Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Céntranse na aprendizaxe de dous conceptos básicos, como son o transporte de fluídos e a transmisión de calor, para o deseño e estudo de sistemas de produción industrial de calquera produto biotecnolóxico resultante de estudos previos de laboratorio e planta piloto. Inclúe os seguintes ítems:
- Resolver os principais problemas asociados ao transporte e impulsión de fluídos.
- Identificar e modificar as características de deseño para o fluxo de fluídos.
- Distinguir e enumerar os diferentes mecanismos de transmisión de calor.
- Resolver as ecuacións básicas para a transmisión de calor.
- Identificar os elementos esenciais nos equipos de intercambio de calor.
- Aplicar a operación básica de evaporación a procesos biotecnolóxicos.
Os contidos, explicitados na memoria do Título de Grao en Biotecnoloxía, inclúense nos bloques seguintes:
1) Transporte de Fluídos
- Conceptos e ecuacións básicas do fluxo de fluídos. Balance de enerxía mecánica.
- Fluxo de fluídos incompresibles e compresibles.
- Instrumentación: medidores e sistemas de control.
- Equipos para o fluxo de fluídos: válvulas, bombas e compresores.
- Operacións de separación: sedimentación e filtración.
2) Transmisión de calor
- Mecanismos de transmisión de calor. Condución. Convección.
- Intercambiadores de calor: Coeficiente global de transmisión de calor e deseño básico.
- Evaporación: efecto sinxelo e efecto múltiple.
Seminarios (6h)
- Resolución de problemas de transporte de fluídos e transmisión de calor.
Laboratorios (15h)
- Prácticas en unidades piloto de transporte de fluídos e transmisión de calor
PRÁCTICAS DE TRANSPORTE DE FLUIDOS
1. Planta de Fluídos; 2. Ensaio de válvulas para líquidos; 3. Estudio de bombas centrífugas;
4. Estudio dunha bomba e os seus compoñentes
PRÁCTICAS DE TRANSMISIÓN DE CALOR
5. Illamento térmico; 6. Estudio dun cambiador de calor (I): Dobre tubo e placas planas; 7. Estudio dun cambiador de calor (II): Dobre tubo, carcasa e tubos, placas planas
Ditos contidos se estruturan nos seguintes temas (clases expositivas e interactivas de seminario (27 h + 6 h)):
1) Transporte de Fluídos
Tema 1.- Introdución. Tipos de fluidos. Mecánica de fluidos. Balances de enerxía: Ecuacións xerais e de enerxía mecánica
Tema 2.- Fluxo interno de fluídos incompresibles.
Balances. Perdidas de carga: factor de fricción. Perdidas menores. Potencia de bombeo. Problemas máis frecuentes. Fluxo de fluídos no newtonianos.
Tema 3.- Outros sistemas de fluxo de fluídos. Fluídos compresibles: balances. Gases ideais e gases reais. Fluxo bifásico gas-líquido.
Tema 4.- Instrumentación de medida e regulación del fluxo de fluídos
Medidores de presión, velocidade e caudal. Válvulas de control.
Tema 5.- Equipos para el transporte fluídos
Fluídos incompresibles: bombas
Fluídos compresibles: ventiladores, soprantes e compresores
Tema 6.- A importancia das operación de post-tratamiento (downstream) en procesos biotecnológicos. Operacións de separación baseadas en fluxo externo: sedimentación e filtración.
2) Transmisión de calor
Tema 7.- Mecanismos de transmisión de calor: conducción, convección y radiación.
Tema 8.- Intercambiadores de calor. Coeficiente global de transmisión de calor.
Tema 9.- Evaporadores: efecto único y efecto múltiple.
Bibliografía básica:
Calleja Pardo, G., ed. 2016. Nueva introducción a la Ingeniería Química [en liña]. Madrid: Síntesis. Dispoñible en: https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-9219
Bibliografía complementaria
Costa López, J. et al. 2002. Curso de ingeniería química: introducción a los procesos, las operaciones unitarias y los fenómenos de transporte. Barcelona: Reverté.
Díaz M. 2012. Ingeniería de Bioprocesos. Madrid: Paraninfo.
Incropera, F.P. et al. 2007. Introduction to Heat Transfer. Hoboken: Wiley.
Mott, R.L., Untener, J.A. 2015. Mecánica de fluidos [en liña]. 7ª ed. México: Pearson. Dispoñible en: https://bookshelf.vitalsource.com/#/search?q=9786073232883&context_toke…
Competencias Xerais (CG) e Competencias Básicas (CB)
CG1 - Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Biotecnoloxía.
CG2 - Aplicar os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos na formulación de problemas e a procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG3 - Saber obter e interpretar información e resultados relevantes e obter conclusións en temas relacionados coa Biotecnoloxía.
CG4 - Ser capaces de transmitir información tanto por escrito como de forma oral e de debater ideas, problemas e solucións relativos á Biotecnoloxía, ante un público xeral ou especializado.
CG5 - Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en Biotecnoloxía e adquirir capacidade para traballar en equipo.
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Competencias Transversais ( CT)
CT2 - Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT3 - Organizar e planificar o seu traballo.
CT5 - Traballar en equipo.
CT6 - Razoar críticamente
CT8 - Adaptación a novas situacións ( resiliencia).
Competencias Específicas (CE)
CE1 - Saber facer cálculos, analizar datos e interpretar resultados experimentais propios dos ámbitos de Biotecnoloxía.
CE7 - Ter coñecementos sobre balances e transferencias de materia e enerxía, termodinámica aplicada e operacións de separación, así como saber aplicalos á resolución de problemas de Enxeñería.
ESCENARIO 1: A metodoloxía aplicada consistirá en clases expositivas con soporte audiovisual, onde se desenvolverán os contidos teóricos conxuntamente coa resolución na aula de problemas tipo. Ademais entregaranse previamente relacións de problemas dos distintos temas para a resolución por parte do alumnado, cuxas dúbidas se revisarán e resolverán nas sesións de seminario.
Promoverase a utilización de follas Excel para resolución dalgúns problemas.
Empregarase o campus virtual como ferramenta principal de comunicación co alumnado ofrecéndolles información sobre a programación docente e as probas de avaliación ao longo de todo o curso, poñendo a súa disposición diversos materiais de apoio para o estudio dos temas.
A materia impartirase seguindo a secuencia indicada no programa. Non existirá unha separación estrita entre as clases de teoría, problemas e seminarios que se irán alternando en función do contido de cada tema.
Para as sesións de Prácticas utilizaranse os equipos dispoñibles no Laboratorio de Fluídos e Calor da ETSE, previa autorización da dirección do devandito centro.
Nas titorías grupais desenrolaránse breves traballos e presentacións en parellas relacionados coa aplicación directa dos equipos de impulsión de fluidos e os intercambiadores de calor no ámbito da biotecnoloxía.
A continuación indicanse as competencias a desenrollar en cada actividade:
Expositivas: CG1; CT6, CT8; CE7
Interactivas (Seminarios): CG2 CB1, CB2; CT2; CE7
Interactivas (Laboratorio):CG2, CG3, CG4, CG5; CB2, CB3; CT2, CT3, CT5; CE1
Titorías grupais: CG3, CG4; CB4, CB5; CT2, CT5; CT8; CE7
ESCENARIO 1: Efectuarase un seguimento continuo da aprendizaxe, mediante a realización de diferentes actividades, traballos ou resolución de problemas. Como resultado, a cualificación final obterase en función de ditas probas tal e como se detalla a continuación:
# Realización dunha ou varias probas curtas de control a medida que se avanza nos sucesivos temas cun valor no seu conxunto de ata o 20% da nota final.
# Memoria das prácticas de laboratorio que terá un valor de ata o 20% na nota final
# Titorías grupais ata o 10% da nota final
# Exame final que incluirá todos os contidos impartidos na materia, con cuestións teóricas e resolución de problemas cuxo valor será ata o 50% da nota final.
Son consideradas actividades obrigatorias as prácticas de laboratorio e o exame final. O alumnado que non teña realizado algunha destas actividades terá a consideración de NON PRESENTADO.
Antes da realización do exame final, o alumnado coñecera a nota obtida na avaliación continua. Será necesaria una cualificación mínima de 3 puntos sobre 10 no exame final para poder incorporala avaliación continua, cuxa nota se mantén para a segunda oportunidade.
Excepcionalmente será gardada a cualificación das prácticas de laboratorio para o curso seguinte, sempre e cando o/a alumno/a así o solicite durante la primeira semana de clase.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios e probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión das cualificacións.
Na seguinte taboa se indican as competencias que se avalian en cada proba:
C. Xerais C. Básicas C. Transversais C. Específicas
Proba de control CG1, CG2 CB1, CB2 CT2, CT6, CT8 CE7
Memorias de Laboratorio CG2, CG3, CG4, CG5 CB2, CB3 CT2, CT3, CT5 CE1
Traballo e titoría grupal CG3, CG4 CB4, CB5 CT2, CT5, CT8 CE7
Examen final CG4, CG5 CB1, CB4, CB5 CT3, CT6 CE7
Estímase un total de 150 horas (6 créditos ECTS) coas horas previstas indicadas para cada actividade que se indican na seguinte táboa:
ACTIVIDADE FORMATIVA Presencial ( h) Traballo Persoal ( h)
Clases Expositivas 27 40
Clases Interactivas Seminario 6 12
Clases Interactivas Laboratorio 15 15
Titorías en grupo 2 8
Titorías Individualizadas 1 1
Exame e revisión 3 20
Total 54 96
Importante seguir a materia día a día, xa que os temas están moi encadeados e de non facelo córrese o risco de perder rapidamente o fío condutor.
Deben resolverse os problemas persoalmente para ter destreza e rapidez para a súa solución.
Simplemente ver cómo se resolven na lousa non adoita levar a unha aprendizaxe eficaz.
Recoméndase facer uso das titorías individuais cos profesores para resolver as dúbidas que vaian aparecendo
A materia se impartirá en castelán/galego.
A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran as normas incluídas no Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais da Escola Técnica Superior de Enxeñería, dispoñible no apartado de seguridade da súa web ao que podes acceder do seguinte xeito:
1. Accede á túa intranet. // 2. Entra en Documentación/Seguridade/Formación. // 3. Preme en "Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais.
Información adicional sobre cuestiones relacionadas con la organización docente e investigadora del Departamento de Enxeñaría Química en la siguiente página web: Enxeñaría Química | Universidade de Santiago de Compostela (usc.gal)
Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-2022:
# Respecto da metodoloxía da ensinanza:
ESCENARIO 2 (distanciamento): A docencia expositiva se realizará preferentemente a través de TEAMS de maneira síncrona así como as titorías, mentres que a docencia interactiva (seminarios e laboratorios) terá carácter presencial. No caso das horas de laboratorio, a súa presencialidade se reducirá á metade sendo a outra metade realizada de xeito virtual
ESCENARIO 3 (peche): A docencia expositiva e interactiva (seminarios e laboratorio) se realizará a través de TEAMS de maneira síncrona, así como as titorías. No caso das horas de laboratorio, estas serán substituídas por actividades nun simulador (i.e. SuperPro Designer o Hysys).
# Respecto do sistema de avaliación da aprendizaxe: os porcentaxes definidos son válidos para os tres escenarios, máis o exame final se realizará a través do campus virtual nos escenarios 2 e 3.
Jorge Sineiro Torres
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816803
- Correo electrónico
- jorge.sineiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Almudena Hospido Quintana
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816797
- Correo electrónico
- almudena.hospido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jorge González Rodríguez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 982824155
- Correo electrónico
- jorgegonzalez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Alba Somoza Cerviño
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- alba.somoza [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
26.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
01.07.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |