Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Trátase dunha materia pretecnolóxica básica para a aprendizaxe doutras materias da titulación, como a Silvicultura, Ordenación de Montes, Pascicultura e Sistemas Agroforestais, etc.
Con esta materia preténdese presentar aos estudantes os principios da Botánica Forestal, capacitándoos especialmente para:
- Identificar visualmente as especies leñosas máis frecuentes no cuadrante NW Ibérico.
- Coñecer as características morfolóxicas e ecolóxicas, así como a coroloxía, das principais especies da flora forestal do NW Ibérico.
- Coñecer os principais tipos de masas arboradas e arbustivas do NW Ibérico.
- Coñecer o papel indicador das especies da flora forestal e das comunidades vexetais do NW Ibérico.
- Coñecer a importancia económica, ecolóxica e corolóxica das especies da flora forestal do NW Ibérico.
A Memoria do Título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Posición sistemática, descrición detallada, coroloxía, ecoloxía, significado e importancia de:
- As árbores autóctonas de Galicia. Referencia ás do resto de España.
- As árbores exóticas máis utilizadas na repoboación forestal en Galicia e no resto de España. Referencia ás de maior importancia forestal no mundo.
- As especies arbustivas, matas leñosas e plantas herbáceas máis abundantes nas matogueiras e sotobosques dos montes galegos.
Estes contidos desenvólvense do seguinte xeito:
Programa Teórico (36 horas presenciais):
- Nocións elementais de Bioclimatoloxía e Bioxeografía (4 h)
- Posición sistemática, descrición detallada, coroloxía, ecoloxía e importancia económica das árbores autóctonas do NW Ibérico. Referencia ás do resto do Estado (20 h)
- Posición sistemática, descrición detallada, coroloxía, ecoloxía e importancia económica das árbores foráneas máis utilizadas na repoboación forestal no NW Ibérico (4 h)
- Posición sistemática, descrición detallada, coroloxía, ecoloxía e importancia económica das especies arbustivas máis abundantes nas matogueiras do NW Ibérico (8 h)
Programa Práctico (laboratorio e campo) (12 horas presenciais):
- Identificación no laboratorio, mediante claves, de especies leñosas e herbáceas frecuentes no NW Ibérico (10 h)
- Identificación de "visu" de especies e comunidades vexetais frecuentes no eido forestal do NW Ibérico. Para iso realizaranse dúas viaxes de prácticas conxuntas coa materia de Ecoloxía (2 h).
Como complemento de formación impartirase un seminario de morfoloxía vexetal.
Traballo optativo da materia:
Os alumn@s poderán realizar durante o curso académico un traballo optativo centrado na caracterización botánica das formacións vexetais dunha área de estudo debidamente aprobada en tempo e forma polos profesores responsables da materia. O traballo poderase realizar individualmente ou en grupo (máximo de tres persoas), sempre e cando sexa aceptada previamente a correspondente proposta. A data límite para entregar as propostas é o 26 de febreiro de 2021.
Bibliografía básica
(referencias dipoñibles na Biblioteca Intercentros ou de libre acceso en internet)
Aizpuru, I., Aseginolaza, C., Uribe-Echebarría, P.M., Urrutia, P. & Zorrakin, I. (1999): Claves Ilustradas de la flora del Pais Vasco y territorios limítrofes. 830 pp. Eusko Jaularitzaren Artigalpen Zerbitzu Nagusia. Vitoria-Gasteiz.
Castroviejo, S. (Editor). (2001). Claves de Flora Ibérica. Vol I. C.S.I.C.. Madrid.
Castroviejo, S., LáinZ, M., López, G., Montserrat, P., Muñoz, F., Paiva, J. & Villar, L. (1990-2017). Flora Ibérica. Volúmenes publicados. C.S.I.C. Madrid.
Díaz González, T.E. Fernández Prieto, J.A. (1994): La vegetación de Asturias. Itinera geobotánica. Vol 8: 243-528. Servicio de Publicaciones. Universidad de León.
Farjon, A. (1990): Pinaceae. 330 pp. Koeltz Scientific Books. Königstein.
