Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Bioloxía Celular
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
- Saber identificar e describir as etapas e os factores que interveñen no proceso da esporoxénese, gametoxénese, fecundación e desenvolvemento temperá.
- Saber identificar e describir os procesos que determinan a morfoxénese dos tecidos e estruturas corporais, a formación do patrón corporal e a capacidade de rexeneración.
- Enumerar as características e funcións dos distintos tecidos vexetais e animais.
- Identificar co microscopio óptico os distintos tecidos vexetais e animais.
PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS (29 horas).
Bioloxía do desenvolvemento (8 horas).
TEMA 1.- Obxecto do estudo do desenvolvemento. Principais procesos e conceptos. Reprodución asexual e sexual. Células xerminais. Determinación do sexo.
TEMA 2.- Gametoxénese. Fecundación. Fecundación in vitro. Clonación.
TEMA 3.- Embrioxénese: segmentación, gastrulación e desenvolvemento temperá. Procesos de morfoxénese. Especificación, determinación e diferenciación celular.
TEMA 4.- Deseño (patterning) dos eixos corporais en animais e plantas. Xenes do desenvolvemento responsables da identidade dos segmentos ou unidades corporais.
Bioloxía dos tecidos vexetais (10 horas).
TEMA 5.- A flor. Esporoxénese. Fecundación. Semente. Froito.
TEMA 6.- Clasificación dos tecidos vexetais. Meristemas.
TEMA 7.- Tecidos fundamentais.
TEMA 8.- Tecidos vasculares primarios e secundarios.
TEMA 9.- Tecidos protectores primarios e secundarios.
TEMA 10. - Tecidos glandulares externos e internos.
Bioloxía dos tecidos animais (11 horas).
TEMA 11.- Tecidos animais. Tecido epitelial.
TEMA 12.- Tecidos conxuntivos. Tecido adiposo. Tecido pigmentario.
TEMA 13.- Tecido cartilaxinoso.
TEMA 14.- Tecido óseo. Tecido dentario.
TEMA 15.- Sangue e hematopoese.
TEMA 16.- Sistema inmunitario.
TEMA 17.- Tecido muscular.
TEMA 18.- Tecido nervioso.
TEMA 19.- Rexeneración. Procesos de rexeneración a nivel celular, tisular e de órgano.
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS (14 horas).
PRÁCTICA 1.- Gametoxénese: ooxénese e espermatoxénese. Flor.
PRÁCTICA 2.- Desenvolvemento en vertebrados. Segmentación, gastrulación e neurulación.
PRÁCTICA 3.- Tecidos vexetais: meristemas, fundamentais, vasculares, protectores e glandulares.
PRÁCTICA 4.- Tecido epitelial. Tecido conxuntivo. Tecido adiposo.
PRÁCTICA 5.- Tecido cartilaxinoso. Tecido óseo.
PRÁCTICA 6.- Sangue. Órganos linfoides..
PRÁCTICA 7.- Tecido muscular. Tecido nervioso.
SEMINARIOS (7 horas).
O profesorado suministrará ou indicará onde localizar a materia para a realización dos seminarios. O alumnado deberá preparar os seminarios propostos. Nos seminarios trataranse os contidos do último tema do programa e o alumnado terá que responder preguntas sobre eses contidos.
TITORÍA OBRIGATORIA (1 hora).
Na titoría explicarase a programación do curso, daranse as recomendacións para organizar e estudar a materia e resolveranse as dúbidas do alumnado en relación coa mesma.
Bibliografía básica:
- WOLPERT, L.; JESSEL, T.; LAWRENCE, P.; MEYEROWITZ, E.; ROBERTSON, E.; SMITH, J. (2009). Principios del desarrollo. 3ª ed. Editorial Médica Panamericana. 2010. ISBN: 9788498352061.
- WOLPERT, L.; TICKLE, C.; MARTÍNEZ ARIAS, A.; LAWCENCE, P.; LOCKE, J. (2019). Principles of development. 6th ed. Oxford University Press. ISBN: 9780198800569.
- MÜLLER, W.A. (1997). Developmental Biology. Springer. Online ISBN: 1461222486. Dispoñible en liña no buscador Iacobus da biblioteca: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/biblioteca-universitaria
- OVALLE, W.K.; NAHIRNEY, P.C. (2021). Netter Histología esencial. 3ª ed. Elsevier. eISBN: 978-84-1382-053-8. Dispoñible en liña no buscador Iacobus da biblioteca: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/biblioteca-universitaria
- GARTNER, L.P.; HIATT, J.L. (2015). Biología celular e histología. 7ª ed. Wolters Kluwer. ISBN: 978-84-16004-67-6. Dispoñible en liña no buscador Iacobus da biblioteca: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/biblioteca-universitaria
- EVERT, R.F. (2008). Esau Anatomía Vegetal. 3a ed. Ediciones Omega. ISBN: 9788428214438. Dispoñible en liña (versión en inglés) no buscador Iacobus da biblioteca: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/biblioteca-universitaria
- MEGÍAS, M.; MOLIST, P.; POMBAL, M.A. Atlas de Histología Vegetal y Animal. Depto. de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde. Facultade de Bioloxía. Universidade de Vigo. Accesible en: https://mmegias.webs.uvigo.es/
Bibliografía complementaria:
- WEBSTER, S.; DE WREEDE, R. (2013). Embriología. Lo esencial de un vistazo. Editorial Médica Panamericana. ISBN: 9788498357196. Dispoñible en liña no buscador Iacobus da biblioteca: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/biblioteca-universitaria
- DYE, F.J. (2011). Dictionary of Developmental Biology and Embryology. 2nd ed. Wiley‐Blackwell. Online ISBN: 9781118196649. Dispoñible en liña en: https://onlinelibrary-wiley-com.ezbusc.usc.gal/doi/book/10.1002/9781118…
- GILBERT, S.F. (2005). Biología del desarrollo. 7ª ed. Editorial Médica Panamericana. ISBN: 9500608693.
- BARRESI, M.J.F.; GILBERT, S.F. (2019). Developmental biology. 12th ed. Oxford University Press. ISBN: 9781605358222.
- PAWLINA, W. (2020). Ross Histología. Texto y Atlas. Correlación con Biología Molecular y Celular. Wolters Kluwer. ISBN: 9788417602659.
Competencias básicas
CB1.- Que o/a estudante demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se soe encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda de seu campo de estudo.
CB2.- Que o/a estudante saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3.- Que o/a estudante teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4.- Que o/a estudante poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público, tanto especializado como non especializado.
CB5.- Que o/a estudante teña desenvolvidas aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias xerais
CG1.- Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da biotecnoloxía.
CG2.- Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos no planteamento de problemas e a busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG3.- Saber obter e interpretar información e resultados relevantes e obter conclusións en temas relacionados coa biotecnoloxía.
CG4.- Ser capaces de transmitir información tanto por escrito como de forma oral e de debater ideas, problemas e solucións relativas á biotecnoloxía, ante un público xeral ou especializado.
CG5.- Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en biotecnoloxía e adquirir capacidade para traballar en equipo.
Competencias transversais
CT1.- Pensar de forma integrada e abordar os problemas dende diferentes perspectivas.
CT2.- Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT3.- Organizar e planificar o seu traballo.
CT5.- Traballar en equipo.
CT6.- Razoar criticamente.
CT7.- Manter un compromiso ético.
Competencias específicas
CE9.- Saber identificar os distintos tipos de virus, microorganismos e tecidos animais e vexetais, comprender o seu desenvolvemento, organización e fisioloxía e coñecer a súa aplicación no campo da biotecnoloxía.
- Clases expositivas.
- Seminarios obrigatorios realizados polo alumnado.
- Prácticas de laboratorio. Faranse grupos de prácticas ata completar 14 h por grupo.
- Titoría obrigatoria (unha titoría de 1 h).
- O alumnado debe superar un exame dos contidos explicados nas clases expositivas que representará o 58% da nota final. O aprobado está en 5 sobre 10.
Competencias avaliadas: CB1, CB5, CG1, CG3, CG5, CE11, CT1, CT2, CT3, CT6, CT7, CE9.
- O alumnado tamén debe realizar obrigatoriamente os seminarios que suporán o 20% da nota final. A non asistencia aos seminarios tamén se terá en conta. Nos seminarios trataranse os contidos do último tema do programa e o alumnado terá que responder preguntas.
Competencias avaliadas: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CG2, CG3, CG4, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT7, CE9.
- Así mesmo, é obrigatoria a asistencia a prácticas (% mínima de asistencia esixida: 85%). O alumnado debe superar un exame das prácticas que representará o 15% da nota final. O aprobado está en 5 sobre 10.
Competencias avaliadas: CB2, CB3, CB5, CG1,CG3, CG5, CT1, CT2, CT3, CT6, CT7, CE9.
- Titoría obrigatoria, asistencia a clase e a participación a través do Campus Virtual tamén se terán en conta e suporá o 7% da nota final.
Competencias avaliadas: CB1, CB2, CB4, CB5, CG1, CG2, CG3, CG4, CT1, CT2, CT3, CT6, CT7, CE9.
- Unha vez superado o exame dos contidos explicados nas clases expositivas e o exame das prácticas sumaránse as cualificacións obtidas no seminario e pola asistencia-participación.
- Se non se realiza o seminario ou non se fan as prácticas, non se poderá superar esta materia.
- A non asistencia á titoría obrigatoria terase en conta na nota final.
- O alumnado repetidor non terá que facer as prácticas nin os seminarios se xa foron superados e/ou realizados nos anos anteriores. Aínda que repetirá as prácticas e os seminarios se así o considera e se quere superar (ou baixar) a nota que xa ten, poderá facer o exame de prácticas e/ou os dos seminarios.
- Teoría: 29 horas presenciais e 52 horas de traballo persoal.
- Seminarios: 7 horas presenciais e 29 horas de traballo persoal.
- Titoría obrigatoria: 1 hora presencial.
- Prácticas de laboratorio: 14 horas presenciais e 14 horas de traballo persoal.
- Realización de exames: 4 horas presenciais.
- Total de horas de traballo presencial na aula: 54 horas.
- Total de horas de traballo persoal: 96 horas.
- Asistencia e participación activa na clase.
- Por cada hora de clase unha hora de estudo, empregando material bibliográfico para comprender e afondar na información obtida na clase.
- Estudo e revisión semanal da materia dada.
- Aclaración co profesorado de posibles dúbidas.
- Repaso para o exame final.
Esta materia terá operativa unha aula virtual na plataforma Moodle a disposición do alumnado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Manuel Noia Guldrís
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816948
- Correo electrónico
- manuel.guldris [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Isabel Rodriguez-Moldes Rey
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816950
- Correo electrónico
- isabel.rodriguez-moldes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Laura Gonzalez Llera
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Correo electrónico
- l.gonzalez.llera [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Aroa Ferrer Pinos
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Correo electrónico
- aroa.ferrer.pinos [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Galego | Aula 07. Konrad Lorenz |
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 07. Konrad Lorenz |
20.05.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
03.07.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |