Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física de Partículas
Áreas: Física Teórica
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
OBXECTIVOS:
Escenarios 1,2,3:
Aportar o estudiante os coñecementos básicos para o estudo das teorías cuánticas de campos relativistas e as teorías gauge en relación coa física de partículas.
RESULTADOS DA APRENDIZAXE
Con respecto á materia Teoría cuántica de campos, o alumno demostrara:
-coñecer os aspectos básicos das teorías cuánticas de campos e das teorías gauge en relación coa física de partículas
-que realiza cálculos sinxelos das amplitudes de dispersión en electrodinámica cuántica utilizando diagramas de Feynman.
Escenarios 1,2,3:
- Ecuacions de ondas relativistas: A ecuación de Klein-Gordon e a ecuación de Dirac.
- Cuantización dos campos libres: Cuantización do campo escalar, do campo de Dirac e do campo electromagnético.
- Teoría de perturbacions e diagramas de Feynman: Cálculo de seccions eficaces.
- Introducción as teorías gauge: electrodinámica cuántica.
Escenarios 1,2,3:
Bibliografía básica:
- M. E. Peskin e D. V. Schroeder, An Introduction to Quantum Field Theory, Addison-Wesley (1995).
- C. Itzykson e J. B. Zuber, Quantum Field Theory, McGraw- Hill (1980).
- M. Srednicki, Quantum Field Theory, Cambridge University Press (2007).
Complementaria:
- S. Weinberg, The Quantum Theory of Fields ( Vol. I: Foundations), Cambridge University Press (1995).
- M. Stone, The physics of quantum fields, Springer- Verlag (2000).
- J. D. Bjorken e S.D. Drell, Relativistic Quantum Mechanics, McGraw- Hill (1964); Relativistic Quantum Fields, McGraw- Hill (1965).
Recursos na rede:
• Aula Virtual: Apuntamentos elaborados polos profesores.
• Aula Virtual: Boletíns de problemas, solucións de problemas, exames de cursos anteriores.
• Aula Virtual: Ligazóns a recursos online
No momento de aprobar esta programación docente, pensando nun posible escenario 2 ou 3, estase tamén en proceso de solicitude e adquisición de novo material bibliográfico electrónico; por elo o profesorado da materia especificará no Campus Virtual que material bibliográfico pode atoparse en formato electrónico na biblioteca da USC cando os fondos estean dispoñibles.
Escenarios 1,2,3:
Básicas e xerais
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe también algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro do seu área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro do seu área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CG1 - Posuír e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Física, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Ter a capacidade de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Física.
CG3 - Aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análisis e de abstracción na definición e formulación de problemas e na búsqueda das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
Transversáis e específicas:
CT1 - Adquirir capacidade de análisis e séntesis.
CT2 - Ter capacidade de organización e planificación.
CT5 - Desenvolver o razoamento crítico.
CE1 - Ter unha boa comprensión das teorías físicas máis importantes, localizando na súa estrutura lóxica e matemática, o seu soporte experimental e o fenómeno físico que pode ser descrito a través deles.
CE2 - Ser capaz de manexar claramente os ordenes de magnitude e realizar estimacións adecuadas co fin de desenvolver unha clara percepción de situacións que, aínda que físicamente diferentes, mostren algunha analoxía, permitindo o uso de solucións coñecidas a novos problemas.
CE5 - Ser capaz de realizar o esencial dun proceso ou situación e establecer un modelo de traballo do mesmo, así como realizar as aproximacións requiridas co obxecto de reducir o problema ata un nivel manexable. Demostrara posuír pensamento crítico para construír modelos físicos.
CE6 - Comprender e dominar o uso dos métodos matemáticos e numéricos máis comúnmente utilizados en Física.
CE8 - Ser capaz de manexar, buscar e utilizar bibliografía, así como calquera fonte de información relevante e aplicala a traballos de investigación e desenvolvemento técnico de proxectos.
Activarase un curso na plataforma Moodle da Campus Virtual, á que se subirá información de interese para o alumno e material docente diverso.
Escenario 1:
Seguiranse as indicacións metodolóxicas xerais establecidas na Memoria do Título de Grao en Física da USC. A docencia será presencial e estará programada en clases teóricas (24 horas), prácticas en grupo reducido (18 horas) e titorías en grupos moi reducidos (3 horas). ). Nas clases teóricas e prácticas presentaranse os contidos básicos da asignatura e se resolverán alguns exercicios. Os contidos e problemas más avanzados serán plantexados o estudiante para o seu traballo persoal contando co apoio das horas de titoria.
As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas, se son telemáticas requirirán de cita previa o que tamén é recomendable para as presenciais.
Escenarios 2,3: Ver Plan de Continxencia nas apartado Observacións.
Escenario 1:
A materia non contempla a realización dun exame final para a primeira oportunidade. O sistema de avaliación combinará unha avaliación continua, que consistirá na realización de exercicios e problemas semanáis que o alumno entregará, e un control adicional de maior duración para avaliar as competencias globais que contabilizará ata o 75% da cualificación final. Para a segunda oportunidade de avaliación (Julio) realizarase un exame final convencional nas datas oficiais fixadas polo centro.
A avaliación continua é válida só para a primeira oportunidade e non se conservará para cursos posteriores.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Escenarios 2,3: Ver Plan de Continxencia no apartado Observacións.
Escenarios 1,2,3:
24 horas de clases expositivas presenciais ou telemáticas.
18 horas de clases interactivas presenciais ou telemáticas.
3 horas de titorías presenciais ou telemáticas.
Resulta difícil determinar o tempo de estudo necesario para asimilar a asignatura, xa que depende mucho da dedicación e capacidad de cada estudiante. Como indicación xeral, na Memoria do Título do Grao en Física da USC estimase o traballo persoal do alumno en 47 horas, sen contar o traballo presencial na aula,
a escritura de exercicios, conclusións our outros traballos en 18 horas, e a preparación de presentacións orais, debates ou similar en 2,5 horas. Total 67,5 horas.
Escenarios 1,2,3:
Asistencia e participación activa nas clases teóricas e prácticas. Aproveitamento das titorías.
PLAN DE CONTINXENCIA ante un posible cambio de escenario:
1) Obxectivos: sen cambios
2) Contidos: sen cambios
3) Material bibliográfico: sen cambios
4) Competencias: sen cambios
5) Metodoloxía:
Escenario 2:
Parte da docencia se desenvolverá de xeito telemático:
Se as medidas adoptadas polas autoridades sanitarias o permiten, as clases expositivas desenvolveranse telematicamente (vía Teams, Campus Virtual) e as interactivas presencialmente respectando o horario oficial de clases aprobado polo centro.
Se a limitación de aforo ditado polas autoridades sanitarias non permite que todo o alumnado asista as clases interactivas presenciais, estás se retransmitirán en streaming. Os alumnos asistirán por quendas ás clases presenciais. O número de alumnos por quenda estará condicionada ás normas en vigor en cada momento.
Priorizarase á hora de programar a actividade da materia a presencialidade nas probas de avaliación fronte ás clases interactivas presenciais. Se debido á unha inevitable rotación do alumnado, as probas de avaliación consumisen un número inasumible de horas, á docencia correspondente se impartiría telematicamente.
As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas, y requirirán de cita previa.
Escenario 3:
A docencia será telemática e as clases desenvolveranse de forma síncrona no horario oficial de clase. Pode ser que, por causas sobrevidas, algunha das clases se desenvolva de forma asíncrona o que se comunicará ao alumnado con anterioridade.
As titorías serán telemáticas e requirirán de cita previa
6) Sistema de avaliación
Escenarios 2 e 3:
As actividades de avaliación que non poidan ser realizadas de xeito presencial, se non poden ser adiadas, realizaranse telematicamente a través das ferramentas institucionais en Office 365 e Moodle. Neste caso esixirase a adopción dunha serie de medidas que requirirán que o alumnado dispoña dun dispositivo con micrófono e cámara mentres non se dispoña dun software de avaliación axeitado. O alumnado pode ser chamado a unha entrevista para comentar ou explicar unha parte ou o total da proba.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
7) Tempo de estudo e traballo persoal: sen cambios.
8) Recomendacións para o estudio da materia: sen cambios.
Para adecuar a organización docente do primeiro semestre ao calendario académico reducíronse 3h expositivas presenciais nas materias correspondentes, e engadíronse 3h ao traballo persoal.
Alfonso Vázquez Ramallo
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Teórica
- Teléfono
- 881813990
- Correo electrónico
- alfonso.ramallo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Luis Miramontes Antas
Coordinador/a- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Teórica
- Teléfono
- 881814057
- Correo electrónico
- jluis.miramontes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 6 |
Martes | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 6 |
15.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 3 (Informática) |
15.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 130 |
17.06.2021 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 130 |
17.06.2021 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 140 |