Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Microbioloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Coñecer os criterios de uso dos microorganismos no contexto industrial, medioambiental e clínico.
Saber interpretar datos e resultados experimentais no ámbito da Biotecnoloxía.
Coñecer os criterios para o escalado industrial en procesos biotecnolóxicos.
Programa de clases expositivas
Tema 1. Conceptos xerais en biotecnoloxía microbiana. Bioloxía sintética (SynBio) e factorías celulares microbianas. Prospección de microorganismos de importancia biotecnolóxica. (2 h)
Tema 2. Enxeñaría xenética de bacterias e fungos para aplicacións biotecnolóxicas. (2 h)
Tema 3. Sistemas de secreción en microorganismos. Produción heteróloga de proteínas. Produción de enzimas microbianas de interese biotecnolóxico. (3 h)
Tema 4. Bases biotecnolóxicas da produción de alimentos mediante o uso de microorganismos. Mellora xenética en bacterias e fungos para a industria alimentaria. (3 h)
Tema 5. Biotecnoloxía da produción de aminoácidos, ácidos orgánicos e aditivos por microorganismos. (2 h)
Tema 6. Bases biotecnolóxicas da produción de antibióticos. (2 h)
Tema 7. Biotecnoloxía de vacinas. (3 h)
Tema 8. Biotecnoloxía aplicada ao control de pragas e enfermidades: insecticidas microbianos, toxinas de Bacillus. Paratransxénese. (1 h)
Tema 9. Biotecnoloxía microbiana, desenvolvemento sostible e aplicacións bioenerxéticas. Degradación de biomasa, produción de carburantes e biorremediación. (2 h)
Programa de clases Interactivas de laboratorio: (10 h por grupo)
Práctica 1-Detección de microorganismos produtores de enzimas degradativas.
Práctica 2-Detección de microorganismos produtores de antibióticos: espectro de acción.
Práctica 3-Construción dunha xenoteca bacteriana para clonación do xene dunha enzima degradativa con aplicación industrial.
Práctica 4-Técnicas de mutaxénese mediante transposición para identificar as bases xenéticas da biosíntese e a súa regulación, de enzimas e antibióticos.
Programa de clases interactivas de seminarios (7 h)
Poderán realizarse diferentes modalidades de Seminarios: Modalidade 1) O profesor facilitará ao alumnado a través da aula virtual con antelación suficiente, o enunciado/plantexamento dun ou varios casos a resolver, e/ou traballos de investigación/divulgación relacionados coa materia. Cada alumno traballará, individualmente ou ben en grupos organizados polo profesor, para analizar os casos e/ou traballos de investigación. Modalidade 2) Seminarios de ordenador, para obtención e análise de información a partir de bases de datos ómicas.
Bibliografía básica
- Glazer, A. and Nikaido, H. 2007. Microbial Biotechnology: Fundamentals of Applied Microbiology. 2nd Edition. Cambridge University Press. ISBN-10: 0521842107. ISBN-13: 978-0521842105
-Hutkins, R. W., 2006. Microbiology and technology of fermented foods. 1st Edition. IFT Press, Blackwell Publising.
https://onlinelibrary.wiley.com/doi/book/10.1002/9780470277515
-Glick, B.R., Pasternak, J.J., Patten, C.L. 2010. Molecular Biotechnology: Principles and Applications of recombinant DNA. 4th Edition. ASM Press. ISBN 978-1-55581-498-4.
- Kun L.Y.,2013. Microbial Biotechnology: Principles and Applications. 3rd edition. World Scientific Publishing Company; ISBN: 978-981-4366-81-6; ISBN: 978-981-4513-09-8 (ebook)
Bibliografía complementaria
- Brahmachari, G. 2017. Biotechnology of Microbial enzymes: production, biocatalysis and industrial applications. Academic Press. ISBN: 978-0-12-803725-6.
- El-Mansi et al. (eds.). 2012. Fermentation microbiology and Biotechnology. 3rd edition. CRC Taylor & Francis
- Gellissen, G. (ed.). 2005. Production of Recombinant Proteins-Novel Microbial and Eukaryotic Expression Systems. Wiley-VCH. ISBN: 978-3-527-31036-4 (printed version). ISBN: 978-3-527-60441-8 (e-book).
BÁSICAS/XERAIS
CG1 - Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Biotecnoloxía.
CG2 - Aplicar os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos no plantexamento de problemas e a busca das solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG3 - Saber obter e interpretar información e resultados relevantes e obter conclusións en temas relacionados coa Biotecnoloxía.
CG4 - Ser capaces de transmitir información tanto por escrito como de forma oral e de debater ideas, problemas e solucións relativos á Biotecnoloxía, ante un público xeral ou especializado.
CG5 - Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en Biotecnoloxía e adquirir capacidade para traballar en equipo.
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT2 - Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT3 - Organizar e planificar o seu traballo.
CT4 - Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
CT5 - Traballar en equipo.
CT6 - Razoar críticamente
CT7 - Manter un compromiso ético.
CT10 - Iniciativa e espírito emprendedor
ESPECÍFICAS
CE1 - Saber facer cálculos, analizar datos e interpretar resultados experimentais propios dos ámbitos da Biotecnoloxía.
CE3 - Coñecer e saber aplicar as técnicas instrumentais e os protocolos de traballo nun laboratorio, aplicando as normativas e técnicas relacionadas coa seguridade e hixiene, xestión de residuos e calidade.
CE5 - Saber obter e interpretar información das principais bases de datos (biolóxicas, ómicas, bibliográficas) e empregar ferramentas bioinformáticas.
CE9 - Saber identificar os distintos tipos de virus, microorganismos e tecidos animais e vexetais, comprender o seu desenvolvemento, organización e fisioloxía, e coñecer a súa aplicación no campo da Biotecnoloxía.
CE15 - Recoñecer os criterios de escalado de procesos biotecnolóxicos a partir de datos obtidos na experimentación básica a escala de laboratorio tendo en conta os parámetros económicos e racionalizando o uso da materia e enerxía.
-Clases expositivas: 20 h presenciais. Os contidos de teoría impartiranse en aula con apoio de material audiovisual. O profesor potenciará a aprendizaxe autónoma facilitando cuestionarios de autoavaliación para o alumnado a través da aula virtual, sen peso na avaliación final.
-Seminarios: 7 seminarios presenciais de 1 h. O alumnado traballará, ben individualmente ou ben en grupos organizados polo profesor, sobre casos a resolver e/ou artigos de investigación/divulgación facilitados con antelación polo profesor, ou manexando bases de datos ómicas guiados polo profesor. Nalgúns casos o alumnado presentará os resultados do traballo, ben de maneira expositiva na aula, ben mediante entregas na aula virtual, ou combinación de ambos sistemas.
-Prácticas de laboratorio. Plantéxanse 5 sesiones de 2 horas por grupo, ao longo dunha semana, o que permitirá dispoñer de tempo para o crecemento dos microorganismos dun día para outro.
-Titoría de grupo (unha titoría de 1,5 h). Na titoría de grupo explicarase a dinámica e modo de funcionamiento da asignatura: explicación da guía docente, do temario, dos seminarios e das prácticas.
Poderanse organizar actividades voluntarias relacionadas cos contidos das clases de teoría, seminarios ou prácticas de laboratorio. Proponse unha visita á planta experimental de Fermentación, localizada na Facultade de Farmacia da USC.
Exame final: Actividade Obrigatoria avaliable. O alumnado debe superar un exame, presencial, dos contidos explicados nas clases expositivas que representará o 65 % da nota final. O aprobado desta parte está en 5 sobre 10. É necesario acadar un 5 neste exame de teoría para poder sumar a nota da avaliación contínua.
No exame final avaliaranse as competencias: CG1, CB1, CB5, CE9, CE15
Avaliación continua: Sumará un 35% da nota final. Estará composta por:
i)-Avaliación do traballo realizado nos Seminarios: Actividade Obrigatoria avaliable. Suporá un 20% da nota final. Poderán realizarse probas de avaliación individual de cada estudante da materia tratada nos seminarios, ben de forma presencial durante o seminario, ben a través da aula virtual posteriormente ao remate do seminario, ou mediante combinación de ambos sistemas. Nos casos nos que se realicen entregas de traballos, avaliarase o traballo individual (entregas individuais) ou en grupo (entregas en grupo). Se se realizan exposicións/presentación dos casos prácticos ou traballos de investigación asignados, avaliarase o traballo individual de cada estudante na exposición. Se non se asiste a un mínimo do 70% das horas de seminarios (5 das 7 horas), implica unha cualificación de NON APTO na materia.
ii)-Prácticas de laboratorio: Actividade Obrigatoria avaliable. O alumnado realizará un exame na última sesión de prácticas, cuxa cualificación representará o 15% da nota final. As ausencias non xustificadas ás prácticas ou unha actitude pasiva nas mesmas supoñerán unha cualificación de NON APTO.
Na realización das prácticas e no traballo realizado nos seminarios avaliaranse as competencias: CG2, CG3, CG4, CG5, CB2, CB3, CB4, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT10, CE1, CE3, CE5, CE9
-É obrigatoria a asistencia ás clases prácticas, e a realización dos seminarios, para superar esta materia.
-Unha vez superado o exame dos contidos explicados nas clases expositivas, sumaranse as cualificacións obtidas nos seminarios e no exame das prácticas.
-O alumnado repetidor non terá que facer as prácticas se xa se realizaron (e se se aprobou o exame de prácticas) nos anos anteriores. O alumnado pode repetir as prácticas se así o considera, e poderá facer os exames de prácticas, tendo en conta que isto pode implicar superar ou baixar a nota que tiña previamente.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
-Teoria: 20 h presenciais e 40 h de traballo persoal.
-Seminarios: 7 h presenciais e 20,5 de traballo persoal
-Titoría obrigatoria: 1,5 h presenciais
-Prácticas de laboratorio: 10 h presenciais e 10 h de traballo persoal.
-Realización de exames: 4 h presenciais (2 h do exame final; exame de prácticas; exames de seminario se son presenciais na aula)
-Total de h de traballo presencial na aula: 42,5 horas
-Total de horas de traballo persoal: 70,5 horas
-Asistencia e participación activa na clase
-Estudo e revisión semanal da materia impartida
-Aclaración co profesor das dúbidas, concertando titorías individualizadas, a través de foros na aula virtual, ou combinación de ambas opcións.
Estará operativa unha aula virtual na plataforma Moodle a disposición do alumnado. Para comunicación telemática directa, habilitaráse un equipo “Biotecnoloxía Microbiana” a través da aplicación MS-teams.
Plan de continxencia
Dependendo da evolución na pandemia da COVID-19, os contidos desta programación docente adaptaranse a cada un dos tres escenarios establecidos no “Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-2022”, aprobado polo Consello de Goberno do 30 de Abril de 2021.
O profesor manterá canles de comunicación directa co alumnado en cada escenario. Haberá unha aula virtual operativa da materia a disposición do alumnado. En calquera dos 3 escenarios o profesor manterá activos foros e titorías co alumnado, que cobrarán máis presenza no escenario 2 e, especialmente, no escenario 3.
METODOLOXÍA DO ENSINO
Escenario 2 (distanciamento, restricións parciais á presencialidade física)
-Clases maxistrais. 20 h. Os contidos de teoría impartiranse ben de xeito presencial en grupo completo, ou ben de maneira presencial por turnos, dependendo de se pode garantirse o distanciamento en aula ou non. No caso de impartirse de xeito virtual, será docencia síncrona empregando a plataforma MS Teams.
-Seminarios: 7 seminarios de 1 h. O alumnado traballará individualmente ou en grupos sobre casos a resolver e/ou artigos de investigación/divulgación facilitados con antelación polo profesor. O alumnado presentará os resultados do traballo mediante a aula virtual.
-Prácticas de laboratorio. Poderá haber redución do número de alumnos por grupo, así como das horas totais de prácticas. Os contidos a traballar nas prácticas serán completados polo profesor de forma virtual e asíncrona, incluíndo material escrito e audiovisual, para que o alumnado poida traballar sobre eles.
-Titoría (unha titoría de 1,5 h). Na titoría, que se realizará de xeito virtual e síncrono, explicarase a dinámica e modo de funcionamento da materia.
Escenario 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física).
-Clases maxistrais. 20 h. Os contidos de teoría impartiranse íntegramente de xeito virtual, por mecanismos síncronos, empregando a plataforma MS Teams.
-Seminarios: 7 seminarios de 1 h. O alumnado traballará individualmente ou en grupos sobre casos a resolver e/ou artigos de investigación/divulgación facilitados con antelación polo profesor. O alumnado presentará os resultados do traballo mediante a aula virtual.
-Prácticas de laboratorio. Os contidos a traballar nas prácticas serán subministrados polo profesor de xeito virtual e asíncrono, incluindo material escrito e audiovisual, para que o alumnado poida traballar sobre eles.
-Titoría (unha titoría de 1,5 h). Na titoría, que se realizará de xeito virtual e síncrono, explicarase a dinámica e modo de funcionamento da materia.
SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE
Modificacións para o Escenario 2
Exame final: neste escenario, o exame en vez de presencial, poderá ser de carácter telemático.
Avaliación continua: Sumará un 35% da nota final. Estará composta por:
-Avaliación do traballo realizado nos Seminarios: que suporá un 20% da nota final. Realizaranse probas de avaliación individual de cada estudante da materia tratada nos seminarios, a través da aula virtual, e avaliaranse as entregas correspondientes.
-Prácticas de laboratorio: O alumnado realizará un exame, de carácter telemático, sobre os contidos traballados nas prácticas, cuxa cualificación representará o 15% da nota final.
Modificacións para o Escenario 3
Exame final: neste escenario, o exame en vez de presencial, pasará a ser de carácter telemático.
Avaliación continua: Sumará un 35% da nota final. Estará composta por:
-Avaliación do traballo realizado nos Seminarios: que suporá un 20% da nota final. Realizaranse probas de avaliación individual de cada estudante da materia tratada nos seminarios, a través da aula virtual, e avaliaranse as entregas correspondentes.
-Prácticas de laboratorio: O alumnado realizará un exame, de carácter telemático, sobre os contidos traballados nas prácticas, cuxa cualificación representará o 15% da nota final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Carlos Rodriguez Osorio
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816050
- Correo electrónico
- cr.osorio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alba Vázquez Barca
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- albavazquez.barca [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 08. Louis Pasteur |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 08. Louis Pasteur |
24.05.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
08.07.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |