Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Farmacoloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Enumerar a regulación e formulación dos medicamentos biotecnolóxicos.
- Identificar os principais medicamentos biotecnolóxicos, os seus procesos de obtención e aplicacións.
- Comprender os recentes avances nas terapias e en medicamentos innovadores e deseñar estratexias con vistas á produción de fármacos biotecnolóxicos.
1. Programa de clases de teoría (20 h)
Tema 1 (1 h) - Marco regulatorio dos medicamentos biotecnolóxicos.
Tema 2 (1 h) - Autorización de medicamentos.
Tema 3 (1 h) - Desenvolvemento de medicamentos biolóxicos nas células hospedadoras.
Tema 4 (2 h) - Métodos de fabricación de medicamentos biotecnolóxicos.
Tema 5 (3 h) - Vías de administración de medicamentos biotecnolóxicos.
Tema 6 (2 h) - Principais grupos de medicamentos biotecnolóxicos.
Tema 7 (2 h)- Terapias avanzadas.
Tema 8 (2 h) – Pre-formulación e estabilidade medicamentos biotecnolóxicos.
Tema 9 (1,5 h) – Medicamentos biotecnolóxicos en formas parenterais I.
Tema 10 (1,5 h) – Medicamentos biotecnolóxicos en formas parenterais II.
Tema 11 (2 h) – Administración transmucosa de produtos biotecnolóxicos.
Tema 12 (1 h) – Biomateriales en rexeneración.
2. Programa de clases interactivas (12 h)
Seminario 1. Calidade na industria farmacéutica (2 h).
Seminario 2. Eficiencia dos medicamentos biotecnolóxicos no marco terapéutico actual (2 h).
Seminario 3. Ensaios clínicos de medicamentos biotecnolóxicos (2 h).
Seminario 4. Introdución da biotecnoloxía no desenvolvemento da medicina personalizada (2 h).
Seminario 5. Formulación de produtos biotecnolóxicos (2 h).
Seminario 6. Medicamentos biotecnolóxicos (2 h).
3. Programa de clases de laboratorio (5 h)
A práctica 1 realizase en laboratorio. A práctica 2 realizase na aula de informática.
Práctica 1. Simulación experimental dos nivéis plasmáticos dun fármaco tras administración IV bolus (modelo monocompartimental): 2,5h.
Práctica 2. Modelos farmacocinéticos: 2,5h.
4. Titorías
Titorías en grupo para aclarar dúbidas, fornecer información ou orientar progreso na adquisición de competencias.
Básica
-Crommelin DJA, Sindelar RD, Meibohm B, editores. Pharmaceutical Biotechnology. Cham: Springer; 2019. ISBN: 978-3-030-00709-6.
- Aulton M.E. and Taylor K. M. G. Aulton' s pharmaceutics: the design and manufacture of medicines 4 th. Ed, Elsevier, 2013.
- M. E. Aulton. Farmacia: a ciencia do deseño das formas farmacéuticas (2a ed) Madrid. Elsevier, D. L. 2003. ISBN: 84- 8174-728-9.
- Martín Brieva, Humberto. Fundamentos da biotecnoloxía farmacéutica. Madrid. Dextra. 2018. ISBN 9788416898510.
- Ratledge C and Kristiansen B, editores. Basic Biotechnology (3ª ed). Cambridge. Cambridge University Press. 2007. ISBN: 978-0-521-54958-5.
Competencias básicas e xerais.
As que figuran na memoria do grao.
Competencias transversais.
CT1 - Pensar de forma integrada e abordar os problemas desde diferentes perspectivas.
CT2 - Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT3 - Organizar e planificar o seu traballo.
CT4 - Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
CT7 - Manter un compromiso ético.
CT6 - Razoar críticamente.
CT8 - Adaptación a novas situacións (resiliencia).
CS11. Preocupación pola calidade.
Competencias específicas
CE12 - Coñecer os fundamentos da bioingeniería celular e tisular, as posibilidades terapéuticas da medicina regenerativa e as súas limitacións actuais, tanto técnicas como éticas.
A) Clases expositivas: Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices da materia).
B) Clases interactivas: Clase teórico/práctica nas que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas e exercicios. Tamén se visualizan vídeos con información complementaria ás clases.
O programa de clases interactivas contempla unha actividade de aprendizaxe baseada en proxectos (ABP) realizada en pequenos grupos onde se analiza o funcionamento, estado regulatorio, aspectos farmacéuticos e biofarmacéuticos dun medicamento biotecnolóxico. Esta actividade ABP é entregada en forma de presentación en formato pdf, e presentada no seminario 6.
C) Titorías: Destinaranse a resolver dúbidas sobre os distintos contidos da materia.
D) Prácticas: As prácticas divídense en dous módulos de 2,5 h a realizar en aula de informática e no laboratorio de prácticas.
ACTIVIDADES OBRIGATORIAS AVALIABLES:
Exame escrito. Constará de entre 4 e 6 preguntas curtas ou problemas, e opcionalmente un módulo test de ata 20 preguntas. Para superar a materia é necesario obter como mínimo un 45% da nota máxima neste elemento.
ACTIVIDADES NON OBRIGATORIAS AVALIABLES:
Seminarios e ABP: A nota corresponde a unha media ponderada das entregas de exercicios, e a participación en clases de seminario (40% da nota) e a valoración do traballo e exposición da ABP (60% da nota). Para a valoración do ABP será necesario participar no traballo e estar presente para a exposición do traballo no Seminario 6 (excepto ausencia por causas xustificadas). Prácticas: a asistencia ás prácticas é obrigatoria se o alumnado quere ser avaliado das mesmas. Avalíase a participación activa a través da asistencia e das entregas dun pequeno informe ó rematar as prácticas.
A non realización destas actividades implicará unha nota de 0 nos parámetros B e C do cálculo da nota final.
A nota final (NF) sobre 10 obtense da seguinte ecuación: NF= 0,7 A+0,2* B+0,1* C.
Nesta ecuación A representa a nota do exame, B a nota dos seminarios e ABP, e C a nota de Prácticas.
Para superar a materia é necesario obter unha NF igual ou superior a 5. Para a avaliación de segunda oportunidade, as notas B e C (avaliación continua) son retidas. Previa solicitude do interesado, as notas B e C poden ser retidas se se cursou a materia en anos académicos anteriores.
O estudante deberá adicar ao estudo dos temas 40,5 horas presenciais e 72 horas ao traballo persoal.
Traballar de forma continuada.
- A materia é apoiada a través de material e actividades na aula Virtual. As notificacións da materia envíanse preferentemente desde o Foro de Novas da devandita Aula Virtual e os alumnos deben de asegurarse de poder recibilas. Utilizarase a plataforma MS Teams para algunhas actividades que requiran o contacto directo co profesor tales como as tutorías grupales ou para tutorías individuales de resolución de dudas.
Marcos Garcia Fuentes
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Teléfono
- 881815450
- Correo electrónico
- marcos.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Araceli Tobio Ageitos
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- araceli.tobio.ageitos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Anton Leandro Martinez Rodriguez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881815484
- Correo electrónico
- antonleandro.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Noemi Stefania Csaba
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Correo electrónico
- noemi.csaba [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jesús María González Jartín
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- jesus.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 09. Barbara McClintock |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 09. Barbara McClintock |
Xoves | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Galego | Aula 09. Barbara McClintock |
16.05.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
04.07.2023 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |