Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Os obxectivos marcados, de acordo co establecido na Memoria do novo Plan adaptado ao EEES, poden quedar como segue:
• Acadar os coñecementos básicos para entender os procedementos necesarios para a realización dun levantamento topográfico.
• Coñecer as características dos Instrumentos da Topografía clásica.
• Coñecer as características dos Sistemas GNSS e a súa conexión coa topografía clásica e outros recursos para Proxectar ou para dirixir Obra.
• Ser capaz de aplicar a metodoloxía topográfica clásica ou por satélite para levar a cabo un levantamento topográfico, calcular e obter resultados correctos.
• Poder interpretar planos, mapas e ortofotos e outros produtos cartográficos, en papel e dixitais.
• Coñecer a nivel de usuario o manexo e utilidades dos Sistemas de Información Xeográfica.
• Realizar as prácticas de campo, laboratorio suficientes para aprender a planificar un levantamento topográfico, a realizar a toma de datos de campo, e executar os cálculos e a representación gráfica correcta dos resultados.
• Ser capaz de organizar un replanteo de obra e a executalo.
• Coñecer, comprender e utilizar os principios básicos da fotogrametría e teledetección.
A Memoria do Título contempla para a materia de Topografía e Xeomática os seguintes contidos que serán considerados como BLOQUES e desenrolados nos seus Temas correspondentes. Neste esquema global incluense os tempos de adicación recomendados, en horas, tanto presencial como non presencial, de acordo cos repartos establecidos no punto 7.
a. DOCENCIA EXPOSITIVA
Fundamentos teóricos básicos.
• Tempo presencial: 2 horas
• Tempo non presencial: 9 horas
Instrumentación topográfica.
• Tempo presencial: 6 horas
• Tempo non presencial: 18 horas
Métodos topográficos.
• Tempo presencial:7 horas
• Tempo non presencial: 28 horas
Sistemas de posicionamento.
• Tempo presencial: 3 horas
• Tempo non presencial: 9 horas
Cartografía.
• Tempo presencial: 2 horas
• Tempo non presencial: 10 horas
Sistemas de Información Xeográfica.
• Tempo presencial: 2 horas
• Tempo non presencial: 8 horas
Teledetección.
• Tempo presencial: 2 horas
• Tempo non presencial: 5 horas
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario:
• BLOQUE 1 (75). Fundamentos teóricos básicos. 2 horas
1.1 Fundamentos da Topografía. Referencias e Medidas. Unidades e Sistemas. 1 hora.
1.2 Teorías de erros e a súa aplicación. 1 hora
• BLOQUE 2 (25). Instrumentación topográfica. 6 horas
• Instrumentación topográfica I. 3 horas
Para Topografía clásica:
2.1. Estación Total.
2.2. Niveis Dixitais de Obra.
2.3. Tecnoloxía Láser.
• Instrumentación topográfica II. 2 horas
Para Topografía por satélite.
2.4. Sistemas GNSS.
2.5. GPS.
2.6. GALILEO.
2.7. GLONASS
2.8. BeiDou
2.9. Sistemas de Aumentación. Redes.
• Instrumentación para toma masiva de puntos. 1 hora
2.10. Láser Escáner
2.11. Toma de datos con Dron
• BLOQUE 3 (75). Métodos topográficos. 7 horas
3.1 Métodoloxía topográfica.
3.1.1 Planimetría 3 horas
3.1.2 Altimetría 2 horas
3.2 Axustes para o traballo de campo.
3.3 Sistemas de representación topográfica. 2 horas
• BLOQUE 4 (75). Sistemas de Posicionamento. 3 horas
• Xeodesia 1 hora
4.1 Conceptos xerais.
4.2 Sistemas de Referencia Xeodésicos: WGS84, ETRS89.
4.3 Redes Xeodésicas españolas.
• Sistemas de Posicionamento 2 horas
4.4 Sistemas GNSS.
4.5 GPS.
4.6 GALILEO.
4.7 GLONASS.
4.8 BeiDou.
4.9 Sistemas de Aumentación. Redes.
• BLOQUE 5 (75). Cartografía. 2 horas
• Cartografía 2 horas
5.1 Cartografía e Sistemas de Proxección.
5.2 Proxección UTM ETRS89.
• BLOQUE 6 (75). Sistemas de Información Xeográfica. 2 horas
6.1 Funcións básicas dun SIX.
6.2 Propiedades dos mapas dun SIX.
i. Sistemas de Coordenadas e Proxeccións.
ii. Diversos formatos de mapas dixitais.
6.3 Principais SIX para xestión forestal:
i. Aproveitamentos de recursos forestais
ii. Xestión de concas
iii. Avaliación de incendios
iv. Modelos de erosión
v. Xestión integral do Medio Natural
6.4 As persoas como sensores. O Técnico Forestal como axente atualizador dun SIX.
• BLOQUE 7 (75). Teledetección. 2 horas
7.1. Introdución á Teledetección.
–Tipos de sensores.
–Introdución ao tratamento dixital de imaxes.
7.2. Interpretación visual.
–Elementos de interpretación visual, textura, sombra, asociación, combinacións entre bandas.
–Filtros.
–Axuste do contraste por medio do histograma.
7.3. Transformacións á imaxe
–Diagramas de dispersión.
–Análise de Compoñentes Principais.
–Índices de vexetación.
–Transformacións:fusión de imaxes.
7.4. Correccións radiométricas e xeométricas.
–Calibración.
–Corrección de erros radiométricos.
–Xeorreferenciación dunha imaxe.
–Ortoimaxe.
7.5. Clasificación
–Clasificación non supervisada e supervisada.
b. DOCENCIA PRÁCTICA INTERACTIVA.
A organización da Docencia Práctica Interactiva organízase tamén en Bloques a fin de conseguir unha millor planificación entre os traballos de campo e os de gabinete.
BLOQUE I. Instrumentos e datos de campo I. Poligonal aberta. Transferencia de datos e cálculos de coordenadas de bases. Radiación e Toma de Datos con GPS
12 horas
Descrición da Práctica:
1.1. Método itinerario e uso da Estación Total. 6 horas
1.2. Transferencia de datos. Captura de pantallas. 1 hora
1.3. Exportación de datos e Carga de Bases na Estación Total. 1 hora
1.4. Método de Radiación con Estación Total
1.5. Toma de datos con GPS modo RTK
BLOQUE II. Cálculos con Protopo 6.1 e debuxo de planos con AutoCad Civil 3D: cálculos de coordenadas de puntos. Debuxo minuta. Parcelarios.
6 horas
Descrición da Práctica:
1.1. Procesado dos datos co programa de cálculos topográficos Protopo.
1.2. Cálculo inicial da poligonal. Exportación de datos e uso na Estación Total.
1.3. Cálculos xerais finais con datos da radiación e da toma con GPS ata lograr os planos finais.
a. Básica
• TOPOGRAFÍA ABREVIADA. Domínguez García-Tejero.
• TOPOGRAFÍA. López Cuervo, Serafín. Madrid, 1994.
1. TOPOGRAFÍA. Chueca Pazos. Ed. Dossat. Barcelona, 1982.
2. TOPOGRAFÍA. Valdés Domenech. Ceac. Barcelona, 1985.
3. TOPOGRAFÍA GENERAL Y APLICADA. Domínguez García-Tejero. 12ª Edición. Mundi-Prensa. Barcelona, 1992.
• MÉTODOS TOPOGRÁFICOS Y OFICINA TÉCNICA. Ojeda, J.L.1984.
b. Complementaria
4. MÉTODOS TOPOGRÁFICOS. Chueca Pazos y otros. U.P. Valencia, 1997.
5. INSTRUMENTACIÓN PARA LA TOPOGRAFÍA Y SU CÁLCULO e CD Multimedia. Dirixido por José Antonio Pardiñas García.
6. TEORÍA DE ERRORES E INSTRUMENTACIÓN TOPOGRÁFICA. Chueca Pazos y otros. Ed. Paraninfo 1997.
7. MANUAL DE GEODESIA Y TOPOGRAFÍA. M. Ruiz Morales. Sevilla 1992.
8. GEODESIA Y CARTOGRAFÍA MATEMÁTICA. Martín Asín. 1990.
Partindo da base de que todo o coñecemento está nos libros non podemos esquecer o mais amplo libro da actualidade. Internet.
Supón un recurso interminable para o bo e para o malo. O alumnado terá que saber discriminar todo o superfluo para poder aproveitar toda a actualidade e toda a inmediatez que supón internet no coñecemento actual.
Suxiro algunhas páxinas web moi interesantes para a adquisición de coñecemento e como axuda na vida profesional. Estas levarán a outras.
Considéranse recursos complementarios
http://www.ign.es
http://www.icv.gva.es/ICV/
http://www.icc.cat/
http://mapas.xunta.es/
http://sitna.navarra.es/
http://www.cartesia.org/
http://www.elgps.com
http://www.leica-geosystems.es/
http://www.topocal.com/
http://www.digi21.net
http://www.topografia.upm.es/
http://www.citop.es/
http://www.protopo.com
http://www.arcgis.com
i. Básicas e Xerais
CG1 - Capacidade para comprender os fundamentos biolóxicos, químicos, físicos, matemáticos e dos sistemas de representación necesarios para o desenvolvemento da actividade profesional, así como para identificar os diferentes elementos bióticos e físicos do medio forestal e os recursos naturais renovables susceptibles de proteción, conservación e aproveitamentos no ámbito forestal.
CG13 - Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans, así como para redatar informes técnicos, memorias de recoñecemento, valoracións, peritaxes e taxacións.
ii. Transversais
CT1 - Capacidade de análise y síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demáis.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
iii. Específicas
CECF6 – Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da Topografía, Sistemas de Información Xeográfica e Teledetección.
a. Escenario 1: Presencial (normalidade adaptada)
O número total de horas de traballo do alumnado en cada materia é igual ao número de créditos que teña por 25, situándose o traballo presencial por crédito entre as 7 e as 10 horas.
As clases expositivas de teoría desenvólvense na aula por parte do profesorado, axudado dos medios materiais que considere oportunos e seguindo os contidos pormenorizados da materia que aparecen refrexados nesta Guía Docente.
Preténdese que a docencia expositiva sirva de direción para a ordenación dos contidos e para dirixir ó alumnado na correcta aplicación dos seus coñecementos previos a esta nova materia aplicada como é a Topografía de Obra.
Foméntase tamén o aprendizaxe continuo compatible co criterio de avaliación continua e a participación do alumnado no proceso de estudo por medio de microprobas de avaliación un día de clase por semana.
Os seminarios e prácticas, realizadas en grupos reducidos de 20 alumnos e de carácter interactivo, son actividades complementarias impartidas polo profesorado responsable das clases teóricas e/ou das prácticas. Estas actividades permiten ao alumnado a adquisición de habilidades e a posta a punto dos coñecementos adquiridos a través do traballo persoal e das clases de teoría. Así mesmo, nas titorías en grupo, con non máis de 10 alumnos/ás, e nas individuais aténdese o alumnado para discutir, comentar, aclarar ou resolver cuestións concretas en relación coas súas tarefas dentro da materia (recompilación de información, preparación de probas de avaliación, traballos, ...).
En calquera caso, todas estas tarefas desenvolvidas persoalmente polo alumnado, dentro da súa aprendizaxe autónoma, serán orientadas e supervisadas polo profesor da materia.
Para unha correcta adquisición de coñecementos cos que alcanzar as competencias previstas, organízase a docencia como se indica a continuación:
• DOCENCIA PRESENCIAL
* EXPOSITIVA E INTERACTIVA (DP = CE + TIT + PR):
As sesións Teóricas dedicaranse a tres tipos de actividade docente:
• Clases Expositivas (CE) nas que se explicarán as liñas máis importantes e vertebradoras do coñecemento da materia e as súas aplicacións na vida profesional. Ó longo deste tempo promoverase a participación das alumnas e alumnos no proceso formativo continuado por medio de probas de avaliación puntuais un día por semana.
o Tempo presencial: 24 horas
o Ámbito: Aula de Teoría
o Nº de alumnos por grupo: 80
Nesta parte da docencia presencial trabállanse as seguintes competencias:
CG1 - Capacidade para comprender os fundamentos biolóxicos, químicos, físicos, matemáticos e dos sistemas de representación necesarios para o desenvolvemento da actividade profesional, así como para identificar os diferentes elementos bióticos e físicos do medio forestal e os recursos naturais renovables susceptibles de proteción, conservación e aproveitamentos no ámbito forestal.
CG13 - Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans, así como para redatar informes técnicos, memorias de recoñecemento, valoracións, peritaxes e taxacións.
CT1 - Capacidade de análise y síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demáis.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
CECF6 - Topografía, Sistemas de Información Xeográfica e Teledetección.
• Titorías Interactivas (TIT) ou Clases tecnolóxicas nas que se completará a formación Teórico-Práctica con aclaración de dúbidas e soporte para a correcta execución e presentación do Proxecto Final de Prácticas. Estas sesións estarán integradas por:
o Tempo presencial: 3 horas por grupo
o Ámbito: Laboratorio L de Topografía (c/PC)
o Nº de alumnos por grupo: 10
• CLASES PRÁCTICAS (PR):
• Clases interactivas nas que se desenvolverán problemas específicos e supostos prácticos de medición e cálculo topográfico.
• Manexo instrumental. Estudaranse as partes constitutivas dos principais instrumentos topográficos utilizados e os procedementos de uso que se porán en práctica na toma de datos de campo.
• Prácticas TIC: Aplicaranse ao desenvolvemento práctico da aprendizaxe adquirida nas clases teóricas tecnolóxicas. Estarán orientadas á adquisición de hábitos de busca de recursos técnicos orientados á profesión en páxinas web xeralistas e especializadas tanto de produtores privados coma da administración pública. Ao mesmo tempo orientarase ao alumnado sobre a metodoloxía a seguir para a produción do Proxecto de Prácticas en soporte dixital.
As clases Prácticas organízanse en grupos pequenos, de 20 alumnos, e están orientadas a reproducir o máis fielmente posible a actividade profesional de obra.
Organizaranse en dous bloques:
• Prácticas de Campo: Nas que se coñecerán as características e o manexo dos diferentes instrumentos topográficos e se realizarán medicións e replanteos.
• Prácticas de Laboratorio: Nas que se aprenderán as aplicacións dos fundamentos de cálculo na topografía e se iniciarán os usos de ferramentas informáticas aplicadas á topografía e cartografía.
o Tempo presencial: 24 horas por grupo
o Ámbito: Laboratorios de Topografía
o Nº de alumnos por grupo: 20
Nesta parte da docencia presencial trabállanse as seguintes competencias:
CG13 - Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans, así como para redatar informes técnicos, memorias de recoñecemento, valoracións, peritaxes e taxacións.
CT1 - Capacidade de análise y síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demáis.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
CECF6 - Topografía, Sistemas de Información Xeográfica e Teledetección.
• TRABALLO NON PRESENCIAL
o Consideramos este traballo integrado por dúas actividades:
* Resolución de problemas e/ou Traballos propostos polo Profesor.
* Desenvolvemento da Memoria/Proxecto de Prácticas.
* Persoal especialmente sensible.
Como docente maior de 60 anos encóntrome no grupo de persoal especialmente sensible.
A experiencia do confinamento permíteme confirmar a viabilidade da combinación docencia presencial-docencia online.
Por eso propoño desenvolver, en función do Informe que emita no seu momento o SVS, unha docencia mixta equivalente para os escenarios 2 e 3 que consistiría en:
• 75% da docencia expositiva online (Temas de contido teórico xeral) e 25% presencial (Temas de maior contido práctico de cálculo ou instrumentación). Márcanse no apartado 2 de Contenidos con un (75) o un (25).
• 50% da docencia interactiva (prácticas de campo), presencial.
• 50% da docencia interactiva (prácticas de laboratorio), on line.
a. Criterios xerais de avaliación.
A aprendizaxe a través dos créditos ECTS e a adquisición das competencias asociadas axústase a unha avaliación continua, que debe contribuír de forma decisiva a estimular o alumnado a seguir o proceso e a involucrarse cada vez máis na súa propia formación.
A "filosofía" que se pretende aplicar co sistema de avaliación que se fixa para esta materia é a de premiar o bo rendemento escolar durante o período lectivo valorando e avaliando o esforzo e o coñecemento real das alumnas e alumnos e promovendo dous aspectos fundamentais na docencia presencial:
a. Asistencia regular ás diferentes sesións formativas.
b. Estudo e participación día a día na propia formación.
Para elo, considérase moi importante modificar o sistema de recoñecemento do esforzo persoal continuado, compatible con esta filosofía. Tradicionalmente déuselle máis peso ós exámes finais e puntuais, que non favorecen nin a asistencia nin a avaliación continua. Por outra parte, é importante lograr un método que permita a participación do alumnado en igualdade de condicións. As intervencións persoais por medio de exposición oral son pouco prácticas e demasiado excluíntes. Por un lado, gastan tempo que non hai. E, por outro, so favorecen a os máis atrevidos.
Para solventalo intentaréi consolidar o método experimental posto en práctica ó longo do curso 201516 mediante a realización dunha miniavaliación semanal, programada como CUESTIONARIOS en Moodle do Campus Virtual da USC. Activaranse os venres de cada semana e estarán integrados por:
Apartado MINITEO: Un par de preguntas cortas da Teoría explicada a semana anterior (CUESTIONARIO GIFT TIPO ENSAIO)
Apartado MICROPRO: Un par de microproblemas de resposta numérica única (CUESTIONARIO GIFT CON RESULTADO) sobre o impartido nas clases da semana anterior.
Ditos cuestionarios estarán abertos unha hora de cada venres lectivo e serán puntuados de forma automática os numéricos ou calificados polo Profesor na semana seguinte os de tipo ensaio.
Aumentar o seu peso na Nota Final probablemente despertará o interés.
Por elo, farase unha avaliación que incluirá como OBRIGATORIAS todas as consideracións seguintes:
1. Asistencia.
2. Proba ou probas, orais e/ou escritas nas que se inclúen exames tipo test parciais sobre coñecementos teóricos e exame final obrigatorio centrado na teoría non superada nos parciais, en descrición da instrumentación e na resolución de problemas.
3. Aproveitamento das prácticas. Exame práctico de manexo instrumental e de software. Avaliación das súas prácticas integrais por medio do documento Memoria/Proxecto de Prácticas entregado por cada equipo de prácticas.
4. Traballos entregados e/ou presentados. Suxerirase un traballo específico relacionado coa materia e o seu impacto e importancia na actividade profesional do Enxeñeiro Civil, que obrigue ao alumno a documentarse e a afondar en determinados aspectos da súa futura vida laboral. Esta proba poderá ser substituída pola realización de problemas relacionados coa materia ó longo do curso.
5. Participación do alumnado nas actividades da aula.
O peso de cada apartado queda fixado como segue:
1. AS: Asistencia 10%
2. PE: Proba ou probas, orais e/ou escritas 30%: competencias CG1, CT6, CT12 y CECC1
3. PR: Aproveitamento das Prácticas 30%: competencias CG1, CT4, CT5, CT6, CT10, CT12 y CECC1
4. TR: Traballos entregados e/ou presentados 15%: competencias CECC1, CT1, CT5, CT6, CT10
5. PA: Participación do alumnado nas actividades da aula 15% CG1, CT6 Y CT12.
CASOS ESPECIAIS A CONSIDERAR
i. Alumnas/os repetidores
Este grupo de alumnas/os non teñen a obriga de asistir ás clases expositivas nin ás prácticas, si as teñen aprobadas do curso inmediatamente anterior.
Por elo, os apartados avaliables de Asistencia, Participación e Prácticas, manterán a Nota do Curso anterior.
Poderán presentar os Traballos propostos polo Profesor xa que os do curso anterior non se terán en conta.
Si teñen as Prácticas suspensas poderán axilizar a realización das mesmas, si se organizan en equipos de repetidores, xa que non necesitarán o mesmo nivel de apoio que os novos.
ii. Alumnas/os con dispensa de asistencia
Según a Instrucción 1/2017 da Secretaría Xeral da USC, baseada nos propios Estatutos da Universidade, unha alumna ou alumno pode solicitar dispensa de asistencia a clases, por motivos fundados, nos plazos que estableza o centro na súa convocatoria anual.
A dispensa para a materia de Topografía e Xeomática nunca pode ser total xa que as prácticas non poden realizarse de outra forma que non sexa a presencial.
Polo tanto, na concesión da dispensa, terá que establecerse esta condición, e a alumna ou alumno deberá acomodar a súa asistencia ás prácticas de acordo co horario oficial, agás casos excepcionais, que se resolverán específicamente.
Esta circunstancia obriga a modificar os pesos que cada apartado avaliable terá na Nota Final (NF), que quedarán como sigue:
O peso de cada apartado, para dispensados de asistencia, queda fixado como sigue:
2. AS: Asistencia 0%
3. PE: Proba o probas, orais e/ou escritas 35%: competencias CG1, CT1, CT2, CT6, CT8, CT12, CECF6.
4. PR: Aproveitamento das Prácticas 35%: competencias CG13, CT2, CT4, CT6, CT8, CT9, CT10, CT12, CECF6.
5. TR: Traballos entregados e/ou presentados 15%: competencias CG13, CT1, CT2, CT3, CT6, CT8, CT9, CT10.
6. PA: Participación do alumnado nas actividades da aula 15%.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas de examebserá de aplicación o recollido na Normativa de Avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC.
B. Criterios específicos para a aplicación dos principios xerais de avaliación.
Todos os apartados se puntuarán sobre 10 puntos e a nota adquirida formará á nota final, tanto na 1ª Oportunidade coma na 2ª Oportunidade da convocatoria ordinaria de cada curso na porcentaxe indicada, por aplicación da seguinte fórmula e das condicións asociadas:
FÓRMULA PRINCIPAL DE CÁLCULO DE NOTA FINAL ACTA PARA ALUMNAS/OS ASISTENTES E/OU REPETIDORES.
NFA = 0,10*NAS + 0,30*NPE + 0,30*NPR + 0,15*NTR + 0,15*NPA
NFA =0 sí: NPRmenor que4 y/o NPEmenor que4 en 1ª Oportunidade y NPRmenor que5 y/o NPEmenor que5 en 2ª Oportunidade.
FÓRMULA PRINCIPAL DE CÁLCULO DE NOTA FINAL ACTA PARA ALUMNAS/OS CON DISPENSA DE ASISTENCIA.
NFA = 0,35*NPE + 0,35*NPR + 0,15*NTR + 0,15*NPA
NFA =0 sí: NPRmenor que4 y/o NPEmenor que4 en 1ª Oportunidade y NPRmenor que5 y/o NPEmenor que5 en 2ª Oportunidade.
Sendo
. NFA = Nota Final Acta
. NAS = Nota ASistencia
. NPE = Nota Probas Escritas
. NPR = Nota PRácticas
. NTR = Nota TRaballos
. NPA = Nota PArticipación
Condicións asociadas ao cálculo das Notas Parciais que compoñen a Nota Final Acta.
1. NAS = HAS*10/HASMAX
HAS = Número de horas de Asistencia (Clases Expositivas + Clases Prácticas Interactivas).
HASMAX = Número de Horas de Asistencia MAXimas impartidas polo Profesor.
Si HAS maior ou igual a 0,8*HASMAX
Si HAS menor que 0,8*HASMAX NAS = 0
O alumnado non poderá presentarse a exames parciais si non acredita unha asistencia do 80% das horas presenciais (Teoría e Prácticas) que correspondan ao período do Exame convocado e perderá o dereito á avaliación continua.
Farase unha excepción cos repetidores sempre e cando se teñan presentado a exámes no curso inmediatamente anterior. As Notas de Asistencia, Prácticas (si están aprobadas) e Participación para estas alumnas e alumnos será a mesma do curso inmediatamente anterior
2. NPE = (NT1 + NT2 +NT3 + NPRO)/4 ou en función dos parciais que se program en ó iniciar o curso.
NT1 = Nota Test1 Teoría (Parcial)
NT2 = Nota Test2 Teoría (Parcial)
NT3 = Nota Test3 Teoría e Instrumentación (Final)
NPRO = Nota Problemas Examen Final
Si NT1, NT2, NT3, NPRO maior ou igual a 4 en 1ª Oportunidade e maior ou igual a 5 en 2ª Oportunidade
No caso de ter que presentarse á 2ª Oportunidade da convocatoria final, as cualificacións correspondentes ós valores NT1, NT2, NT3 e NPRO gardaranse si a nota é igual ou superior a 5.
3. NPR = NotaPR
Si NotaPR maior ou igual a 4
NPR = 0
Si NotaPR menor que4
NPR é a Nota de Prácticas que intervén no cálculo da NFA.
NotaPR é a cualificación outorgada á execución e á Memoria de Prácticas
4. NTR = NotaTR
Si NotaTR maior ou igual a 5
NTR = 0
Si NotaTR menor que5
NTR é a Nota de Traballos que intervén no cálculo da NFA.
NotaTR é a cualificación outorgada ós Traballos Obrigatorios propostos polo Profesor.
5. NPA será a Nota obtida a través do sistema de Participación, sen condicións de mínimos.
Cada sumando da FÓRMULA PRINCIPAL DE CÁLCULO DE NOTA FINAL ACTA está xerado a partir da Nota básica de cada apartado por aplicación da porcentaxe indicada e coa condición de cumplir os requisitos que se establecen a continuación:
• NAS: A nota de asistencia só se terá en conta se o nivel de asistencia comprobada é igual ou superior ao 80%, salvo que as faltas se xustifiquen axeitadamente, tal e como se establece na Normativa de Asistencia a Clase nas Ensinanzas adaptadas ao EEES (acordo do Consello de Goberno da USC de 25 de marzo de 2010).
Faltas de asistencia por enriba do 20% darán lugar á perda do dereito á avaliación continua e o alumno terá que ir obrigatoriamente con toda a materia ao exame final. Neses casos, coa porcentaxe indicada, as notas que se acumularán para obter a final serán as de prácticas, traballos e exame final.
Para controlar a asistencia, mentras non se dispoña doutros medios mais tecnolóxicos, o Profesor da Materia chamará cada alumna ou alumno do listado de alumnos, e anotará a asistencia nunha folla excel de control. A presentación á proba de miniavaliación ou de Test de Teoría considerarase proba de asistencia.
A asistencia pasaranse cada día de clase á base de datos de seguimento e control.
Para acadar o dato HAS sumaranse as horas de asistencia real (incluso falta xustificada a Teoría) a Presencial Teoría, Prácticas e Titorías de Grupo.
Para acadar o dato HASMAX sumaranse as horas de Teoría, Prácticas e Titorías de Grupo (TIT) impartidas polo Profesor.
As faltas de asistencia a Prácticas son inxustificables. O alumno que falte a unha sesión de Prácticas deberá recuperalas noutra xornada. De non facelo non poderá presentar o Proxecto de Prácticas.
• NPE: Parece evidente que un sistema de avaliación continua no que se valoran mais aspectos que un simple exame final escrito pretende premiar e facilitar a superación dunha materia con aproveitamento e, sobre todo, con coñecementos, ás alumnas e alumnos que se integren e que participen de forma activa en tódalas sesións presenciais do ensino.
Por elo, as dúas sesións de avaliación, Maio e Xullo, son consideradas ordinarias e poderán contemplar as dúas todos aqueles esforzos valorados que realizan as alumnas e alumnos durante o desenvolvemento do curso académico.
Tendo en conta esta consideración organízanse probas de exame parcial (TI = Test Intermedios) que poderán contemplar tódolos aspectos da formación desenvolvida ata o momento da data prevista para cada un dos exames TI (Teoría, Problemas e Prácticas de Campo e Laboratorio).
Este tipo de exame será liberatorio de materia para o exame final (1ª ou 2ª Oportunidade) sempre que se acaden as notas indicadas nas condicións asociadas.
A Nota Final das Probas Escritas estará incluída polas Notas dos Test Intermedios e polas Notas de Teoría e Problemas do Exame Final obrigatorio.
• NPR: A cualificación das Prácticas farase sobre a execución das Prácticas de Campo e de Gabinete, segundo contidos establecidos no apartado 2 e valoraranse os resultados numéricos e a exposición escrita da Memoria/Proxecto Final de Prácticas que entregará cada Equipo de Prácticas. Unha Nota de Prácticas menor de 4 puntos na primeira Oportunidade e de 5 puntos na 2ª Oportunidade supón un cero no apartado PR e un suspenso para a totalidade da materia. As prácticas non poden repetirse no mesmo curso. Para a segunda Oportunidade soamente se poden repetir os procesos de cálculo e a elaboración dun novo Proxecto.
As Prácticas aprobadas con NPR maior ou igual a 5 serán conservadas para o seguinte curso académico consecutivo.
• NTR: Para demostrar a capacidade de relación profesional da materia e o esforzo na documentación das competencias profesionais futuras o Profesor proporá un ou dous Traballos Individuais que tratarán sobre temas propios do programa docente, sempre relacionados co futuro desempeño da profesión a que da dereito a titulación á que corresponde a materia.
Como se pretende unha achega seria do alumno soamente se aplicará como sumando á nota final a porcentaxe da NTR si esta nota acada un valor igual ou mais que un 5, como se indica antes.
* NPA: Para avaliar a Nota de PArticipación establécese o seguinte procedimiento:
Realización dunha miniavaliación semanal, programada como CUESTIONARIO en Moodle do Campus Virtual da USC. Activaranse os venres de cada semana e estarán integrados por:
Apartado MINITEO: Un par de preguntas cortas da Teoría explicada a semana anterior (CUESTIONARIO GIFT TIPO ENSAIO)
Apartado MICROPRO: Un par de microproblemas de resposta numérica única (CUESTIONARIO GIFT CON RESULTADO) sobre o impartido nas clases da semana anterior.
Ditos cuestionarios estarán abertos unha hora de cada venres lectivo e serán puntuados de forma automática os numéricos ou calificados polo Profesor na semana seguinte os de tipo ensaio.
O sistema de AVALIACIÓN proposto é válido para os tres escenarios xa que o seu formato pódese aplicar tanto nas avaliacions presenciais, que solo serán as probas escritas finais, celebradas o día do examen final fixado no calendario, como nas telemáticas, ás que so será aplicable o cambio de método pero non os contidos.
De feito, as probas finais online executaranse co mesmo método que se aplicóu no curso académico 201920, en pleno estado de alarma e o seu deseño foi o seguinte:
i. Proba Final que consistirá nun Test de Instrumentación e Software nun cuestionario con resultados numéricos, para comprobar os resultados do problema obxeto de examen, que estará no Campus Virtual ese mesmo día. Esta proba será en Modalidade ASÍNCRONA e estará aberta dous días dende a data de examen establecida no Calendario Oficial.
Revisión de exames.
Cada exame realizado terá unha sesión individualizada para a revisión fixada polo Profesor no momento de publicar as notas.
A confirmación de que se exerceu ese dereito por parte das alumnas e alumnos será mediante sinatura no propio exame indicando: Revisado, data, hora, NIF e sinatura.
Nº. de créditos ECTS 6
Nº. de horas/crédito ECTS 25
Horas equivalentes totales asignatura 150
Distribución 24 h Docencia expositiva
24 h Prácticas
3 h Titorías grupo
4 h Examen
40 h Lectura e Preparación de Temas
3 h Realización de exercicios
37 h Elaboración de Traballos de Curso
15 h Preparación de probas de avaliación
A experiencia docente durante moitos anos e despois de ver pasar varios plans de estudios sen que case nada cambiase, demostra que o alumnado, en xeral, non se implica de forma activa na súa propia formación. É dicir, limítase a copiar o que o profesor "dita" ou explica, pasa a limpo os seus apuntamentos para que sexan lexibles e finalmente estuda de forma compulsiva un mes ou menos antes de todos os seus exames e, se consegue aprobar, esquece sistematicamente todo o aprendido,como se borrase ao disco duro para facer espazo co fin de repetir o mesmo método o curso seguinte e, ás veces, destrúe o material didáctico. Parece que o EEES quere provocar unha maior implicación do alumno na súa propia formación valorando o seu esforzo. Pero iso servirá de moi pouco se realmente o profesor non incita a realizar ese esforzo e non habilita mecanismos para avalialo e consideralo.
A avaliación continua é un bo método. O uso de novas tecnoloxía para o seguimento do esforzo do alumno permitirán ao profesor obrigalo continuamente a estar ao día. A participación dos alumnos nas actividades formativas teórico-prácticas de forma activa pero avaliable só será efectiva e produtiva para eles se están ao día na materia.
Pero de pouco valen as recomendacións para o estudio da materia se o profesor non é consciente de que non está só na titulación. A distribución de contidos ha de ser lóxica e proporcional para que o alumno poida cumprir a única recomendación viable: ESTUDAR DÍA A DÍA!
Iso permitiralle participar na formación interactiva e formular dúbidas e realizar comentarios e establecer debates. Iso tamén permitirá ao profesor ser o "director" do traballo dos diferentes grupos. Os contidos están nos libros, no material elaborado polo profesor, nos recursos de internet, etc. A actividade docente será orientadora e explicativa dos contidos máis difíciles da materia. O resto é traballo do alumno.
PLAN DE CONTINXENCIA
Metoloxía da ensinanza
b. Escenario 2: Semipresencial (distanciamento)
No meu caso, similar ó escenario 1, pero impartindo toda a docencia expositiva online e mantendo o reparto para a interactiva.
A Formación online, xa sexa compartida coa presencial (sistema mixto) xa sexa impartida na súa totalidade, executarase tal e como se explica no escenario 3.
c. Escenario 3: Online (peche das instalacións)
• FORMACIÓN ONLINE.
• DOCENCIA PRESENCIAL
EXPOSITIVA E INTERACTIVA (DP = CE + TIT + PR):
As clases expositivas de teoría, quedan substituidas por sesión formativas puntuais por medios ONLINE respetando os horarios fixados para a formación presencial ou os que se reorganicen en función dos acordos tomados:
i. Videoconferencias utilizando o recurso MS TEAMS para explicacións puntuais, Titorías e Desenvolvemento de Problemas. USO DE PIZARRA DIXITAL, compartindo pantalla.
ii. Formación baseada en Contidos cos Temas do Programa modificados e incorporados ó Campus Virtual
iii. Formación asíncrona por medio de Videotutoriais subidos a MS Teams ou a Stream.
iv. Formación Práctica con uso de software Topográfico por parte do alumnado e coa axuda do Profesor por medio de Videoconferencia con MS Teams. Compartindo pantalla con software de prácticas e con PIZARRA DIXITAL DE APOIO.
v. Instruccións detalladas no Campus Virtual para o uso de datos necesarios para as prácticas de software.
vi. Datos reales de campo.
vii. Normas actualizadas á esta nova situación para a elaboración dunha Memoria de Prácticas.
• Titorías Interactivas (TIT) quedan substituidas por Titorías OnLine a demanda do alumnado, usado o Foro do Campus Virtual ou a Videoconferencia TEAMS.
• CLASES PRÁCTICAS (PR):
• Prácticas TIC: Aplicaranse ao desenvolvemento práctico da aprendizaxe adquirida nas clases teóricas tecnolóxicas. Estarán orientadas á adquisición de hábitos de busca de recursos técnicos orientados á profesión en páxinas web xeneralistas e especializadas tanto de produtores privados coma da administración pública. Ao mesmo tempo orientarase ao alumnado sobre a metodoloxía a seguir para a produción do Proxecto de Prácticas en soporte dixital.
Esta situacción está a poñer a proba o dominio das Tecnoloxías da Información e Comunicación por parte do alumnado.
Creo que a propia experiencia real permite manter o obxectivo deste tipo de Prácticas.
Prácticas de Laboratorio: Nas que se aprenderán as aplicacións dos fundamentos de cálculo na topografía e se iniciarán os usos de ferramentas informáticas aplicadas á topografía e cartografía.
As actividades Prácticas serán organizadas seguindo a estructura de Equipos de Prácticas que estaban organizados antes da suspensión da Formación Presencial.
viii. Esta parte das prácticas pode ser executada online con recursos propios dos alumnos ou cos que facilite a Universidade e coas axudas programadas online.
Para elo contamos coa colaboración importante de varias empresas de software que proporcionan ferramentas informáticas profesionais con licencias educativas que pode asumir a EPSE, como xa está proposto.
A formación no manexo de Protopo 6.1 xa desenvolvida en Videotitoriais e será mellorada para o vindeiro curso.
Formación complementaria neste software Topográfico ou en Topcal21 será explicada a través de Videoconferencia con MS Teams online e tamén a través de Videotutorial para poder ver off line, montado co software Camtasia e colgado en Stream.
As competencias acadadas no período de formación online, combinado co período de formación presencial, ata o 13 de marzo, permite garantir que se acadan as competencias establecidas.
Sistema de avaliación
O sistema de AVALIACIÓN proposto é válido para os tres escenarios xa que o seu formato pódese aplicar tanto nas avaliacions presenciais, que solo serán as probas escritas finais, celebradas o día do examen final fixado no calendario, como nas telemáticas, ás que so será aplicable o cambio de método pero non os contidos.
De feito, as probas finais online executaranse co mesmo método que se aplicóu no curso académico 201920, en pleno estado de alarma e o seu deseño foi o seguinte:
ix. Proba Final que consistirá nun Test de Instrumentación e Software nun cuestionario con resultados numéricos, para comprobar os resultados do problema obxeto de examen, que estará no Campus Virtual ese mesmo día. Esta proba será en Modalidade ASÍNCRONA e estará aberta dous días dende a data de examen establecida no Calendario Oficial.
En todos os escenarios considerarase o seguinte:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas de examebserá de aplicación o recollido na Normativa de Avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC.
Jose Antonio Pardiñas Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- joseantonio.pardinas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Jaime Rodriguez Pereña
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- jaime.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2 (Aulario 1) |
Venres | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2 (Aulario 1) |
18.05.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 (Aulario 1) |
08.07.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 (Aulario 1) |