Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Na memoria de título figura: Coñecer, comprender e utilizar os principios das tecnoloxías da produción vexetal: Sistemas de produción e explotación. Tecnoloxía e sistemas de cultivo de especies herbáceas. Agroenerxética. Cultivos.
a.- obxectivo xenérico: Que os alumnos de Cultivos Herbáceos Extensivos coñezan os fundamentos e as tecnoloxías aplicables á produción e adquiran as habilidades e competencias necesarias para planificar, deseñar e executar proxectos de cultivos herbáceos extensivos, así como xestionar de forma integral e sostible procesos produtivos empresariais, a través dunha aprendizaxe significativa e construtivista.
b.- obxectivos específicos: Os obxectivos específicos, de coñecemento e procedemento, son:
- Recoñecer especies de cultivos herbáceos extensivos e comprender a problemática actual e as técnicas de cultivo.
- Aplicar os coñecementos botánicos e de fisioloxía vexetal ás especies en estudo e afondar nos procesos de desenvolvemento vexetativo, floración, polinización, etc., conducentes á formación do produto final comerciable.
- Analizar, prever e interpretar os posibles efectos edafoclimáticos nos cultivos e a súa influencia na toma de decisións relativas ao establecemento e manexo destes.
- Coñecer o material vexetal utilizado no cultivo, con capacidade para programar rotacións, seleccionar especies e variedades para cada situación concreta.
- Coñecer as técnicas de preparación do solo, establecemento e desenvolvemento dos cultivos.
- Revisar os fundamentos e aplicar o coñecemento sobre técnicas de produción de sementes, e se é o caso, outros tipos de propagación de especies polos métodos axeitados.
- Coñecer a problemática da colleita e os criterios de calidade dos produtos.
- Valorar a investigación científica como vía para solucionar problemas.
A memoria de título considera para esta materia os contidos seguintes: Situación actual e aspectos económicos dos cultivos herbáceos extensivos. Sistemas de cultivo. Rotacións e alternativas de cultivos. Cerealicultura. Cereais de inverno e de verán. As leguminosas de gran. Leguminosas de gran de inverno e verán. Plantas tuberosas: A pataca. Plantas téxtiles. Plantas azucreiras. Cultivos agroenerxéticos.
Esta materia constitúe por si mesma unha rama da fitotecnia xeral que trata do cultivo de plantas herbáceas, realizado con técnicas extensivas (grandes extensións de terreo que xustifican unha elevada mecanización e pouco emprego de man de obra). Para cada grupo de cultivos abordaranse coñecementos xerais sobre os cultivos que engloba o devandito grupo, coñecementos particulares aplicados a cada especie e á relación coas demais especies cultivadas, e co ámbito no que se desenvolven, permitindo ao alumno a planificación dun manexo sostible dos sistemas agrarios.
A duración de cada apartado é aproximada. Pode haber variacións en función do desenvolvemento dos contidos
Temario expositivo:
Tema 1. Introdución aos cultivos herbáceos extensivos. Concepto de cultivo extensivo. Factores limitantes. (1 h presencial, 1.5 horas non presenciais)
Tema 2. Clasificación dos cultivos herbáceos para o seu estudo. (1 h presencial, 1.5 horas non presenciais)
Tema 3. Rotacións e alternativas de cultivos. (3 h presenciais, 6 horas non presenciais)
Tema 4. Cerealicultura. Aspectos xerais. (2,5 h presenciais, 5 horas non presenciais)
Tema 5. Cereais de inverno. O trigo, o centeo. (3 h presenciais, 6 horas non presenciais)
Tema 6. Cereais de verán. O millo. (2 h presenciais, 4 horas non presenciais)
Tema 7. As leguminosas de gran. Aspectos xerais. (2,5 h presenciais, 5 horas non presenciais)
Tema 8. A soia. (2 h presenciais, 4 horas non presenciais)
Tema 9. A faba. (2 h presenciais, 4 horas non presenciais)
Tema 10. Plantas Oleaxinosas. O xirasol. (1 h presencial, 2 horas non presenciais)
Tema 11. Plantas Tuberosas. A pataca. (3 h presenciais, 6 horas non presenciais)
Tema 12. Cultivos Agroenerxéticos. (1 h presencial, 2 horas non presenciais)
Temario interactivo:
Práctica 1. Cálculo dunha dose de sementeira (Laboratorio) (2 horas presenciais)
Práctica 2. Preparación solo de sementeira, realización da sementeira (Campo prácticas) (2 horas pres.)
Práctica 3. Ensaio de xerminación (Laboratorio) (2 horas presenciais,3 horas non presenciais)
Práctica 4. Descrición seguimento de cultivos. Elaboración de glosario inglés-castelán/galego). (Seminario) (2 horas presenciais, 15 non presenciais)
Práctica 5. Seguimento de cultivos (Campo). (2 h presenciais, 4 horas non presenciais)
Viaxe 1. Carballo Comarca de Bergantiños (6 h presenciais, 1.5 horas non presenciais)
Viaxe 2. Xinzo de Limia. Comarca da Limia (8 h presenciais, 1.5 horas non presenciais)
Alba, A. e Llanos, M. 1990. “El girasol”. Ediciones Mundi-Prensa, Madrid.
Cadenas, A. 1995. “Agricultura y desarrollo sostenible”. Ediciones Mundi-Prensa, Madrid.
Cubero, J.I. e Moreno, M.T. (eds). 1983. “Leguminosas de grano”. Ediciones Mundi-Prensa, Madrid.
Guerrero, A. 1999. “Cultivos herbáceos extensivos”. Ediciones Mundi-Prensa, Madrid.
Leguminosas de Grano. 1992. “I jornadas técnicas sobre leguminosas de grano”. E.U.I.T.A. Palencia. 28-30 de setembro de 1992. Universidad de Valladolid. Junta de Castilla y León.
Loomis, R.S. e Connor, D.J. 2002. “Ecología de cultivos: productividad y manejo en sisetemas agrarios”. Ediciones Mundi-Prensa.
Lopez Bellido, L. 1991. “Cultivos herbáceos. Vol. I. Cereales”. Ediciones Mundi-Prensa, Madrid.
López Bellido, L. 1986. El altramuz. Investigación y Ciencia. nº de abril: 8-15.
Llanos, M. 1984. “El maíz: su cultivo y aprovechamiento”. Ediciones Mundi-Prensa, Madrid.
Metcalfe, D.S. e Elkins, D.M. 1980. “Crop production: principles and practices”. Macmillan Publishing Co., Nova York.
Summerfield, R.J. and Roberts, E.H. (eds). 1985. “Grain legume crops”. Collins, Londres.
Urbano, P e Moro, R. 1992. “Sistemas agrícolas con alternativas y rotaciones de cultivo”. Ediciones Mundi-Prensa, Madrid.
Van Schoohaven, A. e Voysest, O. (eds) 1991. “Common beans: research for crop improvement”. CAB International, Cambridge.
Villalobos, F.J. et al. 2002. “Fitotecnia. Bases y tecnologías de la prucción vegetal”. Mundi-Prensa, Madrid.
BASICAS E XERAIS
CG1- Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou contornas cambiantes.
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abranguer situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 - Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
ESPECÍFICAS
CEG1 - Capacidade para a preparación previa, concepción, redacción e firma de proxectos que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de bens mobles ou inmobles que pola súa natureza e características queden comprendidos na técnica propia da produción agrícola.
CEG2 - Coñecemento axeitado dos problemas físicos, as tecnoloxías, maquinaria e sistemas de subministración hídrica e enerxética, os límites impostos por factores presupostarios e normativa construtiva, e as relacións entre as instalacións ou edificacións e explotacións agrarias, as industrias agroalimentarias e os espazos relacionados coa xardinaría e o paisaxismo co seu ámbito social e ambiental, así como a necesidade de relacionar aqueles e ese ámbito coas necesidades humanas e de preservación do medio.
CEG5 - Capacidade para a redacción e firma de estudos de explotacións agrícolas.
CEG3 - Capacidade para dirixir a execución das obras obxecto dos proxectos relativos a explotacións.
CEG4 - Capacidade para a redacción e firma de medicións, segregacións, parcelacións, valoracións e taxacións dentro do medio rural.
CEG6 - Capacidade para a dirección e xestión de toda clase de explotacións agrícolas, con coñecemento das novas tecnoloxías, os procesos de calidade, trazabilidade e certificación e as técnicas de mercadotecnia e comercialización de produtos alimentarios e plantas cultivadas.
EA2 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das tecnoloxías da produción vexetal: sistemas de produción e explotación. Protección de cultivos contra pragas e enfermidades. Tecnoloxía e sistemas de cultivo de especies herbáceas.
MC1 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das tecnoloxías da produción vexetal e animal: fitotecnia; biotecnoloxía e mellora vexetal; cultivos; protección de cultivos; xardinaría e paisaxismo. Espazos deportivos.
Escenario 1 (normalidade adaptada):
- Unha primeira parte de docencia expositiva: clase maxistral e traballos de alumnos a través do material audiovisual, desenvolvendo o contido dos temas do programa de teoría. Serán postos a disposición dos alumnos na aula virtual(24 h). Competencias desenvolvidas: CT5, CT10, CT11, CT12, CEG2, CEG6, EA2.
- Docencia interactiva en seminario, consistente na resolución de dúbidas, problemas e casos prácticos.
- Docencia interactiva e prácticas. Clases prácticas, que serán tanto no laboratorio, como no seminario, e no campo de prácticas da Escola, onde se levarán a cabo entre outras cousas a realización dunha sementeira individual por parte do alumno/a e o seguimento técnico e fenoloxía de diferentes cultivos. Prácticas de campo: viaxes de prácticas a centros de investigación e experimentación e empresas relacionadas co sector. En principio están previstas 2 viaxes a dúas bisbarras representativas e diferenciadas deste tipo de cultivos; en concreto, a Xinzo de Limia e a súa Comarca, e a Carballo (Comarca de Bergantiños) (24 h). Competencias: CT5, CT6, CT7, CT11, CT12, EA2.
- Titorías de grupo, consistentes na resolución de dúbidas, problemas e casos prácticos (3 h).
As titorías poderán ser presenciais e "on line" mediante as Ferramentas de Comunicación da USC-Virtual.
A presencialidade requirirá da aplicación das medidas hixiosanitarias determinadas polas autoridades (hidroxel, obligatoriedade de máscara facial, distancia mínima de seguridade).
De forma excepcional, a docencia presencial poderá combinarse coa docencia virtual.
Para a realización de tutorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, pode realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante Ms Teams, correo electrónico ou Wasapp
NO CASO DE CAUSA SOBREVIDA QUE PROVOQUE O CAMBIO DO ESCENARIO 1 DESCRITO, VER AS MOFIFICACIÓNS QUE SE ESPECIFICAN NO PLAN DE CONTINXENCIAS DO APARTADO FINAL: OBSERVACIÓNS
Para avaliar a materia de cultivos herbáceos extensivos, teranse en conta:
Exames escritos: nos que se avaliará a adquisición de coñecementos desenvolvidos nas clases expositivas e nos seminarios. A súa contribución á nota final será do 60%, sendo imprescindible obter polo menos unha nota de 4 sobre 10. En caso de que se fagan exames parciais, eliminarán materia do exame final se a súa cualificación é polo menos de 5 sobre 10 e unicamente para a primeira convocatoria oficial (maio). A súa contribución á nota final estará en relación coa proporción da materia avaliada.
Asistencia activa e participación ás clases expositivas e de seminario: que se valorará mediante control de asistencia e observación da actitude e participación nas clases. Terá unha contribución na nota final do 10%.
Traballos: Busca e elaboración de información dun tema determinado e exposición deste. Suporá unha contribución á nota final do 15%.
Prácticas: será obrigatoria a asistencia á docencia das horas de prácticas, agás causa xustificada. Entre as prácticas, e tamén con carácter obrigatorio, inclúense as dúas viaxes, que contabilizan 6 e 8 h presenciais, respectivamente. Ademais o alumno/a deberá presentar memorias para determinar o nivel de aproveitamento das prácticas e viaxes. A súa contribución á nota final será do 15%.
As competencias avaliadas con cada unha das compoñentes do sistema de avaliación son:
Exames escritos (60%): CT10, CT12, CEG5, CEG6, EA2
Asistencia e participación nas clases (10%)
Traballos a entregar (15%): CT5, CT6, CT10, EA2, HJ1, MC1
Aproveitamento das prácticas (15%): CG7, CEG6, EA2
- No caso de que se suspenda a materia e se repita, se hai algunha parte aprobada, esta gardarase para o curso seguinte.
- O sistema de avaliación na convocatoria extraordinaria é igual có da ordinaria.
- Os estudantes que teñan dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas por mor do traballo ou conciliación familiar, terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas que están sinaladas no horario de clases e programadas na Guía docente.
As actuacións dos profesores da materia rexeranse, en todo caso, pola Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio).
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no "Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión das cualificacións".
O sistema de avaliación será exactamente o mesmo independentemente do método de ensino empregado (presencial ou virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación se realizarán, segundo o establecido polas autoridades competentes, ben de xeito presencial na aula. ou de xeito remoto. a través dos medios telemáticos dispoñibles na USC
- Traballo presencial
o Clases expositivas (24 h)
o Clases interactivas (24 h)
o Titorías en grupo (3 horas)
o Avaliación: exame, traballo (4 horas)
- Traballo non presencial (95 h)
o Estudio temas, preparación exame (50 h)
o Busca bibliografía e elaboración de traballo (35 h)
o Elaboración memorias de prácticas (10 h)
O alumno ou alumna terá que decidir o tempo que precisa segundo as súas necesidades, por tanto a temporización que se da no traballo presencial é meramente orientativa.
- Asistir a clases e viaxes, e levar a materia ao día.
- Estudo razoado (non memorístico) tratando de entender os conceptos, e de resolver dúbidas a medida que van xurdindo, facendo uso das titorías.
- Integración dos coñecementos adquiridos en materias que deberían ser previas ou complementarias.
- Intentar manter un contacto cos factores do ámbito relacionados coa materia: Relacionar os coñecementos adquiridos coas súas posibles aplicacións ao sector.
- Consulta da bibliografía recomendada
1. PLAN DE CONTINXENCIAS NO CASO DE CAUSA SOBREVIDA QUE PROVOQUE O CAMBIO AOS ESCENARIOS 2 OU 3
Escenario 2 (distanciamiento)
Metodoloxía da ensinanza:
• Clases maxistrais impartidas telepaticamente mediante Ms Teams, Skype, Zoom ou calquera outra plataforma aprobada para tal fin. Estas sesións contarán co Campus Virtual como apoio á docencia.
• Traballo práctico autónomo en grupos reducidos e supervisado polo profesor. O tempo de presencialidade en prácticas poderá ser reducido ata un 50%, en función das recomendacións sanitarias, de modo que permita potenciar as medidas de seguridade e se manteñan as mesmas franxas horarias para cada grupo de prácticas. Neste caso, a docencia interactiva será complementada con actividades formativas telemáticas. Serán de obrigada aplicación, e reforzaranse, as medidas hixiosanitarias en función da recomendación das autoridades no momento (hidroxel, obrigatoriedade de máscara facial, distancia de seguridade ou outras).
• Estudo independente de cada alumno.
• Titorías, unicamente telemáticas.
Sistema de avaliación:
• Asistencia regular ás sesións teóricas telemáticas e obrigatoria ás actividades prácticas programadas. Para poder realizar o exame é necesario asistir ao 100% das sesións prácticas –tanto o traballo presencial como o realizado de forma telemática a través das plataformas habilitadas–.
• A avaliación continua da actividade práctica realizarase mediante a combinación de probas presenciais e telemáticas.
• O exame final da materia realizarase de forma telemática ou, se as circunstancias o permitiran, de forma presencial. O resto de condicións non cambia co respecto ao descrito no Escenario 1.
Escenario 3 (peche de instalacións)
Metodoloxía da ensinanza:
• As actividades docentes realizaranse todas de forma telemática mediante as plataformas habilitadas para tal fin, complementadas co uso do Campus Virtual e respectando os horarios establecidos no calendario académico 2020-21.
• Mantense o requisito de asistencia regular para as sesións teóricas telemáticas, e obrigatoria para as actividades prácticas virtuais programadas.
• O exame final da materia realizarase de forma telemática, e terá un peso do 50% da nota global. A avaliación continua da actividade práctica realizarase mediante probas telemáticas e aportará o 50% restante da cualificación global.
Para a realización de tutorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, pode realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante Ms Teams, correo electrónico ou Wasapp.
2. A materia impártese nos dous idiomas oficiais da Comunidade Autónoma
Benigno Ruiz Nogueiras
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- benigno.ruiz [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Miguel Fernández Labrada
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- miguel.fernandez.labrada [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Xoves | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 12 (Aulario 3) |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 12 (Aulario 3) |
04.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 (Aulario 3) |
04.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 (Aulario 3) |
13.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 (Aulario 3) |