Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Bioloxía Celular
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
-Saber identificar a estrutura e funcions da membrana plasmática e os mecanismos de transporte celular, e como se relacionan as células entre sí e co medio.
-Coñecer a estrutura e función dos orgánulos celulares.
- Saber identificar as etapas do ciclo celular e coñecer os mecanismos de división, determinación, diferenciación, avellentamento e morte celular.
-Saber manexar o microscopio óptico.
-Saber identificar células animais e vegetais e os seus orgánulos.
PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS (28 h).
Introdución (1 h).
TEMA 1.- Introdución. A Teoría Celular. A Bioloxía Celular e a súa relación con outras disciplinas.
TEMA 2.- Evolución celular. Células e tecidos. Compoñentes químicos das células.
O núcleo, mecanismos xenéticos e ribosomas (5 h).
TEMA 3.- Núcleo. ADN. Cromatina e cromosomas. Replicación, reparación e recombinación do ADN.
TEMA 4.- Do ADN ao ARN: Transcrición. Maduración e tipos de ARN.
TEMA 5.- Do ARN a proteína: Tradución. Código xenético. ARNs de transferencia. Ribosomas.
TEMA 6. Control da expresión xénica. Regulación da tradución. Pregamento, modificación, regulación da función e degradación das proteínas.
Membrana plasmática (2,5 h).
TEMA 7.- Composición e estrutura da membrana plasmática. Transporte de pequenas moléculas e ións a través da membrana plasmática.
TEMA 8.- Transporte vesicular.
Sistemas de endomembranas (2,5 h).
TEMA 9.- Retículo endoplasmático.
TEMA 10.- Aparato de Golgi.
TEMA 11.- Sistema lisosomal e vacúolos.
Conversión da enerxía (4 h).
TEMA 12.- Mitocondrias.
TEMA 13.- Plastos.
TEMA 14.- Peroxisomas.
Citosol (0,5 h).
TEMA 15.- Citosol.
Motilidade celular e citoesqueleto (3 h).
TEMA 16.- Citoesqueleto. Microfilamentos.
TEMA 17.- Microtúbulos.
TEMA 18.- Filamentos intermedios.
O ciclo celular e a división celular (3,5 h).
TEMA 19.- O ciclo celular eucariota.
TEMA 20.- División celular.
TEMA 21.- Meiose.
Determinación, diferenciación e morte celular (2 h).
TEMA 22.- Determinación e diferenciación celular.
TEMA 23.- Avellentamento e morte celular.
Relación das células entre si e co medio (4 h).
TEMA 24.- Sinalización celular.
TEMA 25.- Matriz extracelular. Unións intercelulares.
TEMA 26.- A parede celular vexetal.
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS (8 h).
PRÁCTICA 1.- Técnicas aplicadas á Bioloxía Celular.
PRÁCTICA 2.- Manexo do microscopio óptico. Diversidade celular.
PRÁCTICA 3.- Observación de orgánulos celulares animais e vexetais.
PRÁCTICA 4.- Observación de funcións celulares.
SEMINARIOS (14 seminarios).
O alumnado deberá preparar os seminarios propostos polo profesorado da materia. Nos seminarios, o alumnado profundará na materia e na relación entre a bioloxía celular e a biotecnoloxía.
TITORÍAS (1 titoría).
Na titoría explicarase a programación do curso, daranse as recomendacións para organizar e estudar a materia e resolveranse as dúbidas do alumnado en relación coa mesma.
Bibliografía básica
- Cooper, G. M. (2022). La célula. 8ª ed. Editorial Marbán, Madrid. ISBN: 9788418068584. https://learninglink.oup.com/access/cooper8e
Bibliografía complementaria
- Alberts, B; Hopkin, K.; Johnson, A.; Morgan, D.; Raff, M.; Roberts, K.; Walter, P. (2021). Introducción a la Biología Celular. 5ª ed. Editorial Médica Panamericana. ISBN: 9786078546442.
- Alberts, B.; Johnson, A.; Lewis, J.; Morgan, D.; Raff, M.; Roberts, K.; Walter, P. (2016). Biología Molecular de la Célula. 6ª edición. Editorial Omega. ISBN: 9788428216388.
- Iwasa, J.; Marshall, W. (2019). Karp Biología celular y molecular: conceptos y experimentos. 8ª ed. MacGraw-Hill Interamericana. ISBN: 9781456269227.
Prácticas e técnicas
- Montuenga, L.; Esteban, F.J.; Calvo, A. (2014). Técnicas en Histología y Biología Celular. 2ª ed. Editorial Elsevier Masson. ISBN: 9788445825204.
- Ruíz, M. S., Rodicio, M.C., Corujo, A. (1985). Cuaderno de prácticas de citología e histología vegetal y animal. Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela.
- Sepúlveda, J. (2014). Instructivo de laboratorio. Histología. Biología celular y tisular. 6º ed. McGraw-Hill. ISBN: 9786071511492. https://accessmedicina.mhmedical.com/book.aspx?bookID=1503
- Megías, M., Molist, P., Pombal, M.A. Técnicas histológicas. Atlas de histología vegetal y animal. https://mmegias.webs.uvigo.es/6-tecnicas/1-introduccion.php
- Megías, M., Molist, P., Pombal, M.A. Microscopio virtual. Atlas de histología vegetal y animal. https://mmegias.webs.uvigo.es/7-micro-virtual/virtual-todas.php
Básicas
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo, partindo como base dos coñecementos obtidos na educación secundaria, que inclúan coñecementos baseados en libros de texto avanzados pero tamén coñecementos de vangarda no seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha maneira profesional e que posúan as competencias que lle permitan elaborar e defender argumentos e a resolución de problemas na súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) que permitan emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público especializado e non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.
Xerais
CG1.- Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da biotecnoloxía.
CG2.- Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos no planteamento de problemas e a busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG3.- Saber obter e interpretar información e resultados relevantes e obter conclusións en temas relacionados coa biotecnoloxía.
CG4.- Ser capaces de transmitir información tanto por escrito como de forma oral e de debater ideas, problemas e solucións relativas á biotecnoloxía, ante un público xeral ou especializado.
CG5.- Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en biotecnoloxía e adquirir capacidade para traballar en equipo.
Transversais
CT1.- Pensar de forma integrada e abordar os problemas dende diferentes perspectivas.
CT2.- Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT3.- Organizar e planificar o seu traballo.
CT4 - Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
CT5.- Traballar en equipo.
CT6.- Razoar criticamente.
CT7.- Manter un compromiso ético.
CT8.- Ter capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñocementos.
Específicas
CE4 - Ter una visión integrada do funcionamento das células, incluíndo as biomoléculas, metabolismo, expresión xénica, relación entre compartimentos celulares, así como os mecanismos de comunicación e sinalización celular.
Utilizaranse:
- Clases expositivas.
- Seminarios.
- Prácticas de laboratorio.
- Titoría obrigatoria.
- O alumnado debe superar un exame que representará o 70 % da nota final. Este exame incluirá seccións dedicadas a avaliar a teoría. A materia dividirase en dúas partes. A primeira parte comprende os temas 1 a 7, ambos incluídos. A segunda parte comprende os temas 8 a 26. O alumnado terá a posibilidade de superar a materia realizando un exame parcial da primeira parte (elimina materia) e un único exame final. Para aprobar a materia, o alumnado debe aprobar as dúas partes.
- O alumnado debe realizar os seminarios e as prácticas que suporán un 20% e un 10%, respectivamente, da nota final.
- A asistencia aos seminarios é obrigatoria, sendo necesario asistir polo menos a un 80% dos mesmos.
- O alumnado repetidor que teña superados os seminarios no curso 2021-2022 non terá que asistir e realizar os seminarios de novo.
- A asistencia a prácticas é obrigatoria.
- O alumnado repetidor que superase as prácticas non terá que volver realizalas. O alumnado repetidor que non teña nota de prácticas terá que realizar o exame de prácticas.
Os instrumentos utilizados para avaliación incluirán a avaliación das seguintes competencias:
-Exame teórico: CB1, CB2, CG1, CG5, CT3, CT6, CT7, CE24.
-Seminarios: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG2, CG3, CG4, CG5, CT1, CT2, CT4, CT6, CT7, CT8
-Titoría e prácticas: CG1, CG3, CT1, CT2, CT3, CT4, CE4.
Tempo de estudo e traballo persoal
- Teoría: 28 horas presenciais e 56 horas de traballo persoal (horas totais: 84).
- Seminarios: 14 horas presenciais e 35 horas de traballo persoal (horas totais: 49).
- Prácticas de laboratorio: 8 horas presenciais e 5 horas de traballo persoal (horas totais: 13).
- Titoría: 1 hora presencial (horas totais: 1).
- Realización de exames: 3 horas presenciais (horas totais: 3).
- Asistencia e participación activa na clase.
- Por cada hora de clase dúas hora de estudo, utilizando material bibliográfico para comprender e afondar na información obtida na clase (é fundamental que a hora de estudo sexa o máis próxima posible á hora de clase).
- Estudo e revisión semanal da materia dada.
- Revisións dos seminarios para a realización das probas.
- Aclaración co profesorado de posibles dúbidas.
- Repaso para o exame final.
Esta materia terá operativa unha aula virtual na plataforma Moodle a disposición do alumnado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Maria Fatima Adrio Fondevila
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816943
- Correo electrónico
- fatima.adrio.fondevila [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Noia Guldrís
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816948
- Correo electrónico
- manuel.guldris [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Daniel Romaus Sanjurjo
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Correo electrónico
- daniel.romaus.sanjurjo [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Sara Borrell
Laura Gonzalez Llera
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Correo electrónico
- l.gonzalez.llera [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Ashwin Woodhoo
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Correo electrónico
- ashwin.woodhoo [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Alejandro Sanchez Rueda
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Correo electrónico
- alejandrosanchez.rueda [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Paula Ayuso Garcia
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Correo electrónico
- paula.ayuso [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 01. Charles Darwin |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Galego | Aula 01. Charles Darwin |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 05 (videoconferencia). Rita Levi Montalcini |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 06. Diane Fosey e Jane Goodall |
18.01.2023 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
29.06.2023 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |