Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Nesta materia preténdese mostrar ao alumno unha serie de coñecementos técnicos máis concretos de enxeñaría hidráulica e a súa aplicación a casos prácticos. Máis aló destes coñecementos, tense como obxectivo infundir habilidades aos estudantes para abordar a solución de problemas de enxeñaría hidráulica mediante a combinación de ferramentas teóricas e prácticas. En particular, as características fundamentais que se pretende que os alumnos dominen son:
1. Comprender os conceptos básicos do fluxo en canles abertas e a súa aplicación en casos prácticos.
2. Adquirir os conceptos básicos de hidroloxía (concepto: ciclo hidrolóxico, concas hidrográficas, infiltración, escoamento...) e as súas aplicacións en casos prácticos.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Fundamentos, cálculo e optimización de canalizacións en lámina libre.
Fundamentos de hidroloxía.
Estes contidos serán desenvolvidos conforme ao seguinte temario:
As horas que aparecen asignadas son de clases expositivas e interactivas e son unha previsión de distribución de horas
Bloque I. Fluxo en lámina libre
Unidade I. Introdución ao fluxo en lámina libre (2h)
Fluxo en lámina libre, características e comparación co fluxo en carga. Características que definen unha canle. Canles naturais e artificiais. Clasificación en canto ao fluxo establecido. Distribución de velocidades. Distribución da presión: influencia da curvatura das liñas de corrente e influencia da pendente.
Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 1 horas
Unidade II. Fluxo permanente e uniforme en canles (3,5h)
Ecuacións do fluxo en lámina libre. Ecuación do movemento uniforme e permanente. Fórmula de Chézy. Fórmula de Manning. Resolución de problemas con fluxo uniforme e permanente: Conducións abertas, conducións abertas en condicións de demasía, conducións pechadas. Seccións de máxima eficiencia hidráulica. Algúns criterios para o deseño hidráulico de canles. Parámetros básicos de deseño
Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 3,5 horas
Unidade III. Estudo da enerxía específica (3,5h)
Concepto. Relación entre enerxía específica e calado nunha canle dada. Relación entre caudal e calado para unha enerxía específica nunha canle dada. Ecuación de crise. Número de Froude. Medicións en réxime crítico.
Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 3,5 horas
Unidade IV: Fluxo gradualmente variado (4h)
Ecuación do movemento permanente gradualmente variado. Análise intuitivo con curvas de remanso. Integración da ecuación do movemento gradualmente variado: métodos de cálculo.
Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 4 horas
Unidade V: Transicións e cambios de réxime (3,5h)
Transicións entre tramos co mesmo réxime. Cambio de réxime lento a réxime rápido: calado crítico. Paso de réxime rápido a lento: resalto hidráulico. Elementos que definen un resalto. Conservación da cantidade de movemento nun resalto. Estudo do momentum ou forza específica. Elementos dun resalto nunha canle rectangular.
Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 3,5 horas
Unidade VI. Fenómenos locais (3,5h)
Diagramas de enerxía. Estreitramentos e ensanchamentos: réxime lento e réximen rápido. Escalóns: réxime lento e réxime rápido. Variacións de caudal.
Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 3,5 horas
Bloque II. Hidroloxía
Unidade VII. Introdución á hidroloxía (1 hora)
Concepto de hidroloxía. O ciclo hidrolóxico. Balance hidrolóxico. Lexislación. Modelos hidrolóxicos.
Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 0.5 horas
Unidade VIII. Precipitación. Evapotranspiración (2 horas)
Formación da precipitación. Tipos de precipitación. Medida da humidade na atmosfera. Medida da precipitación. Datos ausentes. Determinación da precipitación sobre un área. Evaporación. Factores. Medida da evaporación. Cálculo da evaporación. Evapotranspiración. ET real e potencial. Interceptación
Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 2 horas
Unidade IX. Infiltración. Escoamento. (3 horas)
Medidas de humidade e potencial no solo. Infiltración instantánea e infiltración acumulada. Factores que afectan á infiltración. Fluxo saturado: Lei de Darcy. Fluxo non saturado: Lei de Richards. Medida da infiltración. Modelos de infiltración: modelos empíricos, modelos semiempíricos: ecuación de Green-Ampt e modelos físicos: ecuación de Richards. Medida da condutividade hidráulica: métodos de laboratorio e campo. Tipos de escoamento. Teorías de xeración do escoamento superficial. Precipitación efectiva. Cálculo dos coeficientes de escoamento. Método de Phi. Método do número de curva do SCS. Cálculo das abstraccións co método de Green-Ampt
Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 3 horas
Unidade X. Aforamentos. (2 horas)
Interpretación de rexistros de caudal: Unidades. Medidas de caudais. Medidas de nivel. Medidas de velocidade. Curvas de aforo.
Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 1,5 horas
Unidade XI Estatística hidrolóxica (3 horas)
Sucesos aleatorios. Concepto de probabilidade. Período de retorno. Tratamento probabilístico da información hidrolóxica. Distribucións estatísticas usadas en hidroloxía: Continuas. Axuste dunha distribución estatística. Período de retorno. Distribucións estatísticas de valores extremos: máximos e mínimos. Análise de frecuencias Elaboración e utilización de curvas Intensidade-Duración-Frecuencia. Elaboración de treboadas de deseño.
Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 3 horas
Unidade XII. Caudais de avenida (4 horas)
Fluxo base. Hidrograma unitario: Tempo de concentración. Hidrogramas Unitarios sintéticos. Método racional.
Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 4 horas
Unidade XIII. Tránsito de avenidas e modelos matemáticos (3 horas)
Efecto laminador dun encoro. Tránsito da avenida pola canle. Método de Muskingum, onda cinemática, onda difusiva, Muskingum-Cunge, onda dinámica. Modelos matemáticos. Modelo HEC-HMS.
Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 3 horas
Prácticas.
*Caracterización dunha conca hidrográfica co SIX QGis. Cálculo de caudais máximos e hidrogramas de escoamento con HEC-HMS e CauMax (6 horas)
*Medidas experimentais de fenómenos hidráulicos na canle da Nave de Hidráulica
Uso de HEC-RAS para cálculo de perfís de lámina de auga en réxime permanente e gradualmente variado (4h)
En observacións están as directrices nos escenarios 2 e 3
• CEDEX. 2011. Mapa de caudales máximos Memoria Técnica. CEDEX. Madrid. 73 pp. http://hercules.cedex.es/caumax/caumax_v2.rar
• Chow, V. T.; Maidment, D. R. y Mays, L.W. 1994. Hidrología aplicada. McGraw-Hill Interamericana. Santa fe de Bogotá. 584 pp.
• Chow, VT. Hidráulica de canales abiertos. McGraw Hill, 1995.
• Franzini, J.; Finnemore, J., 1999: “Mecánica de los fluidos con aplicaciones en Ingeniería”. Editorial MacGraw Hill..
• Hydrologic Engineering Center. 1998. HEC-HMS Hydrologic Modeling System. User’s manual. Hydrologic Engineering Center. US Army Corps of Engineers. Davis.
• Puertas Agudo, J.; Pena Mosquera, L. et al. 2016. Apuntes de ingeniería hidráulica. Colección ingeniería civil nº8. Fundación Ingeniería civil de Galicia Universidade da Coruña.
• Sánchez Martínez, F.J., Lastra Fernández, J. (Coordinadores). 2011. Guía metodológica para el desarrollo del Sistema Nacional de Cartografía de Zonas Inundables. Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino Madrid 349 pp.
https://www.miteco.gob.es/es/agua/publicaciones/guia_metodologica_ZI.as…
• Sánchez-Juny, M.; Bladé, E.; Puertas, J. Hidráulica. Universidade da Coruña, 2007.
• Sánchez San Román, F.J. Hidrología Hidrogeología En http://hidrologia.usal.es
• White, F. Mecánica de Fluidos. Mc Graw Hill, 2001.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
• Heggen, R. J. (Ed.). 1996. Hydrology handbook. 2ª edición. ASCE Press. New York. 784 pp.
• Maidment, D. R. 1989. Handbook of hydrology. McGraw-Hill Inc. New York. 1250 pp.
COMPETENCIAS BÁSICAS (CB), XERAIS (CG) E TRANSVERSAIS (CT):
Nesta materia, ademais do cinco competencias básicas (CB1 – CB5) fixadas por Orde Ministerial para alumnos de Grao, trabállanse as seguintes competencias xerais e transversais:
CG1. Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.
CT1. Capacidade de análise e síntese.
CT2. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3. Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica
CT4. Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT9. Habilidade no manexo de TIC’s .
CT10. Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11. Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE):
CECC7. Coñecemento dos conceptos e os aspectos técnicos vinculados aos sistemas de conducións, tanto en presión como en lámina libre.
CECC8. Coñecemento dos conceptos básicos de hidroloxía superficial e subterránea.
Nesta materia na docencia presencial traballaranse as seguintes competencias:
*Docencia expositiva: CB1,CB2,CB5,CG1,CT1,CT2,CT3,CT12,CECC7,CECC8
*Seminarios e resolución de problemas: CB1,CB2,CB3,CB4, CB5,CG1,CT1,CT2,CT3,CT4,CT5,CT6,CT9,CT10,CT11,CT12,CECC7,CECC8
*Prácticas e elaboración de traballos CB1,CB2,CB3,CB4, CB5,CG1,CT1,CT2,CT3,CT4,CT5,CT6,CT9,CT10,CT11,CT12,CECC7,CECC8
*Titorías en grupos reducidos CB1,CB2,CB5,CG1,CT1,CT2,CT3,CT12,CECC7,CECC8
Como apoio á materia proporciónase ó alumnado material docente adecuado, impreso ou a través do Campus Virtual e/ou a plataforma teams
En observacións están as directrices nos escenarios 2 e 3
Recorrerase a un sistema de avaliación no que se terán en consideración diferentes aspectos relacionados non só cos coñecementos finais adquiridos, senón tamén co propio proceso de aprendizaxe. En particular, a nota final da materia terá en conta os seguintes aspectos:
1) Exames escritos
Sistema de avaliación: Ao finalizar o primeiro bloque realizarase un exame que será liberatorio, en caso de suspenso pode accederse á proba final. Os controis periódicos superados terán validez soamente no curso académico.
Para poder promediar os dous bloques na proba final, a nota mínima de cada un dos exames dos dous bloques será de 4 puntos
Os controis e a proba final constarán das seguintes partes:
*Teoría, tipo test e/ou preguntas curtas 30% do valor do exame
* Problemas 70% do valor do exame
Non se permitirá levar ningún tipo de apuntamentos para a realización dos exames.
Competencias: CB1, CB2, CB3, CB5, CG1, CT1, CT2, CT6, CT12, CECC7, CECC8.
Peso: 70%
2) Traballo(s) de curso e prácticas
Sistema de avaliación: corrección documento(s) e/ou exposición
No caso das prácticas para poder avalialas é necesario a asistencia á mesma, ademais da realización do traballo correspondente.
Clases expositivas, seminarios, prácticas e titorías en grupo 51 h
Lectura e preparación de temas: 36 h
Elaboración de traballos de curso: 24 h
Realización de exercicios: 12h
Preparación de probas avaliación: 23 h
Realización de probas 4 h
Total 150 horas
Asistencia ás sesións expositivas e interactivas.
Estudo diario da materia.
Preparación dos exercicios propostos antes da súa realización en clase.
Asistencia a titorías para o seguimento e resolución de dúbidas da materia.
Móstranse a continuación os apartados nos que se fixeron modificación para adaptalos aos escenarios 2 e 3.
BIBLIOGRAFÍA
Nos escenarios 2 e 3 (sen acceso físico a tódalas instalacións da USC accesibles no escenario 1), proponse a alternativa de usar os materiais que cada profesor colga na aula virtual da materia e/ou na plataforma teams para complementar o recursos bibliográficos habituais, así como o uso dos recursos axeitados que a USC pon a disposición da comunidade universitaria en liña.
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
Escenario 2:
-Pódense impartir clases teóricas e seminarios usando sistemas de videoconferencia, cando sexa posible e apropiado, quedando gravadas estas sesións para consulta posterior.
-Clases prácticas: realizaranse nos espazos correspondentes, nas condicións e coas medidas que proporcionen as autoridades competentes.
Escenario 3:
-Clases teóricas e seminarios: como no caso do escenario 2, no escenario 3 as clases teóricas e seminarios pódense realizar utilizando sistemas de videoconferencia, cando sexa posible e apropiado, quedando gravadas estas sesións para consulta posterior.
-Clases prácticas: as prácticas impartiranse mediante videoconferencia, que quedarán gravadas para visionado posterior, e subiranse vídeos, titoriais e/ou documentos aclarando calquera cuestión relacionada coas prácticas nas plataformas utilizadas
SISTEMAS DE AVALIACIÓN
Escenario 2:
Neste escenario, se as circunstancias o permiten, as probas teóricas, e outras probas teóricas relacionadas coas actividades complementarias realizaranse de xeito presencial, como no Escenario 1.
No caso de que non se permita facer exames presenciais, seguiranse as instrucións indicadas para o escenario 3.
O peso das distintas probas e as competencias avaliadas con elas serán as indicadas para o escenario 1.
Escenario 3:
As probas presenciais, que consisten en exames, serán substituídas por probas telemáticas, a través da plataforma Moodle ou outra indicada polas autoridades competentes.
O peso das distintas probas e as competencias avaliadas con elas serán as indicadas para o escenario 1.
Maria Teresa Teijeiro Rodriguez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- mteresa.teijeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Jorge Dafonte Dafonte
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- jorge.dafonte [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 13 (Aulario 4) |
Mércores | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 13 (Aulario 4) |
03.06.2021 16:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 (Aulario 3) |
09.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 (Aulario 4) |