Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer, comprender e utilizar os principios das tecnoloxías da produción vexetal. Sistemas de producción e explotación. Dominar os conceptos básicos relacionados cos cultivos forraxeiros en réxime extensivo, dando prioridade aos que máis importancia teñen en Galicia. Analizarase o uso dos cultivos tanto para a produción de gran-penso ou como forraxe en verde ou conseravdo. Especial mención merece a parte de pratenses e forraxeiras.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Cultivos en régimen extensivo forraxeiro para á produción de grao-pienso ou forraxe. Cultivos forraxeiros. Alternativas e asociacións. Mezclas e fórmulas pratenses e forraxeiras para a sega e pastoreo. Calidade nutritiva do forraxe; momento óptimo de aproveitamento. Pradeiras, prados e pastos. Flora pratense. Cultivo de pratenses. Transformación, implantación e mantemento. Manexo de pradeiras e pastos: sega pastoreo. Degradación e rexeneración de pradeiras. Conservación de forraxes: ensilado e henificado. Parte mecánica. Procesos fermentativos.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario en sesions expositivas e interactivas, todas elas con carácter obrigatorio:
EXPOSITIVAS (24 horas presenciais)
Tema 1. Conceptos xerais dos cultivos extensivos forraxeiros (1 hora)
Tema 2. alternativas e asociación de mesturas e fórmulas pratenses para sega e pastoreo (2 horas)
Tema 3. Establecemento, explotación e mantemento das pradarías: naturais e implantadas. Transformación de monte a pradaría (2 horas)
Tema 4. Fertilización e manexo das pradarías, tanto para sega como para pastoreo (2 horas)
Tema 5. Degradación das pradarías (1 hora)
Tema 6. Conservación das forraxes: o ensilado e henificado. Procesos fermentativos e parte mecánica (2 horas)
Tema 7. Calidade nutritiva da forraxe desde o punto de vista de momento óptimo de aproveitamento, e no contexto da produción vexetal (2 horas)
Tema 8. As distintas asociacións e alternativas forraxeiras.- Estudo de todas as familias de interese forraxeiro, en especial os Cereais e Leguminosas para ser recollidos en estado inmaturo (2 horas)
Tema 9. Sistemas de pastoreo. Pastos arbustivos e pastos herbáceos (2 horas)
Tema 10. Los cultivos forrajeros de invierno (2 horas)
Tema 11. Los cultivos Forrajeros: El maíz forrajero (1 horas)
Tema 12. Los cultivos Forrajeros: El sorgo (1 hora)
Tema 13. Los cultivos Forrajeros: Leguminosas forrajeras (2 horas)
Tema 14. Los sistemas agroforestais (2 horas)
INTERACTIVAS (24 horas presenciais en prácticas de laboratorio e viaxe de campo)
1.- Realización de práctica de fertilización. 4 horas
2.- Realización de viaxe de campo a explotacións agroforestais 8 horas
3.- Realización de prácticas de identificación botánica gramíneas y leguminosas (4 horas)
4.- Realización de evaluación de calidade de ensilados (4 horas)
5.- Realización de test de xerminación de especies pratenses (4 horas)
TITORÍAS (3 horas presenciais)
TRABALLO AUTÓNOMO ALUMNADO: 99 horas
Bibliografía básica
- Guerrero, A.1999. "Cultivos herbáceos extensivos" E. Mundi-Prensa,Madrid.
- Lopez Bellido,L.1991."Cultivos herbáceos" Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
- Mosquera-Losada MR, González-Rodríguez A, Rigueiro-Rodríguez A 1999. Ecología y manejo de
praderas
- Mosquera-Losada MR, McAdam J, Rigueiro-Rodríguez A 2009. Agroforestry in Europe. Springer
- Mosquera-Losada, M.R., Rigueiro, A., Romero, R., Piñeiro, J., González, P., López, M.L., 2000.
Plantas de los prados del Noroeste de España. US de C. Santiago de Compostela
- Muslera, E., Ratera, C., 1991. Praderas y Forrajes. Mundi-prensa
- Muslera Pardo, E e Ratera García, C 1991. "Praderas y forrajes: producción y aprovechamiento".
Ed. Muni-Prensa, Madrid.
- Urbano,P.1992. "Tratado de Fitotecnia general". Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
- Urbano,P e Moro,R. 1992. "Sistemas agrícolas con alternativas y rotaciones de cultivos" Ed.
Mundi-Prensa.Madrid.
Páxina web de interese
Flora Pratense y Forrajera Cultivada de la Península Ibérica. http://www.unavarra.es/herbario/pratenses/htm/inicio.htm
Bibliografía complementaria
- Guerrero, A.1999. "Cultivos herbáceos extensivos" E. Mundi-Prensa,Madrid.
- Evans, L.T.1983."Fisiología de cultivos" editorial Hemisferio Sur, Buenos Aires.
- Forbes,J.C e Watson,R.D. 1992. "Plants in Agriculture" Cambridge University Press, Cambridge.
- Llanos, M.1998. "el Maízz. Su cultivo y aprovechamiento" Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
- Navarra Agraria 1998, Monográfico sobre cereales de invierno.Navarra
- Royo,C.1992, "Los cultivos ,bases y aprovechamient" Ed. Mundi´presa, Madrid.
- López Bellido,L. "Los cultivos forrajeros". Ministerio Agricultura. Cordoba.
- Mateo Box. J.M.1960. "Leguminosas" .Salvat Editores,Barcelona
- Jaime Zea e D.Díaz:1998 "Pastoreo", Ed. Mundi´Presa, Madrid
- Jaime Zea e Dolores Díaz 1997 "Producción Carne en base a pastos y forrajes" Ed. Mundi-Prensa, Madrid
- C. Arias Alonso "El Pastoreo"1970. Ed. Mundi-Prensa, Madrid
- M. Llanos Company."Producción carne en base a pastos y forrajes" Ed.M.P.
- Jean Duthil 1970 "Producción de forrajes" Ed. M.P, Madrid
- Roberto Bartolini, 1990. "El Maíz" Agroguía.Ed.M.P, Madrid
- Vicente Cañete e J.L.Sancha ,1998."Ensilado de Forrajes" Ed M.P,Madrid.
Nos escenarios 2 (distanciamento) e 3 (peche das instalacións), nos que probablemente o acceso físico a todas as instalacións da USC será limitado, os profesores proporcionarán os alumnos, a través do campus virtual, bibliografía alternativa e/ou enlaces a recursos dispoñibles en internet.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en cualquer titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría agrícola en particular. Dentro do cadro de competencias que se diseñou para a titulación, se traballarán as seguintes:
Competencias xerais:
CG1 – Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continuo, así como unha capacidade de adaptación as novas situacións ou entornos cambiantes.
Competencias transversais:
CT1 - Capacidade de análisis e síntesis.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitud autocrítica.
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente. CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demaís.
CT9 – Habilidade no manexo de tecnologías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 - Utilización de información en lingua extranxeira.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas xerais:
Nesta materia danse parte das competencias CEG2 e CEG5
CEG2 - Coñecemento adecuado dos problemas físicos, as tecnoloxías, maquinaria e sistemas de suministro hídrico e enerxético, os límites impostos por factores presupuestarios e normativa constructiva, e as relacións entre as instalacións ou edificacións e explotacións agrarias, as industrias agroalimentarias e os espacios relacionados coa xardinería e o paisaxismo co seu entorno social e ambiental, así como a necesidade de relacionar as técnicas coas necesidades humáns e de preservación do medio ambiente.
CEG5 - Capacidade para a redacción e sinatura de estudos de desenvolvemento rural, de impacto ambiental e de xestión de residuos das industrias agroalimentarias, explotacións agrícolas e gandeiras, e espazos relacionados coa xardinería e ol paisaxismo.
Competencias específicas de explotacións agropecuarias:
Nesta materia danse parte das competencias de EA1 e EA2
EA1 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das tecnoloxías da produción animal: Anatomía animal. Fisioloxía animal. Sistemas de produción, protección e explotación animal. Técnicas de produción animal. Xenética y mellora animal.
EA2 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das tecnoloxías da produción vexetal: Sistemas de produción e explotación. Proteción de cultivos contra ptagas e enfermidades. Tecnoloxía e sistemas de cultivo de especies herbáceas. Agroenerxética.
A materia impartirase axustándose á memoria do título no relativo á docencia contemplada, presencial (expositiva, interactiva e de tutorías en grupo) e non presencial. A docencia expositiva se expondrá en leccións maxistrais fomentándose a participación do alumnado. En relación a metodoloxía empregada se utilizará tanto a pizarra práctica como a dixital (presentacións de ordenador en PowerPoint).
A docencia interactiva se desarrollará nos laboratorios, na finca de prácticas (prácticas de campo) e también se realizará unha viaxe a explotacións gandeiras e/ou agroforestais nas que se xestionan diferentes tipos de pastos. A metodoloxía da docencia interactiva apoiarase nun aprendizaxe baseado na exposición e resolución de casos prácticos e na elaboración de traballos relacionados co manexo dos cultivos forraxeiros e pradeiras. Potenciarase o traballo en grupo e o aprendizaxe cooperativo, incluindo sesións de discusión activa na aula. Os alumnos deberán entregar os informes correspondentes a cada unha das clases prácticas. Adicionalmente, se contempla o uso do campus virtual da USC para a resolución, por parte do alumnado, de cuestionarios e casos prácticos.
Se recomenda ao alumno asistir as tutorías dos profesores, cos que se podrá contactar tamén a través do correo electrónico. O alumno deberá realizar traballos e estudos de forma autónoma que estarán axustados as horas programadas na memoria de título.
O sistema de avaliación terá en conta:
1. A participación do alumnado nas actividades da aula (derivadas tanto das clases expositivas como das interactivas). Dita participación será avaliada polo docente en base á calidade das preguntas/intervencións, e das respostas efectuadas polo alumnado.
2. A realización de cuestionarios e/ou casos prácticos. Os plazos de apertura y peche serán programados polo docente, maioritariamente a través do campus virtual.
3. A entrega de informes relativos ás prácticas incluidos os de viaxe de prácticas. Serán entregados na forma e plazo indicados polos profesores. É requisito indispensable a realización das prácticas y entrega de ditos informes para poder aprobar a asignatura.
4. A realización de probas escritas. Consistirán en tres exámes parciais optativos, que non exclúen a posibilidade para o alumnado de presentarse os exámes finais de primeira e segunda oportunidade. En cada un dos exámes parciais deberá obterse como mínimo un cinco para liberar materia no examen final.
5. Será tamén requisito indispensable a superación dun exame de identificación das principais especies pratenses galegas. Poderá superarse a través de dúas oportunidades (1º e segunda oportunidade).
A avaliación das diferentes competencias a adquirir polo alumnado puntuará como se indica a continuación:
Un 10% a calidade da participación nas clases expositivas e interactivas (aquí se avalían as competencias CT2, CT4, CT7, CT8, EA1, EA2)
Un 60% a proba escrita (avalía as competencias CT1, CT12, CT3, CG7, CEG2, CEG5, EA1, EA2)
Un 30% a calidade dos informes de prácticas, cuestionarios e casos prácticos (se avalían as competencias CT5, CT6, CT8, CT9, CT10, CT11,EA1, EA2)
Outras consideracións:
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios o pruebas será de aplicación o establecido na “Normativa de evaluación del rendimiento académico de los estudiantes y de revisión de las calificaciones”.
No caso dos alumnos con dispensa de asistencia concedida, para aprobar esta materia é obligatoria a asistencia ás actividades interactivas programadas no horario de clases, así como a elaboración dos correspondentes informes, dacordo coa guía docente. Os alumnos deberán de presentarse nas datas establecidas oficialmente de primeira e/ou segunda oportunidade para realizar a proba escrita sobre os contidos de teoría da materia, alternativa, na avaliación continua, á presentación do traballos de curso.
As distintas partes superadas polo alumnado gardaránse só durante o curso académico e, se fora o caso, para a Convocatoria Fin de Carreira do curso seguinte. Polo que, o alumnado repetidor deberá examinarse da totalidade da materia, non gardándose partes parciais superadas dun curso para outro.
Establécese que o tempo total de dedicación do alumnado ás materias é de 25 h por cada crédito ECTS cursado que, neste caso, ao tratarse dunha materia de 6 ECTS, é de 150 h. Dado que a parte de docencia presencial acada as 51 h de dedicación, o tempo de traballo persoal do alumnado establécese en 99 h. Ditas horas de actividade non presencial poderían repartirse en tarefas do seguinte xeito:
- Lectura e preparación dos temas de xeito continuo (30 h)
- Preparación das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas (informes) (30 h)
- Preparación das probas de avaliación (39 h)
TOTAL 99 h
- Participar na clase.
- Aproveitar as prácticas (requisito imprescindible para aprobar a materia).
- Tratar de entender os conceptos básicos da materia e interrelacionalos con os de outras.
- Levar a materia o día, tratando de resolver as dúbidas a medida que van xurdindo, ou ben en clase ou en titorías.
-Consultar a bibliografía recomendada.
- Realizar un herbario das especies pratenses máis importantes.
- Integrar os conceptos cos de outras materias e relacionalos co sector agrario e agroforestal.
A metodoloxía de aprendizaxe e avaliación descritas anteriormente baséase na docencia presencial (ESCENARIO 1). No caso de que como consecuencia da crise sanitaria provocada por COVID-19 se tivesen que adoptar medidas preventivas máis estritas, considéranse os seguintes escenarios que poden cambiar a metodoloxía de ensino e avaliación.
ESCENARIO 2: Este escenario propón unha ensinanza semi- presencial. Procederemos a clases expositivas en liña e presenciais. A metodoloxía de ensino das clases expositivas transferiríase ao campus virtual da USC ou Microsoft Teams (ou outra ferramenta que se considere apropiada dentro da docencia en liña). Prevese unha avaliación formativa continua mediante un maior peso na entrega de traballos, cuestionarios, casos prácticos, así como informes das prácticas realizadas e dos contidos teóricos tratados. Manteríanse exames teóricos presenciais, así como o relacionado coa identificación de especies pratenses. O peso na avaliación converteríase a:
Un 10% a calidade de participación nas clases expositivas e interactivas (aquí avalíanse as competencias CT2, CT4, CT7, CT8, EA1, EA2)
Un 50% a proba escrita (avalía as habilidades CT1, CT12, CT3, CG7, CEG2, CEG5, EA1, EA2)
Un 40% a calidade dos informes de prácticas, cuestionarios e estudos de caso (competencias CT5, CT6, CT8, CT9, CT10, CT11, EA1, EA2)
ESCENARIO 3: Este escenario propón o peche do centro e unha docencia non presencial. A metodoloxía de ensino das clases expositivas transferiríase ao uso do campus virtual da USC ou Microsoft Teams (ou outra ferramenta que se considere apropiada dentro da docencia en liña). As clases interactivas irían a traballar nas mesmas plataformas, presentando aos alumnos casos prácticos para resolver coa posterior discusión e retroalimentación do profesor. Está previsto que a avaliación sexa a través dunha formación continua cun maior peso na entrega de traballos, cuestionarios e informes das prácticas realizadas, así como informes relacionados con contido teórico. Non se contemplaría a realización de exames presenciais, substituíndo a avaliación da adquisición de competencias por casos prácticos e cuestionarios en liña.
Outras consideracións importantes:
Para los casos de realización fraudulenta de ejercicios o pruebas será de aplicación lo establecido en la “Normativa de evaluación del rendimiento académico de los estudiantes y de revisión de las calificaciones”.
María Rosa Mosquera Losada
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- mrosa.mosquera.losada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
María Del Pilar González Hernández
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- pilar.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 (Aulario 1) |
Martes | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 (Aulario 1) |
01.06.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 (Aulario 3) |
01.07.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 (Aulario 3) |