Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
- Coñecer a importancia económica das industrias de segunda transformación da madeira
- Coñecer as características da materia prima
- Coñecer os produtos, os distintos fluxos de fabricación, os procesos e maquinaria.
Como resultado da aprendizaxe, o alumno coñecerá as industrias de segunda transformación da madeira que teñen maior importancia económica, os procesos de fabricación típicos destas industrias e as características dos produtos que se obteñen.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
A industria de segunda transformación da madeira e as súas liñas de fluxo: carpintaría, moblaría, torneadura, tonelería.
Maquinaria e as súas funcións nas industrias de segunda transformación.
Formas de unión da madeira.
Técnicas de encolado da madeira.
Operacións de acabado da madeira.
Industrias particulares: envases, postes e cerramentos.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario, no que a asignación de horas é aproximada:
Tema 0. Presentación (0,5 horas presenciais)
Tema 1. Primeira e segunda transformación da madeira (0,5 horas presenciais e 1 hora non presencial)
Tema 2. Situación da industria do moble (4 horas presenciais e 8 horas non presenciais)
Tema 3. Fabricación de mobles (8 horas presenciais e 16 horas non presenciais)
Tema 4. Revestimentos de madeira para paredes e teitos (3 horas presenciais e 6 horas non presenciais)
Tema 5. Solos de madeira (7 horas presenciais e 14 horas non presenciais)
Tema 6. Construción de portas de madeira (6 horas presenciais e 12 horas non presenciais)
Tema 7. Construción de ventás de madeira (4 horas presenciais e 8 horas non presenciais)
Tema 8. Tipos de elementos estruturais de madeira para a construción (3 horas presenciais e 6 horas non presenciais)
Tema 9. Fabricación de elementos estruturais de madeira laminada (6 horas presenciais e 12 horas non presenciais)
Tema 10. Unións de elementos de madeira (2 horas presenciais e 4 horas non presenciais)
Tema 11. Encolado da madeira (2 horas presenciais e 4 horas non presenciais)
Tema 12. Operacións de acabado da madeira (2 horas presenciais e 4 horas non presenciais)
Á espera dun posible cambio ó escenario 2 ou 3 durante o cuadrimestre (no caso de rebrote da COVID-19), a orde de presentación dos temas será a seguinte:
0, 1, 2, 3, 4, 5, 6, 9, 10, 11, 12, 7 e 8.
Bibliografía básica
AITIM. 1994. Guía de la madera para la construcción, el diseño y la decoración. AITIM, Madrid. Dispoñible en papel na Biblioteca Universitaria.
Jackson, A.; Day, D. 1993. Manual completo de la madera, la carpintería y la ebanistería. Ediciones del Prado, Madrid. Dispoñible en papel na Biblioteca Universitaria e versión dixital en https://www.academia.edu/33269971/Manual_Completo_De_La_Madera_La_Carpi….
Nutsch, W. 1992. Tecnología de la madera y mueble. Reverté, Barcelona. Dispoñible en papel na Biblioteca Universitaria.
Peraza Oramas, C.; Rico Rico, F. 1965. Tecnología de la madera laminada. AITIM, Madrid. Dispoñible en papel na Biblioteca Universitaria.
Peraza Sánchez, J. E. 2001. Carpintería: puertas, ventanas, escaleras. AITIM, Madrid. Dispoñible en papel na Biblioteca Universitaria.
Vignote Peña, S.; Martínez Rojas, I. 2006. Tecnología de la madera. Mundiprensa, Madrid. Dispoñible en papel na Biblioteca Universitaria.
Bibliografía complementaria
Abella, I. 1998. El hombre y la madera. RBA Ediciones de Librerías S. A. Dispoñible en papel na Biblioteca Universitaria.
AENOR. 2013. UNE-EN 14080:2013. Estructuras de madera. Madera laminada encolada y madera maciza encolada. Requisitos. AENOR, Madrid. Dispoñible en versión dixital en https://login.microsoftonline.com/8f0d452c-b7a4-4964-b810-8c397374477b/…
Faherty, K. F.; Williamson, T. G. 1995. Wood engineering and construction handbook. McGraw-Hill, Nueva York. Dispoñible en papel na Biblioteca Universitaria.
Serra Hamilton, A. 1988. Carpintería de madera. Escuela de Edificación, Madrid. Dispoñible en papel na Biblioteca Universitaria.
Nesta materia o alumno vai adquirir ou practicar unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e outras específicas, propias da enxeñería en xeral ou da enxeñería forestal en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, trabállanse as seguintes.
Competencias básicas:
(CB1) Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
(CB2) Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
(CB3) Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
(CB4) Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
Competencias xerais:
(CG 11) Capacidade para caracterizar as propiedades anatómicas e tecnolóxicas das materias primas forestais madeirables e non madeirables, así como das tecnoloxías e industrias destas materias primas.
(CG14) Capacidade para entender, interpretar e adoptar os avances científicos no campo forestal, para desenvolver e transferir tecnoloxía e para traballar nun entorno multilingüe e multidisciplinar.
Competencias transversais:
(CT1) Capacidade de análise e síntese.
(CT2) Capacidade para o razoamento e a argumentación.
(CT3) Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
(CT4) Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
(CT5) Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
(CT6) Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
(CT8) Compromiso de veracidade da información que ofrece ós demais.
(CT10) Utilización de información bibliográfica e de Internet.
(CT12) Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas:
(CETEIF2) Subministración de materias primas na industria forestal. Esta competencia adquírese cursando as materias seguintes: “Industrias de primeira transformación da madeira”, “Industrias da celulosa e do papel”, “Protección, conservación e construción en madeira” e “Industrias de segunda transformación da madeira”.
(CETEIF3) Coñecemento dos principios básicos dos procesos de primeira e segunda transformación da madeira. Esta competencia adquírese cursando as materias seguintes: “Industrias de primeira transformación da madeira”, “Industrias da celulosa e do papel”, “Protección, conservación e construción en madeira” e “Industrias de segunda transformación da madeira”.
(CETEIF4) Coñecementos para o cálculo e deseño de instalacións de carpintería, secado, descortizado e trituración da madeira. Esta competencia adquírese cursando as materias seguintes: “Industrias de primeira transformación da madeira”, “Protección, conservación e construción en madeira” e “Industrias de segunda transformación da madeira”.
A docencia presencial desenvolverase mediante clases expositivas na aula (exposicións orais co apoio frecuente do encerado clásico e proxección de imaxes en PowerPoint). A docencia presencial tamén incluirá clases prácticas para recoñecemento de produtos, así como seminarios interactivos na aula para a resolución de problemas numéricos e supostos prácticos.
Durante as sesións presenciais na aula empregaranse xeles desinfectantes para as mans e manterase unha distancia interpersoal de polo menos 1,5 m, empregando máscaras se non se pode asegurar a distancia interpersoal.
Días antes da clase poñerase á disposición dos alumnos copia en formato dixital de todo o material que se vaia proxectar na aula.
Tamén existen titorías presenciais na aula (individuais ou en grupos reducidos), que constitúen un servizo no que o alumno ten a oportunidade de recibir ensino por parte do profesor en aqueles aspectos da materia que o alumno considere. As titorías tamén poden ser atendidas por correo electrónico ou por teléfono.
Como práctica de campo está previsto realizar dúas viaxes de carácter voluntario para coñecer instalacións de fabricación de produtos de segunda transformación da madeira.
Nas clases expositivas trabállanse as seguintes competencias básicas, transversais e específicas: CB1, CT1, CT2, CT6, CETEIF2, CETEIF3 e CETEIF4.
Nas clases prácticas e seminarios interactivos trabállanse as seguintes competencias básicas, xerais e transversais: CB2, CG11, CT3, CT4, CT5 e CT12.
Nas titorías trabállanse as seguintes competencias básicas e transversais: CB3, CB4, CT2, CT8, CT10 e CT12.
Nas prácticas de campo trabállanse as seguintes competencias básicas, xerais, transversais e específicas: CB2, CB3, CB4, CG11, CG14, CT12, CETEIF2, CETEIF3 e CETEIF4.
Para aprobar a materia hai que superar un exame final escrito, para o cal hai dúas oportunidades no curso. A cualificación deste será sobre 10 puntos, e para superalo será preciso alcanzar polo menos unha cualificación de 5 puntos. O exame incluirá preguntas curtas así como a discusión e resolución de supostos prácticos. Incluirase algunha pregunta sobre as visitas de campo realizadas.
Nas probas de exame escritas avalíanse as seguintes competencias básicas, xerais, transversais e específicas: CB1, CB2, CB3, CG11, CT1, CT2, CT3, CT6, CT8, CT12, CETEIF2, CETEIF3 e CETEIF4.
As datas dos exames finais serán fixadas pola Dirección do Centro e son inamovibles para todos os alumnos matriculados na materia (artigo 4.3 da Resolución de 15/6/2011 da USC, DOG de 21/7/2011).
Durante os exames non se fará uso de ningún tipo de documentación, agás a que proporcione o profesor. Non serán necesarias as calculadoras programables, se ben o seu uso está permitido. Non se pode levar teléfono móbil aos exames. O alumno deberá acudir aos exames debidamente documentado mediante DNI, pasaporte ou carné de conducir.
Traballos entregados. Ao longo do curso propoñeranse diversos casos prácticos sinxelos, de carácter voluntario e a resolver por escrito na casa, en torno aos contidos que se estean a impartir en cada momento. Para os alumnos que se acollan a este sistema de entrega de traballos a cualificación obtida nestes representará un 30 % da cualificación final da materia e o 70 % restante corresponderá ao exame final escrito. Para o resto de alumnos, o 100 % da cualificación será o resultado obtido no exame final escrito.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” (artigo 16 da Resolución de 15/6/2011 da USC, DOG de 21/7/2011).
Nos traballos entregados avalíanse as seguintes competencias básicas, xerais, transversais e específicas: CB1, CB2, CB3, CG11, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT8, CT10, CT12, CETEIF2, CETEIF3 e CETEIF4.
As competencias CB4 e CG14 serán traballadas pero non avaliadas.
O sistema de avaliación é o mesmo para alumnos repetidores e para alumnos con dispensa de asistencia (incluíndo o relativo á entrega de traballos).
Ademais do tempo de asistencia ás clases, considérase necesaria unha dedicación de 6,3 horas semanais de estudo persoal para superar a materia.
Convén comezar a fase final de estudo con antelación abondo respecto da data das probas de avaliación para evitar problemas de última hora.
Recoméndase a asistencia a clase, tomando os apuntamentos necesarios, pois trátase dunha materia na que para a plena comprensión de moitos conceptos convén a atención directa ás explicacións do profesor.
Para completar contidos e afianzar a aprendizaxe é desexable o manexo, polo menos, da bibliografía recomendada.
Así mesmo, é necesario o estudo regular ao longo do curso dos apuntamentos tomados na clase, xunto có análise das presentacións que serven de apoio e máis o repaso dos exercicios plantexados na aula.
Plan de continxencia para un posible empeoramento da situación sanitaria provocada pola COVID-19.
O documento da USC titulado “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura. O curso 2020-2021” establece que existen tres posibles escenarios aplicables ao inicio do curso 2020-2021:
- escenario 1: normalidade adaptada
- escenario 2: distanciamento
- escenario 3: peche das instalacións.
Escenario 1. O contido presentado nesta guía foi elaborado asumindo que rexerá o escenario 1.
Se se aplicase o escenario 2 ou o escenario 3, a guía docente modificaríase nos seguintes aspectos:
- as clases presenciais substituiríanse polo envío ós alumnos por vía telemática dos textos completos dos temas xunto coas presentacións feitas para proxectar na aula. Estes envíos terían unha frecuencia aproximadamente semanal, dependendo da carga horaria programada das clases da materia ao longo do cuadrimestre
- as titorías só serían atendidas por correo electrónico e, eventualmente, por teléfono
- as viaxes prácticas substituiríanse por sesións interactivas na aula (escenario 2) ou polo envío de documentos e imaxes explicativos das instalacións que se planificaba visitar (escenario 3)
- as horas presenciais e non presenciais asignadas a cada tema pasarían a ser todas non presenciais (por exemplo, ó tema 1 aplicaríase 1,5 horas de traballo persoal do estudante), excepto as sesións interactivas de aula correspondentes ao escenario 2
- o exame final escrito e a solicitude e entrega de traballos realizaríanse por vía electrónica. O exame final realizaríase a través da aula virtual da materia, de xeito sincrónico, na data e hora establecidas polo centro. O correo electrónico sería usado para solicitar traballos e o correo electrónico ou a aula virtual da materia poderían ser usados para entregalos.
- recoméndase nestes escenarios ler atentamente os temas proporcionados polo profesor, xunto coas presentacións que serven de soporte visual ós textos.
Guillermo Riesco Muñoz
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- guillermo.riesco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
19.05.2022 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 2 (Aulario 1) |
29.06.2022 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 2 (Aulario 1) |