Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía, Enxeñaría Química
Áreas: Microbioloxía, Enxeñaría Química
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Os obxectivos da materia baséanse en que os alumnos acaden os seguintes resultados producto da aprendizaxe:
- Identificar os sistemas aerobios de depuración de augas residuais.
- Aplicar os coñecementos sobre os procesos biolóxicos anaerobios aos balances e deseño de reactores metanoxénicos.
- Identificar os procesos biolóxicos de tratamento de residuos sólidos.
- Enumerar as diferentes posibilidades de biorremediación de solos contaminados.
- Saber propoñer solucións a distintos problemas medioambientais.
Os contidos que se desenvolven no curso e que se detallan a continuación son os contemplados de forma sucinta nos contidos da materia que aparece na memoria do título do Grao en Biotecnoloxíal:
"Propiedades e contaminantes da auga"; "Procesos biolóxicos aeróbicos de eliminación de nutrientes: materia orgánica, nitróxeno e fósforo", "Procesos biolóxicos anaerobios: balances e deseño de reactores metanóxenicos", "Procesos biolóxicos de tratamento e almacenamento de residuos sólidos: compostaxe e vertedoiro", "Bio-recuperación de solos contaminados. Tratamento in situ: biioaugmentación e bioestimulación. Tratamento in situ", "Resolución de problemas dos procesos biolóxicos de tratamento de augas residuais e biorrecuperación de solos", "Visita a unha estación de potabilización e depuración de augas residuais".
O programa da materia está dividido en 8 temas que se detallan a continuación en 4 bloques ben diferenciados:
BLOQUE I. Introdución a la biotecnoloxía ambiental (5h E)
Tema 1. Introdución
Biotecnoloxía. Ramas da biotecnoloxía. Biotecnoloxía Ambiental: Beneficios potenciais e áreas de aplicación. Introdución á Biotecnoloxía Ambiental. Problemas ambientais globais. Microbios e medio ambiente.
Tema 2. Aplicacións da Biotecnoloxía Ambiental
Biorremediación de plantas refuxio e xenobióticos. Xestión e remediación de solos problemáticos, residuos sólidos e solos contaminados. Tratamioento de augas e augas residuais. Biorreactores. Biopesticidas. Recursos enerxéticos renovables e non renovables: bioenerxía e biocombustibles. Biodiversidade e a súa conservación. Biosensores. Control ambiental de industrias biotecnolóxicas. Biolixiviación e biominería. Organismos modificados xenéticamente (OMG) e medio ambiente. Polímeros e plásticos degradables.
BLOQUE II. Augas (6h E+ 8 h E)
Tema 3. Propiedades e contaminantes da agua. Procesos biolóxicos de tratamento de augas residuais.
Tema 4. Procesos aerobios de eliminación de nutrientes: materia orgánica, nitróxeno e fósforo. Procesos biolóxicos anaerobios: balances e deseño de reactores metanoxénicos.
Seminarios. Resolución de problemas de procesos biolóxicos de tratamento de augas residuais e visita a unha planta de tratamento de augas residuais.
BLOQUE III. Procesos biolóxicos de tratamento e almacenamento de residuos
Tema 5. Introdución (6h E + 7h S)
Definicións. Marco legal. Xestión e tratamento de residuos. Xerarquía de xestión de residuos. Mellores técnicas dispoñibles no tratamento de residuos. Biorresiduos. Aplicacións da biotecnoloxía na xestión de residuos.
Tema 5. Compostaxe de residuos sólidos. Vertido de residuos.
Seminarios. Resolución de problemas de procesos biolóxicos de tratamento de residuos.
BLOQUE IV. Solos contaminados (4h E + 2h S)
Tema 7. Introdución á biorremediación. Conceptos xerais.
Tema 8. Aplicacións da biotecnoloxía aos solos contaminados. Biorremediación de metais. Fitorremediación. Biomonitorización.
Seminarios. Resolución de problemas de biorrecuperación de solos.
Visita técnica a unha planta de xestión de residuos e/ou de tratamento de augas residuais; ou sistemas relacionados coa materia.
Bibliografía básica
Bruce E. Rittmann, Ph.D.Perry L. McCarty, Sc.D. Environmental Biotechnology: Principles and Applications, Second Edition. ISBN: 9781260441604.Publication Date & Copyright: 2020 McGraw-Hill Education. Texto completo dispoñible vía MCGRAW-HILL'S ACCESSENGINEERING dende a biblioteca da USC
Castillo, F. Biotecnología Ambiental. Editorial Tébar Flores (29 de septiembre de 2005) Idioma: Español. ISBN-10: 8473602110. ISBN-13: 978-8473602112 Signatura: EMA 1109 (biblioteca de biología)
Bibliografía complementaria
Wastewater Engineering: Treatment and Reuse (2012) Metcalf & Eddy, Inc., George Tchobanoglous, Franklin Burton, H. David Stensel. McGraw-Hill Education
Atlas, R.M, Bartha, R. Ecología microbiana y Microbiología ambiental. 4ª Edición. ISBN: 84-7829-039-7. 2002. Pearson Education.
Scraag, A.2005. Environmental microbiology. Oxford University Press, Oxford. Vallero D.A. 2010. Environmental biotechnology: a biosystems approach. Academic Press. Signatura: EMA 360 (biblioteca de Farmacia)
Wang,L.K., Ivanov,V. y otros (2010) Environmental Biotechnology.Handbook of Environmental Engineering. Humana Press.
Evans, G.E., Furlong, J. 2011. Environmental biotechnology: theory and application. John Wiley and Sons. Fulekar, M.H.,2010. Environmental Biotechnology. CRC Press.
Jain, M.,2014. Environmental biotechnology. Alpha Science, New Dehli.
Jordering H.J., Winter, J. (ed.) 2004. Environmental biotechnology. WileyBlackwell.
Marandi, R.,Shaeri, A.2009. Environmental biotechnology. SBSPublishers.
Mohapatra P.K. 2006. Textbook of environmental biotechnology. I.K. Inernational Pvt.
Agarwal S.K. 2005. Advanced Environmental Biotechnology. APH Publishing. New Dehli.
Fulekar,M.H.,2010.EnvironmentalBiotechnology.CRCPress.
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da biotecnoloxía.
CG2 - Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos na resolución de problemas e na busca de solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG3 - Saber obter e interpretar información e resultados relevantes e extraer conclusións sobre cuestións relacionadas coa biotecnoloxía.
CG4 - Ser capaz de transmitir información por escrito e oralmente e discutir ideas, problemas e solucións relacionadas coa biotecnoloxía, ante un público xeral ou especializado.
CG5 - Estudar e aprender de forma autónoma, coa organización do tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en Biotecnoloxía e adquirir a capacidade de traballar en equipo.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que impliquen coñecementos á vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación de xeito profesional e posúan as competencias que normalmente se demostran mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de recoller e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para formular xuízos que inclúan reflexións sobre temas sociais, científicos ou éticos relevantes.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións tanto a un público especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolveron aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para realizar estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT2 - Busca, procesa, analiza e sintetiza información de varias fontes.
CT4 - Interpreta resultados experimentais e identifica elementos consistentes e inconsistentes.
CT5 - Traballar en equipo.
CT6 - Razoamento crítico
ESPECÍFICAS
CE3 - Coñecer e saber aplicar nun laboratorio as técnicas instrumentais e os protocolos de traballo, aplicando a normativa e as técnicas relacionadas coa seguridade e a hixiene, a xestión dos residuos e a calidade.
CE6 - Ser capaz de analizar e deseñar procesos industriais biotecnolóxicos e aplicalos á mellora do produto.
CE7 - Coñecer os balances e transferencias de materia e enerxía, aplicar termodinámica e operacións de separación, así como saber aplicalas á resolución de problemas de enxeñería.
Escenario 1 (sen restricións á presencialidade física)
Clases expositivas: Clases maxistrais presenciais en aula, propiciando a intervención do alumnado.
Clases interactivas
Seminarios: fundamentalmente de carácter presencial; dedicadas ao traballo do alumno baixo a tutela do profesor, para estudar con detalle aspectos importantes da materia, e para a resolución de casos prácticos, problemas e cuestións.
Titorías: para o seguimento dos traballos en grupo realizados polos alumnos e seguimento personalizado do alumno; de carácter obrigatorio, serán presenciais en aula ou telemáticas, utilizando as plataformas virtuais a disposición na USC e o correo electrónico.
Visitas técnicas: contémplase realizar nesta materia unha visita a algunha instalación.
A avaliación das habilidades adquiridas no curso realizarase das seguintes formas:
• Exame: CG1, CG2, CB1, CB5, CT6, CE6, CE7
• Preparación do traballo en grupo: CG3, CG4, CG5, CB4, CB5, CT2, CT5, CE6, CE7
• Realización das actividades propostas: CG2, CG4, CB2, CB3, CT4, CE3, CE6, CE7
Criterios e instrumentos de avaliación (escenario 1):
A avaliación constará dunha proba final (50%) e unha avaliación continua (50%), segundo os seguintes criterios:
• Coñecemento teórico e práctico da materia: a avaliación realizarase mediante un exame, ao que se outorgará o 50% da nota final. Os coñecementos adquiridos na visita técnica serán avaliados no exame final.
• Titorías. Relacionadas coa preparación do traballo en grupo: a avaliación basearase na orixinalidade e as achegas persoais dos alumnos. Haberá unha presentación intermedia para a orientación dos traballos e unha presentación final, correspondente a este aspecto, en total un 20% da nota final.
• Realizar as actividades propostas; corresponde ao 30% da nota final. A nota final obterase como media ponderada dos tres aspectos que se avaliarán.
No escenario 1, o exame final e a presentación dos traballos serán presenciais; a actuación doutras actividades realizarase principalmente a través de Moodle.
Para aprobar é necesario obter como mínimo 5 puntos e 3/10 en cada parte das que consta a avaliación.
A realización do traballo en grupo, dadas as súas características de esixencia presencial (salvo no escenario 3 que se fará de xeito virtual segundo o indicado) e non recuperable, son obrigatorias para superar a asignatura tanto na convocatoria ordinaria como de recuperación.
Na segunda oportunidade mantense a puntuación acumulada da avaliación continua de traballos/actividades. No caso de non ter atinxido o mínimo esixido planificaranse unhas actividades para que o alumno, trala súa superación, teña a oportunidade de superar a materia.
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión das cualificacións.
Esta distribución de actividades relacionadas coa avaliación manterase nos tres escenarios planeados pola USC.
A materia ten unha carga de traballo de 4,5 ECTS, que se reparten como segue:
ACTIVIDADE FORMATIVA HORAS PRESENCIALIDAD
Clases Expositivas 20 100
Clases Interactivas de seminario 17 100
Titorias en grupo 1 100
Titorias Individualizadas 0.5 100
Exame e revisión 2 100
Traballo persoal 72 0
As horas presenciais indican o número de horas de clases da materia. O total obtense como suma das horas presenciais e de traballo autónomo, para cada tipo de actividade e para o conxunto da materia.
É aconsellable que o alumno teña para a consulta de bibliografía de certo dominio de inglés. Recoméndase o uso das titorías de despacho para a aclaración de dúbidas e conceptos.
A materia impártese en galego e castelán.
Plan de continxencia
Metodoloxía da ensinanza:
Escenario 2: distanciamento.
As actividades expositivas desenvolveranse de forma telemática síncrona mediante Microsoft Teams e a plataforma Moodle. As actividades interactivas desenvolveranse de xeito presencial na aula. A visita técnica sustituirase por visitas virtuais mediante o visionado e a análise crítica de vídeos. As titorías serán preferentemente virtuais, síncronas e asíncronas, utilizando as plataformas virtuais a disposición na USC e o correo electrónico. A realización do exame final e presentación de traballos faranse de xeito virtual, empregando a plataforma Moodle e Microsoft Teams.
Escenario 3: peche das instalacións.
A docencia será completamente de carácter virtual. Empregarase Microsoft Teams para as sesións síncronas e a plataforma Moodle para a docencia asíncrona, poñendo a disposición do alumnado presentacións en pdf ou documentos en Power Point gravados, documentos para lectura, enlaces web, cuestionarios e vídeos. A visita técnica prevista na materia substituirase por visitas virtuais mediante o visionado e a análise crítica de vídeos. As titorías levaranse a cabo mediante reunións síncronas mediante Teams e asíncronas mediante foros de Moodle, así como mediante consulta ao profesorado por correo electrónico. A realización do exame final e presentación de traballos faranse de xeito virtual, empregando a plataforma Moodle e Microsoft Teams.
Sistema de avaliación e aprendizaxe: Nos escenarios 2 e 3 a avaliación será a mesma que no escenario 1, pero o exame final, a contribución do traballo en grupo e o desempeño doutras tarefas realizaranse practicamente, usando a plataforma Moodle.
Pastora Maria Bello Bugallo
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816789
- Correo electrónico
- pastora.bello.bugallo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Sabela Balboa Mendez
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- sabela.balboa [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
16.05.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
04.07.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |