Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Física
Áreas: Química Física
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ao final da materia, espérase que os alumnos sexan capaces de:
- Comprender os principios básicos e teorías relacionadas coa Química Computacional.
- Coñecer os métodos máis importantes da química computacional no presente.
- Facer uso con soltura dalgúns dos programas máis amplamente utilizados en química computacional.
Introdución aos métodos computacionais. Análise conformacional de moléculas orgánicas. Cálculo de propiedades termodinámicas e enerxías de activación. Estudo de mecanismos de reaccións orgánicas en fase gasosa e en solución. Estudo de sistemas de interese atmosférica. Dinámica molecular de sistemas biolóxicos.
Bibliografía básica:
- C. J. Cramer, Essentials of Computational Chemistry, John Wiley & Sons (2002).
- F. Jensen, Introduction to Computational Chemistry, 2nd Edition, John Wiley & Sons (1999).
- P.W. Atckins, R.S. Friedman, Molecular Quantum Mechanics, 3a Ed., Oxford Univ. Press (1997).
- I. N. Levine, Química Cuántica, 5ª Ed., Pearson Educación (2001).
- A. Szabo, N.S. Ostlund, Modern Quantum Chemistry. Introduction to Advanced Electronic Structure Theory, Dover Pub., Inc. (1996).
-Bailey Chapman, Lorna ElizabethQuímica cuántica: la química cuántica en 100 problemas, 2013
[84-362-1350-5; 84-362-6674-9] ebook, USC.
- Andrés, Juan, Química teórica y computacional, 2000, [84-8021-312-4; 84-15443-27-7] ebook, USC.
BIbliografía complementaria:
- P.W. Atkins, R.S. Friedman, Solutions Manual for Molecular Quantum. Oxford Univ. Press (1997).
Bibliografía avanzada:
- T. Helgaker, P. Joergensen, J. Olsen, ‘Molecular Electronic-Structure Theory’, John Wiley & Sons (2000).
- J. Simons, J. Nichols, Quantum Mechanics in chemistry, Oxford Univ. Press (1997).
- J. B. Foresman, Æleen Frisch, Exploring Chemistry with Electronic Structure Methods, 2ª Ed., Gaussian, Inc. (1995-96).
Básicas e xeraisl
CB2 - Que os alumnos poidan aplicar os seus coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e teñan competencias para soster argumentos e resolver problemas dentro do seu campo de estudo
CB3 - Que os alumnos teñan a capacidade de recoller e interpretar datos relevantes (normalmente dentro do seu campo de estudo) para facer xuízos que inclúan reflexión sobre temas sociais, científicos ou éticos
CB4 - Que os alumnos poden comunicar información, ideas, problemas e solucións a un público tanto cualificado como ordinario
CB5 - Que os alumnos desenvolveran as habilidades de aprendizaxe necesarias para realizar máis estudos cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT9 - Desarrollar habilidades nas relacions interpersonais.
CT10 - Adquirir razoamento crítico.
CT11 - Lograr compromiso ético.
CT8 - Ser capaz de traballar nun contexto internacional.
CT6 - Realizar traballo en equipo
CT7 - Realizar traballo en equipo de carácter interdisciplinar.
ESPECÍFICAS
CE4 - Coñecer os tipos principais de reacción química e suas principais características asociadas.
CE12 - Coñecer a estructura e reactividad das principais clases de biomoléculas e a química dos principais procesos
biolóxicos.
CE15 - Ser capaz de recoñecer e analizar novos problemas e plantexar estratexias para solucionalos.
CE16 - Ser capaz de evaluar e interpretar datos.
Considerase que o escenario ordinario será o escenario 1 (ver Observacions):
A) Clases expositivas en grupo grande: Lección impartida pola profesora que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas,…). Durante as clases de teoría a profesora expondrá o tema correspondente e propondrá cuestions relacionadas para que o alumnado participe ao longo da exposición. Nas clases de problemas resolveranse os exercicios propostos, contando coa participación activa do alumnado: entrega de exercicios á profesora, resolución de exercicios, etc. A asistencia a estas clases non é obligatoria, pero sí moi conveninte. Ao final dalguns dos temas levaran a cabo controis de seguimento da asignatura (15 min. aprox.) que se utilizarán na evaluación continua.
B) Clases prácticas co ordenador: Inclúen as clases onde o alumnado adquire as habilidades propias da parte aplicada da Química Computacional e consolida os conocimentos adquiridos nas clases de teoría. Para a realización destas prácticas, disporase dun Manual de Referencia, que incluirá unha introducción ao traballo co ordenador e, en particular a sua aplicación aos cálculos computacionais, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar, que constará dunha breve presentación dos fundamentos teóricos da práctica e a indicación dos cálculos a realizar e resultados a presentar. O alumnado deberá a acudir a cada sesión de prácticas habendo estudiado o contido deste manual. Así, ao comenzar cada práctica, responderán durante 5 ou 10 minutos a unhas cuestions previas que a profesora califica e ten en cuenta para a nota de prácticas. Tras unha explicación da profesora, realizaranse individualmente as prácticas, e presentarán ao final de cada unha de elas os resultados para ser avaliados.
A asistencia a estas clases é obligatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose razons de examen e de saude, así como aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente. A práctica non realizada por razons xustificadas recuperarse de acordo coa profesora e dentro do horario previsto para a asignatura.
C) Tutorías: Tutorías programadas pola profesora y coordinadas polo Centro. Proponse como actividad principal a realización, exposición e defensa dun traballo individual relacionado coa temática da asignatura. O alumnado deberá de haber entregado á profesora un resumen dos traballos antes da celebración da tutoría. Nestas clases tamén se aclararán dudas sobre a asignatura. A asistencia a estas clases é obligatoria.
Contemplanse tres posibles escenarios:
Durante as clases contarase en todo momento co apoio de medios audiovisuais e informáticos. Así, dende principio de curso frase uso do Campus Virtual e de Teams para a docencia, isto permitirá manter unha distancia de seguridade e de ser necesario o fácil cambio de escenario á docencia semipresencial ou virtual. Tamén se utilizarán programas de cálculo para a realización das prácticas. Considerando o posible paso total ou parcial a docencia non presencial, dende principio de curso, o alumnado instalará, na medida do posible, estes programas nos seus dispositivos e para isto contará coa axuda da profesora. Tanto no Escenario 2 como no 3 a docencia on-line e o examen levaran a cabo de forma síncrona. Seguiranse en todo momento as directrices establecidas pola USC e a Facultade de Química ao respecto den cambio de escenario na docencia.
Considerase que o escenario ordinario será o escenario 1 (ver Observacions):
1. O alumnado non será avaliable se non asiste a todas as clases presenciais de carácter obrigatorio: tutorías e prácticas. As prácticas de computación non realizadas por motivos debidamente xustificados intentarán recuperarse de acordo coa profesora e dentro do horario previsto para a materia.
2. A avaliación consistirá de dous partes (% nota final):
2.1. Avaliación continua, que consta de:
i. Tests entregados á profesora (10%)
ii. Traballo tutorías (10%)
iii. Prácticas computacionales (20%)
2.2. Exame final (60%)
O exame final incluirá unha parte de teoría e outra de computación, na que se tratarán exercicios similares aos levados a cabo durante as prácticas. Ambas as partes terán o mesmo peso na cualificación.
A nota non será menor á do exame final nin á obtida ponderándo ésta coa da avaliación continua.
No examen e nos traballos realizados ao longo do curso avaliaranse as seguintes competencias:
Clases interactivas: CB2-CB5, CT6-CT11, CE4, CE12, CE15, CE16.
Prácticas computacionais: CB2-CB5, CT6-CT11, CE4, CE12, CE15, CE16.
Examen: CB2-CB5, CT6-CT11, CE4, CE12, CE15, CE16.
Os examenes levaranse a cabo na aula de informática.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Recoméndase (como mínimo) o seguinte: 2 horas de estudo por cada hora de clase expositiva, 10 horas para a preparación da presentación das tutorías e 10 horas para o traballo asociado ás prácticas.
O alumnado debe estudar a teoría presentada en cada tema, utilizando o material posto á súa disposición no aula virtual e a bibliografía recomendada e aclarar todas as dúbidas que poidan xurdirlle respecto diso coa profesora ou os compañeiros de clase. Posteriormente debe resolver problemas relacionados coa teoría, comezando polos propostos en clase. O grao de acerto na resolución dos exercicios propostos proporciona unha medida da preparación para afrontar o exame final da materia. O alumnado que atope dificultades importantes á hora de traballar as actividades propostas debe de comentarllo á profesora, co obxectivo de que esta poida analizar o problema e axudar a resolver devanditas dificultades.
- É aconsellable asistir ás clases expositivas.
- É importante manter o estudo da materia "ao día".
- Durante o estudo dun tema, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando os conceptos e as ecuacións básicas, asegurándose de coñecer tanto o seu significado como as condicións nas que estas se poden aplicar.
- A resolución de problemas é fundamental para a aprendizaxe desta materia.
Pode resultar de axuda seguir estes pasos: (1) Listar toda a información relevante que proporciona o enunciado. (2) Listar o que se debe obter. (3) Identificar os modelos e ecuacións necesarios para a resolución do problema e aplicalos correctamente. (4) Prestar atención á coherencia das unidades. (5) Revisar a consistencia do resultado final.
- Nas clases dedicadas a problemas, o alumnado debe ter os problemas resoltos con antelación e participar activamente.
- É imprescindible a preparación das prácticas antes da sua realización. Débese comezar repasando os conceptos teóricos relevantes para cada unha delas e, a continuación, ler con atención o guión da práctica, intentando entender os obxectivos e o desenvolvemento propostos. Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada coa profesora.
PLAN DE CONTIGENCIA #ante un posible cambio de escenario
1) Obxectivos: sen cambios
2) Contidos: sen cambios
3) Material bibliográfico: sen cambios
4) Competencias: sen cambios
5) Metodoloxía:
Escenario 2: distanciamento (con restricións parciais á presencialidade física).
-A docencia expositiva poderá realizarse, na súa totalidade de xeito telemático (nos espazos
docentes nos que o distanciamento non sexa posible), ou combinarse ao 50% co xeito
presencial, naqueles espazos docentes nos que o distanciamento sexa posible. Na docencia
interactiva, de seminarios e prácticas, poderase combinar a presencialidade física e
telemática, ata un máximo do 50% das h da materia en xeito telemático, cando o
distanciamento así o requira.
- As titorías serán preferentemente telemáticas
- As probas finais serán preferentemente de carácter telemático.
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia presencial).
- A docencia será completamente de carácter telemático, con mecanismos síncronos ou
asíncronos. No caso desta asignatura utilizaremos os síncronos.
- As titorías serán exclusivamente telemáticas.
- As probas finais serán exclusivamente de carácter telemático.
6) Sistema de avaliación.
No caso dun paso total (Escenario 3) ou parcial (Escenario 2) a docencia non presencial, a evaluación contínua realizarase da mesma forma que no Escenario 1: utilizando cuestionarios vía o Campus Virtual e os resultados das prácticas e as tutorías subiranse tamén ao Campus Virtual. No caso destas últimas tamén utilizaremos Teams para as exposición orais dos traballos. A evaluación final e de segunda oportunidade realizanrase mediante un examen escrito (1 hora) vía o Campus Virtual, seguido de preguntas orais (30 min.) vía Teams.
7) Tempo de estudo e traballo persoal: sen cambios
8) Recomendacións para o estudo da materia: sen cambios
Berta Fernandez Rodriguez
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814278
- Correo electrónico
- berta.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Informática 3.40 |
27.01.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
12.07.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Informática 3.40 |