Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Microbioloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Coñecer as principais actividades metabólicas dos microorganismos e as súas aplicacións biotecnolóxicas
Coñecer os mecanismos básicos de regulación xenética en microorganismos procariotas e eucariotas.
Coñecer os mecanismos de evolución e intercambio de información xenética en microorganismos procariotas e eucariotas.
Coñecer as aplicacións biotecnolóxicas dos virus
Aprender a interpretar y resumir con espírito crítico traballos de investigación no campo da biotecnoloxía microbiana, aplicando os coñecementos teóricos adquiridos.
Entender las metodoloxías básicas de selección de microorganismos y virus de interese biotecnolóxico.
TEORÍA (27 horas)
Sección I. Fundamentos da biotecnoloxía microbiana (10 horas)
Tema 1. Metabolismo microbiano e as súas aplicacións biotecnolóxicas
Tema 2. Identificación de novas cepas y compostos de interese microbiolóxico
Sección II. Xenética microbiana (13 horas)
Tema 3: Fundamentos de xenética bacteriana
Tema 4: Regulación da expresión xénica en procariotas
Tema 5: Aspectos xenéticos de lévedos de relevancia en Biotecnoloxía
Tema 6: Vectores de expresión microbianos: Bacterias, virus e lévedos
Sección III Aplicacións biotecnolóxicas dos microorganismos (4 horas)
Tema 8. Introdución á Biotecnoloxía microbiana ambiental e sanitaria.
SEMINARIOS (11 horas)
Seminario 1. Introdución ao método científico. Estrutura dos traballos científicos e presentacións científicas. Este seminario serve de base á preparación por os estudantes dos traballos que se presentarán nos seminarios 2-11, polo que a asistencia é obrigatoria e non avaliable.
Seminarios 1-11. Exporanse de xeito crítico por parte dos estudantes traballos de investigación propostos polo profesor relacionados principalmente cos temas 2 e 8, incluíndo algúns dos seguintes temas aplicados: Aplicacións biotecnolóxicas das microalgas, Degradación microbiana de polímeros e plásticos, Biodeterioro e corrosión, Biocombustibles microbianos e biorefinerias: produción de biodiesel, bioetanol e metano, Biopilas, Produción de biopolímeros microbianos, Probióticos, Bioterrorismo, Bioloxía sintética, vacinas, novos antimicrobioanos, etc.
PRÁCTICAS (10 h total)
Conxugación bacteriana
Técnicas de cribado funcional: selección de bacterias con actividade Quorum Quenching
Selección y cuantificación de bacteriófagos
TITORÍAS (3 h)
Programaranse titorías individuais para a supervisión da preparación dos traballos que se presentarán nos seminarios.
Bibliografía básica
- Madigan, M.T., J.M. Martinko, y col . 2015. Brock Biología de los Microorganismos. 14ª ed. Pearson, Madrid.
- Martín, A., V. Béjar, J.C. Gutiérrez, M. Llagostera y E. Quesada. 2019. Microbiología esencial. Ed. Médica- Panamericana. Madrid.
- Willey, J.M. Sherwood, L.M. & Woolverton, C.J. 2009. Microbiología de Prescott, Harley Y Klein. 7ª ed. McGraw-Hill Interamericana. Madrid.
- Thieman, W.J., & M.A. Palladino. Introducción a la Biotecnología. 2010. 2ª ed. Editorial Pearson. Madrid.
Bibliografía do Programa de Prácticas
- Gamazo, C., Sánchez, S. y Camacho, A.I. eds., 2013. Microbiología Basada en la Experimentación. Barcelona: Elsevier.
- Gamazo, C., Lopez-Goñi, I. y Díaz, R. eds., 2005. Manual práctico de microbiología. 3ª ed. Barcelona: Masson.
Bibliografía complementaria
- Atlas, R.M.& R. Bartha. 2001. Ecología Microbiana y microbiología ambiental. 4ª ed. Addison-Wesley. Madrid.
- Tortora, G.J., B.R. Funke, & C.L. Case. Introducción a la Microbiología. 2017. 12ª ed. Editorial Médica-Panamericana. Buenos Aires.
Utilizaranse revisións e artigos das seguintes revistas:
Trends in Biotechnology
Current Opinion in Biotechnology
Journal of Biotechnology
Nature Biotechnology
The Scientist
BÁSICAS
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender o coñecemento nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e normalmente atópase nun nivel que, aínda que está soportado por libros de texto avanzados, tamén inclúe algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os alumnos saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posuan as competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa dos argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os alumnos teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para facer xuízos que inclúan unha reflexión sobre asuntos relevantes de carácter social, científico ou ético
CB4 - Que os alumnos poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público especializado e non especializado
CB5 - Que os alumnos desenvolvan as destrezas de aprendizaxe necesarias para realizar estudos posteriores cun alto grao de autonomía
XERAIS
CX1 - Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das diferentes ramas da Biotecnoloxía.
CX2 - Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos na aproximación dos problemas e á procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CX3 - Saber obter e interpretar información e resultados relevantes e obter conclusións sobre cuestións relacionadas coa Biotecnoloxía
CX4 - Poder transmitir información tanto por escrito como oral e para discutir ideas, problemas e solucións relacionados coa Biotecnoloxía, ante un público xeral ou especializado.
CX5 - Estudar e aprender de xeito autónomo, coa organización do tempo e os recursos, novos coñecementos e técnicas en Biotecnoloxía e adquirir a capacidade de traballar como equipo.
TRANSVERSAIS
CT2 Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes
CT3 - Organizar e planificar o seu traballo.
CT4 - Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
CT5 - Traballar en equipo.
CT6 - Razoamento crítico
CT7 - Manter un compromiso ético.
ESPECÍFICAS
CE3 - Coñecer e saber aplicar as técnicas instrumentais e os protocolos de traballo nun laboratorio, aplicando as normas e técnicas relacionadas coa seguridade e a hixiene, a xestión dos residuos e calidade.
CE9- Saber identificar os distintos tipos de virus, microorganismos e tecidos animais e vexetais, comprender o seu desenrolo, organización e fisioloxía e coñecer a súa aplicación no campo da Biotecnoloxía.
CE11- Coñecer as bases moleculares e as técnicas de manipulación da información xénica en microorganismos, animais e plantas e saber aplicar adecuadamente ditas técnicas nos diferentes ámbitos biotecnolóxicos.
Escenario 1 (docencia presencial)
Clases maxistrais: 27h presenciais. Os contidos de teoría impartiranse como clases maxistrais coa axuda de material audiovisual, que estarán dispoñibles na Aula virtual. A asistencia as clases maxistrais non será avaliada.
Seminarios. 11 seminarios presenciais de 1 hora. Presentaranse por parte do profesor e dos alumnos de fe xeito individualizado, resumes críticos de traballos de investigación propostos polo profesor, relacionados cos temas de teoría e con outros temas de biotecnoloxía microbiana nos que interveñen conceptos estudados nos temas de teoría, principalmente os correspondentes ao Tema 8. Faranse cuestionarios avaliables a través da Aula virtual despois de cada sesión de seminario (seguintes 48 horas), sobre os conceptos básicos dos contidos presentados nos mesmos, que deberán ser contestados de xeito individual polos alumnos e de xeito asíncrono. A asistencia aos seminarios, a realización do traballo asociado e os cuestionarios non é obrigatoria, pero e imprescindible para obter a máxima puntuación na materia.
- Titorías: As titorías en grupo utilizaranse para a preparación de traballos que se exporán nos seminarios. Programaranse de xeito individualizado, preferentemente por parellas, xa que o mesmo traballo de investigación será presentado por 2 estudantes, pertencentes cada un a un dos grupos de seminario, aínda que non están obrigados a traballar en grupo. As titorías poderanse realizar de xeito presencial ou a través da plataforma TEAMS ou Skype.
- Clases prácticas: 5 horas presenciais, organizadas en 5 sesións de 1 horas que se desenrolarán de xeito continuado durante unha semana. 5 horas non-presenciais, nas que se deberá revisar material audiovisual e protocolos que estarán dispoñibles na aula virtual e realizar cuestionarios, tamén a través da aula virtual, que serán realizados de xeito individual e asíncrono. Estas tarefas serán obrigatorias, sendo avaliables. A asistencia ás clases prácticas é obrigatoria e imprescindible para superar a materia.
Poderanse organizar actividades voluntarias relacionadas cos contidos das clases de teoría ou laboratorio cuxa valoración anunciarase anticipadamente que se serán sumadas á cualificación final obtida polo alumno.
Escenario 2 (distanciamento; restricións parciais a presencialidade física)
Clases maxistrais: No caso de que no sexa posible a realización presencial, realizaranse de xeito síncrono a través da plataforma TEAMS.
Seminarios: No caso de que non sexa posible a realización presencial, realizaranse de xeito síncrono a través da plataforma TEAMS en sesións diferentes en cada un dos grupos de seminario. As actividades de avaliación asociadas realizaranse de xeito individual e asíncrona, ao igual que no escenario 1.
Titorías: do mesmo xeito que no escenario 1, programaranse de xeito individualizado e se levarán a cabo pola plataforma TEAMS ou Skype.
Prácticas: seguiranse as mesmas directrices que no escenario 1.
Escenario 3 (peche de instalacións)
Clases maxistrais: Realizaranse de xeito síncrono a través da plataforma TEAMS.
Seminarios: Realizaranse de xeito síncrono e separado para cada un dos grupos de seminarios, a través da plataforma TEAMS. As actividades de avaliación asociadas realizaranse de xeito individual e asíncrono, igual que no escenario 1 e 2.
Titorías: ao igual que os escenarios 1 e 2, programaranse de xeito individualizado e levaranse a cabo na plataforma TEAMS ou Skype.
Prácticas: Incrementarase o número de actividades audiovisuais e cuestionarios a realizar a través da aula virtual. Estas actividades serán obrigatorias e avaliables, e realizaranse de xeito asíncrono. Poderase planificar a lo menos unha clase de 1 hora de xeito síncrono para cada grupo de prácticas a través da plataforma TEAMS, para a resolución e revisión de problemas.
Exame final: Constituirá un 60% da nota final. No exame de teoría incluiranse os contidos das clases teóricas. Nos escenarios 1 e 2 se realizará de xeito presencial. No escenario 3 realizarase a través da Aula Virtual. É necesario acada unha puntuación de 4,5 sobre 10 no exame de teoría para poder sumar a nota de a avaliación continua.
Avaliación continua: Sumará un 40% da nota final. Estará composta por:
- Seminarios: Presentación crítica dun traballo de investigación:: 15%. Avaliarase de xeito individual o traballo de cada estudante para a presentación no seminario do traballo de investigación asignado polo profesor. A realización desde traballo non é obrigatoria.
- Seminarios: Cuestionarios avaliables sobre o contido dos seminarios. 10%. Estes cuestionarios realizaranse de xeito individual e asíncrono a través da aula virtual, unha vez finalizada a sesión de seminario..
- Actividades laboratorio: 15%. No caso de que sexa posible a docencia presencial (escenarios 1 e 2) será obrigatoria a asistencia a totalidade das clases de laboratorio para poder aprobar a materia. A realización dos cuestionarios on-line individuais é obrigatoria e será necesario obter un 40% da puntuación asignada para superar a materia.
Para aqueles alumnos que non superen la materia, manterase a nota do traballo de presentación crítica do traballo de investigación (seminario) durante 2 cursos. Os repetidores non terán a obriga de repetir as prácticas de laboratorio, aínda que a nota manterase soamente durante 2 cursos académicos, logo de que deberá repetir o exame de prácticas.
A nota obtida nas actividades de laboratorio soamente manterase para os seguintes cursos no caso dos escenarios 1 y 2.
Na segunda oportunidade, ademais do exame de teoría, poderase repetir un exame dos contidos prácticos, no caso de que non se teña acadado neste apartado o 40% da puntuación requirida para superar a materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios o probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes y de revisión de cualificacións.
Os criterios de avaliación poden consultarse en: http://www.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html.
No exame final avaliaranse as competencias: CB1, CB5, CE9, CE11.
Na realización das prácticas e o traballo realizado nos seminarios se analizarán as competencias: CB2, CB3, CB4, CB5, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CE3,
Horas presenciais : 49 horas totais.
- Teóricas: 27 horas
- Seminarios: 11 horas
- Prácticas: 5 horas
- Titorías: 3 horas (2 en grupo y 1 individualizada)
- Avaliación: 3 horas
Horas no presenciais: 101 horas totais.
Total volume de traballo: 150 horas
- Para unha mellor comprensión do Bloque I recomendase repasar durante a primeira semana de do curso os conceptos básicos de bioquímica adquiridos durante o bacharelato.
- Asistencia e seguimento continuo de la docencia.
- Apoio bibliográfico orientado a preparación e ao estudo da materia.
- E aconsellable levar ao día os contidos da materia Xenética I para facilitar a comprensión dos contidos relacionados con a Xenética microbiana.
- E fundamental a asistencia ás titorías individual programada para supervisar a preparación do traballo dos seminarios.
- Recomendase o aproveitamento das titorías como sistema de apoio para clarificar e afondar individualmente naqueles aspectos nos que os alumnos atopen maior dificultade.
Todos aqueles alumnos que non teñan realizadas as prácticas presenciais de Microbioloxía I deberán realizar na semana anterior e sempre que a situación o permita (escenarios 1 e 2), unha sesión de 2 horas para a aprendizaxe da técnica aséptica de traballo no laboratorio e as distintas técnicas de semente de microorganismos.
Todo o material audiovisual utilizado nas clases maxistrais, seminarios e laboratorios estará dispoñible na Aula Virtual. Cando non sexa posible a docencia presencial, as actividades realizaranse preferentemente pola plataforma TEAMS. As titorías individualizadas para a resolución de dúbidas realizarase a través de TEAMS ou Skype. Non se resolverán dúbidas por correo electrónico.
Plan de continxencia
Escenario 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidade física)
Clases maxistrais, seminarios e titorías: NO caso de que non sexa posible a realización presencial, realizaranse de xeito síncrono a través da plataforma TEAMS.
Prácticas: seguiranse as mesmas directrices que no escenario 1.
Escenario 3 (peche de instalacións)
Clases maxistrais e seminarios: Realizaranse de xeito síncrono a través da plataforma TEAMS.
As actividades de avaliación asociadas realizaranse de xeito individual, síncrono no caso do exame final de teoría e asíncrono no resto de actividades.
Titorías: ao igual quen os escenarios 1 e 2, programarase de xeito individualizado e levaranse a cabo por TEAMS ou Skype.
Prácticas: Prácticas: Incrementarase o número de actividades audiovisuais e cuestionarios a realizar a través da aula virtual. Poderase planificar a lo menos unha clase de 1 hora de xeito síncrono para cada grupo de prácticas a través da plataforma TEAMS, para a resolución e revisión de problemas.
Ana Maria Otero Casal
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816913
- Correo electrónico
- anamaria.otero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
Mércores | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
25.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
01.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |