Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 290 Horas de Titorías: 6.5 Clase Interactiva: 3.5 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Botánica, Departamento externo vinculado ás titulacións, Bioloxía Funcional, Enxeñaría Agroforestal, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría, Economía Aplicada
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Botánica, Área externa Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, Ecoloxía, Expresión Gráfica da Enxeñaría, Enxeñaría Agroforestal, Produción Vexetal, Proxectos de Enxeñaría, Economía, Socioloxía e Política Agraria
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
As competencias serán todas as recollidas na orden ministerial CIN/324/2009, de 9 de febreiro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Forestal.
Exercicio orixinal a realizar individualmente e presentar e defender ante un tribunal universitario, consistente en un proxecto no ámbito das tecnoloxías.
Os contidos do traballo fin de grado (TFG) estarán dentro do ámbito profesional da Enxeñería Forestal tanto na especialidade de Explotacións Forestais e Industrias Forestais. Para determinar a procedencia dunha temática a desenvolver como TFG.
1. Proxectos de Enxeñaría.
Os TFG presentados baixo a tipoloxía de proxecto de enxeñaría definirán unha obra completa a través dun documento orientado á execución da mesma, e que polo tanto inclúa tódolos elementos necesarios para tal fin. Son exemplos de proxectos de enxeñaría:
Os proxectos de enxeñaría deberán incluír, como mínimo, as seguintes seccións, que serán desenvolvidas cos criterios que se indican en cada caso:
1.1. Memoria: Constituirá o documento de síntese do proxecto. Como tal, definirá o obxecto do proxecto, os seus condicionantes, o seu destino, e as conclusións derivadas. Dentro da memoria describiranse:
A natureza do proxecto
A localización e emprazamento
A definición das necesidades
O estudo das alternativas e a xustificación da solución adoptada.
Os datos previos, métodos de cálculo e resultados finais (sen incluír os procesos de cálculo completos agás sexa necesario para a comprensión dos resultados)
As descricións necesarias para a comprensión, segundo proceda, de deseños, procesos, funcionamento e manexo de instalacións, infraestruturas, equipos, obras, etc.
Os resultados da avaliación de impacto ambiental, se procede.
Os resultados do estudo de seguridade e saúde, se procede
O resumo xeral dos presupostos en letra e número.
A análise económica da rendabilidade da inversión, se procede
A programación do proxecto (cronograma, Gantt, ou método similar)
As disposicións legais necesarias para o desenvolvemento do proxecto.
1.2. Anexos á Memoria. Serán incluídos os que se considere necesarios en cada caso para complementar á documentación da memoria. En xeral, incluirán os datos básicos empregados para o desenvolvemento do proxecto; os cálculos realizados en detalle; as características detalladas dos elementos de enxeñaría e instalacións; e todos aqueles elementos que precisen da súa especificación para xustificar a toma de decisións nas diferentes partes do proxecto.
1.3. Planos. Os planos deberán incluír tódolos elementos descritivos para a exacta realización da obra de enxeñaría que representen. Deberán estar acotados e cunha escala correspondente, adaptada ós elementos representados. A inclusión no documento debe permitir un acceso doado para a súa consulta sen deformar ou danar o documento. Tódolos planos deberán ser dobrados ó mesmo tamaño, mostrando na súa cara anterior o caixetín cos datos descriptivos do proxecto.
1.4. Prego de prescricións técnicas. Constitúe o documento contractual do proxecto e deberá presentar unha redacción adecuada a tal fin, recollendo os elementos técnicos, económicos e normativos relativos á execución do proxecto. Deberá incluír a definición do obxecto, alcance e descrición do proxecto; as condicións xerais; e as condicións particulares.
1.5. Orzamento. Deberá incluír as seguintes seccións:
Medicións
Cadro de prezos nº1.- Prezos das unidades de obra en letra.
Cadro de prezos nº2.- Prezos das unidades de obra descompostos en materiais, maquinaria e man de obra con indicación de prezos unitarios e rendimentos.
Orzamentos parciais.
Orzamentos de execución material (PEM).
Orzamento de execución por contrata (PEC).
Orzamento final (PF).
1.6. Seccións específicas. En función da natureza do proxecto, deberanse reflectir seccións ou anexos específicos co mesmo; especificamente o Estudo de Seguridade e Saúde; e o Estudo de Impacto Ambiental.
2. Estudos Técnicos.
Os TFG que se presenten baixo esta tipoloxía definirán o proceso de desenvolvemento dunha solución adecuada e xustificada para un problema técnico concreto relativo ás competencias da titulación. Este problema técnico pode estar constituído pola resolución dunha parte específica dunha obra orientada á súa execución, ou polo desenvolvemento dunha metodoloxía innovadora que permita a realización dunha tarefa dunha maneira máis eficiente en termos técnicos, económicos ou ambientais. Exemplos de estudos técnicos son:
Levantamentos topográficos necesarios para o desenvolvemento dunha obra.
Estudos orientados á mellora no emprego de métodos xeodésicos en traballos topográficos.
Estudos orientados á mellora na utilización e aplicación de instrumentos e métodos topográficos.
Implantacións de Infraestruturas de Datos Espaciais en áreas temáticas específicas.
Implementación de metodoloxías específicas na aplicación dos Sistemas de Información Xeográfica, os Sistemas de Posicionamento Global, etc. ó desenvolvemento de cartografía dixital.
Os estudos técnicos deberán incluír, como mínimo, as seguintes seccións, que serán desenvolvidas cos criterios que se indican en cada caso:
2.1. Introdución. Nesta sección definiranse de maneira adecuada os antecedentes do problema que se pretende abordar, e a xustificación da necesidade dun estudo técnico para a resolución do mesmo. Especificarase se o estudo técnico se desenvolve exclusivamente no eido académico, ou se parte de necesidades reais plantexadas por institucións públicas ou empresas privadas. Ademais, incluirase a localización xeográfica precisa do elemento de estudo.
2.2. Obxectivos do estudo técnico. Especificaranse os obxectivos e metas concretas que se pretenden acadar coa realización do estudo. Estes deberán ser consistentes co mesmo, de maneira que se poda comprobar a súa correspondencia cos resultados obtidos.
2.3. Materiais e Métodos. Definiranse co adecuado nivel de detalle os materiais empregados para o estudo así como as metodoloxías empregadas.
Os materiais incluirán, como proceda:
Datos básicos, incluídos os cartográficos
Aparellos de medición empregados
Hardware e software específicos.
As metodoloxías deberán ser definidas de maneira precisa, sendo especialmente importante que se diferencie entre a autoría orixinal dos métodos, e as modificacións, adaptacións, e aportacións realizadas no TFG polo seu autor.
Será tamén necesario que se definan de forma clara as fases empregadas para o desenvolvemento das metodoloxías.
2.4. Resultados. Nesta sección definiranse os resultados obtidos da aplicación de metodoloxías e emprego dos materiais definidos con anterioridade. Isto incluirá os resultados de análises técnicos, cálculos, elementos cartográficos, deseños, etc., en función da temática do estudo. Deberase asegurar a correspondencia entre os métodos e resultados, e definir claramente cales e ata que punto son derivados do esforzo do alumno.
2.5. Conclusións e interese. Definiranse finalmente as conclusións relativas á realización do estudo técnico, relacionando as mesmas cos obxectivos definidos na sección correspondente. Asimesmo, incidirase no interese e aplicabilidade do estudo, e se procede, en cómo se integra na iniciativa (p.ex. proxecto, plan ou programa) do que xurde a necesidade do estudo.
2.6. Planos / Mapas. Se procedese polo tipo de estudo técnico, incluiranse os mapas informativos necesarios para a aclaración e mostra tanto das metodoloxías desenvolvidas coma dos resultados e as conclusións obtidas.
2.7. Referencias bibliográficas. Terase especial coidado en referenciar adecuadamente os traballos previos que forman o estado da arte que precede o estudo técnico, así coma das metodoloxías que fundamentan o desenvolvemento do estudo. A referenciación bibliográfica seguirá o indicado na norma ISO 690, no Harvard Reference System, ou calquera outro medio que garanta a adecuada citación no estilo dos anteriores. Deberase coidar tamén a correspondencia entre as referencias citadas no texto, e as incluidas no listado final de referencias bibliográficas.
2.8. Anexos. Para aqueles cálculos, descricións técnicas, ou táboas de resultados que resulten demasiado extensas para a súa inclusión nas seccións definidas anteriormente, proveranse os anexos necesarios.
3. Traballos de Investigación br>Os TFG que se presenten baixo esta tipoloxía integrarán investigacións orixinais orientadas á mellora do coñecemento teórico ou práctico en calquera das disciplinas relativas ás competencias da titulación.
3.1. Introdución, antecedentes, xustificación. Farase indicación de cales son termos de referencia para a investigación, a xustificación ou oportunidade para a súa realización. Ademáis, desenvolverase o estado da arte, presentado sobre de referencias a traballos previos coa actualización suficiente, que permitan definir a idoneidade, interese, e novidade do tema de investigación presentado. Tamén definirase con claridade se a investigación presentada correspondese cunha iniciativa illada, ou se forma parte dun proxecto máis amplio, e cales son os obxectivos xerais do mesmo. Identificarase tamén con precisión a área de estudo definida para a investigación.
3.2. Obxectivos. Especificaranse os obxectivos e metas concretas que se pretenden acadar coa investigación. Estes deberán ser consistentes co mesmo, de maneira que se poda comprobar a súa correspondencia cos resultados obtidos e a discusión desenvolvida.
3.3. Material e Métodos. Definiranse co adecuado nivel de detalle os materiais empregados na investigación, así como as metodoloxías empregadas.
Os materiais incluirán, segundo proceda:
Datos básicos de partida, incluídos os cartográficos
Aparellos de medición empregados
Hardware e software específicos.
Metodoloxías de análise, calculo, valoración, etc. empregados, segundo proceda.
As metodoloxías deberán ser definidas de maneira precisa, sendo especialmente importante que se diferencie entre a autoría orixinal dos métodos, e as modificacións, adaptacións, e aportacións realizadas no TFG polo seu autor. Se o obxecto da investigación é o desenvolvemento dunha metodoloxía específica, mostrarase a súa aplicación nun estudo de caso elexido de forma suficientemente xustificada.
Será tamén necesario que se definan de forma clara as fases empregadas para o desenvolvemento e aplicación das metodoloxías, e as datas e fontes de obtención dos datos empregados nas mesmas.
3.4. Resultados. Mostraranse os resultados obtidos da aplicación de metodoloxías e emprego dos materiais definidos con anterioridade. Isto incluirá os resultados de análises técnicos, cálculos, elementos cartográficos, deseños, etc., en función da temática do estudo. Deberase asegurar a correspondencia entre os métodos e resultados, e definir claramente cales e ata que punto son derivados do esforzo do alumno.
3.5. Discusión. A partir dos resultados obtidos, elaborarase unha discusión na que se comente a implicación dos resultados obtidos en relación cos obxectivos da investigación, por unha parte, e co desenvolvemento actual doutras investigacións semellantes identificadas previamente no estado da arte.
3.6. Conclusións. Derivaranse as conclusións necesarias que permitan poñer en contexto os resultados do traballo orixinal en función do avance que supón para o coñecemento científico ou técnico, e/ou da súa aplicación profesional.
3.7. Referencias bibliográficas. Terase especial coidado en referenciar adecuadamente os traballos previos que forman o estado da arte que precede o estudo técnico, así coma das metodoloxías que fundamentan o desenvolvemento do estudo. A referenciación bibliográfica seguirá o indicado na norma ISO 690, no Harvard Reference System, ou calquera outro medio que garanta a adecuada citación no estilo dos anteriores. Deberase coidar tamén a correspondencia entre as referencias citadas no texto, e as incluidas no listado final de referencias bibliográficas.
3.8. Anexos. Para aqueles cálculos, descricións técnicas, ou táboas de resultados que resulten demasiado extensas para a súa inclusión nas seccións definidas anteriormente, proveranse os anexos necesarios.
Os alumnos deberán adicar un total de 300 horas.
Todas as referencias das diferentes asignaturas vinculadas o proxecto, estudio ou traballo de investigación que presente o alumno.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría topográfica en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas, xerais e transversais:
• CB1 - Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
• CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos na resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
• CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo). para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
• CB4 - Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
• CB5 - Que os estudantes teñan denselvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
• CG1 - Capacidade para comprender os fundamentos biolóxicos, químicos, físicos, matemáticos e dos sistemas de representación CG1 - Capacidade para comprender os fundamentos biolóxicos, químicos, físicos, matemáticos e dos sistemas de representación.
• CG2 - Capacidade para analizar a estrutura e función ecolóxica dos sistemas e recursos forestais, incluíndo os paisaxes
• CG3 - Coñecemento dos procesos de degradación que afecten aos sistemas e recursos forestais (contaminación, plagas e enfermidades, incendios, etc.) e capacidade para o uso das técnicas de protección do medio forestal, de restauración hidrolóxico forestal e de conservación da biodiversidade
• CG4 - Capacidade para avaliar e correxir o impacto ambiental, así como aplicar as técnicas de auditoría e xestión ambiental.
• CG5 - Coñecemento das bases da mellora forestal e capacidade para a súa aplicación práctica á produción de planta e á biotecnoloxía
• CG6 - Capacidade para medir, inventariar e avaliar os recursos forestais, aplicar e desenvolver as técnicas selvícolas e de manexo de todo tipo de sistemas forestais, parques e áreas recreativas, así como as técnicas de aproveitamento de produtos forestais madeirables e non madeirables
• CG7 - Capacidade para resolver os problemas técnicos derivados da xestión dos espazos naturais
• CG8 - Capacidade para xestionar e protexer as poboacións de fauna forestal, con especial énfase nas de carácter cinexético e piscícola.
• CG9 - Coñecementos de hidráulica, construción, electrificación, camiños forestais, maquinaria e mecanización necesarios tanto para a xestión dos sistemas forestais como para a súa conservación.
• CG10 - Capacidade para aplicar as técnicas de ordenación forestal e planificación do territorio, así como os criterios e indicadores da xestión forestal sostible no marco dos procedementos de certificación forestal.
• CG11 - Capacidade para caracterizar as propiedades anatómicas e tecnolóxcas das materias primas forestais madeirables e non madeirables, así como das tecnoloxías e industrias destas materias primas
• CG12 - Capacidade de organización e planificación de empresas e outras institucións, con coñecemento das disposicións lexislativas que lles afectan e dos fundamentos do marketing e comercialización de produtos forestais
• CG13 - Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans, así como para redactar informes técnicos, memorias de recoñecemento, valoracións, peritaxes e taxacións
• CG14 - Capacidade para entender, interpretar e adoptar os avances científicos no campo forestal, para desenvolver e transferir tecnoloxía e para traballar nun entorno multilingüe e multidisciplinar
- Traballo de elaboración de documentación por parte do alumno.
- Titorías, individuais co titor ou co presidente da comisión de TFG.
- Presentación e defensa pública do traballo por parte dos seus autores.
O sistema de avaliación constará, nas distintas convocatorias anuais, dos seguintes elementos ou actividades, xunto coas súas porcentaxes de ponderación na nota final da materia:
Proba ou probas, orais e/ou escritas sobre a documentación e a defensa do traballo (100%): competencias CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CG6, CG7, CG8, CG9, CG10, CG11, CG12, CG13, CG14.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións" (artigo 16 da Resolución de 15/06/2011 da USC, DOG de 21/07/2011).
Os alumnos deberán adicar un total de 300 h.
Consultar dúbidas durante o desenvolvemento da clase correspondente ou en titorías.
Existe unha materia no campus virtual da USC co mesmo nome.
Alberto Rojo Alboreca
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- alberto.rojo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Alberto Rojo Alboreca
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- alberto.rojo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Juan Gabriel Alvarez Gonzalez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- juangabriel.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Roque Rodríguez Soalleiro
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- roque.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
María Rosa Mosquera Losada
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- mrosa.mosquera.losada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Josefa Lombardero Diaz
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Teléfono
- 982823150
- Correo electrónico
- mariajosefa.lombardero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Elvira Lopez Mosquera
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- melvira.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Josefa Fernandez Sanjurjo
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 982823141
- Correo electrónico
- mf.sanjurjo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Antonio Rodriguez Guitian
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- manuelantonio.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Pablo Vila Lameiro
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- pablo.vila.lameiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Avelino Nuñez Delgado
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Correo electrónico
- avelino.nunez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Juan Luis Fernández Lorenzo
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- juanluis.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Daria Ruiz Gonzalez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- anadaria.ruiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Antonio Rigueiro Rodríguez
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- antonio.rigueiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Emérito LOU
Emilio V. Carral Vilariño
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- emilio.carral [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Matias Carnero Lopez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- matias.carnero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martin Barrasa Rioja
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- martin.barrasa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Esperanza Alvarez Rodriguez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Correo electrónico
- esperanza.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Agustín Merino García
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Correo electrónico
- agustin.merino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Manuel Francisco Marey Perez
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- manuel.marey [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ulises Dieguez Aranda
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- ulises.dieguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Emilio Rafael Diaz Varela
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- emilio.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ana Isabel Barreiro Buján
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 982823138
- Correo electrónico
- ana.barreiro.bujan [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
Iban Vazquez Gonzalez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía, Socioloxía e Política Agraria
- Correo electrónico
- iban.vazquez.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Adriana Conde Fernandez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Expresión Gráfica da Enxeñaría
- Correo electrónico
- adriana.conde [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Pablo Souza Alonso
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Correo electrónico
- pablo.souza [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta