Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía, Enxeñaría Química
Áreas: Microbioloxía, Enxeñaría Química
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Nesta materia abórdanse de forma global e integrada un conxunto de contidos que achegan ao Graduado en Biotecnoloxía a perspectiva ambiental da biotecnoloxía. En concreto, perséguense os seguintes obxectivos:
- Identificar sistemas aeróbicos de tratamento de augas residuais.
- Aplicar os coñecementos sobre procesos biolóxicos anaerobios aos balances e ao deseño de reactores metanoxénicos.
- Identificar os procesos biolóxicos de tratamento de residuos sólidos.
- Enumerar as diferentes posibilidades de biorremediación de solos contaminados.
- Saber propoñer solucións a diferentes problemas ambientais.
O programa da materia estrutúrase en 3 grandes bloques, cada un deles dividido nunha serie de temas.
BLOQUE I. Biotecnoloxía ambiental (4 h)
Tema 1 (1h (E)). Introdución á Biotecnoloxía Ambiental. Problemas ambientais globais. Microorganismos e medio ambiente.
Tema 2 (2 h (E) + 1 h (S)). Aplicacións da Biotecnoloxía Ambiental. Xestión e tratamento de augas residuais. Xestión e tratamento de residuos sólidos e solos contaminados. Xestión e tratamento das correntes gasosas. Biocombustibles.
BLOQUE II. Caracterización e tratamento de augas residuais (15 h)
Tema 3. Introdución á depuración de augas residuais (2 h (E) + 1 h (S)). Caracterización das augas residuais: parámetros físicos, químicos e biolóxicos. Caracterización de caudais e cargas contaminantes. Lexislación aplicable. Métodos de tratamento de augas residuais.
Tema 4. Pretratamentos e tratamentos físico-químicos (2 h (E) + 1 h (S)). Homoxeneización de caudais, separación de sólidos grosos, sedimentación, flotación e filtración. Tratamentos químicos: neutralización, precipitación química, coagulación-floculación, oxidación-redución, adsorción.
Tema 5. Fundamentos dos procesos biolóxicos de tratamento de augas residuais (3 h (E) + 6 h (S)). Eliminación de materia orgánica, nitróxeno e fósforo. Introdución e deseño do proceso de lamas activas. Introdución e deseño de reactores metanoxénicos. Tecnoloxías emerxentes.
Seminarios. Resolución de problemas de caracterización e tratamento de augas residuais e visita a unha instalación de potabilización e depuración de augas residuais.
BLOQUE III. Caracterización e tratamento de residuos sólidos (15 h)
Tema 6. Introdución ao tratamento de residuos sólidos (2 h (E) + 1 h (S)). Definicións. Clasificación de residuos. Caracterización dos residuos: propiedades físicas, químicas, térmicas e biolóxicas. Lexislación europea e estatal. Lista europea de residuos. Plans de xestión de residuos.
Tema 7. Tratamento de residuos sólidos (3 h (E) + 4 h (S)). Vertedoiros, tratamentos biolóxicos (compostaxe e dixestión anaerobia) e procesos térmicos.
Tema 8. Remediación de solos contaminados (2 h (E) + 3 h (S)). Conceptos xerais. Técnicas de remediación: in situ, in situ e off site. Biorremediación. Biomonitorización.
Seminarios. Resolución de problemas de caracterización e tratamento de residuos sólidos e remediación de solos contaminados.
TITORÍA EN GRUPO (1 h)
Adicarase á presentación dos traballos en grupo obrigatorios.
Bibliografía básica
RITTMANN, B.E. y MCCARTY, P.L. Environmental Biotechnology: Principles and Applications, 2nd edition. McGraw-Hill Education, 2020. Recurso electrónico. ISBN: 9781260441604.
CASTILLO, F. Biotecnología Ambiental. Editorial Tébar Flores, 2005. ISBN: 978-8473602112.
Bibliografía complementaria
EVANS, G.E. y FURLONG, J. EnvirJohn Wiley and Sons, 2011. Oxford : Wiley-Blackwell, Oxford, 2010. Recurso electrónico. ISBN: 9780470975152.
KIELY, G. Environmental Engineering. Boston: Mc-Graw Hill Higher Education, 1998. ISBN: 0077091272.
• Tratamento de augas
Metcalf & Eddy Inc. Wastewater Engineering. Treatment and resource recovery. 5ª Edición. New York: Mc-Graw Hill, 2014. ISBN: 9781259010798.
• Tratamento de residuos
Tchobanoglous, G. Gestión Integral de Residuos Sólidos. Madrid: Editorial Mc-Graw-Hill., 1998. ISBN: 8448118308.
• Solos contaminados
Ortiz, I., Sanz, J., Dorado, M. & Villar, S. Técnicas de recuperación de suelos contaminados. Colección coordinada por la Fundación para el conocimiento Madrid, Universidad de Alcalá, 2007. Disponible en internet en:
https://www.madrimasd.org/sites/default/files/informacionidi/biblioteca…
Competencias específicas
CE3 - Coñecer e saber aplicar técnicas instrumentais e protocolos de traballo nun laboratorio, aplicando normas e técnicas relacionadas coa seguridade e a hixiene, a xestión de residuos e a calidade.
CE6 - Ser capaz de analizar e deseñar procesos industriais biotecnolóxicos e aplicalos para mellorar produtos.
CE7 - Ter coñecementos sobre balances e transferencia de materia e enerxía, termodinámica aplicada e operacións de separación, así como saber aplicalos para resolver problemas de enxeñaría.
Competencias básicas e xerais
As que figuran na memoria do grado, que son: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CG2, CG3, CG4 e CG5.
Competencias transversais
CT2 - Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT4 - Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
CT5 - Traballar en equipo.
CT6 - Razoar criticamente.
Nas clases expositivas empregarase unha docencia tipo maxistral para desenvolver boa parte do temario. (CB.1, CB.2, CB.3, CB.4, CB.5, CG.1, CG.5, CE.3, CE.6, CE.7, CT.2)
Os seminarios centraranse na resolución de cuestións, problemas e casos prácticos, unhas veces de forma individual e outras en grupo, coa fin de complementar os contidos vistos nas clases expositivas. O alumnado entregará algunhas tarefas desenvolvidas durante as clases de seminario para a súa avaliación. A asistencia a esta actividade é obrigatoria. (CB.1, CB.2, CB.3, CB.4, CB.5, CG.1, CG.2, CG.3, CG.4, CG.5, CE.3, CE.6, CE .7, CT.2, CT.4, CT.5, CT.6)
Procurarase e fomentarase a participación activa do alumnado, tanto nas horas expositivas como nos seminarios.
Realizarase unha visita técnica a unha instalación de potabilización e depuración de augas residuais e proporase ao alumnado a elaboración dun informe que contemple especialmente a aplicación dos conceptos tratados na materia. A asistencia a esta actividade é obrigatoria.
Durante a primeira semana do curso indicarase a obrigatoriedade da realización dun traballo en equipo, que se presentará durante a titoría grupal. Para o seguimento do progreso do traballo, utilizaranse titorías individuais.
A Aula Virtual da USC empregarase cos seguintes obxectivos:
• Facilitar información sobre a materia (guía docente, horarios, exames, convocatorias, etc.).
• Facilitar o material didáctico para as clases (diapositivas dos temas, casos prácticos, material complementario, etc.).
• Servir como medio de comunicación entre o alumnado e o profesorado.
• Entrega de tarefas.
A ferramenta MS Teams tamén se utilizará como medio de comunicación non presencial entre estudantes e profesoras.
Exame final. Realizarase un exame final que terá un peso do 60%, sendo necesario acadar polo menos 4 puntos sobre 10 para poder compensar no conxunto da materia. O exame terá unha parte teórica (preguntas curtas) cun peso do 40%, e unha parte práctica cun peso do 60%. En ambas as partes por separado, acadarase como mínimo un 3,5 sobre 10 para compensar.
Actividades. As actividades propostas, incluído o informe da visita técnica, terán un peso do 15% na nota final.
Titorías en grupo. A realización do traballo en equipo xunto coa súa exposición terá un peso do 15% na nota final. Esta actividade é obrigatoria.
Informe do profesorado: 10%. Valorarase a participación activa (formulación de preguntas ou respostas) nas clases expositivas e interactivas.
Antes da realización do exame final, o alumnado coñecerá as notas obtidas nos outros apartados avaliables.
Para a avaliación da segunda oportunidade manteranse todas as cualificacións das actividades avaliadas durante o curso, agás o exame final; de tal xeito que o alumnado só terá que realizar un novo exame final.
Considerarase NON PRESENTADO o alumnado que non realice ningunha das actividades avaliables obrigatorias.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión de cualificacións”.
As competencias avaliadas en cada ítem indícanse a continuación:
-Exame final: CB.1, CB.2, CB.3, CB.4, CB.5, CG.1, CG.2, CG.3, CG.4, CG.5, CE.6, CE. 7, CT.6
-Actividades: CB.2, CB.3, CB.4, CG.2, CG.3, CG.4, CG.5, CE.3, CE.6, CE.7, CT.2, CT.4, CT.5, CT.6
-Titorías en grupo: CB.3, CB.4, CG.1, CG.3, CG.4, CE.6, CE.7, CT.2, CT.4, CT.5
-Memoria do profesorado: CB.1, CB.2, CB.3, CB.4, CB.5, CG.1, CG.2, CG.3, CG.4, CG.5, CE.3, CE.6, CE.7, CT.2, CT.4, CT.5, CT.6
A materia ten unha carga de traballo de 4,5 ECTS, que se reparte da seguinte forma:
Actividade ..........................................Horas………..... Presencialidade (%)
Clases expositivas ...............................20.......................100
Seminarios..........................................17.......................100
Titorías en grupo..................................1.......................100
Titorías individualizadas.......................0,5......................100
Exame e revisión.................................2........................100
Traballo persoal……………………………………72………………………….0
Total.................................................112,5
-Recoméndase a asistencia e participación a clase.
-Recoméndase o uso da aplicación Campus Virtual da USC para a materia e a utilización de titorías para resolver as dúbidas que poidan xurdir.
-É recomendable que o alumnado teña un certo dominio do inglés para a consulta de bibliografía.
As clases impartiranse en castelán, aínda que tamén se utilizará material didáctico en inglés.
Sabela Balboa Mendez
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- sabela.balboa [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Marta Carballa Arcos
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816020
- Correo electrónico
- marta.carballa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
15.05.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
03.07.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |