Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Química Analítica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Dispor de coñecementos sobre as técnicas analíticas utilizadas nos métodos cinéticos, catalíticos e de inmunoensaio.
2.-Coñecer a instrumentación química que utilizase nos sistemas automatizados, que disponga de coñecementos sobre automatización da instrumentación química e da hibridación instrumental, utilizada nas investigaciones nos laboratorios químicos.
3.-Utilizalos coñecementos teóricos e prácticos para planificar, aplicar e xestionar a metodoloxía analítica máis axeiatada para abordar problemas de índole medioambiental, sanitario, industrial, alimentario o de calquera outra índole relacionada coas sustancias químicas.
4.-Comprender e utilizar a información bibliográfica e técnica referida ós procesos químicos analíticos.
PROGRAMA DAS CLASES TEORICAS
TEMA 1. HIBRIDACIÓN INSTRUMENTAL I
Introducción. Técnicas de separación non cromatograficas en liña con técnicas espectroscópicas
Técnicas de separación cromatográficas en liña con técnicas espectroscópicas atómicas: GC/HPLC – AES/AAS/AFS. Técnicas de separación cromatográficas en liña con técnicas espectroscópicas moleculares:GC-FTIR, GC-RMN
TEMA 2.- HIBRIDACIÓN INSTRUMENTAL II
Espectrometría de Masas na hibridación instrumental: instrumentación
Espectrometría de Masas Atómica na hibridación instrumental: HPLC-ICP-MS, GC-ICP-MS, EC-ICP-MS. Espectrometría de Masas Molecular na hibridación instrumental : GC-MS, LC-MS
Espectrometría de Masas en tandem
TEMA 3. INTRODUCCIÓN A OS MÉTODOS CINÉTICOS DE ANALISE
Introducción aos métodos cinéticos de analise. Reaccions utilizadas na Química Analítica: reaccions de pseudo-primer orden. Factores que afectan a velocidade de reacción. Uso analítico da velocidade de reacción: determinación dunha especie simple, determinacions simultáneas.
Tema 4. MÉTODOS CINÉTICOS CATALÍTICOS
Métodos cinéticos catalíticos. Tipos de catálisis.Reaccions catalíticas no enzimáticas. Catálisis micelar.Uso analítico das reaccions catalizadas
TEMA 5. MÉTODOS ENZIMÁTICOS
Métodos cinéticos enzimáticos:introducción.Activadores e inhibidores da actividade enzimática. Uso analítico de la ecuación de Michaelis-Menten: KM e kcat. Factores que modifican a velocidade das reaccións enzimáticas. Instrumentación analítica nos métodos cinéticos.
TEMA 6. INMUNOENSAYO
Introducción. Fundamento do inmunoensayo. Técnicas de inmunoensayo.Inmunoensayo homoxéneo e heteroxéneo. Tipos de marcadores. Enzimoinmunoensayo (EIA)
TEMA 7. INTRODUCCIÓN A AUTOMATIZACIÓN NA QUÍMICA ANALITICA
Definición e Obxetivos. Extensión da automatización na Química Analítica
Problemas derivados da automatización .Calidade, automatización e Química Analítica
Automatización das operaciones previas do proceso analítico.
TEMA 8. AUTOMATIZACIÓN INTEGRAL: ANALIZADORES
Tipos de analizadores: clasificación. Analizadores continuos. Analizadores discontinuos. Estacions robotizadas. Analizadores de procesos
TEMA 9. AUTOMATIZACIÓN UTILIZANDO TÉCNICAS DE FLUXO
Tipos de técnicas de fluxo: analise de fluxo segmentado(SFA), analise por inyección en fluxo (FIA), analise por inyección secuencial (SIA), analise en fluxo multiconmutado (MSFIA). Fundamento teórico das técnicas de fluxo. Métodos de separación e preconcentración: exemplos.
CLASES DE SEMINARIO
Seminario I. Hibridación instrumental I
Seminario II. Hibridación Instrumental II
Seminario III. Métodos cinéticos de analise
Seminario IV. Aplicacions dos métodos enzimáticos
Seminario V. Métodos enzimáticos: exercicios e cuestiones
Seminario VI.Inmunoensayo
Seminario VII. Automatización na Química Analítica
Seminario VIII. Preparación de las prácticas de laboratorio
PRÁCTICAS DE LABORATORIO
1.- Determinación de iodo en alimentos por un método cinético
2.- Determinación de ferro usando sistemas automáticos FIA-UV/VIS
3.- Determinación de fragancias en produtos de coidado persoal mediante cromatografía de gases
Básica
-Química Analítica: métodos cinéticos, inmunoensayo y análisis de trazas, M.Llompart Vizoso, I.Rodriguez Pereiro, L.Sánchez Prado, 2010
-Automatización y miniaturización en Química Analítica, M.Valcárcel, M.S.Cárdenas, Ed Springer,2000
- Analytical Chemistry, R.Keller,J.M.Mermet,M. Valcárcel, M.Otto,H.M.Widmer, Wiley, 2004
Complementaria
-Principios de Análisis Instrumental, 6ª Ed., Skoog, Holler, Nieman, Ed.Thonsom-Paraninfo, 2009.
-Análisis Químico de Trazas, C. Cámara, C. Pérez-Conde (Eds.), Ed. Síntesis, 2011.
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Que os graduados posúan e comprendan os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Química, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Química.
CG3 - Que poidan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos coma a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG4 - Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito coma de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Química tanto a un público especializado como non especializado.
CG5 - Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade de organización e planificación.
CT4 - Resolución de problemas.
CT5 - Toma de decisións.
ESPECÍFICAS
CE14 - Resolución de problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos previamente desenvolvidos.
CE18 - Levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas
orgánicos e inorgánicos.
CE19 - Manexo de instrumentación química estándar como a que se utiliza para investigacións estruturais e separacións.
CE20 - Interpretación de datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio en termos da súa significación e das
teorías que a sustentan.
CE24 - Comprensión dos aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
O ensino da materia realízase mediante a impartición de clases expositivas que servirán para tutorizar ao alumno no seu traballo persoal que deberá desenvolver posteriormente.
Estas clases expositivas compleméntanse con clases de seminario na que o profesor, ademais de resolver problemas tipo de carácter práctico, solucionará as dúbidas que se lle expoñan ao alumno ao resolver os exercicios ou cuestións propostos polo profesor, como parte do traballo persoal a realizar polo alumno. Ademais, dentro destas clases de seminario, o alumno deberá resolver algún exercicio proposto polo profesor que, servirá para valorar o nivel de compresión do alumno.
As clases prácticas impartiranse no laboratorio en sesións de 4 horas por día durante 3 días. Antes do comezo do traballo experimental estimaranse os coñecementos do alumno acerca da práctica que vai desenvolver posteriormente.
Farase uso da plataforma virtual e do campus virtual para deixar material docente, direccións web, etc. e para facilitar a comunicación entre profesores e alumnos.
ESCENARIO 1: normalidade adaptada
A docencia será de carácter presencial, exceptuando algunha titoría que podería realizarse de forma virtual.
A entrega de informes, traballos e exercicios por parte do alumno será presencial e en formato papel, e nalgún caso como material dixital e entrega non presencial (aula virtual, correo web, etc.).
Ao longo do curso avalíanse as competencias previamente indicadas.
A cualificación do alumno non será inferior á do exame final nin á obtida ponderándoa coa avaliación continua.
Os alumnos repetidores que superasen as prácticas con anterioridade non teñen a obriga de volvelas facer.
ESCENARIO 1: normalidade adaptada
A avaliación consistirá en dous partes:
a) Avaliación continua cun peso dun 30%, repartido do seguinte modo:
-Seminarios, titorías, exercicios entregados ao profesor: 15%
-Prácticas de Laboratorio (organización e pulcritude no laboratorio, execución da práctica, informe final): 15%
b) Exame final da materia: 70%
O exame final será presencial
Indicación referida ao plaxio e ao uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA HORAS
Clases expositivas en grupo grande 18
Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios) 08
Clases interactivas con ordenador en grupo reducido 02
Titorías en grupo moi reducido 02
Prácticas de laboratorio 12
Totais horas traballo presencial na aula ou no laboratorio 40
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO HORAS
Estudo autónomo individual ou en grupo 36
Resolución de exercicios, ou outros traballos 10
Preparación de presentacións orais, escritas,
elaboración de exercicios propostos. Actividades en
biblioteca ou similar 15,5
Preparación do traballo de laboratorio e elaboración da memoria das prácticas 11
Totais horas traballo persoal do alumno 72,5
Aconséllase a asistencia ás clases expositivas e ás clases de seminario.
Aconsellase a utilización da bibliografía recomendada, e a realización dos exercicios e traballos propostos.
En relacion as practicas de laboratorio aconsellase unha boa preparacion previa das mesmas.
OBSERVACIÓNS:
“Plan de Continxencia”
Neste epígrafe recóllense as adaptacións correspondentes aos apartados de metodoloxía de ensino e sistema de avaliación previstos para os escenarios 1-3 para os efectos de futuros procesos de seguimento e acreditación dos títulos.
METODOLOXÍA
Debido á incerteza xerada pola crise sanitaria da COVID 19 exponse dous posibles escenarios docentes máis para o curso 2021/2022:
ESCENARIO 2: distanzamento
Clases expositivas: A docencia realizarase de forma presencial se o tamaño do grupo e o espazo asinado permite manter a distancia interpersoal establecida e cumplir o aforo. En caso contrario e si existen aulas dispoñibles no centro a presencialidade será do 50%. Os alumnos dividiranse en dous grupos que irán alternando a presencialidade, de tal maneira que cando un grupo estea na aula o outro grupo seguirá a clase a través da cámara presente na aula (conectada cunha sesión de Teams). En caso de non dispoñer de aulas as clases se impartirán de forma telemática en modo sincrónico, utilizando no segundo caso preferentemente medios dixitais como a plataforma Teams e o campo virtual da USC.
Clases de seminario: Realizarase preferentemente de forma presencial.
As prácticas de laboratorio serán presenciáis en polo menos un 50 %.
A presentación e entrega de informes, traballos e exercicios por parte do alumno realizarase en formato dixital (aula virtual, correo web, etc.) ou en papel.
ESCENARIO 3
Os alumnos recibirán toda a docencia por medios telemáticos, combinando mecanismos síncronos e asíncronos, utilizando principalmente a plataforma Microsoft teams e o campus virtual da USC, e por tanto, en ningún momento accederán á facultade. As prácticas de laboratorio serán substituídas por actividades alternativas non presenciais incluíndo vídeos ou demostracións das mesmas, exemplos, resolución de casos utilizando datos simulados, etc.
A entrega de traballos e probas non será en ningún caso presencial nin en formato papel, senón que levará a cabo por medios dixitais telemáticos.
AVALIACIÓN:
ESCENARIO 2
A avaliación levará a cabo como no escenario 1.
O exame final será preferentemente presencial.
ESCENARIO 3
A avaliación consistirá en dous partes:
a) Avaliación continua cun peso dun 30%, repartido do seguinte modo:
-Seminarios, titorías, exercicios entregados ao profesor: 15%
-Prácticas de Laboratorio (actividade sustitutoria, ver metodoloxía) (test previo, presentación das prácticas, informe final): 15%
b) Exame final da materia: 70%
O exame final será non presencial
En calquera dos escenarios, en caso de non superar a avaliación continua realizarase un exame final cun peso do 100%.
Indicación referida ao plaxio e ao uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Maria Del Pilar Bermejo Barrera
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814266
- Correo electrónico
- pilar.bermejo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Pilar Llompart Vizoso
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814225
- Correo electrónico
- maria.llompart [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Antonio Moreda Piñeiro
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814375
- Correo electrónico
- antonio.moreda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Laura Rubio Lareu
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Correo electrónico
- laura.rubio [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Analítica (2º andar) |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_03 (Inglés) | Inglés | Aula 3.44 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Técnica (planta baixa) |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_03 (Inglés) | Inglés | Aula 3.44 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Analítica (2º andar) |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_04 | Castelán | Aula Química Orgánica (1º andar) |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_05 (Inglés) | Inglés | Aula 3.11 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula Bioloxía (3º andar) |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula Física (3º andar) |
27.05.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
27.05.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Física (planta baixa) |
27.05.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
27.05.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Xeral (2º andar) |
20.06.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
20.06.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Orgánica (1º andar) |