Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Física
Áreas: Química Física
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Tras completar satisfactoriamente esta materia, o estudante debe ser capaz de:
· Ter unha comprensión básica dos principais conceptos e teorías que ligan a mecánica cuántica con outras ramas da química.
· Resolver problemas, non só cualitativamente, pero tamén cuantitativamente.
· Aplicar a metodoloxía aprendida a problemas mais xerais relacionados con materias ensinadas en cursos mais avanzados.
Aplicación da mecánica cuántica ao estudo de sistemas sinxelos: átomos e moléculas. Laboratorio de computación con especial énfase no uso de ordenadores para o estudo de sistemas cuánticos sinxelos e programación en python.
Temario:
Tema 1. Introducción
Tema 2. Operadores en mecánica cuántica
Tema 3. Principios da mecánica cuántica
Tema 4. A partícula nunha caixa
Tema 5. O oscilador armónico e o rotor ríxido
Tema 6. Átomo de hidróxeno
Tema 7. Métodos aproximados en mecánica cuántica
Tema 8. Átomos polielectrónicos
Tema 9. Moléculas
Prácticas de ordenador:
PRÁCTICA 1: Curva de disociación do H_2. Optimización xeométrica e orbitales moleculares.
PRÁCTICA 2: Molécula de H_2: Aproximación do oscilador armónico.
PRÁCTICA 3: Análise conformacional.
Notas do profesor.
"Atkins Quimica Física", Atkins e de Paula, 8ª ed. Ed. Panamericana, 2008.
"Atkins' Physical Chemistry", Atkins and de Paula, 11th Ed. Oxford University Press, 2018.
BÁSICAS E XENERAIS
CG2 - Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes
razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Química.
CG3 - Que poidan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na
definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG5 - Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos novos coñecementos e
técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
TRANSVERSALES
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT4 - Resolución de problemas.
ESPECÍFICAS
CE13 - Capacidade para demostrar o coñecemento e comprensión dos feitos esenciais, conceptos, principios e teorías
relacionadas coas áreas da Química.
CE14 - Resolución de problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos previamente desenvolvidos.
CE15 - Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
CE25 - Capacidade para relacionar a Química con outras disciplinas.
ESCENARIO 1 (Normalidade adaptada sen restriccións á presencia física)
As actividades presenciais do alumno consistirán en:
1) Clases expositivas en grupo grande: Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia...). O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non necesitan manexalos en clase. Habitualmente estas clases seguirán os contidos dun Manual de referencia proposto na Guía Docente da materia. A asistencia a estas clases non é obrigatoria.
2) Clases interactivas en grupo reducido (seminarios): Clase teórico/práctica na que se propón e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios... O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación); resolución de exercicios no aula, etc. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non os manexarán en clase. Inclúense as probas de avaliación se as houber. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
3) Clases interactivas con computador en grupo reducido: Inclúense aquí as clases nas que o alumno utiliza o computador en aula de informática (clases de informática, uso de paquetes para ilustración práctica da teoría, etc.). O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación); resolución de exercicios no aula, etc. Inclúense as probas de avaliación se as houber. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
4) Tutorías de encerado en grupo moi reducido: Tutorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. En xeral, suporán para cada alumno 2 horas por cuadrimestre e materia. Proponse actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas; así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos. En moitos casos o profesor esixirá aos alumnos a entrega de exercicios previa á celebración da tutoría. Estas entregas virán recollidas no calendario de actividades que van realizar os alumnos ao longo do curso da Guía Docente da materia correspondente. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose razóns de exame e de saúde, así como aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente. As actividades presenciais obrigatorias non realizadas recuperaranse de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a materia.
Toda a información desta materia relevante para o alumno está dispoñible a través da USC virtual.
ESCENARIO 2. Distanciamiento (con restricciones parciais á presencialidad física)
A docencia expositiva poderá realizarse, na súa totalidade de xeito telemático (nos espazos docentes nos que o distanciamento non sexa posible), ou combinarse ao 50% co xeito presencial, naqueles espazos docentes nos que o distanciamento sexa posible. Na docencia interactiva, de seminarios e laboratorios, poderase combinar a presencialidade física e telemática, ata un máximo do 50% das h da materia en xeito telemático, cando o distanciamento así o requira.
Para a realización das prácticas de ordenador, cada grupo poderase dividir en subgrupos para que se cumpran os requisitos sanitarios impostos nese momento e repartiranse 'notebooks' autoexplicativos co contido de practícalas a todos os estudantes.
As tutorías serán telemáticas e empregarase a aula virtual e/ou MS Teams.
ESCENARIO 3. Peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia presencial)
As clases expositivas faranse de forma telemática e empregaranse as ferramentas da USC: Aula virtual (Moodle) e/ou MS Teams.
Os seminarios realizaranse de forma telemáticas mediante o uso do Aula virtual e/ou MS Teams. As tarefas completadas durante estas sesións que deban ser corrixidas entregaranse a través do Aula virtual.
Para a realización das prácticas de ordenador proporcionaranse aos alumnos 'notebooks' autoexplicativos que permitan realizar a práctica no ordenador persoal do alumno. Estas prácticas se gestionarán a través do Aula virtual.
As tutorías serán telemáticas e empregarase a aula virtual e/ou MS Teams.
ESCENARIO 1 (Normalidade adaptada sen restriccións á presencia física)
En xeral. a asistencia ás clases interactivas será obrigatoria. As ausencias deben estar debidamente documentadas.
Para superar a materia é condición indispensable ter obtido a cualificación de "apto" nas prácticas de computación. O "apto" nestas prácticas conséguese: (1) asistindo a todas as prácticas (un total de 12 horas). e (2) realizando os exercicios correspondentes que se deben subir ao Campus Virtual dentro da data indicada polo profesor. Se un alumno non pode asistir a algunha práctica por un motivo xustificado, é esencial que presente o xustificante. As actividades presenciais non realizadas, pero xustificadas, intentarán recuperarse de acordo co profesor e dentro do horario programado para a materia. Os estudantes con "non apto" nas prácticas de computación suspenderán a materia automaticamente durante ese curso.
Todo o anterior tamén é aplicable aos estudantes que repiten, con excepción das prácticas de computación, que só terán que repetirse se están suspensas. Non obstante, o exame pode incluír preguntas prácticas se o profesor o considera oportuno.
A avaliación consistirá en dúas partes:
1) Avaliación continua, que poderá constar á súa vez de:
i. Exercicios realizados nos seminarios (Ex_sem)
ii. Traballo nas tutorías (Tut)
iii. Clases interactivas con computador (Com)
2) Exame final (EF)
A cualificación do alumno non será inferior á do exame final nin á obtida ponderándoa coa avaliación continua.
3) Cada apartado anterior contabilizará para a nota final do alumno do seguinte xeito:
Ex_sem + Tut 30%
Com 10%
EF 60%
ESCENARIO 2. Distanciamiento (con restricciones parciais á presencialidad física)
O sistema de avaliación non sofre ningunha modificación con respecto ao xa indicado no apartado correspondente ao escenario 1. Mantéñense os mesmos porcentaxes de avaliación continua e exame para a obtención da nota final da asignatura.
A participación 'activa' nas actividades que configuran a avaliación continua dependerá da asistencia ás sesións presenciales, da implicación e participación durante as sesións telemáticas e das entregas efectuadas a través do Aula virtual.
A avaliación das prácticas de ordenador pode sufrir modificacións. Realizarase en base á actitude e participación mostrada durante as sesións tanto presenciales como telemáticas e ao resumo final que se entregará a través do Aula virtual.
