Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74 Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 17 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Enumerar os conceptos básicos sobre a empresa e a súa actividade produtiva, financeira e comercial.
- Identificar as características económicas da industria biotecnolóxica e saber manexar os fundamentos de matemáticas financeiras.
- Aplicar coñecementos sobre a xestión de empresas, fundamentalmente a xestión de I+D na industria biotecnolóxica.
- Aplicar os conceptos e a información necesarios para analizar cuestións económicas básicas, elección de alternativas e riscos
Clases de teoría (20 horas totais):
Tema 1. Conceptos básicos. (3 horas)
1.1 A empresa: natureza e organización.
1.2 Actividade produtiva, financeira e comercial da empresa.
1.3 Xestión de empresas.
Tema 2. A información empresarial (5 horas)
2.1 O Balance e a Conta de Resultados
2.2 Análise da información económico-financeira
Tema 3. Empresas biotecnolóxicas. (4 horas)
3.1 Características económicas da industria biotecnolóxica.
3.2 Xestión da I+D na industria biotecnolóxica.
Tema 4. Valoración económico-financeira (8 horas)
4.1 Fundamentos de matemáticas financeiras.
4.2 Criterios económicos de elección de alternativas.
4.3 Alianzas empresariais.
4.4 O risco.
Seminarios (13 horas totais)
Desenvolveranse e poñeranse en práctica os conceptos teóricos a través de exercicios, casos prácticos e actividades. As actividades para realizar organízanse nun total de catro bloques.
Bloque 1. Identificación e análise de información empresarial.
Bloque 2. Identificación das características da industria biotecnolóxica.
Bloque 3. Valoración de proxectos no sector biotecnolóxico.
Bloque 4. Introdución da incerteza na información económico-financeira e o seu impacto nas decisións de xestión de empresas biotecnolóxicas.
Prácticas en computador (4 horas)
Implementarase en folla de cálculo a análise da información empresarial.
Bloque 1. Obtención de información empresarial e introdución á súa análise.
Bloque 2. Análise de rendibilidade e risco económico-financeiro dun proxecto biotecnolóxico.
-Titorías en grupo (1 hora):
Explicarase a programación do curso, daranse as recomendacións para organizar e estudar esta materia, e solucionaranse as dúbidas que o alumno poida ter en relación coa mesma.
Bibliografía básica:
Bueno Campos, Eduardo (2004): Curso básico de Economía de la Empresa. Editorial Pirámide
Rodríguez Sandiás, A. (2013): Modelos de Análisis y Valoración de Proyectos. Editorial: Andavira. ISBN: 978-84-8408-813-4.
Bibliografía complementaria:
Tema 1:
Lado-Sestayo, R.; Vivel-Búa, M. (2015): “O Plan de Negocio” Unidad Didáctica 1.
ISBN: 978-84-16533-28-2.
Lado-Sestayo, R.; Vivel-Búa, M. (2015): “A Idea de Negocio: O Estudo Comercial” Unidad Didáctica 2. ISBN: 978-84-16533-29-9.
Lado-Sestayo, R.; Vivel-Búa, M. (2015): “A Idea de Negocio: O Estudo Técnico” Unidad Didáctica 3. ISBN: 978-84-16533-30-5.
Suárez Suárez, A. (2001): Curso de Economía de la Empresa. Editorial Pirámide
Tema 2:
Amat Salas, Oriol (2008). Contabilidad y finanzas para no financieros. Ediciones Deusto.
Tema 3:
Lado-Sestayo, R. y otros miembros de ITEMAS, Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, CNIC y FENIN entre otros (2016). Guía de Buenas Prácticas en Gestión de la Innovación. Plataforma de Innovación en Tecnologías Médicas y Sanitarias. Madrid, España. ISBN: 978-84-943613-4-0.
Timmons, J. y Spinelli, S. (2017). New Venture Creation. Editorial: Mcgraw Hill
Tema 4:
Boedo Vilabella, Lucía (2009): Las fuentes de financiación y su coste: aspectos conceptuales y operativa financiera. Editorial Netbiblo
Boedo Vilabella, Lucía (2010): Evaluación de un proyecto de inversión en entornos de certeza, riesgo e incertidumbre. Reprografía Noroeste
BÁSICAS
As que se especifican na memoria do grao
XERAIS
AS que se especifican na memoria do grao
TRANSVERSAIS
CT1 - Pensar de forma integrada e abordar os problemas desde diferentes perspectivas.
CT2 - Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT3 -Organizar e planificar o seu traballo.
CT5 -Traballar en equipo.
CT6 - Razoar críticamente.
CT7 - Manter un compromiso ético.
CT8 -Adaptación a novas situacións ( resiliencia).
CT9 - Liderazgo e dirección de equipos
CT10 - Iniciativa e espírito emprendedor
ESPECÍFICAS
CE13- Apreciar claramente as implicacións éticas, sociais, económicas e ambientais da actividade profesional desenvolvida, así como coñecer e aplicar criterios de avaliación de riscos biotecnolóxicos.
CE14- Ter unha visión integrada do proceso de I+D+i e saber describir os conceptos básicos de empresa aplicándoo á empresa biotecnolóxica.
Nas clases expositivas desenvolveranse os contidos teóricos necesarios, así como exemplos que faciliten a comprensión dos diferentes conceptos.
Nas clases interactivas plantexaranse a travésda resolución de exercicios e problemas os contidos vistos nas sesións expositivas.
En todo caso, proponse un sistema de ensino aprendizaxe eminentemente práctico e participativo. Tanto nas sesións de teoría, seminario e práctica o alumno participa activamente: discusión, debate, entrega de exercicios ao profesor; resolución de exercicios na aula, probas de avaliación, etc. Por tanto a asistencia ás clases así como a participación nas actividades propostas é obrigatoria e imprescindible para unha avaliación continua da materia.
Os alumnos recibirán o apoio do campus virtual da USC a través da aula virtual da materia, na que estará dispoñible o material de apoio correspondente, e onde terán que subir as diferentes entregas si se solicitan, tanto para as sesións expositivas como interactivas.
O desenvolvemento das sesións realizarase nos horarios de clase establecidos do seguinte modo:
- Expositivas: presencial.
- Interactivas: presencial.
- Titorías: presencial ou non presencial por vía telemática (a través da plataforma corporativa da USC MS’ Teams).
Na primeira oportunidade, prevense dous sistemas alternativos de avaliación, tanto para alumnos que cursan por primeira vez a materia como para alumnos repetidores:
- Un sistema de avaliación continua, no que no transcurso do semestre os alumnos irán desenvolvendo diversas actividades de avaliación que poden incluír tres tipos de actividades de avaliación:
A. Probas teórico-prácticas: realizaranse ao longo do curso, no horario habitual de clase, cubrindo os contidos da materia.
B. Probas en folla de cálculo: en horario de clase, para avaliar a destreza no manexo da folla de cálculo para a análise e a toma de decisións
C. Traballos relacionados co contido dos distintos temas que compoñen o programa ou outros de relevancia no ámbito da materia, para os que se fixará un prazo de entrega.
A avaliación continua supoñerá un 40% da nota total da materia.
O 60% corresponderá a un exame teórico-práctico na data oficial establecida, tanto para primeira como para segunda convocatoria.
- Un sistema de avaliación única, consistente na realización dun exame final teórico-práctico que supoñerá un 100% da nota final e terá duas partes. Parte I: idéntica ao exame teórico-práctico do sistema de avaliación continua que supoñerá un 60% da nota final e Parte II: parte diferencial que supoñerá un 40% da nota final. Esta modalidade de avaliación resérvase para aqueles alumnos que, por causas recollidas na Instrución nº1/2017, da Secretaría Xeral da USC, sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias (enfermidade, traballo, acoso…) soliciten e obteñan dispensa de asistencia a clase.
En segunda oportunidade manterase a nota de avaliación continua, así como da parte II do exame final e realizarase un exame único que supoñerá un 60% da nota final do exame.
HORAS PRESENCIAIS / NON PRESENCIAIS
Clases expositivas 20 horas / 30 horas
Seminarios 13 horas / 19,5 horas
Aula de informática 4 horas / 6 horas
Titoría grupo 1 horas / 1,5 horas
Titoría individualizada 0,5 horas / 0,75 horas
Exame e revisión 2 horas / 14,25 horas
Total 40,5 horas / 72 horas
É necesario asistir regularmente ao desenvolvemento da materia así como analizar a bibliografía para que, desta forma, a aprendizaxe sexa máis frutífera e os coñecementos que se vaian impartindo atopen a adecuada base de temas previos.
Noutra orde de cousas, suxírese profundar nos coñecementos informáticos, especialmente de programas de folla de cálculo, o que reverterá nun mellor e máis rápida aprendizaxe debida a que moitos exemplos explicaranse directamente utilizando esta ferramenta.
Contémplase a posibilidade de que, de forma excepcional e xustificada, a docencia virtual combínese coa presencial ata un máximo do 10% das horas da materia. En función das circunstancias, prevese tamén a posibilidade de desenvolver contidos en modo asíncrono mediante sesións gravadas en vídeo e postas ao dispor dos alumnos respectando os horarios oficiais.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o sinalado na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
Jose Andres Villamarin Taboada
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- joseandres.villamarin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 07. Konrad Lorenz |
25.01.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
26.06.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |