Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Física
Áreas: Química Física
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Unha vez cursada esta materia, espérase que o alumnado sexa capaz de:
• Saber determinar as magnitudes que se empregan para describir o estado dun sistema termodinámico.
• Coñecer e saber aplicar as leis da termodinámica ós sistemas biolóxicos e ás reaccións químicas.
• Comprender e saber describir as propiedades dos sistemas multicomponentes.
• Saber resolver cuestións e problemas de equilibrio químico e entre fases, disolucións ideais e non ideais.
• Saber definir cinética química e os factores dos que depende.
• Coñecer e aplicar os métodos de medida da velocidade de reacción.
• Saber describir os mecanismos de reacción e de catálise.
CLASES EXPOSITIVAS:
• Tema 1. Primeiro Principio da Termodinámica (~5 h)
Conceptos básicos. Enerxía interna. Calor. Capacidade calorífica. Traballo. Primeiro principio. Entalpía. Calores de reacción e calorimetría. Variacións de entalpía en procesos físicos e químicos.
• Tema 2. Segundo e Terceiro Principios da Termodinámica (~4 h)
Procesos espontáneos. Entropía. Segundo principio. Terceiro principio: entropías absolutas. Enerxía de Gibbs.
• Tema 3. Equilibrios de fases e disolucións (~7 h)
Transicións de fase. Diagramas de fase para sistemas dun compoñente. Disolucións ideais: lei de Raoult. Disolucións diluídas ideais: lei de Henry. Disolucións non ideais. Propiedades coligativas. Equilibrio de fases en sistemas binarios.
• Tema 4. Principios do equilibrio químico (~5 h)
Enerxía de Gibbs de reacción. Cociente de reacción. Estado de equilibrio. Expresión da constante de equilibrio. Resposta do equilibrio a cambios nas condicións. Equilibrios ácido-base.
• Tema 5. Cinética Química (~6 h)
Velocidade de reacción. Ecuación de velocidade. Determinación da ecuación de velocidade. Modelos teóricos da cinética química. Dependencia das velocidades de reacción coa temperatura. Mecanismos de reacción. Principios xerais da catálise. Catálise encimática.
PRÁCTICAS DE LABORATORIO:
1. Termodinámica do equilibrio de fases. Diagrama de fases sólido-líquido dun sistema binario (4 h).
2. Equilibrio químico. Determinación da constante de equilibrio de formación dun complexo proteína-ligando por espectrofotometría (4 h).
SEMINARIOS:
Resolución dos exercicios/cuestións propostos para cada tema e de exercicios/cuestións de avaliación.
TITORÍAS:
Resolución de exercicios integrados coa axuda do profesor. Consulta de dubidas sobre os contidos teóricos e prácticos.
BÁSICA:
• Atkins, P.; de Paula, J. (2010), Physical Chemistry for the Life Sciences, 2nd ed., Oxford, Oxford University Press.
• Chang, R. (2005), Physical Chemistry for the Biosciences, Sausalito, California, University Science Books.
• Petrucci, R. H.; Herring, F. G.; Madura, J. D.; Bissonnette, C. (2017), Química General, 11ª ed., Madrid, Pearson Educación.
• Chemistry LibreTexts. University of California Davis. Map: General Chemistry (Petrucci et al.)
https://chem.libretexts.org/Bookshelves/General_Chemistry/Map%3A_Genera…
COMPLEMENTARIA:
• Atkins, P.; de Paula, J. (2008), Química Física, 8ª ed., Buenos Aires, Editorial Médica Panamericana.
• Levine, I. N. (2013), Principios de Fisicoquímica, 6ª ed., México, McGraw Hill.
• Chemistry LibreTexts. University of California Davis. Map: Physical Chemistry (Atkins et al.)
https://chem.libretexts.org/Bookshelves/Physical_and_Theoretical_Chemis…
Competencias básicas e xerais:
•CB1 – Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
•CB2 – Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a o seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
•CB3 – Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
•CB4 – Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
•CB5 – Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
•CG1 – Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Biotecnoloxía.
•CG2 – Aplicar os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos no plantexamento de problemas e na busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
•CG3 – Saber obter e interpretar información e resultados relevantes e obter conclusións en temas relacionados coa Biotecnoloxía.
•CG4 – Ser capaces de transmitir información tanto por escrito como de forma oral e de debater ideas, problemas e solucións relativos á Biotecnoloxía, ante un público xeral ou especializado.
•CG5 – Estudar e aprender de forma autónoma, con organización do tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en Biotecnoloxía e adquirir capacidade para traballar en equipo.
Competencias transversais:
•CT1 – Pensar de forma integrada e abordar os problemas dende diferentes perspectivas.
•CT3 – Organizar e planificar o seu traballo.
•CT6 – Razoar criticamente.
Competencias específicas:
•CE1 – Saber facer cálculos, analizar datos e interpretar resultados experimentais propios dos ámbitos da Biotecnoloxía.
•CE4 – Ter unha visión integrada do funcionamento das células, incluíndo as súas biomoléculas, metabolismo, expresión xénica, relación entre compartimentos celulares, así como os mecanismos de comunicación e sinalización celular.
•CE7 – Ter coñecementos sobre balances e transferencias de materia e enerxía, termodinámica aplicada e operacións de separación, así como saber aplicalos á resolución de problemas de Enxeñaría.
A) Clases expositivas, nas que o profesor explica os conceptos propios da materia con apoio de medios audiovisuais e informáticos; poden ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais).
B) Clases interactivas en grupo reducido (seminarios), nos que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios, etc.
C) Clases prácticas de laboratorio, nas que o alumno, seguindo os protocolos preparados a tal efecto, manexa os equipos apropiados e resolve cuestións prácticas.
D) Titorías en grupo moi reducido, que teñen como obxectivo aclarar dubidas sobre os contidos teóricos e prácticos, subministrar información u orientar ó alumno, así como coñecer o progreso na adquisición de competencias.
ESCENARIO 1: as clases expositivas, os seminarios, as titorías e as prácticas de laboratorio serán presenciais. O tempo de laboratorio para cada práctica reducirase ao 50% e o alumno realizará de forma non presencial a análise dos datos obtidos, entregando un informe do traballo realizado.
ESCENARIO 2: as clases expositivas serán non presenciais e impartiranse ben de forma síncrona por videoconferencia mediante a aplicación Microsoft Teams ou de forma asíncrona a través da aula virtual da materia no Campus Virtual da USC. Na segunda opción, o alumno terá á súa disposición un vídeo gravado polo profesor (diapositivas comentadas con audio) para cada unha das clases expositivas. Os seminarios e as titorías impartiranse de forma presencial na aula establecendo quendas de asistencia en semanas alternas (a metade dos alumnos asisten na aula e o resto en remoto mediante conexión á emisión) sempre que a súa organización sexa compatible coa adopción das medidas establecidas nos protocolos de protección da saúde da Universidade de Santiago de Compostela vixentes en cada momento. De non ser posible, impartiranse de forma telemática. As prácticas de laboratorio serán presenciais. O tempo de laboratorio para cada práctica reducirase ao 50% e o alumno realizará de forma non presencial a análise dos datos obtidos, entregando un informe do traballo realizado.
ESCENARIO 3: Todas as actividades docentes serán non presenciais. As clases expositivas impartiranse ben de forma síncrona por videoconferencia (Microsoft Teams) ou de forma asíncrona proporcionando ao alumno vídeos gravados polo profesor (diapositivas comentadas con audio) a través da aula virtual da materia no Campus Virtual da USC. Os seminarios e as titorías levarán a cabo por videoconferencia (Microsoft Teams). As prácticas de laboratorio serán virtuais e, en substitución do traballo no laboratorio, o alumno levará a cabo a análise dos datos experimentais proporcionados polo profesor e entregará un informe do traballo realizado.
A cualificación desta materia levarase a cabo mediante avaliación continua (40%) e a realización dun exame final complementario á avaliación continua (60%).
Na avaliación continua teranse en conta os seguintes aspectos:
• Resolución de exercicios/cuestións de avaliación (70 %).
• Participación activa nas titorías (10 %)
• Prácticas de laboratorio (20 %). Valorarase a calidade do traballo persoal do alumno no laboratorio e/ou do traballo non presencial substitutivo (informe de prácticas) e realizarase unha proba de avaliación escrita sobre os contidos das prácticas.
Na segunda oportunidade se levará a cabo un exame final cuxa nota se sumará á obtida nas actividades de avaliación continua realizadas durante o período de docencia.
O sistema de avaliación será o mesmo independentemente do escenario no que se leve a cabo a docencia da materia, variando unicamente o carácter presencial ou non presencial das actividades de avaliación.
ESCENARIO 1: Todas as actividades de avaliación terán lugar de forma presencial.
ESCENARIO 2: As actividades de avaliación continua poderán ser presenciais ou telemáticas e o exame final será telemático, tanto na primeira como na segunda oportunidade.
ESCENARIO 3: Todas as actividades de avaliación se levarán a cabo de forma telemática.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O alumno será cualificado como “non presentado” cando non realice ningunha actividade académica avaliable.
Actividades obrigatorias avaliables: Prácticas de laboratorio
A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria. Os estudantes deberán obter un APTO nas prácticas de laboratorio para superar a materia. Para obter a cualificación de APTO, o alumno deberá asistir a todas as prácticas programadas e realizar con corrección o traballo experimental proposto. A práctica non realizada recuperarase de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a materia, sempre que a ausencia estea debidamente xustificada. As ausencias non xustificadas suporán un NON APTO nas prácticas de laboratorio. Nos escenarios 2 e 3, o alumno deberá entregar o informe de prácticas dentro do prazo establecido co fin de obter a cualificación de APTO.
Actividades non obrigatorias avaliables: Clases de seminario e titorías
O alumno poderá aprobar a materia sen asistir ás clases de seminario e titorías.
Nalgún dos seminarios programados realizaranse exercicios de avaliación, cuxa nota terase en conta para a avaliación continua do alumno. A non asistencia a algunha destas clases suporá unha cualificación de cero nas actividades de avaliación realizadas durante esa clase.
A non asistencia ás titorías programadas resultará nunha cualificación de cero no apartado correspondente da avaliación continua.
Excepcións para alumnos repetidores
Aos estudantes repetidores da materia que teñan APTO nas prácticas de laboratorio, conservaráselles a cualificación obtida durante un máximo de dous cursos académicos. Polo tanto, non terán que realizar novamente as prácticas. Non se lles gardará a cualificación obtida nas demais actividades avaliables.
Os restantes estudantes repetidores terán o mesmo réxime de asistencia ás clases interactivas e mesmo sistema de avaliación que os alumnos matriculados por primeira vez.
Ao longo do semestre avaliaranse as seguintes competencias:
Clases de seminario: CG1, CG2, CG5, CB1, CB2, CB5, CT1, CT6, CE1, CE4, CE7
Prácticas de laboratorio: CB3, CB4, CG3, CG4, CT1, CT3, CE1, CE7
Titorías: CG2, CG4, CG5, CB2, CB4, CB5, CT1, CT6, CE1, CE7
Exame final: CG1, CG2, CB1, CB2, CT1, CT6, CE1, CE7
• Clases Expositivas (27 horas)
• Clases Interactivas Seminario (13 horas)
• Clases Interactivas Laboratorio (8 horas)
• Titorías (3 horas)
• Exame (3 horas)
• Horas totais de traballo presencial na aula ou no laboratorio: 54 horas
• Horas de traballo persoal do alumno: 96 horas
• É importante manter o estudo da materia “ao día”.
• Unha vez finalizada a lectura dun tema, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando as ecuacións básicas que se deben lembrar e asegurándose de coñecer tanto o seu significado como as condicións nas que se poden aplicar.
• A resolución de problemas é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Pode resultar de axuda o seguir estes pasos: (1) Facer unha lista con toda a información relevante que proporciona o enunciado. (2) Facer unha lista coas cantidades que se deban calcular. (3) Identificar as ecuacións a utilizar na resolución do problema e aplicalas correctamente.
• É recomendable acudir ás sesións de laboratorio tendo lido atentamente os guións das prácticas a realizar.
Nos Escenarios 2 e 3, as clases expositivas serán non presenciais e o alumno poderá acceder ao contido das mesmas de forma síncrona ou asíncrona. É imprescindible estudar a materia impartida cada semana antes de acudir ao seminario programado.
No Escenario 3, as titorías serán virtuais e é moi importante tentar resolver previamente os exercicios propostos. Dada a imposibilidade de acudir ao laboratorio neste escenario, é aconsellable analizar en detalle o procedemento experimental de cada unha das prácticas, utilizando para iso os materiais proporcionados polo profesor.
A materia dispoñerá dunha Aula Virtual no Campus Virtual da USC ao dispor do alumnado.
Atenderanse de forma presencial as consultas personalizadas dos alumnos no horario de titorías do profesor publicado ao comezo do curso académico.
“Plan de Continxencia”
Adaptacións da Metodoloxía do Ensino aos Escenarios 2 e 3
ESCENARIO 2: as clases expositivas serán non presenciais e impartiranse ben de forma síncrona por videoconferencia mediante a aplicación Microsoft Teams ou de forma asíncrona a través da aula virtual da materia no Campus Virtual da USC. Na segunda opción, o alumno terá á súa disposición un vídeo gravado polo profesor (diapositivas comentadas con audio) para cada unha das clases expositivas. Os seminarios e as titorías impartiranse de forma presencial na aula establecendo quendas de asistencia en semanas alternas (a metade dos alumnos asisten na aula e o resto en remoto mediante conexión á emisión) sempre que a súa organización sexa compatible coa adopción das medidas establecidas nos protocolos de protección da saúde da Universidade de Santiago de Compostela vixentes en cada momento. De non ser posible, impartiranse de forma telemática. As prácticas de laboratorio serán presenciais. O tempo de laboratorio para cada práctica reducirase ao 50% e o alumno realizará de forma non presencial a análise dos datos obtidos, entregando un informe do traballo realizado.
ESCENARIO 3: Todas as actividades docentes serán non presenciais. As clases expositivas impartiranse ben de forma síncrona por videoconferencia (Microsoft Teams) ou de forma asíncrona proporcionando ao alumno vídeos gravados polo profesor (diapositivas comentadas con audio) a través da aula virtual da materia no Campus Virtual da USC. Os seminarios e as titorías levarán a cabo por videoconferencia (Microsoft Teams). As prácticas de laboratorio serán virtuais e, en substitución do traballo no laboratorio, o alumno levará a cabo a análise dos datos experimentais proporcionados polo profesor e entregará un informe do traballo realizado.
Adaptacións do Sistema de Avaliación aos Escenarios 2 e 3
O sistema de avaliación será o mesmo independentemente do escenario no que se leve a cabo a docencia da materia, variando unicamente o carácter presencial ou non presencial das actividades de avaliación.
ESCENARIO 1: Todas as actividades de avaliación terán lugar de forma presencial.
ESCENARIO 2: As actividades de avaliación continua poderán ser presenciais ou telemáticas e o exame final será telemático, tanto na primeira como na segunda oportunidade.
ESCENARIO 3: Todas as actividades de avaliación se levarán a cabo de forma telemática.
Canles de comunicación directa co alumnado nos Escenarios 2 e 3
Nos Escenarios 2 e 3, as consultas personalizadas dos alumnos atenderanse de forma non presencial (Microsoft Teams) no horario de titorías do profesor.
Ana Maria Rios Rodriguez
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814210
- Correo electrónico
- anamaria.rios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
04.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
04.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
21.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
21.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |