Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Orgánica
Áreas: Química Orgánica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Se espera que os estudantes aprendan as propiedades e reactividade dos compostos orgánicos polifuncionais, adquirindo unha formación equilibrada entre a teoría e a experimentación.
Contidos teóricos.
Tema 1.- Enoles e enolatos. Condensación aldólica.
Acidez dos aldehídos e cetonas: iones enolato. Tautomería ceto-enólica. Halogenación de aldehídos e cetonas. Alquilación de aldehídos e cetonas. Enaminas. Condensación aldólica. Condensación aldólica cruzada. Condensación aldólica intramolecular.
Tema 2.- Aldehídos e cetonas alfa,beta-insaturados.
Propiedades de aldehídos e cetonas alfa,beta-insaturados. Adicións conxugadas a aldehídos e cetonas alfa,beta-insaturados. Adicións 1,2 e 1,4 de compostos organometálicos. Dialquilación alfa,beta. Adicións conxugadas de iones enolato: Adición de Michael e anelación de Robinson.
Tema 3.- Ácidos carboxílicos e derivados.
Nomenclatura dos ácidos carboxílicos. Propiedades estruturais e físicas dos ácidos carboxílicos. Carácter ácido e básico dos ácidos carboxílicos. Síntese de ácidos carboxílicos. Reducción de ácidos carboxílicos. Halogenación en alfa ao grupo carboxilo.
Tema 4.- Derivados de ácidos carboxílicos.
Substitución no carbono carboxílico: mecanismo de adición-eliminación. Preparación de halogenuros e anhídridos de ácido. Ésteres: Esterificación e hidrólisis. Lactonas. Preparación de amidas, imidas e lactamas. Reactividades relativas dos derivados carboxílicos. Reaccións dos halogenuros de ácido. Reaccións dos anhídridos de ácido. Reaccións do ésteres. Reaccións das amidas. Nitrilos.
Tema 5.- Aminas e derivados.
Nomenclatura das aminas. Propiedades estruturais e físicas. Acidez e basicidad das aminas. Métodos de síntese de aminas. Sales de amonio cuaternario: Eliminación de Hofmann. Reacción de Mannich: Alquilación de enoles con sales de iminio. Nitrosación de aminas: N-Nitrosoaminas e sales de diazonio. Nitrosación de amidas: N-Nitrosoamidas. Compostos diazo: Métodos de síntesis e reaccións.
Tema 6.- Enolatos de ésteres. Enolatos de compostos b-dicarbonílicos.
Compostos beta-dicarbonílicos: Condensacións de Claisen. Compostos beta-dicarbonílicos como intermedios sintéticos: Síntese acetilacética e síntese malónica. Química dos aniones beta-dicarbonílicos: Adicións de Michael. Equivalentes sintéticos dos anións acilo: Tioacetales cíclicos e aductos sal de tiazolio/aldehído na preparación de alfa-hidroxicetonas.
Tema7.- Compostos heterocíclicos.
Nomenclatura dos heterociclos. Heterociclos non aromáticos. Heterociclopentadienos aromáticos: Estrutura e propiedades. Reaccións dos heterociclopentadienos aromáticos. Estrutura e síntese da piridina: Un azabenceno. Reaccións da piridina. Quinolina e isoquinolina: As benzopiridinas.
Contidos prácticos
Práctica 1.- Transposición de Beckman: Síntese da acetanilida.
Práctica 2.- Condensación aldólica: Síntese da dibenzalacetona.
Práctica 3.- Síntese acetilacética: preparación da 3-metil-2-ciclohexen-1-ona.
Bibliografía básica (manual de referencia).
K. P. C. Vollhartd, N. E. Schore; "Química Orgánica: Estructura y función", 5ª ed.; Omega, 2008.
Bibliografía complementaria (libro de prácticas).
M. A. Martínez Grau, A. G. Csákÿ; "Técnicas experimentales en Síntesis Orgánica"
1ª ed.; Ed. Síntesis, 2001.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes haxan demostrado posuir e comprender coñocementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu eido de estudo.
CG1 - Que os graduados posúan e comprendan os conceptos, métodos e resultados mais importantes das distintas ramas da Química, con perspectiva histórica do seu desenrolo.
CG2 - Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razonados en problemas científicos, tecnológicos e outros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Química.
CG3 - Que poidan aplicar tanto os coñecementos teórico-prácticos adquiridos como a capacidade de análisis e de abstracción na definición e planteamiento de problemas e na busca de solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG4 - Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito como de deito oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Química tanto a un público especializado como non especializado.
CG5 - Que sexan capaces de estudar e aprender de xeito autónomo, con organización de tempo e recursos novas coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica e tecnológica.
COMPETENCIAS ESPECIFICAS
CE7 - Coñecer propiedades dos compostos orgánicos, inorgánicos e órgano metálicos.
CE13 - Ser capaz de demostrar o coñecemento e comprensión dos feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coas áreas da Química.
CE14 - Ser capaz de resolver problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos previamente desenvolvidos.
CE18 - Ser capaz de levar a cabo procedementos estándares de laboratorio implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos.
CE22 - Comprender a relación entre teoría e experimentación.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
*CT1 - Adquirir capacidade de análise e síntese.
*CT2 - Desenvolver capacidade de organización e planificación.
*CT3 - Adquirir coñecemento dunha lingua estranxeira.
*CT4 - Ser capaz de resolver problemas.
*CT5 - Ser capaz de tomar decisións.
a) Actividades docentes presencias:
Consistirán en clases expositivas, clases interactivas en grupo reducido (seminarios e clases de problemas), clases interactivas de prácticas no laboratorio e clases interactivas en grupo moi reducido (titorías).
b) Actividades docentes non presenciais:
Traballo persoal do alumno adicado á preparación da materia.
c) Aula virtual:
A través da cal se facilitará todo o material relativo á materia: Guía docente, resumos das leccións, boletíns de exercicios, avisos, etc.
De acordo co documento "Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura, curso 2020-2021" contémplanse dous novos escenarios posibles para a metodoloxía da ensinanza para o caso de non ser posible desenvolver o escenario indicado de normalidade adaptada. Os novos escenarios aparecen recollidos no apartado de observacións baixo o epígrafe de Plan de Continxencia.
A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final.
As prácticas de laboratorio son obrigatorias e as ausencias deberán ser xustificadas documentalmente e recuperadas de acordo co profesor.
A avaliación continua (N1) terá un peso do 30% na cualificación da materia e constará de tres compoñentes: clases interactivas en grupo reducido (seminarios, 40%), clases interactivas en grupo moi reducido (titorías, 10%) e prácticas de laboratorio (50%). Os seminarios e as titorías incluirán exercicios e traballos realizados presencialmente e exercicios entregados ao profesor.
A avaliación dos seminarios e tutorías terá en conta a participación activa dos alumnos nas clases interactivas e o conxunto de exercicios realizados presencialmente y os entregados ao profesor. Para a avaliación das prácticas de laboratorio, os ítems a avaliar serán os seguintes: test previo, organización e pulcritude no laboratorio, execución da práctica e os resultados obtidos.
O exame final versará sobre a totalidade dos contidos da materia e incluirá cuestións relativas as prácticas de laboratorio, que contribuirán nun 15% á nota global do exame (N2).
A cualificación do alumno, que non será inferior á do exame final nin á obtida ponderándoa coa nota da avaliación continua, obterase como resultado de aplicar a fórmula seguinte:
Nota final= máximo (0.3 x N1 + 0.7 x N2, N2)
Sendo N1 a nota numérica correspondente á avaliación continua (escala 0-10) e N2 a nota numérica do exame final (escala 0-10).
En todo caso, para aprobar a asignatura, será requisito imprescindible ter a cualificación de apto nas prácticas de laboratorio.
Os alumnos repetidores terán o mesmo réxime de asistencia ás clases que os que cursan a materia por primeira vez, coa excepción seguinte:
- Aos estudantes repetidores desta asignatura teórico-práctica que teñan aprobadas as prácticas de laboratorio nunha edición anterior, conservaráselles a cualificación obtida nese apartado durante un máximo de dous cursos académicos. Por tanto, non terán que realizar novamente as prácticas de laboratorio, pero asistirán ás restantes clases expositivas e interactivas, en igualdade de condicións que os restantes alumnos.
Ao longo do curso serán avaliadas as seguintes habilidades:
Clases de Seminarios: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5; CE14; CT1, CT3 y CT4
Prácticas de Laboratorio: CG2, CG3; CE7, CE18, CE22; CT2, CT5
Clases de Tutorías: CG4; CE13, CE14; CT4
Exame Final: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5; CE7, CE13, CE14; CT1, CT2, CT4.
De acordo co documento "Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura, curso 2020-2021" contémplanse dous novos escenarios posibles para a avaliación da aprendizaxe para o caso de non ser posible desenvolver o escenario indicado de normalidade adaptada. Os novos escenarios aparecen recollidos no apartado de observacións baixo o epígrafe de Plan de Continxencia.
Traballo presencial na aula.
Clases expositivas en grupo grande: 23
Clases interactivas en grupo reducido (seminarios): 8
Prácticas de laboratorio: 20
Clases interactivas en grupo moi reducido (titorías): 2
Total de horas de traballo presencial na aula ou no laboratorio: 53 horas.
Traballo personal do alumno:
Estudio autónomo individual ou en grupo: 46 horas.
Resolución de exercicios e outros traballos: 31 horas
Preparación de presentacións orais, escritas, eleboración de exercicios propostos, actividade en biblioteca ou similares: 10 horas
Preparación do traballo de laboratorio e elaboración da memoria de prácticas: 12 horas.
Total de traballo personal do alumno: 99 horas.
É moi recomendable a asistencia ás clases expositivas
É moi importante manter o estudo da materia “ao día” para reforzar o estudado en clase e realizar exercicios (modelo autoevaluación).
Aprender e entender conceptos e mecanismos.
Realizar exercicios para adquirir soltura e axilidade no manexo dos conceptos e recursos teóricos.
PLAN DE CONTINXENCIA
Escenario 1: normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física).
A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial, aínda que de forma excepcional e xustificada a docencia telemática poderá combinarse coa presencial ata un máximo do 10% das horas da materia, e no caso de docencia práctica levada a cabo con medios telemáticos poderá chegarse ata o 25%.
As titorías poderán realizarse parcialmente de forma telemática.
As probas finais serán presenciais.
Escenario 2: distanciamento (con restricións parciais á presencialidade física).
A docencia expositiva poderá realizarse, na súa totalidade de xeito telemático (nos espazos docentes nos que o distanciamento non sexa posible), ou combinarse ao 50% co xeito presencial, naqueles espazos docentes nos que o distanciamento sexa posible. Na docencia interactiva, de seminarios e laboratorios, poderase combinar a presencialidade física e telemática, ata un máximo do 50% das horas da materia en xeito telemático, cando o distanciamento así o requira.
As titorías serán preferentemente telemáticas.
As probas finais serán preferentemente de carácter telemático.
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia presencial).
A docencia será completamente de carácter telemático, con mecanismos síncronos ou asíncronos.
As titorías serán exclusivamente telemáticas.
As probas finais serán exclusivamente de carácter telemático.
De forma xeral nos tres escenarios, para o desenvolvemento da docencia temática utilizaranse as ferramentas MS Teams e Moodle.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Concepcion Gonzalez Bello
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Teléfono
- 881815726
- Correo electrónico
- concepcion.gonzalez.bello [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Maria Paz Castañal
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Teléfono
- 881814218
- Correo electrónico
- manuel.paz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ramon Jose Estevez Cabanas
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Teléfono
- 881815731
- Correo electrónico
- ramon.estevez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Carlos Eugenio Saa Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Teléfono
- 881814400
- Correo electrónico
- carlos.saa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Alfonso Bayón Fernández
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- alfonso.bayon [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Ana Alcalde Ordóñez
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- ana.alcalde.ordonez [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
María Victoria López Corbalán
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- mariavictoria.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Analítica (2º andar) |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Orgánica (1º andar) |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_04 | Castelán | Aula Matemáticas (3º andar) |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula Física (3º andar) |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula Química Analítica (2º andar) |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula Química Orgánica (1º andar) |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Analítica (2º andar) |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Orgánica (1º andar) |
26.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
26.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Xeral (2º andar) |
26.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
26.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Física (planta baixa) |
09.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
09.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Xeral (2º andar) |
09.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Inorgánica (1º andar) |