Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Química Analítica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Tras ter completado satisfactoriamente Análises Bioquímicas e Clínicas, o alumnado debe ser capaz de:
- Interpretar datos biolóxicos e entender os procesos bioquímicos.
- Utilizar as ferramentas da química para entender os procesos e reaccións que teñen lugar en sistemas biolóxicos, particularmente as reaccións biocatalizadas.
- Coñecer os métodos máis importantes de análise e detección de compostos bioactivos e de análises toxicolóxicas.
En termos xerais os contidos do curso son:
• Principios básicos da Química Analítica Clínica.
• Etapa Pre-analítica: recolección de especímenes; tratamentos previos e conservación.
• Instrumentación e automatización do laboratorio clínico.
• Métodos de análises de compostos bioactivos de interese clínico.
• Aplicacións en distintas áreas do laboratorio clínico (auga e electrolitos; sangue; ouriños; outros líquidos biolóxicos).
• Control de drogas terapéuticas.
• Introducción á Toxicoloxía Analítica.
Estes contidos divídense nos seguintes bloques:
Bloque I: Principios Básicos da Química Analítica Clínica.
Tema 1.-. Fase preanalítica.
Variabilidade preanalítica. Preparación do paciente. Obtención do espécime. Identificación do espécime. Transporte dos especímenes. Obtención de especímenes para a monitorización de medicamentos. Calidade da fase preanalítica.
Tema 2.- Metodoloxía analítica I: Aplicacións clínicas das técnicas espectroscópicas.
Revisión de conceptos xerais. Principais métodos espectroscópicos moleculares de interese clínico e aplicacións. Aplicacións da espectroscopía atómica en Química Clínica. Aplicacións clínicas das técnicas luminiscentes.
Tema 3.- Metodoloxía analítica II: Aplicacións clínicas das técnicas electroquímicas.
Revisión de conceptos xerais. Medida de ións, pH e gases en sangue. Biosensores amperómetricos e potenciométricos.
Tema 4.- Metodoloxía analítica III: Aplicacións clínicas das técnicas cromatográficas e electroforéticas.
Revisión de conceptos xerais. Aplicacións clínicas da cromatografía: miscelánea, hemoglobina e talasemias. Aplicacións clínicas da electroforese: proteinograma de soro; proteómica de outros líquidos biolóxicos.
Tema 5.- Metodoloxía analítica IV: Análise á cabeceira do paciente.
Concepto de análise á beira do paciente. Integración no laboratorio. Especímenes. Tecnoloxía: espectrofotometría de reflectancia e inmunocromatografía. Principais aplicacións das análises á beira do paciente. Calidade das análises á beira do paciente.
Bloque II: Selección de aplicacións en diferentes áreas do laboratorio clínico.
Tema 6.- Auga e electrolitos.
Balance hidroelectrolítico: conceptos e terminoloxía. Regulación da homeostase electrolítica. Alteracións de electrolitos. Determinación analítica do equilibrio electrolítico.
Tema 7.- Análise de Ouriños.
Formación dos ouriños. Análise sistemática de ouriños. Sedimento urinario. Preparación dos ouriños. Analizadores automáticos de ouriños. Analizadores automáticos de sedimentos urinarios.
Tema 8.- Estudo doutros líquidos biolóxicos.
Estudo do fluído cerebrospinal (CSF). Identificación de líquidos de orixe descoñecida. Estudo de fluído sinovial. Estudo do fluído pleural. Estudo da saliva.
Bloque III: Introdución á Toxicoloxía Analítica.
Tema 9.- Introdución básica á Toxicoloxía. Toxicoloxía Analítica e Toxicoloxía Forense.
Conceptos e definicións. Formas e tipos de envelenamento. Clasificación de toxinas. Recollida, conservación e envío de mostras. Análise Química Toxicolóxica: Modalidades. Fases. Sistemáticas Analíticas Toxicolóxicas. Analítica de sondaxe (screening), detección rápida de tóxicos.
SEMINARIOS: intercálanse nas clases expositivas cando corresponda.
SEMINARIO I: CASOS CLÍNICOS ETAPA PRE-ANALÍTICA
SEMINARIO II: APLICACIÓNS CLÍNICAS DAS TÉCNICAS XERAIS DE ANÁLISE
SEMINARIO III: HEMATOLOXÍA. BANCO DE SANGUE E BIOBANCOS.
SEMINARIO IV: INVESTIGACIÓN DO ENVENENAMENTO AGUDO. TOXICOLOXÍA POST-MORTEM. CASOS DIVERSOS.
PRÁCTICAS
Práctica 1: Aplicacións da espectrofotometría UV-Vis para a análise clínica I
• Determinación cuantitativa de bilirrubina directa e bilirrubina total.
• Determinación cuantitativa da creatinina.
