Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Mercantil
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Entre os obxectivos da materia ‘Aspectos legais e normativos das TIC’ destacan os seguintes:
1. Proporcionar ao alumnado do Grao en Enxeñería Informática un conxunto de coñecementos que lle sirvan de apoio para a comprensión da complexa realidade xurídica xerada polo desenvolvemento das denominadas Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) e da Sociedade da Información.
2. Realizar unha visión completa e exhaustiva das principais figuras xurídicas que poidan afectar ao campo da Enxeñería Informática. Preténdese que os/as estudantes adquiran uns coñecementos legais mínimos que lles permitan:
- resolver posibles conflitos xurídicos.
- dotar ao alumnado dunha serie de competencias e destrezas xurídicas relacionadas co ámbito do Dereito informático.
3. Concretamente, o contenido da materia persegue familiarizar ao alumnado coas principais figuras xurídicas relacionadas co Dereito informático e que desenvolverán no exercicio da súa futura actividade profesional.
Tema 1.- Introdución ao Dereito
1. Os sistemas normativos: orixe e evolución.
2. O Dereito e os dereitos: Dereito obxectivo e dereitos subxectivos.
3. Notas distintivas do Dereito.
3.1. Coercitividade.
3.2. Seguridade xurídica.
3.3. Certeza normativa.
4. Principios xerais do Dereito.
4.1. Imperio da Lei.
4.2. División e separación de poderes.
4.3. Legalidade e control da actuación administrativa.
4.4. Garantía dos dereitos e liberdades fundamentais.
5. Norma xurídica e ordenamento xurídico.
5.1. Clases e estructura das normas xurídicas.
5.2. O ordenamento xurídico.
6. As fontes do Dereito.
6.1. Lei.
6.2. Costume.
6.3. Principios Xerais do Dereito.
7. A aplicación do Dereito.
7.1. Aplicación pacífica e coercitiva.
7.2. Os xuzgados e tribunais.
7.3. Criterios de interpretación das normas.
7.4. O valor da xurisprudencia.
Tema 2.- O Dereito informático
1. As Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC).
2. A sociedade da información na Lei de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI).
3. O Dereito informático: campos de aplicación.
Tema 3.- Lexislación sobre protección de datos de carácter persoal
1. Desenvolvemento constitucional do dereito á protección de datos.
2. Principios e dereitos en materia de protección de datos.
3. O Regulamento (UE) 2016/679, xeral de protección de datos.
3.1. Ámbito de aplicación e contido.
3.2. Novidades introducidas.
3.2.1. O dereito ao olvido.
3.2.2. O dereito á portabilidade dos datos.
3.2.3. O delegado de protección de datos e outras novidades.
4. Normativa española en materia de protección de datos de carácter persoal.
5. A protección de datos nas redes sociais.
5.1. Creación de perfís.
5.2. As imaxes como dato de carácter persoal.
6. Procedementos automatizados invisibles de recollida de datos.
6.1. Cookies.
6.2. Datos de navegación.
6.3. Contidos activos.
Tema 4.- Propiedade intelectual e TIC. A protección xurídica do software
1. Consideracións xerais en relación á protección xurídica do software: estudo das posibles vías de protección.
1.1. Dereito de patentes.
1.2. Dereito de autor.
1.3. Dereito ‘sui generis’.
2. A Directiva europea 2009/24/CE, sobre a protección xurídica dos programas de ordenador.
2.1. Ámbito de aplicación.
2.2. Titularidade dos programas.
2.3. Límites e dereitos do titular.
2.4. Normas relativas á descompilación do software.
3. Normativa española sobre a protección xurídica do software: a Lei de Propiedade Intelectual (LPI).
3.1. Obxecto de protección.
3.2. Titularidade dos dereitos.
3.3. Dereitos morais e patrimoniais.
3.4. Uso do software polo propio autor.
3.5. Límites de uso aos dereitos de explotación. Concesión de licenzas de software.
3.5.1. Actos de actualización, mantemento e corrección de erros.
3.5.2. Copias de seguridade.
3.5.3. Enxeñería inversa.
3.5.4. Versións sucesivas.
3.5.5. Descompilación e interoperabilidade.
3.6. Aspectos rexistrais: o Rexistro da Propiedade Intelectual.
3.7. Infracción de dereitos.
4. Software libre e Licencias Creative Commons.
5. Propiedade intelectual e Internet. Problemas prácticos.
5.1. A ‘Tasa Google’.
5.2. Citas e reseñas na web.
5.3. Infracción de dereitos de autor na web: A Comisión de Propiedade Intelectual.
Tema 5.- Propiedade intelectual e TIC. A protección xurídica das bases de datos
1. A protección xurídica das bases de datos pola vía dos dereitos de autor na LPI.
2. O dereito ‘sui generis’ sobre as bases de datos na LPI.
2.1. Obxecto de protección.
2.2. Contido do dereito.
2.3. Titularidade.
2.4. Dereitos e obligacións do usuario lexítimo.
2.5. Excepcións ao dereito ‘sui generis’.
2.6. Plazo de protección.
2.7. Salvagarda de aplicación doutras disposicións: dereitos de autor e protección de datos.
Tema 6.- Propiedade industrial e TIC. A protección xurídica do hardware
1. Os dereitos de propiedade industrial: consideracións xerais e notas características.
2. A protección xurídica do hardware.
2.1. Hardware e creacións industriais.
2.1.1. Dereito de patentes.
2.1.2. Modelos de utilidade.
2.1.3. Deseño industrial.
2.2. Hardware e signos distintivos. o dereito de marca.
3. A protección xurídica dos chips. Topografías de produtos semiconductores.
Tema 7.- Nomes de dominio e Internet
1. Nomes de dominio: orixe e concepto.
2. Clases de nomes de dominio.
3. Funcións dos nomes de dominio.
4. Conflitos entre nomes de dominio e marcas.
5. Outros conflitos con nomes de dominio.
5.1. Infracción da Lei de Competencia Desleal (LCD).
5.2. Infracción da LPI.
5.3. Outras conductas: ciberocupación, ciberpitaretía e secuestro de nomes de dominio.
Tema 8.- Páxinas web e propiedade intelectual e industrial
1. Tipos de páxinas web.
2. Protección xurídica das páxinas web.
2.1. A protección da propia estructura da web.
2.2. A protección dos contidos da web.
3. Problemática dos enlaces nas web. Infracción de dereitos de propiedade intelectual e industrial.
3.1. Enlaces voluntarios.
3.1.1. Enlaces de superficie.
3.1.2. Enlaces de profundidade.
3.2. Enlaces involuntarios.
3.2.1. Ventanas emerxentes ou pop-up windows.
3.2.2. Enlaces ensamblados, frames e redes P2P.
3.3.3. Metatags, keywords e banners.
Tema 9.- Contratación electrónica e contratos informáticos
1. A contratación electrónica na LSSI.
2. Contratos informáticos.
2.1. Contrato de desenvolvemento de software.
2.2. Contrato de desenvolvemento de páxinas web.
2.3. Contrato de tenda virtual.
2.4. Contrato de scrow ou de depósito de código fonte.
2.5. Contrato de licenza de uso de software.
2.6. Contrato de outsourcing.
2.7. Contrato de housing.
2.8. Contrato de hosting.
3. Medios electrónicos de pago.
4. Firma electrónica.
Tema 10.- Delitos informáticos e ciberseguridade
1. Delitos contra a intimidade.
1.1. Uso do correo electrónico da empresa para fins persoais e protección de datos.
1.2. Uso de equipos da empresa para fins personais e protección de datos.
1.3. O ‘BYOD’ e ‘BYOT’.
2. Delitos contra o honor: inxurias e calumnias a través de Internet e uso anónimo de ‘nicknames’.
3. Delitos contra o patrimonio e a orde socioeconómica.
3.1. Delitos de estafa a través de medios informáticos.
3.2. O ‘phishing’ e a suplantación de identidade.
3.3. Delitos contra a propiedade intelectual.
3.4. Delitos contra a propiedade industrial.
4. Delitos cometidos a través de redes sociais.
4.1. O ‘grooming’.
4.2. O ‘sexting’ e o ‘sexcasting’.
4.3. O ciberbulling ou ciberacoso.
4.4. Acoso incesante ou ‘stalking’.
5. Ciberseguridade.
O estudo da materia ‘Aspectos legais e normativos das TIC’ debe realizarse principalmente utilizando a normativa actualizada, reguladora dos contenidos da materia.
Do mesmo xeito, recoménsade o manexo da siguinte bibliografía complementaria (por orde alfabética):
BERCOVITZ RODRÍGUEZ-CANO, R. (Dir.), La nueva Ley de Patentes 24/2015, de 24 de julio, Thomson Reuters-Aranzadi, Cizur Menor (Navarra), 2015.
BERCOVITZ RODRÍGUEZ-CANO, R. (Dir.), Manual de la propiedad intelectual, 6ª ed., Tirant lo Blanch, Valencia, 2015.
DAVARA RODRÍGUEZ, M. Á. (Coord.), Delitos Informáticos, Thomson Reuters-Aranzadi, Cizur Menor (Navarra), 2017.
DAVARA RODRÍGUEZ, M. Á., Manual de Derecho Informático, 11ª ed., Thomson Reuters-Aranzadi, Cizur Menor (Navarra), 11ª ed., 2015.
FERNÁNDEZ-NÓVOA, C. / OTERO LASTRES, J. M. / BOTANA AGRA, M., Manual de la propiedad industrial, 2ª ed, Marcial Pons, Madrid, 2012.
FERNÁNDEZ-NÓVOA, C., Tratado sobre Derecho de Marcas, 2ª ed., Marcial Pons, Madrid, 2004.
GARCÍA VIDAL, Á. (Coord.), El diseño comunitario, Thomson Reuters-Aranzadi, Cizur Menor (Navarra), 2012.
GARCÍA VIDAL, Á., Derecho de Marcas e Internet, Tirant lo Blanch, Valencia, 2002.
GÓMEZ SEGADE, J. A., Tecnología y Derecho. Estudios jurídicos del Profesor Dr. h. c. José Antonio Gómez Segade recopilados con ocasión de la conmemoración de los XXV años de cátedra, Marcial Pons, Madrid, 2001.
OTERO LASTRES, J. M., El diseño industrial según la Ley de 7 de julio de 2003, Marcial Pons, Madrid, 2003.
VIDAL PORTABALES, J. I., Sociedad de la información y empresa, Comares, Granada, 2010.
COMPETENCIAS GLOBAIS (CG)
CG1 - Capacidade para concibir, redactar, organizar, planificar, desenvolver e asinar proxectos no ámbito da ingeniería en informática que teñan por obxecto, de acordo cos coñecementos adquiridos segundo o establecido no apartado 5 de devandito Acordo, a concepción, o desenvolvemento ou a explotación de sistemas, servizos e aplicacións informáticas.
CG7 Capacidade para coñecer, comprender e aplicar a lexislación necesaria durante o desenvolvemento da profesión de Enxeñeiro Técnico en Informática e manexar especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
CG10 Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, tasacións, peritaxes, estudos, informes, planificación de tarefas e outros traballos análogos de informática, de acordo cos coñecementos adquiridos segundo o establecido no apartado 5 de devandito Acordo.
CG11 Capacidade para analizar e valorar o impacto social e medioambiental das olucións técnicas, comprendendo a responsabilidade ética e profesional da actividade do Enxeñeiro Técnico en Informática.
CG12 -Coñecemento aplicación de elementos básicos de economía e xestión de recursos humanos, organización e planificación de proxectos, así como a lexislación, regulación e normalización no ámbito dos proxectos informáticos, de acordo cos coñecementos adquiridos segundo o establecido no apartado 5 de devandito Acordo.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS (TR)
TR1 - Instrumentales: Capacidade de análise e síntese. Capacidade de organización
e planificación. Comunicación oral e escrita en galego,
castelán e inglés. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas.
Toma de decisións.
TR2 -Persoais: Traballo en equipo. Traballo nun equipo multidisciplinar e
multilingüe. Habilidades nas relacións interpersonales. Razonamiento critico. Compromiso ético
TR3.- Sistémicas: Aprendizaxe autónomo. Adaptación a novas situacións. Creatividade. Iniciativa e espíritu emprendedor. Motivación pola calidade. Sensibilidade hacia temas medioambientais.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (RI):
RI1 - Capacidade para deseñar, desenvolver, seleccionar e evaluar aplicacións e sistemas informáticos, asegurando o seu fiabilidad, seguridade e calidade, conforme a principios éticos e á lexislación e normativa vixente.
RI4 Capacidade para elaborar o pliego de condicions técnicas de unha instalación informática que cumpra os estándares e normativa vixente.
RI18 - Coñecemento da normativa e a regulación da informática nos ámbitos nacional, europeo e internacional.
