Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Química Analítica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Que o alumnado adquira os coñecementos básicos teóricos e prácticos sobre as principais técnicas analíticas de separación.
2. Que teña capacidade para aplicar tales coñecementos ao recoñecemento, e a comprensión de novos problemas de diversa índole que expón a análise química actual, tanto de índole ambiental, como sanitaria, industrial, alimentaria ou calquera outra relacionada con sustancias químicas; e que sexa capaz de expor estratexias para a súa solución.
3.- Que teña destreza no manexo do material e instrumentación, relacionados coas técnicas analíticas de separación, de uso común nos laboratorios
4.- Que comprenda e poida utilizar a información bibliográfica e técnica referida aos procesos de separación utilizados en química analítica.
Introdución ás técnicas analíticas de separación (tema 1). Técnicas de separación non cromatográficas (tema 2, tema 6). Técnicas de separación cromatográficas (temas 3, 4 y 5): cromatografía líquida, técnicas de adsorción, reparto, cambio iónico, exclusión por tamaños, afinidade; cromatografía de gases. Derivatización en cromatografía en columna (incluido no tema 6).
Tema 1.- Introdución ás técnicas analíticas de separación
-As técnicas de separación no proceso analítico
-Fundamentos e clasificación
Tema 2.- Separacións por extracción e lixiviación
-Extracción líquido-líquido: Fundamento teórico dos equilibrios de distribución. Eficacia e selectividade. Técnicas e aplicacións.
-Lixiviación: extracción sólido-líquido, extracción con fluídos supercríticos.
-Extracción e microextracción en fase sólida.
Tema 3.- Introdución ás técnicas de separación cromatográficas
-Descrición xeral da cromatografía
-Clasificacións
-Cromatogramas
-Factor de retención. Factor de separación
-Medida da eficacia: teoría cinética.
-Resolución. Optimización das separacións
-Cuantificación: métodos de calibrado
Tema 4.- Cromatografía líquida
-Cromatografía líquida en columna: introdución, instrumentación.
-Tipos: absorción, reparto, cambio iónico, exclusión por tamaños e afinidade.
-Cromatografía plana: cromatografía en papel e en capa fina.
Tema 5.- Cromatografía de gases: fundamento, instrumentación e aplicacións.
Tema6.- Técnicas de separación electroforéticas: fundamento, tipos. Introdución á electroforese capilar.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS
-Aspectos prácticos da extracción líquido-líquido: extracción simple, multiple, influencia do pH, influencia da formación de complexos
-Aplicacións da cromatografía de gases: separación, identificación e cuantificación de contaminantes (p.ej. hidrocarburos alifáticos).
-Aplicacións da cromatografía de líquida de alta resolución: separación, identificación e cuantificación de compoñentes de alimentos, bebidas ou fármacos (p.ej. Cafeína, vitaminas, paracetamol, etc).
1. Manual de referencia:
D. C. HARRIS, "Análisis Químico Cuantitativo". Editorial Reverté, 3ª ed. (6ª del inglés), Barcelona (2007). Dispoñible en papel (varios volúmenes). Estáse a trámitar a obtención de licencias para a súa consulta en remoto.
2. Bibliografía Complementaria:
* Web Chromacademy. https://www.chromacademy.com/ (recursos e-learning sobre técnicas cromatográficas, con numerosos exemplos práticos).
* D.A. SKOOG; D.M. WEST; F.J. HOLLER; S.R. CROUCH. “Química Analítica”. Thomson .8ª Ed. Madrid. 2005.
* R. CELA, R.A. LORENZO Y Mª. C. CASAIS. "Técnicas de Separación en Química Analítica". Ed. Síntesis Madrid (2002)
* M. VALCÁRCEL CASES, A. GÓMEZ HENS. "Técnicas Analíticas de Separación". Editorial Reverté, Barcelona (1988).
* Materiais audiovisuais, artículos e tutoriais on-line de libre acceso, recomendados ou implementados polo profesorado da materia a través da aula virtual.
Competencias xerais e básicas:
• CG2.- Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Química.
• CG3.- Que poidan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos coma a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
• CG4.- Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito coma de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Química tanto a un público especializado como non especializado.
• CG5.- Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
Competencias específicas:
• CE14.- Ser capaz de resolver de problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos previamente desenvoltos.
• CE18.- Ser capaz de levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos.
CE19.- Adquirir destreza no manexo da instrumentación química estándar como na que se utiliza para investigacións estruturais e separacións.
• CE20.- ser capaz de interpretar datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio en termos da su significación e das teorías que a sustentan.
CE24.- Ser capaz de comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos
Competencias transversais
• CT1.-Capacidade de análise e síntese.
• CT2.-Capacidade de organización e planificación.
• CT4.- Ser capaz de resolver problemas.
• CT5.-Ser capaz de tomar decisións
De acordo coas “Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021” e coas “Directrices para os desenvolvemento dunha docencia presencial segura, curso 2020-2021”, diferencianse tres escenarios. A materia tendrá operativa un aula virtual, que servirá de base para a comunicación cos alumnos en calqueira dos escenarios.
Escenario 1: normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física)
- A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial, aínda que a docencia telemática (por ejemplo, mediante vídeos) poderá combinarse coa presencial ata un máximo do 10% das horas da materia, e no caso de docencia práctica levada a cabo con medios telemáticos poderá chegarse ata o 25%.
Escenario 2: distanciamento (con restricións parciais á presencialidade física)
- A docencia expositiva será en remoto de maneira síncrona ou asíncrona, mantendo os horarios fixados no calendario académico da materia no primeiro caso, e no segundo mediante as ferramentas que se consideren máis axeitadas (MS Teams e/ou Moodle), ou combinarse ao 50% coa maneira presencial, naqueles espacios docentes nos que o distanciamento sexa posible. Seminarios e titorías serán presenciais, ou combinada ao 50% coa maneira presencial, naqueles espacios docentes nos que o distanciamento sexa posible. Na docencia práctica, poderase combinar a presencialidade física e telemática, ata un máximo do 50% das horas da materia en xeito telemático, cando o distanciamento así o requira. Realizaránse tests previos e requerirase a entrega dunha memoria de prácticas a través do campus virtual.
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia presencial)
- A docencia expositiva será en remoto de maneira síncrona ou asíncrona, mantendo os horarios fixados no calendario académico da materia no primeiro caso, e no segundo mediante as ferramentas que se consideren máis axeitadas (Teams e/ou Moodle). Seminarios e titorías serán en remoto de maneira síncrona (MS Teams). A docencia práctica será 100% non presencial empregando material dispoñible na web (ex. vídeos) e datos experimentáis que se proporcionarán aos alumnos a través do Campus Virtual e MS Teams. Realizaránse tests previos e requerirase a entrega dunha memoria de prácticas a través do campus virtual.
De maneira xeral, a cualificación do alumno farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final. A cualificación do alumno non será inferior á do exame final nin á obtida ponderándoa coa de avaliación continua, dándolle a esta última un peso non inferior ao 25% e non superior ao 40%. A asistencia ás clases interactivas en grupo reducido (seminarios), as titorías en grupo moi reducido, e as prácticas de laboratorio ou as prácticas de computador será obrigatoria con carácter xeral. Ademais, para aprobar a materia, o alumno deberá alcanzar a cualificación de apto nas prácticas de laboratorio.
Será obrigatoria a asistencia á totalidade das prácticas de laboratorio. A non asistencia ás mesmas impedirá a superación da materia tanto na oportunidade ordinaria como na oportunidade de recuperación.
A avaliación consistirá en dous partes:
1. Avaliación continua (40%), que poderá constar á súa vez de:
- Exercicios e controles realizados nos seminarios (Ej_sem) (20%)
- Participación e traballo nos seminarios e tutorías (Tut) (5%)
- Prácticas laboratorio (Pract) (15%), nas que se terá en conta, entre outros aspectos avaliables, o cuestionario previo, a organización e pulcritude no laboratorio, a execución da práctica e a presentación dos resultados), e o cuestionario final (Realizado ao final das prácticas ou incluido no exame final)
-A avaliación continua realizaráse desde o principio de curso, mediante tarefas que se especificarán na aula virtual. Recolleránse entregas de xeito aleatorio nalgúns seminarios e poderánse encargar traballos para as titorías.
2. Exame final (EF)
O exame final versará sobre a totalidade dos contidos da materia e incluirá cuestións relativas ás prácticas de laboratorio, cuxo peso no exame será do 15%.
Aspectos a ter en conta para a realización da proba final nos 3 escenarios:
Escenario 1: A proba final será presencial
Escenario 2: A proba final será telemática
Escenario 3: A proba final será telemática
A cualificación do alumno non será inferior á do exame final nin á obtida ponderándoa coa avaliación continua.
Nota final = máximo (0,4 x N1+ 0,6 x N2, N2)
N1= nota numérica correspondente á avaliación continua (escala 0-10).
N2= nota numérica correspondente ao exame final (escala 0-10).
Para a consideración da evaluación contínua na nota final, débese acadar un mínimo de 4 sobre 10 puntos no exame final (N2).
Os alumnos repetidores terán o mesmo réxime de asistencia ás clases que os que cursen a materia por primeira vez, coa excepción de que aos que aprobasen as prácticas de laboratorio conservaráselles a cualificación obtida durante un máximo de dous cursos académicos. Por tanto, non terán que realizar novamente as prácticas de laboratorio, pero asistirán ás restantes clases interactivas (seminarios e titorías) en igualdade de condicións que os restantes alumnos.
Aqueles alumnos repetidores que tendo a calificación de apto nas prácticas, desexasen repetilas, poderán facelas previa comunicación ao/á profesor/a.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendimento académico dos estudantes e da revisión das calificacions.
Evaluación de Competencias : Sem (S) Práct(P) Tutorías (T) Ex Final (EF)
CG2: S, P, T, EF
CG3: S, P, T, EF
CG4: P, T
CG5: EF
CG2: S, EF
CT1: S, P, T, EF
CT2: P, EF
CT4:S, P, T, EF
CT5: P, EF
CE14:P, EF
CE18: P, EF
CE19:P
CE20: P, EF
CE24: S, P, T, EF
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA HORAS
Clases expositivas en grupo grande 23
Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios) 08
Clases interactivas con ordenador en grupo reducido 00
Titorías en grupo moi reducido 02
Prácticas de laboratorio 20
Totais horas traballo presencial na aula ou no laboratorio 53
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO HORAS
Estudo autónomo individual ou en grupo 46
Resolución de exercicios, ou outros traballos 24
Resolución de exercicios, prácticas con ordenador 00
Preparación de presentacións orais, escritas,
elaboración de exercicios propostos. Actividades en
biblioteca ou similar 15
Preparación do traballo de laboratorio e
elaboración da memoria das prácticas 13
Totais horas traballo persoal do alumno 97
Aconséllase a asistencia ás clases expositivas e a utilización da bibliografía recomendada, e a realización dos exercicios e traballos propostos.
No tocante á a parte práctica da materia recoméndase unha lectura dos guións de prácticas, antes da súa entrada no laboratorio.
Plan de continxencia:
Debido á situación especial derivada da pandemia do COVID-19, a USC pode requerir variacions da programación docente impostas polo cambio nas condicions sanitarias. Calqueira modificación na metodoloxía da ensinanza e/ou no sistema de avaliación previstos para os escenarios 2 e 3 será debidamente comunicada ao estudantado da materia a través da aula virtual e as demáis canles habilitadas para a comunicación.
Carmen Maria Garcia Jares
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814394
- Correo electrónico
- carmen.garcia.jares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Isaac Rodriguez Pereiro
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814387
- Correo electrónico
- isaac.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mª Del Carmen Casais Laiño
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814265
- Correo electrónico
- carmela.casais [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Benito Quintana Alvarez
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814263
- Correo electrónico
- jb.quintana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Leticia Pérez Mayán
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Correo electrónico
- leticia.perez.mayan [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Andrea Estévez Danta
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Correo electrónico
- andreaestevez.danta [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_04 | Castelán | Aula Magna "Antonio Casares" (planta baixa) |
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_05 (inglés) | Inglés | Aula 2.11 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula Bioloxía (3º andar) |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula Química Orgánica (1º andar) |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula 2.14 |
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Técnica (planta baixa) |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Física (planta baixa) |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Física (planta baixa) |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula 2.14 |
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Técnica (planta baixa) |
18.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
18.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Xeral (2º andar) |
18.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
18.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Física (planta baixa) |
17.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
17.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Xeral (2º andar) |
17.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
17.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Física (planta baixa) |