Ferreras, C. & Fidalgo, C.E. (1991): Biogeografía y edafogeografía. 262 pp. Colección Espacios y Sociedades nº 6. Ed. Síntesis. Madrid.
Gómez, F. (Coord.) (1997): Los bosques ibéricos. Una interpretación geobotánica. 572 pp. Editorial Planeta. Barcelona.
Heywood, V.H. (1985): Las plantas con flores. 332 pp. Editorial Reverté. Barcelona.
López González, G.(2001). Los árboles y arbustos de la Península Ibérica e Islas Baleares. Tomo I y II. Ediciones Mundi-Prensa. Madrid.
Peinado, M. & Rivas-Martínez, S. (Eds.) (1987): La vegetación de España. Colección Aula Abierta nº 3. Servicio de Publicaciones. Universidad de Alcalá de Henares. Madrid.
Rodríguez Guitián M.A. & Ramil-Rego, P. (2007): Revisión de las clasificaciones climáticas aplicadas al territorio gallego desde una perspectiva biogeográfica. Recursos Rurais 1(3): 31-53.
Rodríguez Guitián M.A. & Ramil-Rego, P. (2008): Fitogeografía de Galicia (NW Ibérico): análisis histórico y nueva propuesta corológica. Recursos Rurais 1(4): 9-50.
Rodríguez Guitián, M.A., Ramil Rego, P. & Ferreiro da Costa, J. (2012): Propuesta de clasificación multicriterio para los bosques de Galicia (NW Ibérico). Recursos Rurais, Serie Cursos 6: 63-106.
Ruíz de la Torre, J. (2006). Flora Mayor. Organismo Autónomo Parques Nacionales. Madrid.
Sitte, P., Weiler, E.W., Kadereit, J.W., Bresinsky, A. & Körner, C. (2003): Strasburguer. Tratado de Botánica. 35ª Ed. Editorial Omega. Barcelona. 1131 pp.
Bibliografía complementaria
García Martínez, X.R. (2008): Guía das plantas de Galicia. Colección Natureza. Edicións Xerais de Galicia. Vigo. 509 pp.
Niño Ricoi, H. (2008): Guía dos fentos de Galicia. Baía Edicións. A Coruña. 179 pp.
Niño Ricoi, H. & SILVAR, C. (1997): Guía das árbores de Galicia. Baía Edicións. A Coruña. 229 pp.
Salvo Tierra, E. (1990): Guía de Helechos de la Península Ibérica y Baleares. Ediciones Pirámide S.A. Madrid.
Silva Pando, F.J. & Rigueiro, A. (1992): Guía das árbores e bosques de Galicia. 294 pp. Ed. Galaxia. Vigo.
VV. AA. (2002). Botánica. Proyecto Galicia: Natureza (tomos XLI, XLII, XLIII). Hércules de Ediciones. A Coruña.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas (básicas, xerais, transversais), desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría forestal en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas:
CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con alto grao de autonomía
Competencias xerais:
CG1 Capacidade para comprender os fundamentos biolóxicos, químicos, físicos, matemáticos e dos sistemas de representación necesarios para o desenvolvemento da actividade profesional, así como para identificar os diferentes elementos bióticos e físicos do medio forestal e os recursos naturais renovables susceptibles de protección, conservación e aproveitamentos no ámbito forestal.
Competencias transversais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7- Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT12-Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas:
CECF1 Competencias específicas da Ciencia Forestal: Botánica Forestal.
Metodoloxía da ensinanza
Esta materia ten unha carga lectiva de 6 créditos ECTS (51 h totais de docencia presencial), repartidos en 36 h de docencia expositiva (en grupos de 75 alumnos como máximo), 12 h de docencia interactiva (en grupos de 20 alumnos como máximo)e 3 h de docencia interactiva en grupos reducidos (en grupos de 10 alumnos como máximo).
A metodoloxía de ensinanza susténtase en clases teóricas (maxistrais), clases interactivas (prácticas de laboratorio e viaxes de campo), titorías en grupos reducidos e titorías individualizadas relacionadas coa elaboración dun traballo optativo da materia.
As clases de teoría, expositivas e de carácter maxistral, desenvolveranse na aula por parte do profesorado, axudado dos medios materiais e audiovisuais que considere oportunos. O número reducido de alumnos que prevemos permitirá manter o distanciamento establecido
Desenvolveranse cinco prácticas de laboratorio de carácter interactivo, realizadas en grupos reducidos. O PDA e o POD contemplan dous grupos de prácticas de laboratorio o que permitirá manter o distanciamento establecido.
Nas titorías en grupo reducido (10 alumnos/as máximo) e nas individuais atenderase ao alumnado para discutir, comentar, aclarar ou resolver cuestións concretas en relación coas súas tarefas dentro da materia (recompilación de información, preparación de probas de avaliación, realización de traballos, identificación de especies, etc).
Realizaranse dúas viaxes de campo destinadas a recoñecer especies botánicas e ecosistemas con representacións de diversos tipos de bosques, matogueiras, humidais e plantacións forestais de interese dentro do ámbito de Galicia. Unha delas desenvolverase pola Terra Chá e a Mariña Luguesa e a outra pola área montañosa do sureste da provincia de Lugo e o Val de Quiroga. Estas viaxes de prácticas organizaránse conxuntamente coa materia de Ecoloxía, correspondendo á materia de Botánica Forestal 2 horas de docencia do total de 14 imputables a estas prácticas. Procurarase manter o distanciamento establecido no autobús e no campo.
As actividades prácticas permitirán ao alumnado a adquisición de habilidades e a posta a punto dos coñecementos adquiridos a través do traballo persoal e das clases de teoría.
Os estudantes tamén poderán realizar un traballo titorado.
A asistencia ás actividades académicas presenciais (clases maxistrais, clases de laboratorio, titorías en grupos moi reducidos, viaxes de prácticas) é obrigatoria.
Os profesores ofrecerán apoio aos estudantes a través da aula virtual da Universidade de Santiago de Compostela. En calquera caso, todas as tarefas desenvolvidas persoalmente polo alumnado, dentro da súa aprendizaxe autónoma, serán orientadas e supervisadas polo profesorado.
Actividades e competencias:
As actividades académicas descritas permitirán traballar as diferentes competencias establecidas para esta materia, seguindo o seguinte esquema:
Clases expositivas (teoría) (CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CT1, CT2, CT3, CT5, CECF1)
Docencia interactiva en grupo reducido (prácticas) (CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CT2, CT3, CT5, CT7, CECF1)
Prácticas de campo (CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CT2, CT3, CT5, CT7, CECF1)
Titorías en grupos moi reducidos (CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CT2, CT3, CT5, CT7, CECF1)
Titorías individuais (CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CT2, CT3, CT5, CT7, CECF1)
Traballo optativo (CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, , CT10, CT12, CECF1)
A avaliación dos coñecementos farase de forma continuada e realizarase a traveso de exames escritos sobre os contidos teóricos, do aproveitamento das clases teóricas e prácticas, dun exame de identificación de “visu” de mostras de especies vexetais e, no seu caso, dos traballos optativos realizados polos estudantes. A superación da materia acadarase sempre e cando se teñan aprobadas todas e cada unha das partes obrigatorias mencionadas (teoría, prácticas, exame de “visu”).
Exames teóricos e de prácticas:
Probas parciais.
Ao longo do curso realizaranse probas teóricas en cada unha das catro partes da materia (a- Nocións de Bioxeografía, b-Seminario de Morfoloxía Vexetal, c-Ximnospermas, d- Anxiospermas). Para superar a parte teórica da materia mediante as probas parciais será necesario aprobar as catro partes, gardándose a nota dos exames aprobados para as convocatorias ordinarias correspondentes de primeira e segunda oportunidade, así como para a convocatoria Fin de Carreira do curso seguinte.
Aqueles estudantes que non tiveran aprobada a parte teórica da materia (na súa totalidade ou algunha das catro partes citadas) a traveso das probas parciais, poderán presentarse á avaliación dos contidos non superados da parte teórica en cada unha das convocatorias oficialmente recoñecidas (primeira e segunda oportunidade, Fin de Carreira). As datas oficiais de exames, recollidas na páxina web e Guía do Centro ao principiar o curso, considéranse non mudables de non existir modificación expresa por parte da Dirección da Escola.
Dado o carácter obrigatorio das clases prácticas, a non asistencia a algunha delas (a non ser por causa de forza maior debidamente xustificada), a non entrega do guión dalgunha das prácticas ou a entrega dalgún guión deficientemente elaborado e non corrixido dentro do prazo establecido, levarán consigo directamente a cualificación de suspenso na convocatoria de primeira oportunidade. Nas convocatorias de segunda oportunidade e Fin de Carreira os alumnos que se atoparan nalgunha das situacións anteriores deberán realizar un exame de prácticas que se convocará oportunamente.
Exame práctico de identificación de “visu”:
Esta proba avaliará a capacidade de identificación rápida de especies fundamentais no ámbito forestal do NW Ibérico por parte dos estudantes. A relación das especies avaliables porase a disposición dos estudantes a comezos do curso, e clasificaranse como obrigatorias e non obrigatorias.
Nesta proba, cada alumno terá dez minutos para recoñecer cinco especies vexetais das que lle serán entregadas mostras (tres de especies “obrigatorias” e dúas “non obrigatorias”) no momento da realización do exame. Soamente se admitirá un fallo, que ademais só poderá corresponder a algunha das especies “non obrigatorias”. A confusión dunha planta “non obrigatoria” con unha das “obrigatorias” ou a non identificación dalgunhas das especies vistas nas clases prácticas de laboratorio suporá, igualmente, o suspenso.
Os exames de “visu” faranse nas datas dos exames oficiais. Os profesores indicarán no taboleiro (sito no vestíbulo de entrada da Planta Baixa Inferior do Pavillón I) e na aula virtual da USC as datas, lugar e horario de realización desta proba con, como mínimo, unha semana de antelación.
As cualificacións das partes aprobadas (teoría -as distintas partes-, prácticas, exame de “visu”, traballo optativo) na convocatoria de primeira oportunidade gardaranse até a de segunda oportunidade e a convocatoria Fin de Carreira, no caso de que esta última teña lugar na convocatoria seguinte ao curso no que se aprobaron as partes correspondentes.
En canto á avaliación da parte de teoría, tanto na avaliación continua ao longo do curso (exames parciais, asistencia a clases teóricas e prácticas e implicación nas mesmas...) como nos exames de primeira e segunda oportunidade e convocatoria Fin de Carreira, terase en conta unha compensación entre as catro partes da materia para partes suspendidas con nota de 4,5 ou superior.
Os estudantes que teñan dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas por mor do traballo ou conciliación familiar, terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia na primeira oportunidade é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas que están sinaladas no horario de clases. De non asistir ás clases prácticas para aprobar a materia na segunda oportunidade ou na convocatoria de fin de carreira será necesario superar un exame de prácticas.
As actuacións dos profesores da materia rexeranse, en todo caso, e especialmente para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, pola normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio).
Traballo optativo da materia
Os alumn@s poderán realizar durante o curso académico, de xeito optativo, un traballo centrado na caracterización das formacións vexetais dun territorio e na realización dun herbario fotográfico. Para elo deberán cumprimentar a proposta que poderá ser aprobada ou revocada se existen razóns fundadas para elo. O traballo poderase realizar en solitario ou en grupo (máximo de tres persoas), sempre e cando sexa aceptada previamente a proposta. A data tope para a entrega das propostas é o día 26 de febreiro de 2021. As datas límite para a entrega dos traballos son as especificadas como datas oficiais de exames nas convocatorias correspondentes.
Guión do Traballo optativo da materia:
Obxectivos
Identificar e caracterizar os hábitats forestais presentes nun territorio determinado poñéndoos en relación con factores ambientais (topografía, clima e solos) e as actividades humanas (pretéritas e actuais). Como mínimo, a área de estudo deberá conter dous tipos de hábitats arborados e outros dous dominados por especies arbustivas (matogueiras). No caso de realizarse en grupo (máximo 3 persoas), o número de formacións a estudar será determinado previa consulta do profesor encargado da titoración.
Índice e contidos básicos do traballo.
1.- Localización da área de estudio.
Incluirá a localización a escala rexional, de concello e de detalle (cartografía 1:5.000 ou inferior).
2.- Relevo, litoloxía e tendencias edáficas e caracterización climática.
Deberase facer un comentario sobre as características topográficas da zona a estudar (cotas superior e inferior, pendentes, orientacións, presenza de cursos fluviais e outros accidentes fisiográficos significativos, etc.). Igualmente, incluirase unha cartografía e descrición dos tipos litolóxicos presentes e a súa relación cos tipos de solos máis frecuentes. A caracterización climática terá en conta o desnivel existente e, segundo iso valorarase a pertinencia de utilizar máis dunha estación meteorolóxica. En todo caso, presentarase unha ficha climática por estación utilizada, a partir da que se elaborará un diagrama ombrotérmico, que deberá de ser interpretado.
3.- Descrición e caracterización botánico-estrutural das formacións vexetais estudadas.
Dentro de cada unha das formacións vexetais a estudar farase relación das especies dominantes que as caracterizan así como daquelas acompañantes que se atopen en maior abundancia e sexan máis frecuentes. Aportarase tamén información acerca da talla (m) de cada formación vexetal, diámetros medios (cm) das especies arbóreas, distribución de especies por estratos e evidencias de calquera tipo de aproveitamento que puidera terse realizado. Aportaranse fotografías que acrediten o aspecto xeral e especies dominantes de cada unha das formacións vexetais estudadas.
4.- Catálogo florístico (ordeado por familias) br>A partir dos listados de especies presentes en cada unha das formacións vexetais estudadas, elaborarase un catálogo florístico das especies presentes na área de traballo seguindo unha ordenación por familias dentro de cada un dos tres grandes grupos de plantas vasculares (Pteridófitas, Ximnospermas, Anxiospermas). Esta información utilizarase para establecer unha prelación nas formacións vexetais estudadas en función da súa riqueza florística así como valorar en qué medida as especies presentes son máis ou menos exclusivas de cada ambiente ecolóxico estudado. Tamén se utilizará para comentar os “elementos florísticos” representados nas formacións vexetais estudadas.
5.- Influencia da actividade humana nas formacións vexetais estudadas.
A partir da información recollida nas parcelas de estudo e a obtida en conversas cos habitantes locais deberá discutirse en qué medida as actividades humanas poden ter influído nas características (composición e estrutura) das mesmas.
6.- Referencias bibliográficas.
Todas cantas fontes de información sexan consultadas deberán ser incluídas axeitadamente no lugar da memoria que sexa pertinente e citarse de xeito extenso neste apartado tendo en conta se se trata dun artigo en revista, capítulo de libro, libro enteiro ou nunha páxina web de Internet.
Calquera dúbida que xurda durante a realización do traballo poderá ser consultada co profesor Manuel A. Rodríguez Guitián (Despacho P1013, Pav. I, Planta Baixa Inferior, EPS.), que será o responsable da aceptación das propostas e da súa titoración.
O peso das diferentes probas de avaliación sobre a nota final (intervalo en %) e a súa vinculación coas competencias avaliadas son os seguintes:
Proba de avaliación Competencias avaliadas Ponderación sobre a nota final
Mínimo Máximo
Participación nas clases teóricas CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CT2, CT3, CT5, CT7, CECF1 5% 10%
Participación nas clases prácticas CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CT2, CT1, CT3, CT4, CT6, CT7, CT10, CECF1 5% 20%
Exame de identificación de especies CB2, CG1, CT2, CT3, CT5, CECF1 NON APTO APTO
Exames escritos CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CT1, CT2, CT3, CT5, CECF1 50% 70%
Elaboración do traballo optativo CB3, CB4, CB5, CG1, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT10, CT12, CECF1 0% 20%
Revisión de exames
Simultaneamente á comunicación das cualificacións acadadas en cada unha das probas, faranse públicas as datas e horas de revisión de exames en cumprimento da normativa de avaliación vixente. Nas convocatorias oficiais de exames tamén se comunicarán esas datas e as cualificacións provisionais a traveso de mensaxes a teléfonos móbiles aos estudantes que o solicitaran.