A metodoloxía aplicable á ensinanza na materia descansa sobre os seguintes bloques:
a) Bloque teórico. Nas clases expositivas desenvolverase a explicación teórica das diferentes leccións do programa.
b) Bloque práctico. Nas clases interactivas os/as alumnos/as resolverán casos prácticos e outras actividades propostas polo/a profesor/a, poñendo en práctica os coñecementos adquiridos nas explicacións teóricas. É por isto, que as clases interactivas revisten unha especial importancia na materia ‘Aspectos legais e normativos das TIC’.
c) Recurso á ensinanza virtual. A actividade docente e de aprendizaxe desenvolvida nas sesións presenciais, verase complementada pola plataforma do Campus Virtual da Universidade de Santiago de Compostela. Nela, o estudante poderá atopar diversas ferramentas e recursos relacionados cos contidos da materia.
d) Tutorías. Un complemento importante ás clases teóricas e prácticas son as tutorías, que permiten levar a cabo unha tarefa individualizada de asunción da materia por parte dos/das alumnos/as que o requiran, así como manter informado ao alumnado puntualmente do transcurso da materia. Estas tutorías poden ter lugar ben individualmente ou ben con relación a grupos de traballo. Poderán efectuarse presencialmente, nos horarios de tutorías establecidos expresamente.
ALUMNADO EN RÉXIME XERAL:
A calificación final dos estudantes conformarase do siguinte xeito:
1.- A nota vendrá determinada pola calificación obtida pola suma das siguintes actividades:
- un exame final escrito (70 % da nota final, por tanto, un 7 sobre 10);
- a realización e exposición dun traballo escrito (20% da nota final, por tanto, un 2 sobre 10);
- e a calificación obtida mediante a asistencia, participación e realización de prácticas nas clases interactivas (10 % da nota final, por tanto, un 1 sobre 10).
- Como complemento de la nota final tamén se poderá ter en conta a asistencia asidua e a participación nas clases expositivas, así como a asistencia a seminarios ou xornadas sobre materias do programa que se poidan celebrar na USC.
2.- O examen final escrito consistirá nunha única proba tipo test. O test tendrá 25 preguntas (con catro alternativas, de resposta única), e para a súa realización disporase dun tempo de 45 minutos. Cada pregunta ben contestada tendrá unha puntuación de 0,28 puntos. Cada pregunta mal contestada restará 0,10 puntos. As preguntas en branco nis suman nis restan puntuación. A puntuación máxima con todas as respostas correctas será de 7 puntos.
3.- Non se poderá empregar o programa nin a Guía Docente, nin ningún outro material, na realización do exame.
4.- Conforme á normativa da USC, a calificación dunha convocatoria na que o/a alumno/a non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de “suspenso”, salvo que o/a estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou Guía Docente, en cuxo caso constará como “non presentado” (art. 5.2 da normativa de permanencia aprobada polo Consello Social da Universidade). Dado que a asistencia e participación nas clases de esta materia é avaliable, isto implica que o/a alumno/a que asista ás clases non poderá figurar como non presentado (incluso ainda que só asista a unha soa clase).
5.- Para superar a materia será preciso alcanzar ao menos unha nota de 5 puntos entre todas as actividades puntuables, anteriormente descritas.
ALUMNADO REPETIDOR:
A avaliación dos/as estudantes repetidores/as someterase ás mesmas normas que para o caso do alumnado en réxime xeral.
ALUMNADO EN RÉXIME ESPECIAL CON EXENCIÓN DE DOCENCIA:
Os/as alumnos/as que teñan oficialmente recoñecida pola USC a exención de docencia nesta materia, deberán realizar un exame tipo test nas seguintes condicións:
1. O exame final escrito consistirá nunha única proba tipo test (100% da nota final). O test tendrá 25 preguntas (con catro alternativas, de resposta única), e para a súa realización disporase dun tempo de 45 minutos. Cada pregunta ben contestada tendrá una puntuación de 0,40 puntos. Cada pregunta mal contestada restará 0,20 puntos. As preguntas en branco nin suman nin restan puntuación. A puntuación máxima con todas as respostas correctas será de 10 puntos.
2.- Non se podrá empregarr nin lexislación, nin xurisprudencia, nin ningún outro material para a resolución do exame.
3.- Este exame realizarase o mesmo día do exame da materia, fixado pola Xunta de Facultade para o alumnado en réxime xeral.
4.- Dado o carácter excepcional da exención de docencia, os/as estudantes nesta situación deberán comunicar por correo electrónico ao seu profesor/a se teñen intención de presentarse ao exame, cunha antelación de cinco días naturais á fecha oficial da correspondente convocatoria.
