Créditos ECTS Créditos ECTS: 1
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 23.7 Horas de Titorías: 1 Clase Interactiva: 0.3 Total: 25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
A USC ofrece ó alumnado a posibilidade de facer prácticas en empresas e noutras entidades públicas e privadas, como complemento a súa formación académica.
As prácticas baséanse en convenios de cooperación educativa polos que non hai vinculación laboral coa entidade onde se realizan as prácticas.
Como resultado da aprendizaxe recibida durante a estancia na empresa ou institución, o alumno coñecerá:
- o sector económico-profesional no que se desenvolve a entidade
- parte da dinámica interna de dita entidade
- a realidade das saídas laborais da titulación
- unha primeira experiencia profesional no ámbito da titulación.
O alumno deberá integrarse no ambiente laboral da entidade, sendo capaz de recibir e atender as ordes recibidas así como dar ordes, no seu caso.
Ademais, terá a posibilidade de aplicar e poñer en practica os coñecementos, competencias e habilidades que está adquirindo durante a súa formación universitaria.
A finalidade última das prácticas externas é que o alumno adquira experiencia laboral e formación práctica para que aumenten as súas posibilidades de integración no mercado do traballo.
O contido das prácticas depende da entidade na que vaian realizarse polo que o titor académico e, principalmente, o titor externo na entidade deberán informar ó alumno sobre os contidos destas antes do inicio da estancia.
Bibliografía básica
O titor académico e máis o titor externo do alumno poden propoñer referencias bibliográficas existentes na Biblioteca Universitaria o na propia entidade receptora en torno ó ámbito do saber máis relacionado coa actividade a realizar nas prácticas externas.
Bibliografía complementaria
O titor académico e máis o titor externo do alumno poden propoñer outras referencias bibliográficas, non citadas na bibliografía básica, en torno ó ámbito do saber máis relacionado coa actividade a realizar nas prácticas externas.
Nesta actividade académica o alumno vai adquirir ou practicar unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e outras específicas, propias da enxeñería en xeral ou da enxeñería forestal en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, trabállanse as seguintes.
Competencias básicas:
(CB2) Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
(CB3) Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
(CB4) Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
(CB5) Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias xerais:
(CG12) Capacidade de organización e planificación de empresas e outras institucións, con coñecemento das disposicións lexislativas que lles afectan e dos fundamentos do marketing e comercialización de produtos forestais.
(CG13) Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans, así como para redactar informes técnicos, memorias de recoñecemento, valoracións, peritaxes e tasacións.
(CG14) Capacidade para entender, interpretar e adoptar os avances científicos no campo forestal, para desenvolver e transferir tecnoloxía e para traballar nun entorno multilingüe e multidisciplinar.
Competencias transversais:
(CT1) Capacidade de análise e síntese.
(CT2) Capacidade para o razoamento e a argumentación.
(CT3) Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
(CT4) Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
(CT5) Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
(CT6) Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
(CT8) Compromiso de veracidade da información que ofrece ós demais.
(CT9) Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
(CT10) Utilización de información bibliográfica e de Internet.
(CT12) Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
O alumno tamén practicará outras competencias xerais, transversais e específicas que dependerán da actividade concreta que o alumno desenvolva na empresa ou entidade.
Durante a estancia na entidade o alumno aprenderá a través do seu traballo práctico nas tarefas que se lle asignen. Contará ademais có ensino do seu titor profesional e das outras persoas da entidade que colaboren có alumno nas súas tarefas. As actividades estarán sempre orientadas á aprendizaxe práctica titorizada.
O titor académico atenderá ó alumno en titorías, xa sexa de forma presencial ou de modo telemático (correo electrónico, teléfono, campus virtual, vídeo-conferencia).
Durante as titorías e outras actividades presenciais os asistentes farán uso de xeles desinfectantes para as mans e se manterá unha distancia interpersoal de polo menos 1,5 m, utilizando máscaras se non puidera asegurarse a distancia interpersoal.
Durante a estancia se traballarán tódalas competencias indicadas no apartado anterior.
As entidades colaboradoras poderán compensar economicamente ó alumnado en prácticas, facendo efectiva a cantidade ofertada segundo a modalidade de pago que estimen axeitada.
As prácticas externas serán avaliadas polos titores (académico e externo). A cualificación do titor académico contará un 30 % na cualificación final e a cualificación concedida polo titor externo contará un 70 % na cualificación final. Na avaliación se terá en conta:
- o informe final preceptivo, emitido polo titor da empresa/organismo, e o informe intermedio no seu caso
- o autoinforme ou memoria final de actividades desenvolvidas polo alumno durante a estancia de prácticas, xunto có autoinforme intermedio de actividade (se o houbera)
- o seguimento efectuado polos titores durante o período de prácticas.
A avaliación se referirá á consecución dos obxectivos de formación establecidos no proxecto formativo que se lle asignou ó alumno ó inicio da estancia.
Das competencias traballadas serán avaliadas aquelas que consideren o titor académico e o titor profesional.
As datas dos exames finais serán fixadas pola Dirección da EPSE e son inamovibles para todos os alumnos matriculados na actividade de prácticas externas (artigo 4.3 da Resolución de 15/6/2011 da USC, DOG de 21/7/2011).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” (artigo 16 da Resolución de 15/6/2011 da USC, DOG de 21/7/2011).
O sistema de avaliación é o mesmo para alumnos repetidores e para alumnos con dispensa de asistencia.
Na oferta de prácticas externas deberá indicarse:
- a data de comezo e fin das prácticas así como a súa duración en horas
- o número de horas diarias de dedicación e o horario asignado.
As prácticas externas curriculares terán un recoñecemento académico de 6 créditos ECTS (150 horas de traballo).
As prácticas externas extracurriculares terán un recoñecemento máximo de 30 créditos ECTS (750 horas de traballo).
O alumno deberá comprobar a idoneidade do seu posto de traballo durante a estancia en prácticas, en cuanto a condiciones de seguridade e saúde laboral, debendo informar inmediatamente ó seu titor académico acerca de calquera deficiencia neste aspecto.
Plan de continxencia para un posible empeoramento da situación sanitaria provocada pola COVID-19.
O documento da USC titulado “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura. O curso 2020-2021” establece que existen tres posibles escenarios aplicables ao inicio do curso 2020-2021:
- escenario 1: normalidade adaptada
- escenario 2: distanciamento
- escenario 3: peche das instalacións.
Escenario 1. O contido presentado nesta guía foi elaborado asumindo que rexerá o escenario 1.
Se se aplicase o escenario 2 ou o escenario 3, a guía docente modificaríase nos seguintes aspectos:
- as xornadas de traballo presenciais substituiríanse polas actividades telemáticas substitutivas que os titores consideren
- as titorías só serían atendidas de modo telemático
- as probas de avaliación e a solicitude e entrega de traballos e informes realizaríanse de forma telemática (correo electrónico e/ou aula virtual).
Juan Gabriel Alvarez Gonzalez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- juangabriel.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Esperanza Alvarez Rodriguez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Correo electrónico
- esperanza.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade