Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer, comprender e utilizar os principios da Enxeñaría do medio rural: hidráulica. Saber tomar decisións mediante o uso dos recursos dispoñibles para o traballo en grupos multidisciplinares. Saber transferir tecnoloxía, entender, interpretar, comunicar e adoptar os avances no campo agrario.
Hidrostática: Cálculo de empuxes. Ecuacións fundamentais da hidrodinámica. Características xeométricas e mecánicas de tubarías. Perdas de carga. Cálculo de sistemas simples e complexos de tubarías. Instalacións de bombeo. Fluxo variable en conduccións a presión. Hidrometría en réximen forzado.
Estos contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario
Teoría
Tema 1. Introdución. Propiedades dos fluídos
Tema 2. Hidroestática
Tema 3. Empuxes sobre superficies somerxidas
Tema 4. Cinemática de fluídos
Tema 5. Dinámica de fluídos
Tema 6. Dinámica dos fluídos reais. Réxime laminar
Tema 7. A tubaxe: materiais e compoñentes
Tema 8. Resistencia dos fluídos
Tema 9. Perdas de carga continuas
Tema 10. Fórmulas monomias para o cálculo das perdas de carga continuas
Tema 11. Perdas de carga localizadas
Tema 12. O funcionamento da tubaxe
Tema 13. Canos con distribución continua de caudal
Tema 14. Canos con distribución discreta de caudal
Tema 15. Bombas hidráulicas
Tema 16. Bombas rotodinámicas
Tema 17. O golpe de ariete
Estímase 1 h aproximadamente por tema. Total 18 h
Interactivas laboratorio
Resolución de casos prácticos
Prácticas
1. Recoñecemento de materiais
2. Estudo da asociación de bombas centrífugas
3. Determinación da curva característica de diversos emisores
4. Resolución exercicios propostos
Total Interactivas laboratorio (14 h) e prácticas (4 h): 18 h
Titorías en grupos reducidos 4 h
Básica
Aguera Soriano, J. 1996. Mecanica de fluidos incompresibles y turbomáquinas hidráulicas. Editorial Ciencia 3.
Streeter, V. 1988. Mecánica de fluidos. Ed. McGraw-Hill. Mexico.
Complementaria
Arviza, J. y Santamarina, C. 1995. Ingeniería Rural: Hidráulica. S.P.U.P.V. Valencia.
Gómez, P. 1993. Instalaciones de bombeo para riego y otros usos. Ed. Agrícola S.A. Madrid..
Losada, A. 1996. Fundamentos de hidrología y de la práctica de riegos. Escuela Técnica Superior de Ingenieros Agrónomos. Universidad Politécnica de Madrid.
Mendiluce, E. 1987. El golpe de ariete en impulsiones. Ed. Bellisco. Madrid.
Montalvo, T. 1994. Análisis de distribuciones discretas. Aplicación al riego. Universidad Politécnica de Valencia. Valencia.
Tarjuelo, J.M. 1999. El riego por aspersión y su tecnología. Ed Mundi-Prensa.
Universidad de Córdoba. 1999. Problemas de hidráulica para riegos. Servicio de publicaciones de la Universidad de Córdoba. Córdoba.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría agrícola. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas, xerais, específicas e transversais:
• CG1 - Coñecemento de materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan a aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou ambientes cambiantes.
• CT2 - Capacidade de razoar e argumentar
• CT1 - Capacidade de análise e síntese.
• CT6 - Capacidade para preparar e presentar un texto organizado e comprensible.
• CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
· CG2 - Capacidade para resolver problemas con creatividade, iniciativa, metodoloxía e razoamento crítico.
· HJ5 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de obras civís, instalacións e infraestruturas de zonas verdes e áreas protexidas. Electrificación. Rega e drenaxe. Maquinaria para horticultura e xardinería.
· A3 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da Enxeñaría das Operacións Agrarias: Electrificación das operacións agrícolas. Equipamento agrícola. Rego de sistemas e tecnoloxía. Construcións agrícolas. Instalacións para a saúde e o benestar animal. Desenvolvemento sostible; Estratexias de mercado e práctica profesional; Valoración de activos ambientais.
· MC5 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da Enxeñaría das instalacións: electrificación rural. Tecnoloxía de rega e drenaxe. Obras e instalacións hidráulicas. Instalacións para a saúde e o benestar animal.
• CR7 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da enxeñería rural: cálculo de estruturas e construción, hidráulica, motores e máquinas, enxeñería eléctrica, proxectos técnicos.
A ensinanza da materia se distribuirá da seguinte forma:
Leccións magistrais participativas nas que se desenvolverán os conceptos teóricos necesarios para a comprensión da materia: 18 horas.
Competencias: Coñecemento en materias básicas. Capacidade de análise e síntese
Resolución de problemas, actividades en seminarios (grupos reducidos) coa finalidade da resolución de problemas prácticos: 14 horas.
Competencias: Capacidade para o razoamento e a argumentación. Capacidade para elaborar texto organizado
Prácticas de laboratorio ou campo, as prácticas (grupos reducidos) se desenvolverán no laboratorio e nas aulas de informática: 4 horas.
Competencias: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Titorías en pequenos grupos (grupos moi reducidos) cada un dos grupos dispón de tres horas destinadas á clarificación das dúbidas que podan existir nos diferentes temas tratados na materia.
Así mesmo os alumnos dispoñen da posibilidade de acudir a titorías individuais sempre que o crean oportuno e no horario que o profesorado ten destinado para elo.
A asistencia a clases expositivas, seminarios, prácticas y titorías en pequenos grupos será obrigatoria.
Competencia xeral. Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da Enxeñaría do medio rural: cálculo de estruturas e construción, hidráulica, motores e máquinas, electrotecnia, proxectos técnicos.
O sistema de avaliación baséase na realización dunha proba escrita nas datas oficiais establecidas polo centro, con contidos prácticos e teóricos, o finalizar a materia. Esta proba representará o 70% da nota final e cómpre, na mesma, un mínimo de 3,5 pontos sobre 10 para poder superar a materia.
Elaborarase un formulario único do que dispoñerá o alumno na parte práctica do exame
Ademais considerase a realización das memorias de prácticas e das probas feitas en laboratorio e a resolución de casos prácticos e os temas desenvoltos por cada alumno dentro das actividades dirixidas (30 %).
A convocatoria da 2ª oportuniudade rixe polas mesmas normas
O alumno/a cursa cada ano académico a totalidade da materia
Os alumnos que teñan dispensa de asistencia a clase nas condicións que sinala a Orde 1/2017 de Secretaría Xeral da USC, para aprobar a materia deberán presentarse e aprobar o exame nas datas oficiais. Isto non impide que poidan realizar outras tarefas de avaliación continua
A avaliación das competencias realízase según se indica:
Proba escrita: CG7, CG8, CT2, CT1, CT6, CT12, CR7
Exercicios e probas parciais: CG7, CG8, CT6, CT12, CR7
Prácticas: CG7, CT6, CR7
Clases teóricas (expositivas de grupo grande): 18
Lectura e preparación de temas: 36
Actividades en seminarios (interactivos, con grupos reducidos): 6
Prácticas (con grupos reducidos): 8
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 18
Titorías en grupo (con grupos moi reducidos): 4
Titorías individuais: 2
Preparación de probas de avaliación: 17,5
Actividades de avaliación: 3
En total: 112,5 horas
- Asistir a todas as actividades da materia tanto teóricas como prácticas.
- Empregar os horarios de titorías para afianzar coñecementos
- Facer uso das novas tecnoloxías que axudan a mellorar a calidade dos coñecementos adquiridos.
- Dedicar o tempo semanal previsto para cada compoñente de forma organizada e sistemática.
- Consultar a bibliografía base a medida que se van desenvolvendo os temas e facer uso da bibliografía complementaria para ampliar coñecementos nos temas abordados nas actividades dirixidas.
- Participar activamente en todos os compoñentes da materia.
NA SITUACIÓN PREVISTA PARA O COMEZO DE CURSO
Docencia expositiva e interactiva de lousa: Por non superar o aforo en aula permitida polas normas da USC, as clases
expositivas de teoría e lousa poderán ser presenciais, mentres se manteñan a situación e as medidas xerais impostas
polas autoridades.
Docencia interactiva de laboratorio: O mantemento da distancia de seguridade de 1,5 m é
imprescindible; fundamentalmente en laboratorios húmidos. Por iso, en caso de ser necesario, débense
desdobrar os grupos de prácticas, para seguir esta norma básica. No caso de que o desdobre xa efectivo
nas materias de primeiro semestre (e algunha do segundo) non fose suficiente para axustarse ao aforo
reducido do laboratorio, deberá aplicarse unha redución das prácticas presenciais (transformando
algunha en lousa), para poder aplicar unha ampliación do número de grupos (coa consecuente redución
do número de alumnos por grupos).
Exame: Do mesmo xeito que a docencia expositiva, debido a non superar o aforo das aulas, os exames poderán
ser presenciais.
Norma xeral: O uso de máscara E o mantemento da distancia de seguridade serán obrigatorios en
calquera dos casos.
EN PREVISIÓN DUN CAMBIO DE SITUACIÓN
No caso de que se produza un cambio na situación e das normas impostas polas autoridades,
todas as clases de teoría (expositivas) e lousa impartiranse, por medios telemáticos, tipo Skipe, Teams,
ou similares, para permitir ao alumno a asistencia á docencia desde casa, comprobando
previamente que todos eles dispoñen de suficiente ancho de banda.
Respecto a a docencia de prácticas de laboratorio, na medida do posible transformaranse tamén en
clases de pizarra, mediante exercicios, vídeos ou material semellante, que se compartirán a través da
cartafol na nube da Materia ou, no caso de exceder a capacidade, por medios como WeTransfer. com ou
semellantes.
Só naqueles casos en que as prácticas de laboratorio sexan imprescindibles e transcendentais [como é
o caso das materias de cultivo], esperarase a ver a evolución de acontecementos e, só se a Autoridade
Competente levantase a corentena a tempo, impartiríanse e serían cualificadas. En caso contrario, non
podendo impartilas, a avaliación da materia deberá facerse só coa docencia impartida ata o
peche oficial do curso, usando medios telemáticos tamén para o exame, que obviamente non poderá ser
presencial.
Con todo, de modo voluntario tanto para profesores como alumnos, as prácticas de laboratorio poderían
ser recuperadas, posteriormente ao peche do curso, aínda que sen posibilidade de avaliación, en data e
condicións de común acordo. Isto último, sempre que as universidades aseguren a extensión do seguro
escolar e de responsabilidade civil dos seus alumnos
Xan Xosé Neira Seijo
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- xan.neira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Tomas Serafin Cuesta Garcia
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- tomas.cuesta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 11 (Aulario 3) |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 11 (Aulario 3) |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | Aula 11 (Aulario 3) |
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Castelán, Galego | Aula 11 (Aulario 3) |
25.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 (Aulario 3) |
25.01.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 (Aulario 3) |
16.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 (Aulario 3) |
16.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 (Aulario 3) |