Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica
Áreas: Química Inorgánica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Espérase que o alumnado:
• coñeza a variación das propiedades dos elementos segundo a súa posición no Sistema Periódico
• coñeza as propiedades dos compostos inorgánicos
• coñeza os principais tipos de reaccións químicas e as súas características
• poida realizar procedementos normais nun laboratorio inorgánico
Química descritiva dos elementos non metálicos e dos seus compostos máis importantes: Estudo da estrutura, enlace; aspectos termodinámicos, cinéticos e reactividade. Obtención de elementos e compostos. Reaccións características dalgúns elementos inorgánicos non metálicos e dos seus compostos.
Programa de teoría:
Tema 1. O hidróxeno.
Tema 2. Elementos do grupo 17: os halóxenos.
Tema 3. Elementos do grupo 16. O osíxeno.
Tema 4. O xofre.
Tema 5. Elementos do grupo 15. O nitróxeno.
Tema 6. O fósforo.
Tema 7. Elementos do grupo 14. O carbono e o silicio.
Tema 8. Elementos do grupo 13. Estudo do boro.
Tema 9. Elementos do grupo 18: os gases nobres.
Programa de prácticas:
Práctica 1. Preparación do Sal de Mohr. Propiedades ácido-base dos sales amónicos.
Práctica 2. Preparación e estudo das propiedades do peroxoborato sódico.
Práctica 3. Preparación de hidroxenocarbonato sódico e estudo das propiedades ácido-base de carbonatos e bicarbonatos.
Práctica 4. Obtención e reactividade dos halóxenos y dalgúns dos seus compostos.
Práctica 5. Chuvia ácida. Desulfuración de gases contaminantes.
Básica (manual de referencia)
• Rayner–Canham, G. “Química Inorgánica Descriptiva” 2ª Ed.; Pearson Educación, 2000.
Complementaria
• Química General, R.H. Petrucci, F.G. Herring, J.D. Madura y C. Bissonnette, 11ª Ed., Pearson Educación, 2017.
• Quiñoá, E., Riguera, R., Vila J.M., Nomenclatura y formulación de los compuestos inorgánicos, 2ª Ed.; McGraw-Hill, 2010.
• Rayner–Canham, G., Overton, T. “Descriptive Inorganic Chemistry” 6ª Ed.; W.H. Freeman, 2013.
• Lee, J.D., Concise inorganic chemistry, 5ª Ed.; Oxford: Blackwell Science, 2009.
• Housecroft C.E., Sharpe A.G., “Química Inorgánica” 2ª Ed.; Pearson Educación, 2006.
• Shriver & Atkins, “Química Inorgánica” 4ª Ed.; McGraw-Hill, 2008.
Recursos na rede:
En caso de non acceso á biblioteca, no enlace https://infolibros.org/libros-de-quimica-inorganica-gratis-pdf/ pódese consultar o libro de C. E. Housecroft, A. G. Sharpe, en inglés (Inorganic Chemistry) de xeito gratuito. Neste enlace tamén existen libros de química xeral para aquel alumnado con dificultades en conceptos básicos de enlace, cálculos estequiométricos, ácido-base e redox.
• Cursos virtuais:
-Unicoos, a web de David Calle (matemáticas, física, química): https://www.youtube.com/user/davidcpv
-Chemguide: Helping you to understand Chemistry: http://www.chemguide.co.uk/
• Modelos moleculares virtuais
-http://chemagic.org/molecules/mini.html
• Taboa Periódica Dinámica: http://www.ptable.com/
BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes demostraran posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG1 - Que os graduados posúan e comprendan os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Química , con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Química.
CG3 - Que poidan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG4 - Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Química tanto a un público especializado como non especializado.
CG5 - Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
TRANSVERSAIS
CT2 - Desenvolver capacidade de organización e planificación.
CT4 - Ser capaz de resolver problemas.
ESPECÍFICAS
CE2 - Interpretar a variación das propiedades características dos elementos químicos segundo a Táboa Periódica.
CE4 - Coñecer os tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas.
CE7 - Coñecer as propiedades dos compostos orgánicos, inorgánicos e órgano metálicos.
CE13 - Ser capaz de demostrar o coñecemento e comprensión dos feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coas áreas da Química.
CE18 - Ser capaz de levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos.
O desenvolvemento do programa establecido nesta materia realizarase na aula, no Campus Virtual (Moodle) e na plataforma MS Teams.
A metodoloxía a empregar dependerá do escenario que en cada momento permita a situación socio-sanitaria: escenario 1 (normalidade adaptada); escenario 2 (distanciamento) e escenario 3 (peche das instalacións).
A) Clases expositivas: desenvolvemento dos contidos da materia a través de clases maxistrais impartidas polo profesorado. O profesorado pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non necesitan manexalos en clase. Habitualmente estas clases seguirán os contidos do manual de referencia indicado na bibliografía.
Escenario 1: estas clases serán na aula presencialmente, se ben excepcionalmente se poderá impartir ata un 10% desta docencia de forma telemática, facendo uso da Aula Virtual e/ou da plataforma Microsoft Teams.
Escenario 2: impartiranse completamente de forma telemática facendo uso da Aula Virtual e/ou da plataforma Microsoft Teams se o distanciamento non é posible, ou ben se combinará ao 50% docencia telemática e 50% docencia presencial na aula se o distanciamento é posible.
Escenario 3: impartiranse completamente de forma telemática, de forma síncrona, facendo uso da Aula Virtual e/ou da plataforma Microsoft Teams.
B) Clases interactivas en grupo reducido (seminarios): clases teórico/prácticas nas que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios,... O alumnado participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesorado; resolución de exercicios na aula, etc. O profesorado pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non os manexarán en clase. Inclúense as probas de avaliación se as houbera.
Escenario 1: estas clases serán na aula presencialmente, se ben excepcionalmente se poderá impartir ata un 10% desta docencia de forma telemática, facendo uso da Aula Virtual e/ou da plataforma Microsoft Teams.
Escenario 2: impartiranse na aula, ou combinarase ao 50% docencia telemática (Aula Virtual e Microsoft Teams) e 50% docencia presencial na aula se o distanciamento non é posible.
Escenario 3: impartiranse completamente de forma telemática, de forma síncrona, facendo uso da Aula Virtual e/ou da plataforma Microsoft Teams.
C) Clases prácticas de laboratorio: inclúense aquí as clases que teñen lugar nun laboratorio de prácticas. Nelas o alumnado adquire as habilidades propias dun laboratorio de química e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. Para estas prácticas, o alumnado disporá dun manual de prácticas de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar, que constará dunha breve presentación dos fundamentos, a metodoloxía a seguir e a indicación dos cálculos a realizar e resultados a presentar. O alumnado deberá a acudir a cada sesión de prácticas lendo atentamente o contido deste manual. Xa no laboratorio, e tras unha explicación do profesorado, o alumnado realizará as experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo cada un dos alumnos, de forma individual, no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan. Ao finalizar todas as quendas de prácticas, o alumnado será convocado a unha proba teórico-práctica relacionada co traballo realizado nas prácticas.
A asistencia a estas clases é obrigatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose razóns de exame e de saúde, así como aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente. A práctica non realizada recuperarase de acordo co profesor/a e dentro do horario previsto para a materia.
Escenario 1: as prácticas realizaranse no laboratorio.
Escenario 2: as prácticas realizaranse no laboratorio, ou combinarase ao 50% docencia telemática (Aula Virtual e Microsoft Teams) e 50% docencia presencial no laboratorio se o distanciamento non é posible.
Escenario 3: impartiranse telematicamente (Aula Virtual e Microsoft Teams), adaptando os contidos a esta situación de non presencialidade e proporanse actividades alternativas.
D) Titorías en grupo reducido: titorías programadas polo profesorado e coordinadas polo Centro. En xeral, suporán para cada alumno/a 2 horas por cuadrimestre e materia. Propóñense actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas; así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos. En moitos casos o profesorado poderá esixir ao alumnado a entrega de exercicios previa á celebración da titoría.
Escenario 1: estas clases serán na aula presencialmente, se ben excepcionalmente se poderá impartir ata un 10% desta docencia de forma telemática, facendo uso da Aula Virtual e/ou da plataforma Microsoft Teams.
Escenario 2: impartiranse na aula, ou combinarase ao 50% docencia telemática (Aula Virtual e Microsoft Teams) e 50% docencia presencial na aula se o distanciamento non é posible.
Escenario 3: impartiranse completamente de forma telemática, de forma síncrona, facendo uso da Aula Virtual e/ou da plataforma Microsoft Teams.
E) Titorías personalizadas: con elas preténdese levar a cabo un seguimento do traballo de cada estudante e resolver as súas dúbidas.
Realizaranse de maneira presencial ou virtual segundo o escenario no que nos encontremos. En calquera caso nos escenarios 2 e 3 serán telemáticas a través de la plataforma Microsoft Teams e da Aula Virtual.
F) Plataforma Dixital (Moodle): a través desta plataforma dixital manterase activa unha aula virtual na que o profesorado proporcionará a información necesaria para os estudantes (diapositivas utilizadas nas clases expositivas, boletíns de exercicios, manual para as prácticas de laboratorio, cuestionarios “on line”, noticias, anuncios, etc.). Será o medio empregado para a realización das probas finais no escenario 3.
Esta plataforma tamén contén foros de discusión e correo interno, o que proporciona unha excelente comunicación entre profesorado e alumnado.
G) Microsoft Teams: a plataforma de videoconferencia grupal de Microsoft Teams empregarase para impartir clases expositivas e/ou interactivas, en función do escenario correspondente segundo se indicou anteriormente.
Distribución da cualificación Escenario 1 Escenario 2 Escenario 3
Avaliación continua 40%
Prácticas 15% Presencial Presencial Telemática síncrona ou asíncrona
Entregas de exercicios,
participación, probas 25% Presencial/Telemática síncrona Presencial/Telemática síncrona Telemática síncrona
Proba final 60% Presencial Presencial Telemática síncrona
Indicacións xerais
a) A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final.
b) A avaliación continua farase mediante a valoración de: controis escritos, ben realizados de forma presencial na aula ou a través do Campus Virtual da materia, a participación do estudante na aula, exercicios realizados nas clases expositivas e nos seminarios, o traballo realizado nas titorías e as prácticas de laboratorio. Constará de dous compoñentes que contabilizarán na nota final do alumnado coas porcentaxes seguintes: prácticas de laboratorio, 15%; participación na aula, seminarios e titorías, 25%. O alumno debe acadar a cualificación de apto nas prácticas de laboratorio para superar a materia. Na 2ª edición ordinaria do exame final (convocatoria de xullo) soamente poderá recuperarse a parte teórico-práctica das prácticas de laboratorio.
c) O exame final poderá incluír unha pregunta eliminatoria, con contidos fundamentais da materia que se correspondan coas competencias desenvolvidas nesta programación docente, que deberá estar aprobada (cualificada cun mínimo de 6,5 puntos sobre 10), para aprobar o exame.
d) Para aprobar a materia, será necesario acadar unha puntuación mínima dun 4 (catro puntos sobre dez) no exame final.
e) A nota final de cada estudante na materia obterase como resultado de aplicar a seguinte fórmula:
Nota final = Máximo (N2, N1 x 0,4 + N2 x 0,6)
Sendo N1 a nota numérica correspondente á avaliación continua (escala 0-10) e N2 a nota numérica do exame final (escala 0-10), coa salvidade indicada no apartado anterior.
f) O alumnado repetidor terá o mesmo réxime de asistencia ás clases que os que cursan a materia por primeira vez, coa salvidade seguinte: aos estudantes repetidores que aprobaran as prácticas de laboratorio nunha edición previa, conservaráselles a cualificación obtida neste apartado durante un máximo de dous cursos académicos. Polo tanto, non terán que realizar novamente as prácticas de laboratorio.
Indicacións específicas
Prácticas de laboratorio:
O alumnado debe facer unha preparación teórica básica antes de realizar o traballo de laboratorio en cada práctica proposta. Esa preparación básica consistirá fundamentalmente en ler o guión para coñecer o obxectivo da práctica, saber o que se vai facer e por qué, e realizar os cálculos necesarios para o seu desenvolvemento experimental. Ao finalizar todas as quendas de prácticas, o alumnado será convocado a unha proba teórico-práctica relacionada co traballo realizado nestas.
A nota das prácticas de laboratorio terá dous compoñentes coas porcentaxes seguintes: nota de laboratorio, 50%; exame final de prácticas, 50%.
Para a nota de laboratorio os ítems a avaliar serán os seguintes: organización e pulcritude do traballo no laboratorio; execución da práctica; resultados obtidos.
No exame e nos traballos realizados ao longo do curso avalíanse as seguintes competencias:
Clases interactivas: CB1, CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CT2, CT4, CE2, CE4, CE7, CE13.
Prácticas de laboratorio: CG3, CG4, CT2, CT4, CE4, CE7, CE13, CE18.
Exame: CB1, CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CT2, CT4, CE2, CE4, CE7, CE13.
Avaliación nos distintos escenarios
A avaliación será a mesma independentemente do escenario, tendo en conta o seguinte:
Escenario 1: probas finais de tipo presencial.
Escenario 2: as probas finais serán preferentemente de tipo presencial. Se a proba fose telemática sería a través da Aula Virtual ou doutras plataformas que a Universidade habilite para este fin.
Escenario 3: as probas finais serán de tipo telemático a través da Aula Virtual ou doutras plataformas que a Universidade habilite para este fin.
Por último, sinalar que para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA (HORAS)
Clases expositivas/de aprendizaxe baseada en problemas, en grupo grande: 23
Clases interactivas en grupo reducido: 8
Titorías: 2
Prácticas de laboratorio: 20
Exame: 3
Total horas traballo presencial na aula ou no laboratorio: 56
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO/A (HORAS)
Estudo autónomo, individual ou en grupo (de Clases expositivas/ABP): 35
Resolución de exercicios e problemas propostos: 32
Resolución dun exercicio. Repaso para as titorías: 6
Preparación do traballo de laboratorio e elaboración da memoria das prácticas: 8
Repaso de preparación para o exame: 13
Total horas traballo persoal do alumno: 94
• É aconsellable asistir ás clases expositivas.
• É importante manter o estudo da materia "ao día".
• Recoméndase a preparación de cada un dos temas utilizando o manual de referencia proposto para esta materia e, en caso necesario, algún manual complementario.
• Unha vez finalizada a lectura dun tema no manual de referencia, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando os aspectos básicos relativos a cada grupo de elementos químicos que se deben recordar e asegurándose de coñecer tanto as súas propiedades como as reaccións químicas nas que poden participar.
• A relación entre os contidos de cada un dos temas é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Pode resultar de axuda realizar esquemas para aspectos como enlace, obtención e reactividade.
• É altamente desexable a asistencia e participación activa nas clases de seminario, nas que se resolverán os exercicios formulados, comentando as dificultades ao resto de compañeiros de seminario.
• Recoméndase a utilización das horas de titoría para resolver as dúbidas que xurdan ao longo do curso.
• É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guión da práctica, intentando entender os obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada co profesor.
As clases impartiranse en galego e en inglés.
Farase uso do Campus Virtual para subministrar ao alumnado todo o material necesario para o seguimento da materia.
Plan de continxencia (resumo)
O desenvolvemento da metodoloxía e a avaliación mencionada realizarase dacordo co escenario que en cada momento permita a situación socio-sanitaria: escenario 1 (normalidade adaptada); escenario 2 (distanciamento) e escenario 3 (peche das instalacións).
Metodoloxía
1. Clases expositivas
Escenario 1: estas clases serán na aula presencialmente, se ben excepcionalmente se poderá impartir ata un 10% desta docencia de forma telemática, facendo uso da Aula Virtual e/ou da plataforma Microsoft Teams.
Escenario 2: impartiranse completamente de forma telemática facendo uso da Aula Virtual e/ou da plataforma Microsoft Teams se o distanciamento non é posible, ou ben se combinará ao 50% docencia telemática e 50% docencia presencial na aula se o distanciamento é posible.
Escenario 3: impartiranse completamente de forma telemática, de forma síncrona, facendo uso da Aula Virtual e/ou da plataforma Microsoft Teams.
2. Seminarios
Escenario 1: estas clases serán na aula presencialmente, se ben excepcionalmente se poderá impartir ata un 10% desta docencia de forma telemática, facendo uso da Aula Virtual e/ou da plataforma Microsoft Teams.
Escenario 2: impartiranse na aula, ou combinarase ao 50% docencia telemática (Aula Virtual e Microsoft Teams) e 50% docencia presencial na aula se o distanciamento non posible.
Escenario 3: impartiranse completamente de forma telemática, de forma síncrona, facendo uso da Aula Virtual e/ou da plataforma Microsoft Teams.
3. Prácticas de laboratorio
Escenario 1: as prácticas realizaranse no laboratorio.
Escenario 2: as prácticas realizaranse no laboratorio, ou combinarase ao 50% docencia telemática (Aula Virtual e Microsoft Teams) e 50% docencia presencial no laboratorio se o distanciamento non posible.
Escenario 3: impartiranse telematicamente (Aula Virtual e Microsoft Teams), adaptando os contidos a esta situación de non presencialidade e proporanse actividades alternativas.
4. Titorías en grupos
Escenario 1: estas clases serán na aula presencialmente, se ben excepcionalmente se poderá impartir ata un 10% desta docencia de forma telemática, facendo uso da Aula Virtual e/ou da plataforma Microsoft Teams.
Escenario 2: impartiranse na aula, ou combinarase ao 50% docencia telemática (Aula Virtual e Microsoft Teams) e 50% docencia presencial na aula se o distanciamento non posible.
Escenario 3: impartiranse completamente de forma telemática, de forma síncrona, facendo uso da Aula Virtual e/ou da plataforma Microsoft Teams.
5. Titorías personalizadas
Escenario 1: presencial ou “online”.
Escenarios 2 e 3: “online” a través de Microsoft Teams.
Avaliación
A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua (40%) e a realización dun exame final (60%).
A avaliación será a mesma independentemente do escenario, tendo en conta o seguinte:
Escenario 1: probas finais de tipo presencial.
Escenario 2: as probas finais serán preferentemente de tipo presencial. Se a proba fose telemática sería a través da Aula Virtual ou doutras plataformas que a Universidade habilite para este fin.
Escenario 3: as probas finais serán de tipo telemático a través da Aula Virtual ou doutras plataformas que a Universidade habilite para este fin.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Ana Maria Gonzalez Noya
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814258
- Correo electrónico
- ana.gonzalez.noya [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Esther Garcia Fernandez
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814241
- Correo electrónico
- mesther.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rosa Maria Pedrido Castiñeiras
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814245
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Carmen Gimenez Lopez
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- maria.gimenez.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Marcelo Osorio Celis
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- marcelo.osorio [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula Matemáticas (3º andar) |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula Química Analítica (2º andar) |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula Química Técnica (planta baixa) |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_05 (inglés) | Inglés | Aula 2.14 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_04 | Galego | Aula Química Física (planta baixa) |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Química Física (planta baixa) |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula 2.14 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula Química Técnica (planta baixa) |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula 2.14 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula Química Técnica (planta baixa) |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Química Física (planta baixa) |
26.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
26.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Física (planta baixa) |
26.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
26.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Xeral (2º andar) |
08.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
08.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Física (planta baixa) |
08.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
08.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Xeral (2º andar) |