Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
Esta materia proporciona coñecementos avanzados de administración relativos á monitorización e optimización de servidores e uso de mecanismos de virtualización, instalación, configuración e mantemento dos servizos máis importantes en Internet baixo GNU/Linux: servidor de DNS, servidor web Apache, aplicacións web (PHP e JSP con Tomcat), servizos de proxy e FTP anónimo, blogs, redes sociais, xestores de contidos; servidor de correo electrónico e correo web; servidor proxy.
Módulo 1. Administración de redes, servidores e virtualización: 15 horas
1 Creación de imaxes para virtualización
1.1 Creación de imaxes virtuais (ttylinux) (sesión 1)
1.2 Ampliación do tamano dunha imaxe (sesión 2/1)
1.3 Instalación dun kernel na imaxe virtual (sesión 2/2)
2 Virtualización de servidores e servizos
2.1 Paravirtualización dunha imaxe en Xen (sesión 3/1)
2.2 Migración dunha imaxe en Xen (sesión 3/2)
2.3 Migración dunha imaxe en OpenVZ (sesión 4)
3 Monitorización de servidores e redes
3.1 Monitorización con SNMP e MRTG (sesión 5)
Módulo 2. Servizos en Internet: 27 horas
4. Servidor de DNS: Bind (sesión 6/1)
5. Servidor web: Apache (sesiones 6/2-9): Configuración, sitios virtuais, redireccionamento, ssl, autenticación e autorización, rexistro, estatísticas e monitorización, webdav, Aplicaciones PHP, Servlets y JSP con Tomcat
6 Servidor de FTP anónimo: PureFTPd (sesión 10)
7. Xestores de contidos (sesiones 11-12): Wordpress, Buddypress
8 Servidores de correo electrónico (sesión 13): Exim , Postfix
9 Servidor proxy (sesión 14): Apache, squid
NOTA: cada sesión representa 3 horas.
Bibliografía básica:
- Apuntes de Administración Avanzada de Sistemas e Redes. Proporciónanse apuntes elaborados polos profesores que cubren a totalidade dos temas da materia. Poden descargase dende a USC virtual: https://cv.usc.es
- K. Rankin e B Mako Hill, "The Official Ubuntu Server Book" (3ª ed), Pearson Education Inc., 2017, ISBN: 978-0133017533.
- D. Kusnetzky, "Virtualization: A Manager's Guide" (1ª ed), O'Reilly Media, 2011. ISBN: 9781449309749.
Bibliografía complementaria:
- William von Hagen, "Professional Xen Virtualization" (1ª ed), Wrox, 2008, ISBN: 978-0470138113.
- David Wood, "Programming Internet email", O'Reilly, 1999, ISBN: 978-1565924796.
Manuais descargables:
- R. Hertzog e R. Mas, "The Debian Administrator's Handbook. Debian Jessie from Discovery to Mastery" (1ª ed), 1015, http://debian-handbook.info/browse/stable/
- SUSE, "SUSE Linux Enterprise Server 12 SP2 Virtualization Guide" (1ª ed), 2017, http://www.suse.com/documentation/sles-12/singlehtml/book_virt/book_virt.html
Manuais das aplicacións:
Bind: https://www.isc.org/downloads/bind/doc/
Apache: http://httpd.apache.org/docs/es
Tomcat: http://tomcat.apache.org/tomcat-8.5-doc
Exim: http://www.exim.org/docs.html
Postfix: http://www.postfix.org/documentation.html
Squid: http://www.squid-cache.org/
Nesta asignatura aprenderemos a monitorizar e optimizar servidores usando mecanismos de virtualización. Instalaremos un servidor de DNS, e administraremos un servidor web (Apache), configurando as estatísticas, cuestións de eficiencia, seguridade, servidores virtuais, redirección de URLs. Instalaremos un servidor de FTP anónimo, e manexaremos xestores de contidos web (xunto con blogs e redes sociais). Traballaremos con servidores de correo electrónico e ferramentas para a súa xestión vía web. Finalmente, veremos como configurar un servidor Proxy.
Esta materia cubre as seguintes competencias recollidas na memoria do título de Grao en Enxeñaría Informática (páxinas 23-24 e 28-30): CG3, CG4, CG7, CG8, CG9, CG10, TR1, TR3, RI1, RI2, RI4, RI5, RI13, TI2, TI4, TI6 e TI7.
Competencias asociadas ao módulo "Administración e xestión de sistemas e redes":
As prácticas realízanse no sistema operativo GNU/Linux e consisten na configuración e administración de imaxes virtuais de sistemas operativos (usando os virtualizadores Kvm e VirtualBox) e de diversos servizos (correo electrónico, servidor web, DNS, FTP anónimo, proxy). Nas clases interactivas desenvólvense as competencias CG3, CG4, CG7, CG8, CG9, CG10, TR1, TR3, RI1, RI2, RI4, RI5, RI13, TI2, TI4, TI6 e TI7. Cada tarefa ten un guión detallado que describe as operacións de administración a realizar. Ao comezo de cada sesión os profesores explican estas tarefas para facilitar a súa resolución, baixo a súa supervisión, durante o transcurso da clase. As prácticas pódense realizar durante as clases no teu portátil, só precisas o sistema operativo GNU/Linux e os virtualizadores Kvm e Xen (módulo 1), e VirtualBox (módulo 2).
Temporización dos temas:
Tema 1, Creación de imaxes para virtualización: 6 horas presenciais e 6 de traballo persoal
Tema 2, Virtualización de servidores e servizos: 6 horas presenciais e 6 de traballo persoal
Tema 3, Monitorización de servidores e redes: 3 horas presenciais e 3 de traballo persoal
Tema 4, Servidor de DNS: Bind: 1,5 horas presenciais e 2 de traballo persoal
Tema 5, Servidor web: Apache, 12 horas presenciais e 14 de traballo persoal
Tema 6, Servidor de FTP anónimo: PureFTPd: 1,5 horas presenciais e 2 de traballo persoal
Tema 7, Xestores de contidos:6 horas presenciais e 6 horas de traballo persoal
Tema 8, Servidor de correo electrónico: 3 horas presenciais e 3 de traballo persoal
Tema 9, Servidor proxy: 3 horas presenciais e 3 de traballo persoal
Exame: 2 horas presenciais e 23,5 horas de traballo persoal
------------------
Total: 44 horas de traballo presencial e 68,5 horas de traballo persoal
Oportunidade de xuño: o módulo 1 representa 4 puntos na nota final, e o módulo 2 representa 6 puntos. A avaliación inclúe dúas modalidades:
1) Avaliación continua (EC) + Exame. Consiste na asistencia ás clases, acreditando a realización dos exercicios prácticos, o que suporá ata 5 puntos na nota final, repartidos en 2 puntos no módulo 1 e outros 3 puntos no módulo 2. Os restantes 5 puntos obteranse no exame final composto dunha parte teórica para o módulo 1 (que suporá 2 puntos) e unha parte para o módulo 2 (que suporá os 3 puntos restantes).
No caso de seguir a avaliación continua, as prácticas haberán de entregarse regularmente ao longo das clases e non se corrixirán prácticas con máis dun mes de antigüidade desde a súa proposta. Ademais, o prazo para entregar calquera práctica terminará unha semana despois da finalización das clases prácticas.
Quen acade os 5 puntos na avaliación continua terá superada a asignatura sen necesidade de presentarse ao exame final.
Durante o exame deben realizarse tarefas de administración traballadas durante as clases interactivas co obxectivo de evaliar as competencias CG3, CG4, CG7, CG8, CG9, CG10, TR1, TR3, RI1, RI2, RI4, RI5, RI13, TI2, TI4, TI6 e TI7.
2) Só exame final, que suporá 10 puntos, repartidos en 4 puntos para o Módulo 1 e 6 puntos para o Módulo 2.
O seguinte esquema resume o criterio de avaliación (denotando M1=módulo 1, M2=módulo 2):
AC: 5 pts (2 pts M1, 3 pts M2)
Exame: 5 pts (2 pts M1, 3 pts M2)
---------------------------------------
Só Exame: 10 pts (4 pts M1, 6 pts M2)
Oportunidade de xullo: realizarase un exame que puntuará do mesmo modo que na oportunidade xuño. Para quen non participara en ningunha das evaluacións anteriores este examen representará 10 puntos (4 para M1 e 6 para M2).
Avaliación como "Non presentado": A condición para unha avaliación de "Non presentado" será que non se presente ao exame final. Polo tanto, quen se acolla á avaliación continua pero acade unha nota inferior a 5 puntos, e non se presente ao exame final, recibirá unha avaliación de "Non presentado".
Estudantes repetidores: empregaranse os criterios de avaliación anteriores.
Convocatoria extraordinaria (decembro/xaneiro): @s alumn@s deberán obter unha nota superior a 5 nun exame escrito que puntuará 10 puntos, distribuidos en 4 puntos para o módulo 1 e 6 puntos para o módulo 2.
Traballo presencial na aula:
Sesións prácticas en grupos reducidos: 40 horas presenciais
Tutorías en grupos moi reducidos: 2 horas presenciais
Actividades de avaliación: 2 horas presenciais
Traballo persoal d@ alumn@:
Estudo autónomo: 6 horas
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 15 horas
Programación, experimentación ou outros traballos en ordenador: 35 horas
Avaliación de traballos, proxectos, exames: 12,5 horas
---------------
Total: 44 horas de traballo presencial y 68,5 horas de traballo individual.
Ao realizarse as prácticas sobre máquinas virtuais Linux requiriranse coñecementos dos comandos básicos en liña de comando e de administración básica neste sistema operativo.
A materia require un importante traballo no ordenador para realizar as sesións de prácticas. É moi recomendábel a asistencia a clase para resolver dúbidas na realización das prácticas.
Esta materia impártese en castelán.
Usarase o Campus Virtual.
Tódalas aplicacións que se usan están dispoñíbeis libremente baixo o sistema operativo GNU/Linux.
Para toda a materia usarase o Campus Virtual da USC: https://cv.usc.es