Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica
Áreas: Química Inorgánica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ao final da materia espérase que o alumnado sexa capaz de coñecer os mecanismos das reaccións inorgánicas máis importantes: de substitución, de transferencia electrónica e de ligandos. Ademais debe saber aplicar os conceptos da química organometálica, a química de coordinación e a química de materiais a algunhas reaccións catalíticas importantes.
Tema 1. Reaccións de sustitución de ligandos.
Tema 2. Reaccións de adición oxidante.
Tema 3. Reaccións de eliminación reductora.
Tema 4. Reaccións de acoplamiento oxidante.
Tema 5. Reaccións de inserción.
Tema 6. Ataque nucleófilo ós ligandos.
Tema 7. Ataque electrófilo ós ligandos.
Tema 8. Catálise. (3 horas).
Básica (manual de referencia):
- R. H. CABTREE, E. PERIS FAJARNÉS, “Química Organometálica de los metales de transición”, Publicacions de la Universitat Jaume I, 1997.
Complementaria:
- G. O. Spessard, Gary L. Miessler, "Organometallic chemistry" New Jersey : Prentice-Hall, cop. 1997
Xerais:
CG2 - Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Química.
CG3 - Que poidan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos coma a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG4 - Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito coma de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Química tanto a un público especializado como non especializado.
CG5 - Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
Específicas:
CE4 – Coñecer os tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas.
CE11 – Comprender a relación entre propiedades macroscópicas e propiedades de átomos e moléculas individuais: incluíndo macromoléculas (naturais e sintéticas), polímeros, coloides e outros materiais.
CE13 – Ser capaz de demostrar o coñecemento e comprensión dos feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coas áreas da Química.
CE15 – Ser capaz de recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
CE16 – Ser capaz de avaliar e interpretar datos.
Transversais.
CT6 – Realizar traballo en equipo.
CT7 – Realizar traballo en equipo de carácter interdisciplinar.
CT8 – Ser capaz de traballar nun contexto internacional.
CT9 – Desenrolar habilidades nas relacións interpersoais.
CT10 – Adquirir razoamento crítico.
CT11 – Lograr compromiso ético.
A) Clases expositiva en grupo grande: Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia,...). O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos aínda que os estudantes non necesitan manexalos en clase. Habitualmente estas clases seguirán os contidos do manual de referencia indicado na bibliografía.
B) Seminarios: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios,... O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación), resolución de exercicios na aula, etc. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos aínda que os estudantes non os manexarán en clase. Inclúense as probas de avaliación se as houbera. A asistencia a estas clases será avaliada. Estes seminarios teñen un carácter teórico/práctico, aínda que as cuestións teóricas desenvolvidas nestas clases se asocian a exercicios dos boletíns e se introducen de forma interactiva cos alumnos. Debido a este carácter, asignáronse 13 horas ás clases de seminario e non 6 como aparece na atribución de créditos ECTS. En calquera caso, estas clases están máis centradas na interacción co alumno.
C) Titorías en grupo reducido: Suporán 2 horas para cada alumno. Nestas clases os alumnos deberán expoñer, debater ou comentar as aquelas actividades previamente formuladas polo profesor. As actividades realizaranse individualmente ou en grupo segundo indique o profesor. A participación nas titorías será avaliada.
Para a impartición destas clases exponse 3 posibles escenarios:
Escenario 1: normalidade adaptada (sen restricións á presencialidad física).
Todas as clases expositivas, seminarios e titorías impartiranse na aula presencialmente.
Escenario 2: distanciamento (con restricións parciais á presencialidad física).
As clases expositivas e de seminario impartiranse completamente de forma telemática, facendo uso da aula virtual, Streaming e/ou Teams se o distanciamento non é posible, ou ben se combinará á 50% docencia telemática e 50% docencia presencial en aula se o distanciamento é posible.
As titorías de lousa en grupo moi reducido impartiranse de forma telemática, facendo uso da aula virtual, Streaming e/ou Teams.
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia presencial).
Todas as clases impartiranse de forma telemática, facendo uso da aula virtual e/ou Teams.
As clases expositivas impartiranse completamente de forma telemática, de forma síncrona, facendo uso da aula virtual e/ou Teams. En función das posibilidades de acceso a internet do estudantado, exporase a impartición das clases en Teams ou ben se poñerán ao dispor do alumnado presentacións de PowerPoint con audio, coas mesmas explicacións que se darían nunha clase presencial.
Os seminarios impartiranse telemáticamente (aula virtual, Teams) cos mesmos contidos que no escenario 1.
As titorías impartiranse de forma telemática, facendo uso da aula virtual e Teams.
A cualificación de cada alumno realizarase mediante avaliación continua e realización dunha proba final. A avaliación continua farase por medio de controis escritos e da participación na aula en seminarios e titorías. A avaliación deberá apoiarse principalmente na realización dunha proba final escrita e común para todos os alumnos.
Distribución da cualificación
(a) Exame: 60%
( b) Traballos e actividades: 40% (30% Seminarios/10% Titorías)
A cualificación final do alumno distribúese en tres secciones.
a) Realizarase un exame ao final do cuadrimestre no que se avaliará a aprendizaxe dos contidos e a capacidade para a resolución de problemas de forma individual.
b) Nos traballos realizados durante as sesións de seminario serán avaliadas a capacidade de resolución de problemas individualmente ou en grupo.
c) Nas titorías en grupo avaliaranse a capacidade de análise e síntese e a capacidade para aprender de maneira autónoma algunha cuestión puntual exposta polo profesor.
As cualificacións dos traballos, actividades e titorías comunicaránselle ao alumno antes do exame.
A avaliación continua terá un peso do 40% na cualificación da materia e constará de dous compoñentes: clases interactivas en grupo reducido (seminarios, 30%), clases interactivas en grupo moi reducido (titorías, 10%). A avaliación basearase na actuación presencial do alumno. Non se prevé a entrega de ningún traballo.
Para superar a materia haberá que obter, como mínimo, un 50% da cualificación global. Para obter unha nota final como media ponderada dos distintos apartados, esixirase alcanzar unha puntuación mínima dun 40% no exame final.
A cualificación do alumno non será inferior á do exame final nin á obtida ponderándoa coa de avaliación continua.
Aqueles alumnos que non se presenten ao exame final constarán como “non presentados”.
O profesor analizará con aqueles alumnos que non superen con éxito o proceso de avaliación, e así o desexen, todos os pormenores atopados na aprendizaxe dos contidos da materia.
Os alumnos que non superen a materia na Primeira Oportunidade, serán avaliados cun exame de Segunda Oportunidade, que consistirá nun exame global da materia.
A avaliación das competencias adquiridas na materia será realizada a través das seguintes vías:
-Exame final: Coñecemento adquirido do programa (competencias xerais CG2, CG3, CG4, CG5 e competencias específicas CE4, CE11, CE13, CE15, CE16).
-Asistencia e participación nas clases expositivas e interactivas (competencias xerais CG2, CG3, CG4, CG5, competencias específicas CE4, CE11, CE13, CE15, CE16 e competencias transversais CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11).
A valoración será exactamente a mesma independentemente do escenario. As únicas condicións a ter en conta son:
Escenario 1: normalidade adaptada (sen restricións á presencialidad física)
-Os exames serán presenciais
Escenario 2: distanciamento (con restricións parciais á presencialidad física).
-Os exames serán preferentemente telemáticos, a través da aula virtual, Teams ou outras plataformas que a Universidade habilite para tal fin, aínda que se valorará a posibilidade de realizar exames presenciais sempre que a normativa permítao e póidase cumprir co distanciamento.
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia presencial).
-Os exames serán telemáticos a través da aula virtual, Teams ou outras plataformas que a Universidade habilite para tal fin.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Distribución da actividade formativa en créditos ECTS:
Traballo presencial en aula:
-Clases expositivas en grupo grande: 28 horas.
-Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios): 6 horas.
-Titorías: 2 horas.
Total horas traballo presencial na aula: 36 horas.
Traballo persoal:
-Estudo autónomo individual ou en grupo: 46.5 horas.
-Preparación de probas e traballos: 12 horas.
Total horas traballo persoal do alumno: 76.5 horas.
Total: 112.5 horas.
Para seguir con proveito este curso, os alumnos Terán seguido un curso xeral de Química Inorgánica e outro de Química Orgánica. Ademáis deben estar familiarizados coa obtención, estructura e enlace nos compostos organometálicos dos metais de transición. É tamén importante que estén familiarizados coas técnicas instrumentais, principalmente IR e RMN, de determinación estructural dos compostos químicos.
Igualmente:
a) É aconsellable asistir ás clases expositiva.
b) Para establecer un primeiro contacto cos contidos dos temas recoméndase ler os libros de texto propostos.
c) Unha vez finalizada a lectura dun tema nos libros de texto de referencia, é útil facer un resumo dos puntos importantes, asegurándose de coñecer e comprender o significado dos conceptos explicados.
d) É importante realizar as actividades propostas polo profesor nas clases interactivas e nas titorías de grupo.
As clases impartiranse en castelán.
PLAN DE CONTINXENCIA
Metodoloxía da Ensino
Escenario 2: distanciamento (con restricións parciais á presencialidad física).
As clases expositivas e de seminario impartiranse completamente de forma telemática, facendo uso da aula virtual, Streaming e/ou Teams se o distanciamento non é posible, ou ben se combinará á 50% docencia telemática e 50% docencia presencial en aula se o distanciamento é posible.
As titorías impartiranse de forma telemática, facendo uso da aula virtual, Streaming e/ou Teams.
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia presencial).
Todas as clases impartiranse de forma telemática, facendo uso da aula virtual e/ou Teams.
As clases expositivas impartiranse completamente de forma telemática, de forma síncrona, facendo uso da aula virtual e/ou Teams. En función das posibilidades de acceso a internet do estudantado, exporase a impartición das clases en Teams ou ben se poñerán ao dispor do alumnado presentacións de PowerPoint con audio, coas mesmas explicacións que se darían nunha clase presencial.
Os seminarios impartiranse telemáticamente (aula virtual, Teams) cos mesmos contidos que no escenario 1, con participación preferente de profesorado do máster.
As titorías impartiranse de forma telemática, facendo uso da aula virtual e Teams.
Avaliación
A valoración será exactamente a mesma independentemente do escenario. As únicas condicións a ter en conta son:
Escenario 2: distanciamento (con restricións parciais á presencialidad física).
-Os exames serán preferentemente telemáticos, a través da aula virtual, Teams ou outras plataformas que a Universidade habilite para tal fin, aínda que se valorará a posibilidade de realizar exames presenciais sempre que a normativa permítao e póidase cumprir co distanciamento.
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia presencial).
-Os exames serán telemáticos a través da aula virtual, Teams ou outras plataformas que a Universidade habilite para tal fin.
Antonio Sousa Pedrares
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814240
- Correo electrónico
- antonio.sousa.pedrares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Bioloxía (3º andar) |
Martes | |||
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Bioloxía (3º andar) |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula Bioloxía (3º andar) |
13.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
13.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Analítica (2º andar) |
13.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Orgánica (1º andar) |
13.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Técnica (planta baixa) |
29.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Física (3º andar) |
29.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Matemáticas (3º andar) |