Práctica 2. Aplicacións da espectrofotometría UV-Vis para a análise clínica II_ Reaccións de derivatización ou reaccións acopladas:
• Glucosa_Trinder
• Determinación cuantitativa da lactato deshidroxenasa (LDH)
Práctica 3. Aplicacións de análise instrumental para a análise clínica:
• Análises de mostras forenses por espectroscopía infrarroxa con Reflectancia Total Atenuada (IR-ATR)
Práctica 4. Aplicacións da Espectrometría de Absorción Atómica á Análise Clínica
• Determinación de ións séricos por AAS
Bibliografía recomendada
Básica (manuais de referencia)
Principios de bioquímica clínica y patología molecular. Álvaro González Hernández. Elsevier España, 2010.
Técnicas y Métodos de Laboratorio Clínico. 3ª Edición. J.M. González de buitrago. Elsevier España, 2010.
Bioquímica Clínica. 7ª Edición. W.J. Marshall, S.K. Bangert & M. Lapsley. Elsevier, 2012.
Toxicología Fundamental. 4ª Edición. M. Repetto Jiménez y G. Repetto Kuhn. Díaz de Santos, 2009.
Complementaria
Bioquímica Clínica. 5ª Edición. Allan Gaw y otros. Elsevier España, 2015.
Fundamentals of Analytical Toxicology. Robert J. Flanagan, y otros. John Wiley & Sons, 2007.
Competencias Básicas e Xerais:
CG2 - Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou de outros ámbitos que requiran o uso dos coñecementos da Química.
CG3 - Que poidan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG4 - Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Química tanto a un público especializado como non especializado.
CG5 - Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización do tempo e dos recursos,
novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
Competencias transversais:
CT9- Desenvolver competencias de relación interpersoal.
CT10- Adquirir pensamento crítico.
CT11- Acadar o compromiso ético.
CT8- Poder traballar nun contexto internacional.
CT7- Realizar traballo en equipo interdisciplinar.
Competencias Específicas:
CE12- Coñecer a estrutura e reactividade das principais clases de biomoléculas e a química dos principais procesos biolóxicos.
CE13- Poder demostrar o coñecemento e a comprensión dos feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coas áreas da química.
CE15- Poder recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para resolvelos.
CE16- Poder avaliar e interpretar datos.
A) Clases expositivas en grupo grande (“CE” nas táboas horarias):
Nestas clases a profesora realizará a presentación dos diferentes temas do programa utilizando diferentes formatos según o tema que se estude, formatos que serán: teoría, exemplos xerais e casos clínicos, fundamentalmente.
A profesora pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non necesitan manexalos nas clases habituais; aínda que poden necesitar facer uso dos mesmos cando lles corresponda facer unha presentación ou exposición.
Posto que esta materia só contempla este tipo de clases teóricas (ademais das 2 horas de titoría en grupo pequeno para cada alumno), algunha destas sesións utilizaráse para a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos, que terán sido distribuídos previamente pola profesora.
A asistencia a estas clases, aínda que non obrigatoria, é altamente recomendable para o bo seguimento da materia.
B) Titorías de pizarra en grupo moi reducido (“T” nas táboas horarias):
Titorías programadas pola profesora e coordinadas polo Centro, que suporán para cada alumno 2 horas. Nestas titorías propóñense actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría, casos, lecturas ou outras tarefas propostas. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
C) Prácticas de Laboratorio (“P” nas táboas horarias):
Cada alumno disporá de tres sesións prácticas de 4 horas (3 grupos, G1, G2 e G3 nas táboas horarias). Levaránse a cabo prácticas que contemplan a aplicación das principais técnicas instrumentais disponibles, a análise de parámetros bioquímicos e clínicos de interese en especímenes biolóxicos (sangue ou soro reconstituídos, saliva, ouriños,…). A asistencia a estas clases é obrigatoria.
Dacordo coas “Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021” e coas “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura, curso 2020-2021”, diferencianse tres escenarios.
• Escenario 1 (normalidade adaptada): non existen restricións á presencialidade física e tanto a docencia expositiva como a interactiva será preferentemente presencial. As prácticas terán unha duración de 4 horas por práctica e grupo, incluíndo a realización experimental, tratamento de datos e elaboración e entrega do informe correspondente.
• Escenario 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidade física), no que a docencia expositiva poderá realizarse total ou parcialmente de xeito virtual, ben con mecanismos síncronos ou asíncronos. En canto á docencia interactiva, combínase a presencialidade física coa telemática. As prácticas se adaptarán na medida do posible, restrinxindo a presencia no laboratorio á realización experimental das mesmas, e posibilitando que o tratamento de datos, elaboración e entrega do informa se fagan “en remoto” e se entreguen telemáticamente.
• Escenario 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física), tanto a docencia expositiva como a interactiva (seminarios, titorías) desenvolveranse completamente de xeito virtual, ben con mecanismos síncronos ou asíncronos. A realización das prácticas substituirase por videos explicativos e ilustrativos das mesmas, que se compartirán telemáticamente co alumnado; o tratamento de datos, elaboración e entrega do informa se farán “en remoto” e se entregarán telemáticamente. Respectaremos, na medida do posible, o calendario e horario previstos para cada grupo, para facer o seguimento telemático e aclarar as dúbidas que poidan xurdir.
- Tódalas actividades realizadas en remoto serán vía Microsoft Teams e/ou Campus Virtual da USC.
- A información relativa compartirase vía Microsoft Teams e Campus Virtual da USC.
- Respectaremos, na medida do posible, o calendario e horario previstos para cada actividade.
O alumno deberá asistir polo menos ao 70% das clases presenciais: expositivas, seminarios e titorías. A asistencia é obrigatoria, polo menos, a unha das titorías programadas e as prácticas de laboratorio. A avaliación continua non se pode realizar correctamente se o alumno non asiste á clase; idealmente, debería participar activamente no desenvolvemento de todas as actividades presenciais.
A avaliación constará de dúas partes:
- Avaliación continua, que pode consistir en:
• Exercicios e casos clínicos entregados ao profesor
• Realización e exposición en clase de traballos programados (pode ser individual ou en grupo)
• Informes de prácticas
• Traballo nas titorías
- Exame final
O exame final versará sobre aspectos teóricos e aplicados da materia.
Cada actividade contabilizará para a nota final do alumno do seguinte xeito:
Exercicios e Casos Clínicos 15 %
Titorías 5 %
Prácticas de Laboratorio 20 %
Exame Final 60 %
A cualificación do alumno será a obtida ponderándo a do examen final coa da avaliación continua; aínda que para ter opción á ponderación é necesario ter unha nota mínima de 4 sobre 10 puntos no exame final. A calificación do alumno non será inferior á do exame final nin á obtida ponderandoa coa evaluación continua.
As porcentaxes de valoración do exame final (60 %) e avaliación continua (40 %) aplicaránse nos tres escenarios posibles, tendo en conta as seguintes consideracións:
-Exame: no escenario 1 terá carácter presencial; no 2 terá carácter presencial sempre que sexa posible; no 3 terá lugar por vía telemática. Será sempre complementario á avaliación continua nas condicións descritas antes.
-Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
No exame e nos traballos realizados ao longo do curso avalíanse as seguintes competencias:
Clases interactivas: CG2, CG3, CG4, CG5, CT9, CT10, CT11, CT8, CT7, CE12, CE13, CE15, CE16.
Prácticas no laboratorio: CG2, CG3, CG4, CG5, CT9, CT10, CT11, CT8, CT7, CE12, CE13, CE15, CE16.
Exame: CG2, CG3, CG4, CG5, CT10, CT11, CE12, CE13, CE15, CE16.
Aos alumnos repetidores que teñan aprobadas as prácticas de laboratorio, conservaráselles a cualificación obtida durante un máximo de dous cursos académicos. Por tanto, non terán que realizar novamente as prácticas de laboratorio, pero asistirán ás restantes clases interactivas (seminarios e titorías) en igualdade de condicións que os restantes alumnos.
Aqueles alumnos repetidores que tendo a cualificación de apto nas prácticas, desexasen repetilas, poderán facelas previa comunicación á profesora coordinadora.
HORAS DE TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases expositivas en grupo grande 18
Resolución e discusión de casos clínicos (Seminarios) 4
Titoría en grupos reducidos 2
Prácticas de laboratorio 12
Total horas de traballo presencial na aula ou no laboratorio 36
HORAS DE TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE
Estudo autónomo individual ou en grupo 51,5
Resolución de exercicios, casos clínicos e preparación de presentacións orais, escritas, preparación do laboratorio e elaboración da memoria das prácticas ou outros traballos 25
Total horas traballo persoal do alumno 76,5
HORAS TOTAIS DE TRABALLO: 36 + 76,5 = 112,5
• É altamente recomendable asistir ás clases expositivas dende o primeiro día, xa que os diferentes temas do programa están enlazados entre si.
• É importante manter o estudo da materia “ao día”.
• Unha vez rematada a lectura dun tema, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando as cuestións básicas que se deben recordar e asegurándose de coñecer tanto o seu significado como as condicións nas que se poden aplicar.
• A discusión de casos clínicos é moi recomendable para a aprendizaxe desta materia.
• As prácticas de laboratorio son imprescindibles para a aplicación dos coñecementos adquiridos, nesta e outras materias precedentes, na solución de problemas analíticos reais con especímenes biolóxicos.
Os estudantes deben coñecer e obedecer as "Normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas" da Universidade de Santiago de Compostela, para participar nas prácticas de laboratorio. Esta normativa está na páxina web da USC (www.usc.es/estaticos/servizos/sprl/normalumlab.pdf)
Plan de continxencia:
Debido á especial situación derivada da pandemia COVID-19, a USC pode requirir variacións na programación docente imposta polo cambio das condicións sanitarias. Calquera modificación na metodoloxía de ensino e/ou no sistema de avaliación previsto para os escenarios 2 e 3 será comunicada debidamente aos estudantes da materia a través da aula virtual (Campus Virtual da USC) e das demais canles habilitadas para a comunicación.
Marta Lores Aguin
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814386
- Correo electrónico
- marta.lores [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Bioloxía (3º andar) |
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula Química Orgánica (1º andar) |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Física (planta baixa) |
24.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Xeral (2º andar) |
24.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Matemáticas (3º andar) |
24.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Física (3º andar) |
25.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Matemáticas (3º andar) |
25.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Física (3º andar) |