Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica
Áreas: Química Inorgánica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Espérase que o alumnado:
- coñeza as propiedades dos compostos organometálicos, relacionándoas coas características dos seus compoñentes.
- poida realizar procedementos de sínteses e purificación dos correspondentes compostos.
- coñeza as características máis importantes dos organometálicos de transición incluídas as necesarias precaucións de seguridade na súa manexo.
- saiba resolver problemas numéricos e gráficos.
Tema 1. Introducn.
Definición de composto organometálico. Nomenclatura. Clasificación. Tipos de Ligandos.
Tema 2. Regra dos 18 electróns
Definición da regra dos 18e. Reconto de electróns segundo o criterio homolítico. Limitacións da regra.
Tema 3. Carbonilos metálicos
Síntese. Estruturas. Modos de enlace do ligando carbonilo. Enlace. Caracterización de Carbonilos metálicos mediante espectroscopia IR. Reactividade de carbonilos metálicos.
Tema 4. Ligandos de 1e e 2e
Síntese. Enlace: TOM. Estabilidade. Efecto orto. Eliminación Beta. Reactividade.
Carbenos e carbinos.
Tema 5. Ligandos de 3e.
Síntese. Enlace: sigma─alilos pi−alilos. Caracterización mediante espectroscopia de RMN de 1 H. Reactividade.
Tema 6. Ligandos de 4e
Preparación. Enlace: TOM. Reactividade. Substitución electrofílica.
Tema 7. Ligandos de 5e
Compostos con ligandos hapto5─ciclopentadienilo. Estruturas. Síntese. Enlace. Caracterización espectroscópica: IR, RMN de protón. Reactividade.
Tema 8. Ligandos de 6e e 7e
Estruturas. Síntese. Enlace. Reactividade.
Programa de clases prácticas
Práctica 1.- SÍNTESE DE ACETILFERROCENO
Práctica 2.- PURIFICACIÓN DE ACETILFERROCENO (CROMATOGRAFÍA)
Práctica 3.- CARACTERIZACIÓN DE ACETILFERROCENO
Básica (manual de referencia):
-C.E. Housecroft, A.G. Sharpe, "Química Inorgánica" 2º Ed.; Prentice Hall, 2006. Capítulo 23. Compostos Organometálicos dos elementos do bloque d. Pag. 700-740.
Complementaria:
-M. Bochmann, "Organometallics 1. Complexes with Transition Metal-Carbon (s-Bonds)", Oxford University Press, 1994, OCP nº 12.
-M. Bochmann, "Organometallics 2. Complexes with Transition Metal-Carbon (p-Bonds)", Oxford University Press, 1994. OCP nº 13.
-I. S. Butler, J. F. Harrod, “Química Inorgánica. Principios e Aplicacións”. Addison-Wesley, 1992. Capítulo 6.1 Teoría das Espectroscopias Infravermello e Raman. Pág. 161-177. Capítulo 7.1 Espectroscopia de Resonancia Magnética Nuclear. Pág. 196-211.
COMPETENCIAS
1. COMPETENCIAS BÁSICAS Y GENERALES
CG2 - Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou de outros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Química.
CG3 - Que podan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e plantexamento de problemas e na búsqueda das súas solucións, tanto en contextos académicos como profesionais.
CG4 - Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedimientos, resultados e ideas en Química, tanto a un público especializado como non especializado.
CG5 - Que sexan capaces de estudiar e aprender de forma autónoma, con organización de teempo e recursos novos coñecementos e técnicas en cualquera disciplina científica ou tecnolóxica.
2. COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - Adquirir capacidade de análise e síntese.
CT2 - Desenvolver capacidade de organización e planificación.
CT3 - Adquirir coñecemento dunha lingua extranxeira.
CT4 - Ser capaces de resolver problemas.
CT5 - Ser capaz de tomar decisións.
3. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE7 - Coñecer propiedades dos compostos orgánicos, inorgánicos e organometálicos.
CE13 - Ser capaz de demostrar o coñecemento e comprensión dos feichos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coas áreas da Química.
CE14 - Ser cpaz de rsolver problemas cualitativos e cuantitativos según modelos previamente desenvolvidos.
CE18 - Ser capaz de levar a cabo procedimientos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos.
CE20 - Ser capaz de interpretar datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio en termos da súa significación e das teorías que a sustentan.
CE24 - Ser capaz de comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
A) Clases expositivas en grupo grande (“L” nas táboas horarias): Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia,...). O profesor pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non necesitan manexalos en clase. Habitualmente estas clases seguirán os contidos dun Manual de referencia proposto en a Guía Docente da materia. A asistencia a estas clases é avaliable.
B) Clases interactivas en grupo reducido(“S” nas táboas horarias): Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios,... O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios o profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación); resolución de exercicios na aula, etc. O profesor pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non os manexarán en clase. Inclúense as probas de avaliación se as houbese. A asistencia a estas clases é avaliable.
C) Clases prácticas de laboratorio: Inclúense aquí as clases que teñen lugar nun laboratorio de prácticas. Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio de química e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. O traballo persoal do alumno nesta actividade é moito máis reducido. Para estas prácticas, o alumno disporá dun manual de prácticas de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar, que constará dunha breve presentación dos fundamentos, a metodoloxía a seguir e a indicación dos cálculos a realizar e resultados a presentar. O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas tendo lido atentamente o contido deste manual. Ao comezar cada sesión de prácticas, nunha aula, os alumnos responden durante 5 ou 10 minutos a unhas cuestións previas que o profesor cualifica e ten en conta para a nota de prácticas. Tras unha explicación do profesor, o alumno realizará as experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan, presentando o mesmo día ou na próxima sesión os resultados, que serán avaliados.
A entrega dunha memoria final é un requisito adicional para a avaliación.
A asistencia a estas clases é obrigatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose razóns de exame e de saúde, así como aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente. A práctica non realizada recuperarase de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a materia.
E) Titorías de pizarra en grupo moi reducido(“T” nas táboas horarias): Titorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. En xeral, suporán para cada alumno 2 horas por cuadrimestre e materia. Propóñense actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre a teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas; así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos. En moitos casos o profesor poderá esixir aos alumnos a entrega de exercicios previa á celebración da titoría. A asistencia a estas clases é evaluable.
F) O alumno poderá atopar material de apoio na Aula Virtual.
G) Prácticas de Campo: Poderá realizarse unha visita a unha fábrica de produtos químicos durante o cuadrimestre. A finalidade da mesma é poñer en contacto ao alumno co mundo da industria e que observe a relación que existe entre os coñecementos que adquiriu coa aplicación dos mesmos fora do ámbito puramente académico.
H) Nos casos necesarios a docencia de carácter telemático de clases expositivas, seminarios e titorías levará a cabo a través da plataforma MS Teams. Poderanse utilizar tamén as ferramentas dispoñibles na aula Virtual da materia. @Teniendo en cuenta as indicacións contidas no documento “Directrices para ou desenvolvemento dunha docencia presencial segura non curso 2020-2021”, diferéncianse tres escenarios posibles, cada un deles cunha metodoloxía de ensino propio:
Escenario 1: normalidade adaptada (sen restricións á presencialidad física) - A docencia expositiva e interactiva serán fundamentalmente de carácter presencial, aínda que que de forma excepcional e xustificada a docencia telemática poderá combinarse coa presencial ata un máximo do 10% das horas da materia, e no caso da docencia práctica levada a cabo con medios telemáticos poderase chegar ata o 25%. As titorías poderanse realizar parcialmente de forma telemática.
Escenario 2: distanciamento (con restricións parciais á presencialidad física) - A docencia expositiva poderá realizarse na súa totalidade de forma telemática (nos espazos docentes nos que o distanciamento non sexa posible), ou combinarse ao 50% coa modalidade presencial, naqueles espazos docentes nos que o distanciamento sexa posible. - Na docencia interactiva de seminarios e laboratorios, poderase combinar a presencialidade física e telemática, ata un máximo do 50% das horas da materia de forma telemática, cando o distanciamento así o requira. - As titorías serán preferentemente telemáticas. As pácticas de laboratorio serán individuais.
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia presencial) A docencia (expositiva e interactiva) será completamente de carácter telemático. As titorías serán exclusivamente telemáticas.
A asistencia ás clases expositivas, seminarios e titorías é evaluable. A asistencia ás clases prácticas é obrigatoria. As ausencias deberán estar debidamente documentadas seguindo as pautas adoptadas por a Universidade de Santiago de Compostela. As prácticas non realizadas por causas xustificadas, deberán recuperarse logo de consultar ao profesor.
1. A avaliación consistirá en dúas partes:
1.1.- Avaliación continua, que constará á súa vez de:
i. Asistencia a clases expositivas
ii. Asistencia e participación en Seminarios e Tutorías
iii. Exercicios entregados ao profesor (Ej_entr)
iv. Exercicios realizados nos seminarios (Ej_sem) e traballo realizado nas Tutorías (Tut)
v. Prácticas de laboratorio
1.2. Exame final (EF)
2. Cada subapartado do apartado 1. contabilizará para a nota final do alumno do seguinte xeito:
2.1) i +ii + iii + iv: (25%)
v: 15%;
2.2) Examen final (EF) 60%
A cualificación final será a maior entre a resultante deste cálculo e a obtida no exame final.
3. Para a avaliación das prácticas de laboratorio, os ítems a avaliar serán os seguintes:
- Cuestións previas
- Organización e pulcritude no laboratorio
- Execución da práctica
- Memoria
4. O exame final incluirá unha primeira parte que versará sobre supostos relacionados cos aspectos teóricos da materia e unha segunda parte en que se formularán cuestións relativas ás prácticas de laboratorio.
5. Tendo en conta as indicacións contidas no documento “Directrices para ou desenvolvemento dunha docencia presencial segura non curso 2020-2021”, diferéncianse tres escenarios posibles,
Escenario 1: normalidade adaptada (sen restricións á presencialidad física)
- As probas finais (exames finais de primeira e segunda oportunidade e test final de laboratorio) serán de carácter presencial.
Escenario 2: distanciamento (con restricións parciais á presencialidad física)
- As probas finais (exames finais de primeira e segunda oportunidade, e test final de laboratorio) serán preferentemente de carácter telemático, aínda que se poderán realizar de forma presencial se a normativa así o permite.
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia presencial)
- As probas finais (exames finais de primeira e segunda oportunidade e test final de laboratorio) serán de carácter telemático.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios e probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións”.
No caso de que fose necesario realizar probas finais telemáticas (exames finais de primeira e segunda oportunidade e test final de laboratorio), estas levarán a cabo través da plataforma MS Teams e/ou da aula Virtual da materia.
Ao longo do curso evalúanse as seguintes competencias:
Evaluación de Competencias Clases de Seminarios Prácticas de laboratorio Clases de Tutorías Examen Final
CG2------------------------------------x------------------------ x
CG3------------------------------------x------------------------ x
CG4-----------------------------------------------------------------------------------x-------------------x
CG5--------------------------------------------------------------------------------------------------------x
CT1--------------------------------------------------------------x-------------------x
CT2--------------------------------------------------------------x
CT3------------------------------------x-------------------------x
CT4------------------------------------x-------------------------x-------------------x--------------------x
CT5--------------------------------------------------------------x-------------------x
CE7------------------------------------x-------------------------x----------------------------------------x
CE13------------------------------------------------------------------------------------------------------x
CE14----------------------------------x-------------------------------------------------------------------x
CE18-------------------------------------------------------------x
CE20-------------------------------------------------------------x----------------------------------------x
CE24----------------------------------x-----------------------------------------------x-------------------x
TEMPO DE ESTUDO E DE TRABALLO PERSOAL
TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNO HORAS
Clases expositivas en grupo grande 18
Clases interactivas en grupo reducido (seminarios) 8
Clases interactivas en grupo muy reducido (titorías) 2
Prácticas de laboratorio 12
Total, de horas de traballo presencial na aula 40
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO HORAS
Estudo autónomo individual ou en grupo 35
Resolución de exercicios, ou outros traballos 14,5
Preparación de presentacións orais, escritas,
elaboración de exercicios propostos;
actividades en biblioteca ou similar 11
Preparación do traballo de laboratorio e
elaboración do caderno de prácticas 12
Total, horas traballo persoal do alumno 72.5
• É aconsellable asistir ás clases expositivas.
• É importante manter o estudio da materia "ao día".
• Recoméndase a preparación de cada un dos temas utilizando o manual de referencia proposto para esta materia e, en caso necesario, algún manual complementario.
• Unha vez finalizada a lectura dun tema no manual de referencia, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando os aspectos básicos relativos a cada grupo de elementos químicos que se deben recordar e asegurándose de coñecer tanto as súas propiedades como as reaccións químicas nas que poden participar.
• A relación entre os contidos de cada un dos temas é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Pode resultar de axuda realizar esquemas para aspectos como enlace, obtención e reactividade.
• É altamente desexable a asistencia e participación activa nas clases de seminario, nas que se resolverán os exercicios formulados, comentando as dificultades ao resto de compañeiros de seminario.
• Recoméndase a utilización das horas de titoría para resolver as dúbidas que xurdan ao longo do curso.
• É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guión da práctica, intentando entender os obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada co profesor.
Aos alumnos repetidores que aprobasen as prácticas de laboratorio conservaráselles a cualificación obtida durante un máximo de dous cursos académicos. Por tanto, non terán que realizar novamente as prácticas de laboratorio, pero asistirán ás restantes clases interactivas (seminarios e titorías) en igualdade de condicións que os demais alumnos.
Nos casos necesarios a docencia de carácter telemático de clases expositivas, seminarios e titorías levará a cabo a través da plataforma MS Teams. Poderanse utilizar tamén as ferramentas dispoñibles na aula Virtual da materia. @Teniendo en cuenta as indicacións contidas no documento “Directrices para ou desenvolvemento dunha docencia presencial segura non curso 2020-2021”, diferéncianse tres escenarios posibles, cada un deles cunha metodoloxía de ensino propio: Escenario 1: normalidade adaptada (sen restricións á presencialidad física) - A docencia expositiva e interactiva serán fundamentalmente de carácter presencial, aínda que que de forma excepcional e xustificada a docencia telemática poderá combinarse coa presencial ata un máximo do 10% das horas da materia, e no caso da docencia práctica levada a cabo con medios telemáticos poderase chegar ata o 25%. As titorías poderanse realizar parcialmente de forma telemática.
Escenario 2: distanciamento (con restricións parciais á presencialidad física) - A docencia expositiva poderá realizarse na súa totalidade de forma telemática (nos espazos docentes nos que o distanciamento non sexa posible), ou combinarse ao 50% coa modalidade presencial, naqueles espazos docentes nos que o distanciamento sexa posible. - Na docencia interactiva de seminarios e laboratorios, poderase combinar a presencialidad física e telemática, ata un máximo do 50% das horas da materia de forma telemática, cando o distanciamento así o requira. - As titorías serán preferentemente telemáticas.
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia presencial) A docencia (expositiva e interactiva) será completamente de carácter telemático. As titorías serán exclusivamente telemáticas.
Tendo en conta as indicacións contidas no documento “Directrices para ou desenvolvemento dunha docencia presencial segura non curso 2020-2021”, diferéncianse tres escenarios posibles,
Escenario 1: normalidade adaptada (sen restricións á presencialidad física) - As probas finais (exames finais de primeira e segunda oportunidade e test final de laboratorio) serán de carácter presencial. E
scenario 2: distanciamento (con restricións parciais á presencialidad física) - As probas finais (exames finais de primeira e segunda oportunidade, e test final de laboratorio) serán preferentemente de carácter telemático, aínda que se poderán realizar de forma presencial no caso de que os profesores responsables da materia así o decidan.
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia presencial) - As probas finais (exames finais de primeira e segunda oportunidade e test final de laboratorio) serán de carácter telemático.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios e probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións”.
No caso de que fose necesario realizar probas finais telemáticas (exames finais de primeira e segunda oportunidade e test final de laboratorio), estas levarán a cabo través da plataforma MS Teams e/ou da aula Virtual da materia.
Maria Elena Labisbal Viqueira
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881815089
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Teresa Pereira Lorenzo
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814246
- Correo electrónico
- mteresa.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Manuel Vila Abad
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814255
- Correo electrónico
- josemanuel.vila [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Marcelo Osorio Celis
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- marcelo.osorio [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Analítica (2º andar) |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula 3.11 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Analítica (2º andar) |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula 3.11 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula Química Xeral (2º andar) |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula Química Analítica (2º andar) |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_05 (inglés) | Inglés | Aula 3.11 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_04 | Castelán | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula Química Orgánica (1º andar) |
19.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
19.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Xeral (2º andar) |
19.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
19.05.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Física (planta baixa) |
22.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Analítica (2º andar) |
22.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
22.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Orgánica (1º andar) |