Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Hidráulica
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos que se pretenden acadar nesta materia son:
- Imbuír ao alumnado da importancia do medio litoral, a gran demanda de usos ós que está sometido —moitos deles en conflito entre si— e a súa vulnerabilidade.
- Coñecer os principios do funcionamento do sistema costeiro, facendo fincapé no seu carácter dinámico e na estreita interrelación entre os procesos litorais.
- Adquirir capacidades no emprego de ferramentas auxiliares esenciais ó servizo da Enxeñaría de Portos e Costas, tales como a modelización numérica.
- Coñecer os distintos tipos de actuacións na costa, sinalando as súas funcións, as súas limitacións e o seu campo de aplicación.
- Con base no coñecemento do sistema litoral e da interrelación entre os seus compoñentes, interiorizar a necesidade dunha Xestión Integral da Zona Costeira (XIZC).
A memoria de título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Introdución á enxeñería de portos e costas
Fundamentos de meteoroloxía
Ondas: Caracterización. Transformación. Enerxía
Hidrodinámica
Morfodinámica
Tipos de actuación costeiras e portuarias
Usos do litoral
Estes contidos desenvólvense segundo o temario que se presenta a continuación, indicándose de modo orientativo o tempo dedicado a cada tema tanto de docencia presencial (DP) como non presencial (DNP):
Temario teórico:
Tema 1. Introdución á Enxeñaría de Portos e Costas (DP=2h; DNP=3h)
Bloque Temático 1: Procesos Litorais
Tema 2. Ondas de gravidade (DP=4h; DNP=6h)
Introdución. Teoría Lineal. Mecánica ondulatoria. Cinemática das partículas de auga. Presión baixo unha onda progresiva. Ondas estacionarias e parcialmente estacionarias. Propagación da enerxía. Outras teorías de ondas.
Tema 3. Transformación de ondas (DP=4h; DNP=6h)
Introdución. Shoaling. Refracción. Difracción. Rotura.
Tema 4. Caracterización da ondada (DP=6h; DNP=9h)
Introdución. Descrición onda por onda. Ondada espectral. Réxime medio. Réxime extremo. Parámetros de deseño.
Tema 5. Modelización numérica da ondada (DP=4h; DNP=6h)
Introducción. Metodoloxía xeral. Tipos de modelos. Modelos espectrais.
Tema 6. Mareas e niveis do mar (DP=4h; DNP=6h)
Introdución. Teoría de Equilibrio. Teoría Dinámica. Análise armónico. Marea meteorolóxica. Variacións a longo prazo.
Temario práctico:
Práctica 1: Análise da ondada regular (DP=2h; DNP=4h)
Práctica 2: Análise onda por onda e espectral (DP=2h; DNP=4h)
Práctica 3: Determinación do réxime medio e extremo da ondada (DP=2h; DNP=4h)
Práctica 4: Ensaios experimentais en Enxeñaría de Portos e Costas (DP=2h; DNP=4h)
Práctica 5: Modelización numérica da ondada (DP=12h; DNP=20h)
Práctica 5.1. Fundamentos (DP=4h; DNP=6h)
Práctica 5.2. Implementación y simulación (DP=4h; DNP=6h)
Práctica 5.3. Tratamiento e interpretación de resultados (DP=4h; DNP=8h)
Práctica 6: Visita a unha actuación litoral (DP=4h; DNP=-)
Os contidos establecidos serán os mesmos nos Escenarios 1, 2 e 3 coas seguintes excepcións. No caso dos Escenarios 2 e 3 as Prácticas 4 e 6 descritas substituiranse pola Práctica 4: Modelado de actuacións litorais e Práctica 6: Anexo de clima marítimo.
- Bibliografía básica:
Dean, R. G. & Dalrymple, R. A. Coastal Processes with Engineering Applications. Cambridge University Press, 2002.
Horikawa, K. Coastal Engineering. An introduction to Ocean Engineering. University of Tokyo Press, 1978.
Kamphuis, J. W. Introduction to Coastal Engineering and Management. World Scientific, 2000.
U.S. Army Corps of Engineers. Coastal Engineering Manual (6 vol). Washington, D.C., 2000.
- Bibliografía complementaria:
Dean, R. G., & Dalrymple, R. A. Water Wave Mechanics for Engineers and Scientists. World Scientific, 1991.
Goda, Y. Random Seas and Design of Maritime Structures. World Scientific, 2000.
Komar, P. D. Beach Processes and Sedimentation. Prentice Hall, 1998.
Van Rijn, L. Principles of Fluid Flow and Surface Waves in Rivers, Estuaries and Oceans. Aqua Publications, 1994.
- Material docente
Ademais do material que se facilitará ó alumnado para o axeitado seguimento tanto das clases expositivas coma dos seminarios interactivos, disporase das seguintes publicacións docentes:
Iglesias, G., Carballo, R. Mecánica Ondulatoria. Univ. Santiago de Compostela, 2011.
Carballo, R., Iglesias, G., Sánchez, M. Mareas. Univ. Santiago de Compostela, 2011.
López, M., Carballo, R. Análise a curto prazo da ondada. Univ. Santiago de Compostela, 2013.
López, M., Veigas, M., Carballo, R. Análise a longo prazo da ondada. Univ. Santiago de Compostela, 2013.
Veigas, M., López, M., Carballo, R., Iglesias, G. Vento e xeración de ondas. Santiago de Compostela, 2013.
COMPETENCIAS BÁSICAS (CB), XERAIS (CX) E TRANSVERSAIS (CT):
Nesta materia, ademais das cinco competencias básicas (CB1 – CB5) fixadas por Orde Ministerial para alumnado de Grado, traballaranse as seguintes competencias xerais e transversais:
CX1. Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT2: Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3: Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4: Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5: Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7: Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8: Compromiso de veracidade da información que ofrece ós demais.
CT9: Habilidade no manexo de TIC’s.
CT10: Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11: Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE):
CETECC3. Capacidade para a construción e conservación de obras marítimas.
Esta competencia específica ademais de nesta materia, tamén se traballa nas materias Portos e Costas II, Obras Marítimas, Enxeñaría Portuaria e Enxeñaría de Costas.
Clases expositivas (CB1 – CB5, CX1, CT1 – CT12, CETECC3), seminarios interactivos /clases de laboratorio (CB1 – CB5, CX1, CT1 – CT12, CETECC3), titorías individuais e en grupos reducidos (CB1 – CB5, CX1, CT1 – CT12, CETECC3), visita a obra (CB1, CB2, CB3, CB5, CX1, CT1, CT2, CT6, CT12, CETECC3).
As clases expositivas consistirán na presentación e desenvolvemento de contidos teóricos fundamentais da materia que se realizará mediante clases en grupos grandes e de carácter principalmente maxistral. O alumnado deberá dedicar un determinado tempo á preparación previa dos contidos que se tratarán na clase, así coma o seu estudio posterior. Co fin de fomentar o traballo diario do alumnado, contémplase a realización de probas orais/escritas relativas a conceptos fundamentalmente teóricos vistos durante o desenvolvemento das clases expositivas, podendo incorporar contidos prácticos.
En canto ós seminarios interactivos / clases de laboratorio, estes concíbense coma un conxunto de actividades nas que a participación do alumnado é unha parte fundamental. Durante o seu desenvolvemento o alumnado resolverá exercicios e problemas, tanto de forma individual coma en grupos, o que lles permitirá poñer a punto e aplicar de forma práctica os coñecementos teóricos derivados das clases expositivas. En particular, o alumnado realizará un traballo de curso no que deberá determinar as condicións de ondada de deseño para unha actuación no litoral para o que empregará técnicas de simulación numérica e datos de campo. Asemade, prevese a realización dunha visita a unha actuación litoral relacionada coas actuacións presentadas na aula.
Finalmente, durante as titorías individuais e en grupo atenderase ó alumnado para discutir, comentar, aclarar e resolver cuestións concretas relativas a calquera contido e/ou actividade desenvolta na materia.
A metodoloxía da ensinanza descrita será a mesma nos Escenarios 1, 2 e 3. Non obstante, mentres que no Escenario 1 toda a docencia será presencial, no suposto de ter que adoptar o Escenario 2, recorrerase á docencia non presencial para as clases expositivas e a presencial na docencia interactiva (excepto as titorías, que serán non presencias). No suposto de ter que adoptar o Escenario 3, toda a docencia será non presencial. A docencia non presencial impartirase por medios telemáticos a través da plataforma Teams de forma síncrona nos horarios establecidos polo centro. No caso dos controis periódicos programados, así como as actividades realizadas ou propostas na aula, estás deberán realizarse e/ou entregarse a través do Campus Virtual.
Recórrese a un sistema de avaliación no que se terán en consideración diferentes aspectos relacionados non só cos coñecementos finais adquiridos, senón tamén co propio proceso de aprendizaxe. En particular, na nota final da materia, teranse en conta os seguintes aspectos:
1) Participación na aula
Sistema de avaliación: actividades entregadas e/ou expostas na clase, probas orais/escritas, observación
Competencias: CB1 – CB5, CG1, CT1 – CT12, CETECC3
Peso: 20%
2) Traballo de curso
Sistema de avaliación: corrección do documento e/ou exposición
Competencias: CB1 – CB5, CG1, CT1 – CT12, CETECC3
Peso: 30% (nota mínima de 5 puntos sobre 10)
3) Proba final:
Sistema de avaliación: exame escrito que constará de preguntas curtas, longas, exercicios e problemas
Competencias: CB1, CB2, CB3, CB5, CG1, CT1, CT2, CT6, CT12, CETECC3
Peso: 50% (nota mínima de 5 puntos sobre 10)
A materia superarase (1ª e 2ª convocatoria) cando a nota final sexa como mínimo de 5 puntos sobre 10, establecéndose do mesmo xeito unha nota mínima nos aspectos 2 (Traballo de curso) e 3 (Proba final) de 5 puntos sobre 10.
Os criterios a seguir para o alumnado repetidor serán análogos ós expresados anteriormente. Neste senso, o alumnado poderá conservar o total da nota conxunta obtida nos aspectos 1 e 2, o que deberá ser informado ó profesorado coa maior antelación posible (en caso de non ser comunicado entenderase que o alumnado opta por realizar o proceso de avaliación establecido descrito para o curso en cuestión).
De xeito excepcional, en caso de existir a imposibilidade por parte do alumnado de asistir de forma continuada ás clases expositivas e de seminarios interactivos / clases de laboratorio, será preciso que se dirixa ó profesorado coa maior antelación posible, de modo que se lle poda indicar un método alternativo para a avaliación do aspecto 1 (os apartados 2 e 3 non poderán ser substituídos en ningún caso). Este método alternativo consistirá na realización dun traballo de curso adicional relacionado cos contidos teóricos e prácticos vistos na materia a través do cal quede reflectida a adquisición das competencias requiridas para este aspecto, e que deberá ser exposto ó profesorado. Os contidos específicos do traballo fixaranse tras unha titoría individual co alumnado.
A avaliación do alumnado con dispensa de asistencia (Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral) realizarase en todo caso a través deste método alternativo.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O proceso de avaliación descrito será o mesmo nos Escenarios 1, 2 e 3. Non obstante, no Escenario 1 a avaliación dos diferentes aspectos definidos desenvolverase de forma presencial, salvo as actividades que sexa preciso entregar a través do Campus Virtual. Pola súa banda, no suposto de ter que adoptar o Escenario 2 ou 3, a Proba final (aspecto 3) realizarase de forma telemática a través do Campus Virtual e de forma asíncrona. Durante esta proba, o alumnado deberá estar conectado a través da plataforma Teams para recibir as indicacións precisas por parte do profesorado e resolver dúbidas. Do mesmo xeito, as actividades avaliadas na Participación na aula (aspecto 1) realizaranse e/ou entregaranse a través do Campus Virtual.
De xeito orientativo proponse a seguinte distribución de horas non presenciais correspondentes ás diferentes actividades metodolóxicas propostas:
-Docencia presencial: 55 horas
Dentro da docencia presencial inclúense, ademais das horas correspondentes a horas expositivas e interactivas (48h), titorías en grupo (3h) e proba final (4h).
-Docencia non presencial: 95 horas
Dentro da docencia non presencial inclúense a lectura e preparación teórica de temas (36h), realización de exercicios (12h), elaboración do traballo de curso (24h) e preparación da proba final (23h).
- Asistencia ás sesións expositivas e interactivas.
- Estudo diario da materia.
- Preparación dos exercicios propostos antes da súa realización na clase.
- Asistencia ás titorías para o seguimento e resolución de dúbidas.
De acordo coas “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura” establecida pola USC defínense tres posibles escenarios na docencia: i) Escenario 1: normalidade adaptada; ii) Escenario 2: distanciamento; iii) Escenario 3: peche das instalacións. Deste xeito, en cumprimento destas Directrices, e ademais das medidas que nela se definen, nesta materia adóptase o seguinte Plan de Continxencia (de acordo co establecido previamente na presente guía docente):
- Plan Continxencia
Os contidos establecidos serán os mesmos nos Escenarios 1, 2 e 3 coas seguintes excepcións. No caso dos Escenarios 2 e 3 as Prácticas 4 e 6 descritas substituiranse pola Práctica 4: Modelado de actuacións litorais e Práctica 6: Anexo de clima marítimo.
A metodoloxía da ensinanza descrita será a mesma nos Escenarios 1, 2 e 3. Non obstante, mentres que no Escenario 1 toda a docencia será presencial, no suposto de ter que adoptar o Escenario 2, recorrerase á docencia non presencial para as clases expositivas e a presencial na docencia interactiva (excepto as titorías, que serán non presencias). No suposto de ter que adoptar o Escenario 3, toda a docencia será non presencial. A docencia non presencial impartirase por medios telemáticos a través da plataforma Teams de forma síncrona nos horarios establecidos polo centro. No caso dos controis periódicos programados, así como as actividades realizadas ou propostas na aula, estás deberán realizarse e/ou entregarse a través do Campus Virtual.
O proceso de avaliación descrito será o mesmo nos Escenarios 1, 2 e 3. Non obstante, no Escenario 1 a avaliación dos diferentes aspectos definidos desenvolverase de forma presencial, salvo as actividades que sexa preciso entregar a través do Campus Virtual. Pola súa banda, no suposto de ter que adoptar o Escenario 2 ou 3, a Proba final (aspecto 3) realizarase de forma telemática a través do Campus Virtual e de forma asíncrona. Durante esta proba, o alumnado deberá estar conectado a través da plataforma Teams para recibir as indicacións precisas por parte do profesorado e resolver dúbidas. Do mesmo xeito, as actividades avaliadas na Participación na aula (aspecto 1) realizaranse e/ou entregaranse a través do Campus Virtual.
Os restantes apartados establecidos na presente guía docente serán os mesmos nos diferentes Escenarios.
Rodrigo Carballo Sanchez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Hidráulica
- Correo electrónico
- rodrigo.carballo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario II (Pav.III) |
Martes | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario II (Pav.III) |
06.06.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 (Aulario 4) |
30.06.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 (Aulario 4) |