Como norma para esta titulación, establécese que o tempo total de dedicación dos estudantes ás materias é de 25 h por cada crédito ECTS cursado, que neste caso, ao tratarse dunha materia de 6 ECTS, é de 150 h. Dado que a parte de docencia presencial acada as 51 h de dedicación, o tempo de traballo persoal dos estudantes establécese en 99 h. Ditas horas de actividade non presencial poderían repartirse en tarefas, a título de orientación, do seguinte xeito:
- Lectura e preparación dos temas (30 h)
- Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas (9 h)
- Elaboración do traballo optativo da materia (30 h)
- Preparación das probas de avaliación (30 h)
TOTAL 99 h
- Asistir e participar nas clases.
-Repasar a materia día a día.
-Acudir ás titorías a consultar dúbidas en relación coas clases teóricas, identificación de especies, etc.
-Preparar un herbario fotográfico coas especies de recoñecemento obrigado no exame de “visu”.
- Consultar a bibliografía recomendada.
- Integrar os conceptos desta materia cos impartidos desde outras afíns (edafoloxía e climatoloxía, ecoloxía, etc. ), analizando a súa relación dentro do eido agroforestal
- Visitar periodicamente o espazo reservado para a materia na aula virtual para acceder á información que deixen alí os profesores.
Outras recomendacións: manexo adecuado das TIC e de diferentes tipos de software (follas de cálculo, tratamento de textos, presentacións mediante diapositivas, etc.). Coñecemento do inglés e sobre todo que o alumnado posúa un gran interese e vontade para desenvolver axeitadamente os contidos da materia. E moi recomendable que o alumnado faga preguntas e que tente resolver as cuestións que se lle plantexen, de forma autónoma inicialmente, e posteriormente pasando á discusión na clase ou nas titorías co profesor.
Recomendase aos estudantes que adquiran un manexo axeitado das TIC, así como de diferentes tipos de software (follas de cálculo, programas de tratamento de textos, presentación mediante diapositivas, etc.) de uso habitual na elaboración e presentación de documentos e traballos. Considérase igualmente moi adecuada a lectura de traballos científicos e manuais en lingua inglesa.
PLAN DE CONTINXENCIA
A programación recollida nos apartados anteriores refírese ao escenario 1, NORMALIDADE ADAPTADA, das Directrices da USC para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura curso 2020-2021, no que se prevé docencia expositiva e interactiva e titorías de carácter presencial, e probas de avaliación oficiais tamén presenciais.
O escenario 2, DISTANCIAMENTO, non nos parece necesario desenvolvelo, xa que o número esperado de alumnos e o número de grupos de docencia interactiva, xunto coas dimensións das aulas e dos laboratorios, permitiranos manter o distanciamento establecido nas clases expositivas, de seminario e prácticas de laboratorio presenciais, sen necesidade de rotacións e alternancia de docencia presencial e non presencial. Nas viaxes de prácticas garantirase o mantemento do distanciamento establecido alugando un autobús máis grande ou máis dun autobús, en función do número de alumnos que realicen esas viaxes de prácticas.
No suposto de ter que adoptar o Escenario 2, deberemos recurrir á docencia non presencial para as clases expositivas e a presencial na docencia interactiva (excepto as titorías, que serían totalmente no presenciais por medios telemáticos). De cara a este escenario se contará con 7 aulas na EPSE dotadas de medios suficientes para grabar as sesións; cun reforzo de cámaras, altavoces e micrófonos nos equipos informáticos do PDI nas instalacións do centro para poder impartir a docencia telemática desde a Escola e coas medidas que adopte a Vicerreitoría de Planificación, Tecnoloxías e Sustentabilidade. Tamén debemos recordar que dispoñemos de aulas dun tamaño considerable en relación ao tamaño dos grupos e da posibilidade de incrementar o número de grupos de docencia interactiva coa finalidade de disminuir o número de estudantes por grupo. No caso de ter que acudir a este escenario a avaliación será continua con exames finais presenciais na primeira e mna segunda oportunidades.
ESCENARIO 3. PECHE DO CENTRO
A. Contidos: mantéñense basicamente a totalidade de contidos teóricos establecidos na Guía Docente para o escenario 1 e elimínanse aqueles relacionados co desenvolvemento das actividades prácticas de laboratorio e campo. Utilizarase herbario virtual de fotografías nas sesións de docencia e titorización por vía telemática.
B. Planificación: As clases por vía telemática, tanto expositivas como interactivas, e as titorías en grupos reducidos, impartiranse respectando o horario aprobado para a materia. Salvo modificacións por parte do Reitorado, mantéñense as datas oficias das oportunidades de xuño e xullo. Ao non poder realizarse as actividades prácticas inicialmente programadas para esta materia, non se realizará o exame "de visu".
C. Metodoloxía da ensinanza: a docencia expositiva, interactiva e as titorías faranse por vía telemática e o seguimento virtual da actividade académica farase a traveso das ferramentas dispoñibles por parte da USC: Campus Virtual e Plataforma Teams. Todos os contidos teóricos obxecto de exame quedarán a disposición dos estudantes en diversos formatos (pdf, ppt, excel) no campus virtual e realizaranse sesións de titorización a traveso do campus virtual, dos correos electrónicos dos profesores e da Plataforma Teams en principio nun horario axustado ao establecido no calendario académico.
As propostas para realizar o traballo optativo da materia faranse chegar ao profesor responsable desta actividade, Manuel Antonio Rodríguez Guitián, por correo electrónico (manuelantonio.rodriguez [at] usc.es (manuelantonio[dot]rodriguez[at]usc[dot]es)), antes do 26 de febreiro de 2021, e @s alumn@s que decidan entregar o traballo optativo da materia poderán facer uso das titorías a traveso da mesma dirección de correo electrónico.
D. Bibliografía básica: non se modifica a relación de referencias bibliográficas proposta para o escenario 1.
E. Avaliación
Ao non poder realizarse as actividades prácticas (laboratorio e viaxes) non se realizará o exame de identificación "de visu".
O sistema de avaliación que se aplicará nesta materia no curso 2020-2021, no caso do escenario 3, peche do centro, seguirá a modalidade de AVALIACIÓN NON PRESENCIAL SEN PROBA FINAL, en forma de avaliación continua.
Isto leva aparellados cambios nas probas de avaliación mediante as que se valorará a adquisición de competencias, así como na súa ponderación sobre a cualificación final, tal e como se reflicte na seguinte táboa:
Proba de avaliación
Elaboración de traballos/probas de avaliación continua
Competencias avaliadas CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CT1, CT2, CT3, CT5, CECF1
Peso das distintas partes da materia na avaliación:
Ponderación mínima Ponderación máxim
a) Xeobotánica 11% 11%
b) Ximnospermas 40% 40%
c) Anxiospermas 49% 49%
Para acadar a cualificación de aprobado é preciso obter unha cualificación mínima de 4,5 en cada unha das partes nas que se divide a materia.
Gardarase para a segunda oportunidade a cualificación daquelas partes que foran aprobadas na primeira oportunidade.
A entrega de traballos/probas de avaliación efectuarase dentro dos períodos establecidos pola Dirección da EPSE.
Revisión de exames
A revisión das cualificacións das probas de avaliación continua farase por vía telemática nas datas que propoñan os profesores, dentro do horario de actividades da materia. A datas de revisión das cualificacións nas convocatorias oficiais de primeira e segunda oportunidade comunicaranse no momento no que se comuniquen as cualificacións provisionais.
Rosa Romero Franco
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- rosa.romero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Antonio Rodriguez Guitian
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- manuelantonio.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Antonio Rigueiro Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- antonio.rigueiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
María Del Pilar González Hernández
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- pilar.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 8 (Aulario 2) |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 8 (Aulario 2) |
07.06.2021 16:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 (Aulario 3) |
02.07.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 (Aulario 3) |