 horas
exame e revisión 3 horas.
Traballo persoal do estudante 96 horas:
Estudio individual 74 horas (3-4 horas semanais)
Elaboración de traballos e lecturas recomendadas 20 horas
Asistencia conferencias e outras actividades 2 horas
Estudio comprensivo e non memorístico, relacionando os contidos da materia con aqueles de materias afíns.
Asistencia regular a clase e participación activa nas clases teóricas e seminarios.
Segui-las recomendacións do profesor que poidan ir xurdindo ao longo do curso.
Ante a situación xurxida a raiz da pandemia pola COVID-19 inclúense diferentes adaptacións na metodoloxía da ensinanza e no sistema de avaliación previstas no “Plan de Continxencia” para o curso 2020-2021:
ESCENARIO 1:
Clases expositivas e seminarios: síncrono, presencial en aula. Avaliación presencial.
Prácticas de laboratorio: 50% prácticas síncronas presenciais no laboratorio e 50% prácticas asíncronas virtuais (Campus Virtual). Avaliación presencial.
ESCENARIO 2:
Clases expositivas e seminarios: síncrono, presencial en quendas alternas en aula. Avaliación telemática (Campus Virtual e Microsoft Teams) e presencial.
Prácticas de laboratorio: 50% prácticas síncronas presenciais no laboratorio e 50% prácticas asíncronas virtuais (Campus Virtual). Avaliación presencial.
ESCENARIO 3
Clases expositivas e seminarios: síncrono virtual (en remoto a través de Microsoft Teams). Avaliación telemática (Campus Virtual).
Prácticas de laboratorio: 100% prácticas asíncronas virtuais (Campus Virtual). Avaliación telemática (Campus Virtual).
Jesús Ángel López Romalde
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816908
- Correo electrónico
- jesus.romalde [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Miguel Balado Dacosta
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- miguel.balado [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: JIN (Jóvenes Investigadores)
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
Martes | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
14.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
14.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
19.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
19.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |