Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 198 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 48 Clase Interactiva: 48 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Anual
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Ao acabar a materia o alumnado debe entender a construción do software como un proceso de enxeñaría e ter unha visión global do devandito proceso. Con este obxectivo presentaráselle ao estudante o software como un elemento de enxeñaría que debe ser construído nun marco que nos permita predicir as súas cualidades. O estudo deste marco definido como un conxunto de procesos, tratados con distinto nivel de profundidade, e o seu encadeamento temporal constituirá a base da materia.
Teoría:
1. O produto (3 h.)
1.1. Tópicos e ingeniería de software
1.2. Importancia da introdución da Ingeniería de software
1.3. Evolución da industria do software
1.4. Características e atributos do software
1.5. Tipos de software.
1.6. Software herdado
1.7. Principais problemas asociados ao software
2. Modelos de procesos para a construción de software (5 h.)
2.1. Definicións de ingeniería de software
2.2. Modelos de procesos
2.2.1. A Norma IEEE 1074
2.2.2. A Norma ISO 12207-1
2.2.3. A Norma ISO/IEC 15504-2
2.3. Avaliación de procesos de Software.
2.3.1. Introdución.
2.3.2. Normas.
2.3.3. Capability Madurity Model Integration CMMI.
2.3.4. "Modelo ideal"
3. Modelos preceptivos para o desenvolvemento de software (5 h.)
3.1. Modelos Clásicos
3.1.1. Ciclo de vida en cascada
3.1.2. Construción por prototipos
3.1.3. Ciclo de vida incremental
3.1.4. O modelo en espiral
3.2. Desenvolvemento áxil
3.2.1. Modelado áxil
3.2.2. Programación extrema.
4. A Ingeniería de requisitos (5 h.)
4.1. Introdución
4.2. Primeiras cuestións
4.3. Técnicas de captura de requisitos
4.4. Análise de requisitos.
4.5. Especificación de Requisitos.
4.6. Validación de requisitos.
4.7. xestión de requisitos.
5. Modelado de Sistemas(6 h.)
5.1. Introdución
5.2. Técnicas de modelado
5.3. Consistencia de modelos
5.5. Metodoloxías
6. Probas e mantemento do software (5 h.)
6.1. Introdución e definicións iniciais
6.2. Filosofía das probas do Software
6.3. O proceso de proba
6.4. Técnicas de deseño de casos de proba
6.5. Probas estructurales
6.6. Probas funcionales
6.7. Enfoque práctico recomendado para o deseño de casos
6.8. Documentación do deseño das probas
6.9. Execución das probas
6.10. Estratexia de aplicación das probas
6.11. Probas en desenvolvementos orientados a obxectos
Prácticas:
1.- Planificación de proxectos
2.- Execución de procesos
3.- Elección de ciclo de vida
4.- Xestión de riscos
5.- Enxeñaría de requisitos
6.- Xestión da configuración do software
7.- Probas
Bibliografía Básica:
1.- Ian Sommerville; “Ingeniería de Software”. Ed. Addison Wesley, Madrid. 2005. ISBN: 84-7829074-5
2.- Roger S Pressman; “Ingeniería del Software. Un enfoque práctico”. Ed. Mc Graw Hill, España. 2005. ISBN: 970-10-5473-3.
Bibliografía Complementaria:
1.- Mario Piattini, José A. Calvo-Manzano, Joaquín Cervera, Luis Fernández; “Análisis y diseño detallado de aplicaciones Informáticas de Gestión. Una perspectiva de Ingeniería de Software”. Ed. RA-MA, España. 2003. ISBN: 84-7897-587-X.
3.- Antonio Colmenar, Manuel A. Castro, Julio Pérez; “Gestión de proyectos con Microsoft Project 2000”, Ed. RA-MA, España. 2001. ISBN: 84-7897-443-1.
Tras cursar a asignatura o estudantado debería ser capaz de ver un proxecto software como un conxunto de procesos.
Preténdese que o alumno adquira unha visión do alcance que implica o desenvolvemento dun proxecto, dos procesos involucrados e da súa necesidade para o desenvolvemento de software de calidade.
Como resultado do desenvolvemento da materia o estudantado adquirirá competencias incluídas na maioría das competencias xerais e transversais da titulación das que só quedan excluídas a competencias xenerais 4 e 7. Obviamente isto non significa que a materia todas as aborde en profundidade e extensión senón que se centra particularmente nas relacionadas coa identificación, análise e aplicación dos procesos vinculados á construción do software de calidade, o estudo de normativa e a capacidade para organizarse e traballar en grupo ou para integrarse de forma efectiva nunha organización.
En canto ás competencias de módulo a materia, que pertence ao módulo de Enxeñaría do Software, desenvolve a competencias relacionadas coa informática RI1, RI2, RI3, RI8 e RI16 e as relacionadas coas tecnoloxías da información TI1, TI2 e TI7.
As clases de teoría articularanse en dúas clases semanais dunha hora con apoio de transparencias. A través da ferramenta de e-Learning da USC (Campus virtual) proporcionarase ao alumnado o material docente da materia e utilizarase sistematicamente como estratexia de entrega de prácticas e de colaboración entre os estudantes que desenvolvan traballos en grupos. As clases de prácticas desenvolveranse en sesións semanais de dúas horas e media e, segundo o caso, de forma individual ou en pequenos grupos, aos que se proporá exercicios que implicarán o desenvolvemento dos contidos impartidos nas clases teóricas ou adquiridos de forma autónoma polo estudante. Os foros e o correo da ferramenta de e-Learning tamén se utilizarán como canle de comunicación profesorado-alumnado permitindo a realización de titorías que, por tanto, non terán que ser necesariamente presenciais. Finalmente, e segundo sexa posible, organizaranse conferencias ou visitas a empresa para proporcionarlle ao estudante unha idea do impacto que a enxeñaría do software ten nas empresas da contorna.
A metodoloxía descrita correspóndese co Escenario 1, normalidade adaptada, no que a docencia así como as titorías serán presenciais, aínda que neste último caso tal e como se sinala, o alumnado disporá de alternativas telemáticas. Os cambios para adecuar a metodoloxía aos escenarios 2, distanciamento; e 3, peche das instalacións; descríbense no plan de continxencia recollido no apartado de observacións.
As competencias propias da materia así como todas as competencias xerais excepto as GC4, GC7; as competencias relacionadas coa informática: RI1, RI2, RI3, RI8 e RI16; e as competencias relacionadas coas tecnoloxías da información TI1, TI2 e TI7, teñen contidos específicos na materia que se introducen, como se indicou, tanto nas clases expositivas como nas interactivas. Posteriormente o alumno desenvolverá estas competencias coa realización dos traballos prácticos nos que tamén traballará as competencias transversais en particular no que se refire a capacidade de análise e síntese, capacidade de organización e planificación comunicación oral e escrita, capacidade de xestión da información, resolución de problemas e toma de decisións, traballo en equipo e motivación pola calidade.
Para superar a disciplina o alumnado deberá aprobar de forma independente a parte práctica da materia, 60% da nota total, e a parte teórica, 40% da nota total.
A parte práctica da materia avaliarase en base aos traballos resumen de cada unha das prácticas realizadas e a avaliación continua do traballo do estudante na clase, cuxa presenza se medirá en base a unha acta de sinaturas en cada sesión. Os estudantes que non presenten máis do 70% dos traballos resumen terán a condición de NON PRESENTADO en xuño.
Na valoración dos traballos entregados polo alumnado valorarase o grao de consecución das competencias en particular a posta en práctica dos contidos achegados pola materia ás devanditas competencias. Ademais, a falta das competencias transversais requiridas para o desenvolvemento dos traballos valorarase negativamente.
A avaliación da teoría realizarase mediante probas de seguimento ou un exame final. Cando o estudante non presente máis do 70% dos exercicios de seguimento deberá presentarse ao exame final ou se lle considerará NON PRESENTADO en xuño.
As preguntas do exame teórico centraranse nos contidos específicos que se desenvolveron na materia en relación ás súas competencias e que poderán ser adquiridos polo estudante tanto na parte expositiva como na interactiva. O exame poderá constar de preguntas tipo test, preguntas curtas, longas e resolución de problemas de casos prácticos. No exame avaliarase o grao de asimilación dos obxectivos docentes establecidos no programa docente da materia.
A avaliación en xullo realizarase, na súa parte práctica, mediante a entrega dos traballos resumen das prácticas, sendo imprescindible presentar máis do 70% dos traballos. E, a avaliación na súa parte teórica mediante un exame final.
O estudante que non asista a clase durante a realización de máis do 50% dunha práctica deberá presentar o resumo de forma obrigatoria e individual, aínda cando o traballo fose realizado en grupo. Isto é válido tanto para a oportunidade de Xuño como para a de Xullo.
O estudante que durante o curso falte a máis do 15% das clases terá a condición de NON PRESENTADO en xuño e Xullo.
O alumnado repetidor examinarase nas mesmas condicións que o alumnado en primeira convocatoria excepto naqueles casos nos que aprobasen as prácticas nunha convocatoria dos dous cursos académicos anteriores. Neste caso, non terán obrigación de asistir ás clases prácticas e presentarán a memoria entregada o ano no que as aprobaron. A nota de teoría nunca se conservará e o estudante sempre deberá examinarse dos contidos teóricos da materia nas mesmas condicións que os estudantes de primeira convocatoria.
Convocatoria Extraordinaria: A avaliación terá lugar en dúas fases complementarias. Na primeira cun peso sobre a nota final do 60%, o estudante terá que superar un caso práctico que será equivalente ás prácticas realizadas de forma regular durante o curso. Nunha segunda fase realizarase un exame de teoría que suporá o 40% da nota final. Para superar a materia nesta convocatoria, do mesmo xeito que en calquera das oportunidades da convocatoria ordinaria, ambas as partes terán que ser superadas de forma individual.
O sistema de avaliación descrito correspóndese co Escenario 1, normalidade adaptada no que a avaliación se realizará de forma presencial. Neste escenario tamén se requirirá para a avaliación continua na parte práctica da materia a presencialidade rexistrada como se indicou. Os cambios para adecualo aos escenarios 2, distanciamento; e 3, peche das instalacións; descríbense no plan de continxencia recollido no apartado de observacións.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O tempo total de estudos e traballo persoal do estudante e de 116 horas de traballo presencial e 184 horas de traballo persoal que se repartirán en:
Clases expositivas: 30 h. presenciais e 49 h. de estudio autónomo
Clases interactivias: 70 h. presenciais e 105 de traballo persoal do alumno
Titorías e actividades de avaliación: 16 horas presenciais e 30 de traballo persoal do alumno.
O/a estudante debería levar ao día a materia para poder aplicar nos exercicios prácticos os coñecementos adquiridos de xeito teórico.
A materia impartirase en castelán.
PLAN DE CONTINXENCIA
No escenario 1, normalidade adaptada, segundo descríbese nos seus apartados de metodoloxía de ensino e sistema de avaliación, a docencia e o exame serán presenciais aínda que estará dispoñible, desde o principio, toda a documentación da materia a través do curso Moodle da materia.
No caso de que se produzan os escenarios 2 e 3 de distanciamento e peche das instalacións respectivamente a Metodoloxía de ensino e o sistema de avaliación modificaranse da seguinte maneira.
Escenario 2: Distanciamento.
Metodoloxía de ensino: Neste escenario a docencia expositiva da materia será exclusivamente non presencial utilizando a ferramenta Teams. A parte práctica da materia realizarase presencialmente a non ser que a dinámica da práctica requira unha presentación extensa de contidos ou as medidas impostas de distanciamento non poidan cumprirse. Neste caso, as prácticas tamén poderán realizarse de maneira non presencial para algunha parte do grupo establecéndose nestas circunstancias as quendas necesarias para garantir unha repartición equitativa de clases presenciais e remotas entre todos os seus integrantes. As titorías, a non ser que o estudante solicite o contrario, realizaranse exclusivamente de forma telemática a través de calquera dos medios dispoñibles polo alumnado, e-mail ou, videoconferencia ou chat, mediante Teams.
Sistema de avaliación: A entrega de traballos de prácticas realizarase igualmente por medios telemáticos a través da ferramenta Moodle. A asistencia a clase para a avaliación continua continuarase rexistrando mediante sinaturas no caso presencial e a través das utilidades do Teams para o caso telemático sendo de aplicación os criterios de asistencia sinalados no sistema de avaliación. O exame teórico da materia realizarase de maneira remota utilizando as utilidades proporcionadas a tal fin pola ferramenta Moodle.
Escenario 3: Peche de instalacións
Metodoloxía de ensino: Neste escenario a docencia será exclusivamente remota. Nas clases expositivas, do mesmo xeito que no escenario anterior, utilizarase a ferramenta Teams. A parte práctica tamén se realizará de forma remota, para o que se xerarán canles, na ferramenta Teams, para a interacción dos equipos de prácticas dentro de cada grupo, de forma que o alumnado poida comunicarse, intercambiar e compartir documentos mediante as súas utilidades. A través das reunións nas devanditos canles, que terán lugar en horarios coincidentes cos horarios de prácticas correspondentes, o profesorado da materia tamén interaccionará cos devanditos equipos asesorándoos e respondendo as dúbidas que xurdan. As titorías realizaranse exclusivamente de forma telemática coas mesmas ferramentas indicadas no escenario anterior.
Sistema de avaliación: A entrega final da documentación das prácticas seguirase realizando a través da ferramenta de Moodle para poder uniformizar as entregas fronte a cambios de escenarios. O exame teórico da materia realizarase neste caso de maneira remota utilizando as utilidades proporcionadas a tal fin pola ferramenta Moodle. No que respecta á valoración de asistencia a clase, no caso de non ser presenciais, valorarase a actividade rexistrada polas ferramentas utilizadas e ás devanditas medidas aplicaránselles os mesmos criterios que xa se estableceron para o funcionamento normal da materia.
O resto de criterios e metodoloxías propostas para a materia, que non se modificaron neste plan, serán de aplicación en calquera dos escenarios.
José Manuel Cotos Yáñez
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881816461
- Correo electrónico
- manel.cotos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Julian Carlos Flores Gonzalez
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881816456
- Correo electrónico
- julian.flores [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
José Ángel Taboada González
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881816457
- Correo electrónico
- joseangel.taboada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Joaquín Ángel Triñanes Fernández
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881816001
- Correo electrónico
- joaquin.trinanes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A4 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A4 |
11:00-13:30 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | Aula de Informática I2 |
17:30-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | Aula de Informática I5 |
Venres | |||
09:00-11:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula de Informática I3 |
12.07.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
12.07.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
12.07.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
12.07.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
12.07.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_02 | Aula A2 |
12.07.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_01 | Aula A2 |
12.07.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
12.07.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_03 | Aula A2 |