O exame final da asignatura realizarase preferente de forma presencial se a situación o permite. En caso contrario realizarase telemáticamente empregando a ferramenta Cuestionarios do Aula virtual combinada con sesión simultánea en MS Teams de ser necesaria. Os contidos que se evaluarán no exame serán os mesmos que os indicados para escenario 1.
ESCENARIO 3. Peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia presencial)
O sistema de avaliación non sofre ningunha modificación con respecto ao xa indicado no apartado correspondente ao escenario 1. Mantéñense os mesmos porcentaxes de avaliación continua e exame para a obtención da nota final da asignatura.
A participación 'activa' nas actividades que configuran a avaliación continua dependerá da implicación e participación durante as sesións telemáticas e das entregas efectuadas a través do Aula virtual.
A avaliación das prácticas de ordenador non sofre modificacións. Realizarase de forma telemática e o resumo final entregarase a través do Aula virtual.
O exame final da asignatura realizarase de forma telemática empregando a ferramenta Cuestionarios do Aula virtual combinada con sesión simultánea en MS Teams de ser necesario. Os contidos que se evaluarán no exame serán os mesmos que os indicados para escenario 1.
Para todos os escenarios:
Evaluación das competencias:
Clases de seminarios: CG3, CG5, CT1, CT4, CE14 e CE15
Clases interactivas con computador: CG2, , CE13 e CE25
Tutorías: CG2, CT1 e CE15
Exame Final: CG3, CG5, CT1, CT4, CE13, CE14 e CE15
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TRABALLO PRESENCIAL NO AULA-----HORAS------TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO---------HORAS
Clases expositivas en grupo grande-------28-------Estudo autónomo individual ou en grupo-------50
Clases interactivas en grupo reducido-----14-------Resolución de exercicios ou outros traballos----26
Tutorías en grupos moi reducidos---------2---------Elaboración de exercicios propostos-------------8
Clases interactivas con computador
en grupo reducido-------------------------12-------Resolución de exercicios------------------------10
Total traballo presencial no aula-----------56-------Total traballo persoal do alumno---------------94
Esta materia require coñecementos importantes de matemáticas e de física. Por iso, recoméndase que o alumno supere as materias de matemáticas e de física do primeiro curso do grao.
O alumno debe repasar os conceptos teóricos introducidos nos distintos temas utilizando o manual de referencia e os resumos. O grao de acerto na resolución dos exercicios propostos proporciona unha medida da preparación do alumno para afrontar o exame final da materia. Aqueles alumnos que atopen dificultades importantes á hora de traballar as actividades propostas deben de acudir nas horas de tutoría do profesor, co obxectivo de que este poida analizar o problema e axudar a resolver devanditas dificultades. É moi importante á hora de preparar o exame resolver algúns dos exercicios que figuran ao final de cada un dos capítulos do manual de referencia.
Esta materia require coñecementos importantes de matemáticas e de física. Por iso, recoméndase que o alumno supere as materias de matemáticas e de física do primeiro curso do grao.
Berta Fernandez Rodriguez
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814278
- Correo electrónico
- berta.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Saulo Angel Vazquez Rodriguez
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814216
- Correo electrónico
- saulo.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Antonio Fernandez Ramos
Coordinador/a- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881815705
- Correo electrónico
- qf.ramos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula Química Técnica (planta baixa) |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_05 (inglés) | Inglés | Aula Informática 3.40 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula Matemáticas (3º andar) |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_04 | Castelán | Aula Química Física (planta baixa) |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula Química Analítica (2º andar) |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula Informática 3.40 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Técnica (planta baixa) |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula Informática 3.40 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Química Física (planta baixa) |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Técnica (planta baixa) |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Química Física (planta baixa) |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula Informática 3.40 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Técnica (planta baixa) |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Química Física (planta baixa) |
15.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
15.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Física (planta baixa) |
15.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
15.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Xeral (2º andar) |
01.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
01.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Física (planta baixa) |
01.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
01.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Xeral (2º andar) |