Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Adquirir os coñecementos básicos sobre a estrutura e actividades das biomoléculas.
Coñecer os mecanismos moleculares que controlan globalmente as principais funcións dos organismos complexos.
Entender os principais procesos bioquímicos: reaccións, actividade de biomoléculas e as súas interaccións.
Señalización celular. Regulación e integración do metabolismo. Regulación da expresión génica. Bioquímica da división, proliferación, diferenciación
e morte celular
Manual de referencia:
Nelson e Cox, Lehninger Principios de Bioquímica. Quinta edición. Editorial Omega 2009.
Bibliografía Complementaria:
McKee e McKee, Bioquímica.A base Molecular da vida, 4ª ed., McGraw-Hill-Interamericana, 2009.
Lodish, Bioloxía Celular e Molecular, Ed. Panamericana 2006.
Alberts e outros, Bioloxía Molecular da Célula. Ed Omega,5ª ed., 2011.
Alberts, Introdución á Bioloxía Celular, 2ª, 3ª ed., Editorial Panamericana 2011.
Voet, D., Voet, J.G. e Pratt, C.W. Fundamentos de bioquímica. Ed. Médica Panamericana.
Curso en USC Virtual
COMPETENCIAS (SEGÚN REZA NA MEMORIA DO GRAO)
BÁSICAS E XENERAIS
CG2 - Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Química.
CG3 - Que poidan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG4 - Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Química tanto a un público especializado como non especializado.
CG5 - Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
TRANSVERSALES
CT6 - Traballo en equipo.
CT8 - Traballo nun contexto internacional.
CT9 - Habilidades nas relacións interpersonales.
CT10 - Razonamiento
CT11- Lograr compromiso ético
ESPECÍFICAS
CE4 - Tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas.
CE11 - Relación entre propiedades macroscópicas e propiedades de átomos e moléculas individuais: incluíndo macromoléculas (naturais e sintéticas), polímeros, coloides e outros materiais.
CE12 - Estrutura e reactividad das principais clases de biomoléculas e a química dos principais procesos biolóxicos.
CE13 - Capacidade para demostrar o coñecemento e comprensión dos feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coas áreas da Química.
CE16 - Avaliación, interpretación e síntese e datos e información Química.
Escenario 1) Normalidade adaptada.
- Clases presenciais con proxeccións de computador e curso en rede da USC Virtual, incluíndo resumos, as figuras e animacións de clase e material adicional en rede.
- Seminarios a grupos reducidos onde se resolverán problemas ou cuestións relacionados coa materia e/ou se exporán traballos realizados polos alumnos.
- Tutorias en grupos moi reducidos onde se resolverán as posibles dúbidas expostas polos alumnos.
Escenario 2) Distanciamento.
En caso de impoñerse o escenario 2 impartiríanse as clases teóricas de maneira virtual, excepto a última clase correspondente a cada bloque que se impartiría de maneira presencial. Seminarios e titorías pasarían a impartirse de maneira virtual.
Escenario 3) Peche das instalacións
Neste escenario toda a docencia e avaliación pasaría a impartirse de maneira virtual.
Toda a docencia virtual levará a cabo a través do software " Teams" de Microsoft.
1. A participación en seminarios será tida en conta na avaliación continua.
2. A avaliación ten dúas compoñentes:
2.1) A avaliación continua (AC = 40%) constará de cuestións nas clases expositivas e seminarios, e un traballo que se expondrá no tempo de seminarios. Os alumnos que non expoñan farán preguntas sobre o tema do traballo o que será tamén avaliado.
2.2) Exame Final (EF = 60%)
O alumno debe obter polo menos un 4 de un total de 10 puntos no exame final para poder ser computada na nota final.
Nota Final = a máis alta de (Nota EF, Nota EFx 0,6+ 0,4 x Nota AC)
2.2.1) Trala conclusión de cada un dos dous primeiros bloques temáticos farán un control voluntario escrito para cada bloque. Superar tales controles eximirá o alumno de reexaminarse das cuestións contidas nestes bloques temáticos no exame final. A marca obtida en tales comprobacións, xa superadas (> 5) será promediada xunto coa obtida no exame final para dar o equivalente a EF do punto 2.2.
En calquera caso, a nota final será: a máxima obtida nun dos dous casos: Nota EF ou EF x 0,6 + 0,4 x AC.
Marzo Os alumnos que non superen a materia na oportunidade ordinaria (xaneiro) poderá presentarse á oportunidade de recuperación (xullo). A nota da avaliación continua será mantida.
No escenario 1 todos os exames serán presenciais, mentres que nos escenarios 2 e 3 realizaranse en liña a través dos cuestionarios de Moodle, ou Teams.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Ao longo do curso se evalúan as seguintes competencias:
Clases interactivas: CG2, CG3, CG4, CT6, CT8, CT9, CT10, CT11, CE13, CE16.
Exame: CG4, CG5, CT10, CE4, CE11, CE12, CE13 e CE16.
Horas presenciais:
28 horas teóricas
6 horas seminarios en grupos reducidos
2 horas tutorías en grupos moi reducidos
Horas non presenciais:
50,5 horas de dedicación á preparación da materia teórica
16 horas dedicadas a escritura de exercicios, conclusións e outros traballos
10 horas preparación de presentacións e elaboración de exercicios
Asistencia ás actividades propostas, levar a materia ao día e utilizar as tutorías para resolver as dúbidas.
Plan de continxencia: contémplanse cambios na metodoloxía do ensino e os métodos de avaliación dependendo da evolución da pandemia de SARS- Cov2 e os cambios entre escenarios 1, 2 e 3.
Jose Manuel Martinez Costas
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881815734
- Correo electrónico
- jose.martinez.costas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Física (planta baixa) |
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula Química Física (planta baixa) |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Física (planta baixa) |
28.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Matemáticas (3º andar) |
08.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Física (3º andar) |
08.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Matemáticas (3º andar) |