Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Electromagnetismo, Física Aplicada, Óptica
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Escenario 1
Familiarizar ó estudante coa análise dos fenómenos físicos e da súa medida mediante a utilización de técnicas experimentais actuais.
Tratarase de fomentar a capacidade dos estudantes de observar, catalogar e modelizar os fenómenos da natureza a partir dos seus coñecementos de física.
RESULTADOS DE APRENDIZAXE
Ao terminar a materia o alumno:
- Terá a capacidade de avaliación dos parámetros e condicións fundamentais do tipo de medición requirida e de determinación das técnicas máis adecuadas.
Dominará técnicas de:
- Caracterización óptica non destrutiva.
- Caracterización electromagnética de sistemas radiantes e sistemas biolóxicos.
- Caracterización de fluídos e fluídos complexos.
- Caracterización de superficies.
- Caracterización de partículas e nanopartículas.
Escenario 2 e 3
Sen cambios
Escenario 1
1 Microscopía avanzada
2 Interferometría e aplicacións
3 Sensores de fronte de onda
4 Espectrometría
5 Cámara anecoica apantallada
6 Cámaras de ensaios electromagnéticos
7 Deseño de agrupacións de antenas
8 Bioelectromagnetismo
9 Caracterización de fluídos e fluídos complexos
10 Caracterización de superficies
11 Análise térmica
12 Caracterización de partículas e nanopartículas
Escenario 2 e 3
Sen cambios
No momento de aprobar esta programación docente, pensando nun posible escenario 2 ou 3, estase tamén en proceso de solicitude e adquisición de novo material bibliográfico electrónico; por elo o profesorado da materia especificará no Campus Virtual qué material bibliográfico pode atoparse en formato electrónico na biblioteca da USC cando os fondos estean dispoñibles.
Escenario 1
- Geary, J.M.: Introduction to wavefront sensors. Tutorial Text Vol. TT18 SPIE, 1995.
- J. M. Hollas: Modern spectroscopy 4th Ed. John Wiley & Sons, 2004.
- D. Malacara & B.J. Thompson: Handbook of Optical Engineering . Edt. Marcel Dekker, 2001
- M. Pluta: Advanced Light Microscopy. Vol 2. PWN, Elsevier, 1989
- A. Requena Rodríguez, J. Zúñiga Román: Espectroscopía. Pearson Educación S.A., 2004
- A. Cardama, Ll. Jofre, J. M. Rius, J. Romeu, S. Blanch, M. Ferrando, Antenas, Edicions UPC, 1998.
- C. A. Balanis, Antenna Theory: Analysis and Design, Second Edition, John Wiley & Sons, 1997
- W. L. Stutzman, G. A. Thiele, Antenna Theory and Design, Second Edition, John Wiley & Sons, 1998
- J. D. Kraus, R. Marhefka, Antennas for All Applications, Third Edition, McGraw-Hill, 2002
- Tropea, Cameron; Yarin, Alexander L.; Foss, John F. (Eds.) Springer Handbook of Experimental Fluid Mechanincs, Springer, 2007.
- A. W. Adamson, A. P. Gast, Physical Chemistry od Surfaces, Sixth Ed., Wiley Interscience, 1997.
- M. J. Assael, A. R. H. Goodwin, V. vesovic, W, A. Wakeham. Experimental Thermodynamics Volume IX Adcances in Transport Properties of Fluids, RSC, 2014
Aula Virtual: incluirá material docente elaborado polos profesores da materia e enlaces a recursos online.
Escenario 2 e 3
Sen cambios
Escenario 1
BÁSICAS E XENERAIS
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CG1 - Posuír e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Física, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Ter a capacidade de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Física.
CG3 - Aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
TRANSVERSAIS
CT1 - Adquirir capacidade de análise e síntese.
CT2 - Ter capacidade de organización e planificación.
CT4 - Ser capaz de traballar en equipo.
CT5 - Desenvolver o razoamento crítico.
CT6 - Desenvolver a creatividade, iniciativa e espírito emprendedor.
ESPECÍFICAS
CE1 - Ter unha boa comprensión das teorías físicas máis importantes, localizando na súa estrutura lóxica e matemática, o seu soporte experimental e o fenómeno físico que pode ser descrito a través deles.
CE2 - Ser capaz de manexar claramente as ordes de magnitude e realizar estimacións adecuadas co fin de desenvolver unha clara percepción de situacións que, aínda que fisicamente diferentes, mostren algunha analogía, permitindo o uso de solucións coñecidas a novos problemas.
CE3 - Familiarizarse cos modelos experimentais máis importantes, ademais ser capaces de realizar experimentos de forma independente, así como describir, analizar e avaliar críticamente os datos experimentais.
CE4 - Ser capaz de comparar novos datos experimentais con modelos dispoñibles para revisar a súa validez e suxerir cambios que melloren a concordancia dos modelos cos datos.
CE5 - Ser capaz de realizar o esencial dun proceso ou situación e establecer un modelo de traballo do mesmo, así como realizar as aproximacións requiridas co obxecto de reducir o problema ata un nivel manexable. Demostrará posuír pensamento crítico para construír modelos físicos.
CE6 - Comprender e dominar o uso dos métodos matemáticos e numéricos máis comunmente utilizados en Física.
CE7 - Ser capaz de utilizar ferramentas informáticas e desenvolver programas de software.
Escenario 2 e 3
Na medida na que a situación sanitaria impida a docencia presencial, veranse irremediablemente prexudicadas as competencias relacionadas coas destrezas experimentais ou o traballo en equipo. En concreto quedarán minguadas as competencias CB3, CG2, CT2, CT4, CE1 e CE3.
Seguiranse as indicacións metodolóxicas xerais establecidas na Memoria do Título de Grao en Física da USC. As clases serán presenciais e a distribución de horas expositivas e interactivas segue o especificado na Memoria de Grao.
Activarase un curso na plataforma Moodle do Campus Virtual, á que se subirá información de interese para o alumno así como material docente diverso.
Escenario 1
Nas clases expositivas presentaranse os fundamentos das técnicas a estudiar, os protocolos de calibración e posta a punto dos dispositivos, e os procedementos de obtención da información desexada.
Nas sesións de laboratorio particularizaranse os ítems anteriores para traballar cos dispositivos ou montaxes dispoñibles.
As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas, se son telemáticas requerirán de cita previa o que tamén é recomendable para as presenciais.
Escenario 2
Ver Plan de Continxencia no apartado Observacións
Escenario 3
Ver Plan de Continxencia no apartado Observacións
Escenario 1 e 2
O alumno poderá aproba-la materia mediante evaluación continua que consistirá en algunha/s das seguintes actividades:
i) Resolución de pequenos exámenes o longo do curso
ii) Entrega de exercicios e traballos
iii) Asistencia ás clases e participación
iv) Realización de prácticas
v) Entrega de memorias de prácticas
Ou mediante a realización dun examen final escrito no caso de que o alumno, ou ben non supere a evaluación continua, ou ben aspire a subir nota.
Nestes casos a calificación será do 50% da nota da evaluación continua e un 50% da nota do exame. Se esta nota ponderada fose inferior á nota do exame final, aplicarase ésta última.
Aqueles alumnos que non realicen as prácticas esixidas non terán dereito a presentarse ó exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Escenario 2 e 3
Ver Plan de Continxencia no apartado Observacións
Escenario 1
A materia ten un total de 4,5 créditos ECTS distribuídos ao longo de todo o cuadrimestre. A carga de traballo total é de 112,5 horas, distribuídas como segue:
Asistencia a clases teóricas 12 h
Realización de prácticas no laboratorio 24 h
Asistencia a titorías 3 h
Outras sesions co profesor 6 h
Traballo persoal con recursos bibliográficos e informáticos 38 h
Escritura de memorias e outros traballos 20 h
Preparación de presentacións 9.5 h
Escenario 2 e 3
Sen cambios
Escenario 1:
Recoméndase ter aprobado unha porcentaxe ampla de materias de primeiro e segundo.
Recoméndase revisar os conceptos básicos de Óptica
Recoméndase un coñecemento básico de inglés para poder consultar parte da bibliografía.
Escenario 2 e 3
Sen cambios
PLAN DE CONTIXENCIA ante un posible cambio de escenario
1) Obxectivos: sen cambios
2) Contidos: sen cambios
3) Material bibliográfico: sen cambios
4) Competencias: redución de competencias relacionadas coas destrezas experimentais ou o traballo en equipo.
5) Metodoloxía:
Escenario 2
Se a limitación de aforo ditado polas autoridades sanitarias non permite que todo o alumnado asista as clases interactivas de laboratorio simultáneamente:
- Se a situación do centro o permite, parte das prácticas a realizar se trasladarán a outro espazo. De xeito que parte dos alumnos traballarán no laboratorio docente tradicional e parte nos novos espazos
- Se o centro non dispón destes espazos, e en función do aforo marcado polas autoridades sanitarias, se reducirá o número de prácticas que serán realizadas de forma presencial; ás que non se realicen de forma presencial traballaranse telemáticamente ou, incluso, en aula, se houbera dispoñibilidade
As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas e requerirán de cita previa
Escenario 3
A docencia será telemática e as clases desenvolveranse de forma síncrona no horario oficial de clase. Pode ser que, por causas sobrevidas, algunha das clases se desenvolva de forma asíncrona o que se comunicará ao alumnado con anterioridade.
Nalgunhas experiencias de laboratorio, o profesorado poderá proporcionar os datos experimentais que os alumnos non poidan obter para que polo menos os analicen e interpreten.
As titorías serán telemáticas e requerirán de cita previa
6) Sistema de avaliación
Escenario 2 e 3
As actividades de avaliación que non poidan ser realizadas de xeito presencial, se non poden ser adiadas, realizaranse telemáticamente a través das ferramentas institucionais en Office 365 e Moodle. Neste caso esixirase a adopción dunha serie de medidas que requiriran que o alumnado dispoña dun dispositivo con micrófono e cámara mentres non se dispoña dun software de avaliación axeitado. O alumnado pode ser chamado a unha entrevista para comentar ou explicar unha parte ou o total da proba.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
7) Tempo de estudo e traballo persoal: sen cambios
8) Recomendacións para o estudio da materia: sen cambios
Francisco Jose Ares Pena
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Electromagnetismo
- Teléfono
- 881814016
- Correo electrónico
- francisco.ares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Dolores Mouriz Cereijo
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813519
- Correo electrónico
- mariadolores.mouriz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Juan Antonio Rodriguez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Electromagnetismo
- Teléfono
- 881814030
- Correo electrónico
- ja.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xesus Prieto Blanco
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813506
- Correo electrónico
- xesus.prieto.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Enriqueta Lopez Iglesias
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814050
- Correo electrónico
- enriqueta.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alfredo Jose Amigo Pombo
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814053
- Correo electrónico
- alfredo.amigo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Gabriel María Carral López
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Correo electrónico
- gabrielmaria.carral.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual 4º |
04.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 3 (Informática) |
04.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 0 |
04.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 130 |
04.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 140 |
04.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
04.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 830 |
04.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 840 |
04.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |
12.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 3 (Informática) |
12.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 0 |
12.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 130 |
12.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 140 |
12.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
12.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 830 |
12.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 840 |
12.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |