Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Física
Áreas: Química Física
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia pertence ao módulo 3: Química Física. Está relacionada fundamentalmente coas materias do devandito módulo e é importante para comprender os contidos da materia Química Física V, que se imparte no 2º cuadrimestre do 3er curso e de Ciencia de Materiais I que se imparte no 1º cuadrimestre do 4º curso.
É unha materia que, a priori, pode parecer moi afastada de todo o que se viu no resto das materias do módulo e non obstante está relacionada coa maioría delas. O estudo da termodinámica estatística serve para establecer unha conexión entre a termodinámica, a espectroscopia e a mecánica cuántica. Abórdase a termodinámica dende un punto de vista microscópico e analízanse as súas aplicacións para a obtención de funcións termodinámicas, capacidades caloríficas, entropías e constantes de equilibrio. Unha parte da materia é o estudo das propiedades de transporte a partir do movemento de difusión e /ou migración das moléculas e ions, o que introduce a electroquímica iónica e ademáis, resulta de grande aplicación para o estudo cinético das reaccións químicas que se aborda na materia Química Física V. O estudo do transporte de carga nas proximidades dos electrodos completa a visión xeral dos sistemas electroquímicos cuxas propiedades están íntimamente relacionadas cos mecanismos de transporte estudados. A parte final da materia dedícase ao estudo das aplicacions prácticas da electroquímica na determinación experimental de propiedades termodinámicas como a enerxía libre, a entropía ou as constantes de equilibrio de reaccións químicas. Así mesmo amósase a aplicación directa da utilidade comercial dos conceptos quimicofísicos manexados nesta materia, destácanse as grandes implicacions tanto no campo enerxético das baterías e célas de combustible, como no campo analítico ou no campo mais novo da nanotecnoloxía que emprega a electroquímica para o manexo da materia a escala atómica. Estes contidos son a base para o estudio da cinética electroquímica que os alumnos traballarán no seguinte cuadrimestre na Química Física V. Ademáis, na materia de 4º curso Ciencia de Materiais I, incluese un capítulo adicado á corrosión polo que será importante que o alumno entenda todas as consideracions electroquímicas implicadas.
Obxectivos da aprendizaxe.
- Interpretar as observacións experimentais e explicalas en termos das teorían nas que se basean empregando os modelos cualitativos e cuantitativos desenvueltos en cada caso.
- Comprender os problemas químicos e establecer a conexión entre os aspectos cuantitativos e cualitativos dos mesmos.
Tema 1. Conceptos básicos de termodinámica estatística
Distribución de estados moleculares. Enerxía interna e Entropía. A función de partición canónica.
Tema 2. Aplicacións da termodinámica estatística
Funcións termodinámicas e a función de partición molecular. Enerxías media. Capacidade calirífica. Ecuacións de estado. Constantes de equilibrio.
Tema 3. Movemento molecular en gases
Teoría cinética de gases. Presión e velocidade molecular. Frecuencia de colisións. Percorrido libre medio. Colisións coas paredes e superficies. Efusión dun gas.
Tema 4. Propiedades de transporte nun gas ideal
Ecuacións fenomenolóxicas. Parámetros de transporte nun gas ideal: coeficiente de difusión, coeficiente de conductividade térmica e coeficiente de viscosidade.
Tema 5. Movementos moleculares en líquidos
Condutividade en disolucións de electrólitos. Mobilidade e condutividade iónica. Interaccións iónicas. Difusión: leis de Fick, ecuación de Einstein, ecuación de Nernst-Einstein e ecuación de Stokes-Einstein.
Tema 6. Equilibrio electroquímico
Potencial electroquímico: aplicación na determinación de constantes de equilibrio e números de transporte. Potencial de unión líquida, utilidade da ponte salina.
Prácticas de laboratorio:
Práctica 1. Transporte de calor: Determinación da condutividade térmica de diferentes materiais.
Práctica 2. Transporte de carga en disolucións de ions: Método conductimétrico para a determinación da constante de ionización do ácido acético.
Práctica 3. Transporte de carga a través da interfase electroquímica en equilibrio: Método potenciométrico para a determinación do producto de solubilidade do AgCl e da constante de formación do complexo Ag(NH3)n+.
Bibliografía Básica (manual de referencia).
F. Rivadulla Fernández. Termodinámica estadística y fenómenos de transporte: introducción y aplicaciones en química. USC Editora. Manuales, 2017.
P. Atkins and J. de Paula, Physical Chemistry, 8th edition; Oxford U. P., 2008
I. N. Levine. Physical Chemistry, 6th edition; McGraw-Hill, 2009
Bibliografía Complementaria.
T. Engel, P. Reid, Química Física, Addison Wesley, 2006
J. Bertrán Rusca, Javier Núñez Delgado, Química Física, Volúmenes I y II. Ariel Ciencia, 2002
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CG2 - Que sexan capaces de xuntar e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusions e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Química.
CG3 - Que poidan aplicar tanto os coñecementos teórico-prácticos adquiridos coma a capacidade de análise e de abstracción na definición e plantexamento de problemas e na búsqueda de solucions tanto en contextos académicos coma profesionais.
CG5 - Que sexan capaces de estudar e aprender de xeito autónomo, coa organización do tiempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en cualqueira disciplina científica ou tecnolóxica.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE5 - Principios da termodinámica e aplicacións na Química.
CE14 - Resolución de problemas cualitativos y cuantitativos segundo modelos previamente desenvolvidos.
CE20 - Interpretación de datos procedentes de observacions e medidas no laboratorio en termos da sua significación e das teorías que a sustentan.
CE22 – Comprender a relación entre a teoría e a experimentación.
CE24 - Comprensión dos aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade de organización e planificación.
CT3 - Coñecemento dunha lingua estranxeira.
CT4 - Resolución de problemas.
ESCENARIO 1: Normalidade adaptada (sin restriccións á presencialidade física)
A) Clases expositivas en grupo grande: O profesor expoñerá na clase aqueles aspectos da lección que considere fundamentais para a compresión e o desenvolvemento das actividades que se propoñerán. Nestas sesión o profesor empregará presentacións de Power Point a modo de guion para seguir a programación. Dito material non será considerado como apuntes da materia en ningún caso. Nestas sesións o profesor irá resolvendo os exemplos mais representativos de cada tema. Habitualmente estas clases guiaránse polos contidos do Manual de referencia proposto. A asistencia a estas clases non é obrigatoria aínda que si é aconsellable e moi importante para ir adquirindo os coñecementos de forma progresiva e para interactuar periódicamente co profesor. A non asistencia as clases expositivas repercute negativamente nos resultados acadados tanto nos seminarios coma nas titorías.
B) Clases interactivas en grupo reducido - Seminarios: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios… É de esperar que o alumno participe activamente nestas clases de distinto xeito: preparación de traballos en grupo, entrega de exercicios ao profesor (algúns dos propostos nos boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación); resolución de exercicios na aula, etc. As tarefas que requiran corrección por formar parte da avaliación continua serán entregadas a través da Aula Virtual. Durante estas sesións interactivas poderanse realizar probas tipo test ou outro tipo de probas coma parte da evaluación continua da materia. A asistencia a estas clases é obrigatoria. O alumnado debe asistir as sesións cun libro de texto dos propostos para a materia e cun ordenador por cada grupo de traballo para poder realizar as actividades propostas.
C) Clases prácticas de laboratorio: Inclúense aquí as clases que teñen lugar no laboratorio de prácticas. Nelas, o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio de química e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. Para estas prácticas, o alumno dispoñerá dun manual de prácticas de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así coma un guión de cada unha das prácticas a realizar, que constará dunha breve presentación dos fundamentos, da metodoloxía a seguir e a indicación dos cálculos a realizar e os resultados a presentar. Pedirase ao alumno que previo ao comezo das sesións de laboratorio, prepare de xeito autónomo os contidos e metodoloxía de dúas das tres prácticas que se propoñen na programación da materia. Unha das prácticas terá que ser preparada polo alumnado na súa totalidade, dispoñendo só dunha breve introducción teórica. Para iso, deberase facer uso da bibliografía axeitada e consultar co profesor cando se considere necesario. Unha vez que se inician as sesións no laboratorio, o alumno terá que explicar ao profesor como vai realizar a práctica e éste lle corrixirá e/ou guiará para que poida completala con éxito. O alumno realizará en grupos reducidos os experimentos e os cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo no diario do laboratorio o desenvolvemento da mesma e os cálculos e resultados que procedan, presentando o mesmo día ou na seguinte sesión un breve informe cos resultados mais importantes (gráficas, táboas, valores calculados, etc), que serán evaluados. Ao remate de cada práctica farase un test para comprobar o nivel de comprensión acadado.
A asistencia a estas clases é obrigatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose razóns de exame e de saúde, así coma aqueles casos considerados na normativa universitaria vixente. A práctica non realizada recuperarase, se é posible, de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a materia.
D) Titorías de pizarra en grupo moi reducido: Para a materia QFIV serán dúas horas para cada alumno. Propoñeranse actividades dirixidas, aclaración de dúbidas sobre a teoría ou as prácticas, resolución de problemas e exercicios, lecturas relacionadas coa materia, etc. O profesor poderá pedir aos alumnos que entreguen algún tipo de exercicio ou informe con anterioridade a celebración da titoría. Estas entregas serán avisadas con antelación suficiente e recolleranse no calendario de actividades da materia. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
ESCENARIO 2: Distanciamento (con restriccións parciais á presencialidade física)
Mantense a forma de repartir a docencia entre sesións expositivas e interactivas, o único que se modifica é a forma na que estas sesións serán realizadas e no tipo de interacción entre profesores e alumnos.
A docencia expositiva poderá realizarse, na súa totalidade de xeito telemático (nos espazos docentes nos que o distanciamento non sexa posible), ou combinarse ao 50% co xeito presencial, naqueles espazos docentes nos que o distanciamento sexa posible. Na docencia interactiva, de seminarios e laboratorios, poderase combinar a presencialidade física e telemática, ata un máximo do 50% das h da materia en xeito telemático, cando o distanciamento así o requira.
As titorías serán telemáticas e empregarase a Aula Virtual e MS Teams.
ESCENARIO 3. Peche de instalacións (imposibilidade de impartir docencia presencial)
As clases expositivas faranse de forma telemática e empregaranse as ferramentas da USC: Aula virtual (Moodle) e MS Teams.
Os seminarios realizaranse de forma telemáticas mediante o uso da Aula Virtual e MS Teams. As tarefas completadas durante estas sesións que deban ser corrixidas entregaranse a través da Aula Virtual.
Para a realización das prácticas de laboratorio empregaranse vídeos ilustrativos da parte puramente experimental e combinarase con clases a través de MS Teams para acompañar os vídeos das explicacións pertinentes. Iranse programando actividades secuenciais que vaian guiando ao alumno a través de cada unha das prácticas. Tanto os vídeos como as tarefas e cuestionarios relacionados coas prácticas xestionaranse a través da Aula Virtual.
As titorías serán telemáticas e empregarase a Aula Virtual e MS Teams.
ESCENARIO 1. Normalidad adaptada (sin restricciones a la presencialidad física)
Repartición das porcentaxes na avaliación:
- Avaliación continua: 40% (Actividades propostas polo profesor 45%; controles 15% e prácticas de laboratorio 40%)
- Exame final: 60%
Aqueles alumnos que non asistiran a un 80% das clases interactivas (seminarios e titorias) perderán o dereito á facer media coa evaluación continua de xeito que a súa nota final dependerá únicamente do exame.
A nota de avaliación continua soamente obterase mediante participación “activa” nas actividades que configuran dita avaliación (presentacións en clase, resolución de problemas en clase,…), de maneira que se demostre que se adquiriron os coñecementos fixados para cada unha de devanditas actividades.
A NOTA FINAL (N) do alumno será a correspondente á ponderación da nota da evaluación continua (0,40 × N1) e da do exame (0,60 × N2) ou ben a nota obtida no exame (N2), sempre aquela que resulte máis favorable ao alumno.
N = máx.(0,40 × N1 + 0,60 × N2, N2)
O exame final incluirá cuestións teóricas e problemas relacionados coa materia incluída no programa da asignatura independentemente de si dita materia foi traballada nas clases expositivas, interactivas ou prácticas de laboratorio. O exame será calificado cun total de 10 puntos.
Avaliación prácticas de laboratorio:
Os alumnos deberán mostrar unha actitude correcta e participativa no laboratorio e cumprir as normas de seguridade. A avaliación das prácticas farase mediante:
- Respostas ás preguntas formuladas polo profesor durante as sesións no laboratorio
- Entrega, ao remate de cada práctica, dun breve informe que recolla os resultados máis salientables da práctica: táboas cos datos experimentais, parámetros determinados, gráficas, etc.
- No exame final incluiranse tamén preguntas sobre as prácticas
- É necesario ter apto nas prácticas para aprobar a materia
- O examen final da materia incluirá cuestións relacionadas cas prácticas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Avaliación das competencias:
• Seminarios: CG2, CG3, DG5, CE5, CE14, CE15, CE20, CE22, CE23, CE24, CE25, CT1, CT2, CT3, CT4
• Prácticas de laboratorio: CG2, CG3, CE20, CE22, CT2
• Titorías: CG2, CE5, CE15, CE25, CT2
• Examen: CG2, DG5, CE5, CE14, CE22, CE23, CE24, CT1, CT2, CT4
Alumnos repetidores:
Os alumnos repetidores terán o mesmo réxime de asistencia as clases que os que cursan a asignatura por primeira vez, cas salvedades seguintes:
Os estudantes repetidores dunha asignatura teórico-práctica que aprobaran as prácticas de laboratorio nunha edición previa, se lles conservará a calificación obtida neste apartado durante un máximo de dous cursos académicos. Polo tanto, non terán que realizar novamente as prácticas de laboratorio, pero asistirán as restantes clases interactivas (seminarios e titorías), en igualdad de condicións que os restantes alumnos, para non perder o dereito a examinarse da asignatura.
Datos importantes que o alumno debe coñecer con vistas a aprobar a asignatura:
- Na resolución de exercicios, tanto na avaliación continua como no exame, fallos graves en aspectos matemáticos básicos serán motivo de penalización cunha redución na nota
- Na resolución de exercicios, tanto na avaliación continua como no exame, o non indicar as unidades que acompañan aos resultados obtidos será motivo de penalización cunha redución na nota
ESCENARIO 2: Distanciamento (con restriccións parciais á presencialidade física)
O sistema de avaliación non sofre ningunha modificación con respecto ao xa indicado no apartado correspondente ao escenario 1.
Mantéñense os mesmos porcentaxes de avaliación continua e exame para a obtención da nota final da materia.
A participación “activa” nas actividades que configuran a avaliación continua dependerá da asistencia ás sesións presenciais, da implicación e participación durante as sesións telemáticas e das entregas efectuadas a través da aula virtual.
A avaliación das prácticas de laboratorio non sofre modificacións. Realizarase en base á actitude e participación mostrada durante as sesións tanto presenciais como telemáticas e ao resumo final que se entregará a través da Aula Virtual.
O exame final da materia realizarase preferentemente de modo presencial, si a situación así o permite. No caso contrario, o exame realizarase de forma telemática empregando a ferramenta Cuestionarios da Aula Virtual combinada con sesión simultánea en MS Teams. Os contidos que se avaliarán no exame serán os mesmos que os indicados para escenario 1.
ESCENARIO 3. Peche de instalacións (imposibilidade de impartir docencia presencial)
O sistema de avaliación non sofre ningunha modificación con respecto ao xa indicado no apartado correspondente ao escenario 1.
Mantéñense os mesmos porcentaxes de avaliación continua e exame para a obtención da nota final da materia.
A participación “activa” nas actividades que configuran a avaliación continua dependerá da implicación e participación durante as sesións telemáticas e das entregas efectuadas a través da Aula Virtual.
A avaliación das prácticas de laboratorio non sofre modificacións. Realizarase en base á actitude e participación mostrada durante as telemáticas e ao resumo final que se entregará a través da Aula Virtual.
O exame final da materia realizarase de forma telemática empregando a ferramenta Cuestionarios da aula virtual combinada con sesión simultánea en MS Teams. Os contidos que se avaliarán no exame serán os mesmos que os indicados para escenario 1.
Horas presenciais do alumno = 55 horas:
. Clases expositivas en grupo grande = 23 horas
. Clases interactivas en grupo reducido = 10 horas
. Prácticas de laboratorio = 20 horas
. Titorías en grupo reducido = 2 horas
Horas de traballo persoal do alumno = 95 horas:
. Estudio autónomo, individual ou en grupo = 46 horas
. Resolución de exercicios e outros traballos = 24 horas
. Preparación do traballo das titorías = 10 horas
. Preparación do traballo de laboratorio = 15 horas
• É aconsellable asistir ás clases expositivas:
- Asistir ás explicacións do profesor acurta o tempo de estudo e facilita a toma de apuntamentos e a organización dos contidos para a preparación do exame
- As transparencias da materia, dispoñibles para todos os alumnos a través da aula virtual, non constitúen apuntamentos senón unha guía orientativa dos contidos. Ademais, o profesor poderá explicar contidos non recollidos explicitamente nas transparencias.
- A asistencia a clase facilita a interacción entre profesor e alumno a través de clases máis participativas.
- O alumno vaise familiarizando co vocabulario específico e coas ecuacións e exercicios que van aparecendo en cada un dos temas. Os alumnos que non asisten regularmente a clase presentan unha maior dificultade á hora de entender o que se pide nos exercicios dos seminarios e titorías.
• É importante manter o estudo da materia "ao día".
• Unha vez finalizada a lectura dun tema no manual de referencia, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando as ecuacións básicas que se deben recordar e asegurándose de coñecer tanto o seu significado coma as condicións nas que se poden aplicar.
• A resolución de problemas é fundamental para a aprendizaxe desta materia e imprescindible para a preparación do exame final. Non se trata de aprender a resolver problemas de forma mecánica senón de comprender o significado do que se está a facer, por que se fai seguindo un determinado método e o seu ámbito de aplicación.
• É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guión da práctica, intentando entender os obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada co profesor. É posible que algunhas prácticas se realicen antes de ver en clase os conceptos teóricos que requiren. Nestes casos, o traballo previo do alumno é aínda máis importante.
Coñecementos previos de utilidade: É aconsellable ter aprobado os módulos de Matemáticas, Física e Química Xeral, así como as materias do mesmo módulo.
PLAN DE CONTINXENCIA PARA O CASO DOS ESCENARIOS 2 E 3 PARA A DOCENCIA
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
ESCENARIO 2: Distanciamento (con restriccións parciais á presencialidade física)
Mantense a forma de repartir a docencia entre sesións expositivas e interactivas, o único que se modifica é a forma na que estas sesións serán realizadas e no tipo de interacción entre profesores e alumnos.
A docencia expositiva poderá realizarse, na súa totalidade de xeito telemático (nos espazos docentes nos que o distanciamento non sexa posible), ou combinarse ao 50% co xeito presencial, naqueles espazos docentes nos que o distanciamento sexa posible. Na docencia interactiva, de seminarios e laboratorios, poderase combinar a presencialidade física e telemática, ata un máximo do 50% das h da materia en xeito telemático, cando o distanciamento así o requira.
As titorías serán telemáticas e empregarase a Aula Virtual e MS Teams.
ESCENARIO 3. Peche de instalacións (imposibilidade de impartir docencia presencial)
As clases expositivas faranse de forma telemática e empregaranse as ferramentas da USC: Aula virtual (Moodle) e MS Teams.
Os seminarios realizaranse de forma telemáticas mediante o uso da Aula Virtual e MS Teams. As tarefas completadas durante estas sesións que deban ser corrixidas entregaranse a través da Aula Virtual.
Para a realización das prácticas de laboratorio empregaranse vídeos ilustrativos da parte puramente experimental e combinarase con clases a través de MS Teams para acompañar os vídeos das explicacións pertinentes. Iranse programando actividades secuenciais que vaian guiando ao alumno a través de cada unha das prácticas. Tanto os vídeos como as tarefas e cuestionarios relacionados coas prácticas xestionaranse a través da Aula Virtual.
As titorías serán telemáticas e empregarase a Aula Virtual e MS Teams.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
ESCENARIO 2: Distanciamento (con restriccións parciais á presencialidade física)
O sistema de avaliación non sofre ningunha modificación con respecto ao xa indicado no apartado correspondente ao escenario 1.
Mantéñense os mesmos porcentaxes de avaliación continua e exame para a obtención da nota final da materia.
A participación “activa” nas actividades que configuran a avaliación continua dependerá da asistencia ás sesións presenciais, da implicación e participación durante as sesións telemáticas e das entregas efectuadas a través da aula virtual.
A avaliación das prácticas de laboratorio non sofre modificacións. Realizarase en base á actitude e participación mostrada durante as sesións tanto presenciais como telemáticas e ao resumo final que se entregará a través da Aula Virtual.
O exame final da materia realizarase de forma telemática empregando a ferramenta Cuestionarios da Aula Virtual combinada con sesión simultánea en MS Teams. Os contidos que se avaliarán no exame serán os mesmos que os indicados para escenario 1.
ESCENARIO 3. Peche de instalacións (imposibilidade de impartir docencia presencial)
O sistema de avaliación non sofre ningunha modificación con respecto ao xa indicado no apartado correspondente ao escenario 1.
Mantéñense os mesmos porcentaxes de avaliación continua e exame para a obtención da nota final da materia.
A participación “activa” nas actividades que configuran a avaliación continua dependerá da implicación e participación durante as sesións telemáticas e das entregas efectuadas a través da Aula Virtual.
A avaliación das prácticas de laboratorio non sofre modificacións. Realizarase en base á actitude e participación mostrada durante as telemáticas e ao resumo final que se entregará a través da Aula Virtual.
O exame final da materia realizarase de forma telemática empregando a ferramenta Cuestionarios da aula virtual combinada con sesión simultánea en MS Teams. Os contidos que se avaliarán no exame serán os mesmos que os indicados para escenario 1.
Sarah Fiol Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881816042
- Correo electrónico
- sarah.fiol [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Antonio Fernandez Ramos
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881815705
- Correo electrónico
- qf.ramos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Emilio Martinez Nuñez
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814223
- Correo electrónico
- emilio.nunez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Francisco Rivadulla Fernandez
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881815724
- Correo electrónico
- f.rivadulla [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Carlos Lopez Bueno
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Correo electrónico
- carlos.lopez.bueno [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Analítica (2º andar) |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Orgánica (1º andar) |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula Bioloxía (3º andar) |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Castelán | Aula Matemáticas (3º andar) |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula Química Analítica (2º andar) |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula Física (3º andar) |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Orgánica (1º andar) |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Analítica (2º andar) |
14.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
14.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Física (planta baixa) |
14.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
14.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Xeral (2º andar) |
06.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Física (3º andar) |
06.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Matemáticas (3º andar) |