O tempo de estudo e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superar a materia depende, lóxicamente, das peculiares capacidades intelectuais de cada alumno/a.
Non obstante, calcúlase como promedio, que será necesario adicar 75 horas de traballo propio, a sumar ás horas de clase.
Recoméndase encarecidamente o manexo directo dos textos lexislativos relacionados cos diferentes contidos do programa.
Do mesmo xeito, é altamente recomendable a asistencia regular ás clases para aclarar conceptos, intervir nas discusións prácticas, consultar dudas e tomar notas sobre as ideas que capten e interioricen.
O alumnado debe intentar que o tempo adicado ao estudo sexa o máis continuo e estandarizado posible, realizando un seguimento constante do explicado nas clases. suxírese que, ademáis, se realicen as tarefas indicadas.
Plan de Continxencia coas adaptacións correspondentes aos apartados de metodoloxía da ensinanza e sistema de avaliación previstas para os escenarios 2 e 3, sin docencia presencial plena
Metodoloxía da ensinanza
- Escenario 2:
No escenario 2 está previsto que a docencia presencial conviva coa virtual, correspondendo a cada Centro definir as fórmulas de convivencia de ambas as modalidades de docencia. Por tanto, a metodoloxía docente neste escenario adaptarase ás instrucións técnicas fixadas polo Centro.
- Escenario 3:
Se por mor da pandemia da Covid-19 suspendésese a docencia presencial, as clases expositivas seguiranse impartindo a través de audios que se irán subindo á aula virtual, en correlación cos días de clase. Respecto a as clases interactivas, estas realizaranse a través de medios telemáticos que será oportunamente indicados polo profesorado responsable na aula virtual con antelación ao comezo da correspondente semana de clases prácticas. As clases interactivas neste escenario poderanse desenvolver, xa sexa a través de sesións por Microsoft teams, ou ben mediante a resolución de casos prácticos que deberán ser entregados a través da aula virtual.
Sistma de avaliación da aprendizaxe
-En caso de estar no escenario 2 ante a pandemia da Covid-19:
Aplicarase o sistema de avaliación previsto para o escenario 1, salvo que as autoridades académicas, en razón da situación sanitaria, determinen a conveniencia de non realizar probas presenciais. Neste último caso aplicarase o sistema de avaliación previsto para o escenario
3. - En caso de estar no escenario 3 #ante a pandemia da Covid-19:
- Dado que no escenario 3 non se poderán realizar exames presenciais, a nota virá determinada pola cualificación obtida nun exame oral realizado a través da plataforma Microsoft Teams (70 % da nota final, por tanto, un 7 sobre 10) e a cualificación obtida coa prsentación do traballo (20% da nota final, 2 sobre 10) e a docencia interactiva (10 % da nota final, por tanto, un 1 sobre 10). Como complemento da nota final tamén se poderá ter en conta a asistencia asidua e a participación nas clases expositivas –a condición de que esta fose posible en algures do curso-, así como a asistencia a seminarios ou xornadas sobre materias do programa que se poidan celebrar na USC.
Con antelación suficiente á data prevista para a realización do exame, publicaríanse na aula virtual da materia as instrucións pertinentes: normas técnicas para o uso da plataforma para utilizar, orde de chamamento dos alumnos para a realización do exámen, etc.
- Respecto a as clases interactivas, a avaliación dependerá do sistema que se utilizou para realizar a práctica: a) se a práctica desenvolveuse de forma síncrona a través da plataforma Microsoft teams, valorarase a asistencia e participación na respectiva sesión.
b) se a práctica desenvolveuse mediante a resolución e entrega dun caso práctico, valorarase a súa realización e o contido das respostas. Lémbrase que “Para vos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación ou recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións”.
Réxime especial para os alumnos con exención de docencia
Se por mor da pandemia da Covid-19 non puidesen realizarse exames presenciais, o exame tipo test e o caso práctico previstos para o escenario 1, substituiranse por unha única proba oral realizada por medios telemáticos co que se poderá obter a cualificación máxima de 10 puntos.
Miriam Martinez Perez
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Mercantil
- Teléfono
- 881814761
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A4 |
Xoves | |||
18:00-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula A4 |
04.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
04.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
04.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
04.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
04.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_01 | Aula A2 |
04.06.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIS_02 | Aula A2 |
12.07.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A5 |
12.07.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A5 |
12.07.2021 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A5 |