Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
A materia ‘Xestión de Proxectos Informáticos’ trata da planificación e implantación de todos os diferentes procesos do ciclo de vida do software en proxectos informáticos, desde a aparición da necesidade de un (ou varios) cliente(s) ata a retirada do produto e/ou a finalización do proxecto. Esta materia inclúe temas tanto puramente de planificación, xestión e control do proxecto como de procesos tan importantes como a xestión da configuración, problemas e cambios, os procesos de enxeñaría e desenvolvemento, os procesos de verificación e validación, de revisións e auditorías. Dado o caracter transversal que ten a xestión de proxectos, se organiza a materia seguindo o contido do PMBOK(R) do PMI.
Tema 01. Introdución á materia
Obxectivos da materia
Organización da materia
Tema 02. Proxecto. Conceptos e iniciación. Xestión da Configuración
Concepto de proxecto
A dirección de proxectos
O ciclo de vida dos proxectos
Procedemento de xestión de cambios nos requisitos
Tema 03. Estimación
Introdución
Métodos de estimación
Factores de complexidade
Un exemplo
Tema 04. Planificación
Planificación de procesos
Planificación de Tarefas
Restricións na planificación
Tema 05. Xestión de Riscos
Introdución
Planificación de Riscos
Seguimento de Riscos
Tema 06. Xestión de Custos
Contextualización do tema
Estimación de Custos e Elaboración de presupostos
Control de custos
Tema 07. Xestión de Recursos Humanos
Determinación e planificación de recursos
Xestión de Recursos Humanos segundo o PMP
Tema 08. Xestión das Comunicacións
Xestión das comunicacións do proxecto segundo o PMBOK
Matrices de interesados
Planificación de Información e Comunicacións
Xestión da Información
Tema 09: Seguimento e Control e Integración
Crise en Proxectos Informáticos.
Xestión da Integración do Proxecto
1. Bibliografía Básica
1.1 Apuntes e transparencias da materia.
1.2. PMBOK: A Guide to the Project Management Body of Knowledge (Pmbok Guide)- Fifth Edition by Project Management Institute, 2013. ISBN: 978-1-62825-009-1
1.3. Chrissis, Mary Beth; Konrad, Mike; Shrum, Sandy. "CMMI Para el desarrollo, versión 1.3: Guía para la integración de procesos y la mejora de productos", Editorial Universitaria Ramón Areces. España. 2012 ISBN: 978-8499610788
2. Bibliografía Complementaria
2.1. Estimación
2.1.1. Jack E. Matson, Bruce E. Barrett, and Joseph M. Mellichamp, "Software Development Cost Estimation using Function Points", IEEE Transactions on Software Engineering, vol 20, no 4, April 1994.
2.1.2. Marcela Varas C, "Modelo de Gestión de Proyectos Software: Estimación del Esfuerzo de Desarrollo", Informe de Habilitación Profesional para optar al Título de Ingeniero Civil Informático, Universidad de Concepción, 1995. http://www.inf.udec.cl/~mvaras/papers/arica/arica.htm
2.1.3. Magne Jørgensen, “Practical Guidelines for Expert-Judgment-Based Software Effort Estimation” IEEE Software. May/June 2005
2.1.4. Barry Boehm ‘Safe and Simple Software Cost Analysis’ IEEE Software Septiembre/Octubre 2000
2.2. Xestión da Calidade
2.2.1. ISO 9000:2000 series: Quality management systems. 2000. ISO
2.2.2. ISO 90003: Software engineering -- Guidelines for the application of ISO 9001:2000 to computer software. ISO
2.3. Xestión de riscos
2.3.1. Boehm, B.W., Software Risk Management: Principles and practices, IEEE Software, 32-41, Enero 1991.
2.3.2. Software risks taxonomy. http://www.sei.cmu.edu/risk/main.html
2.3.3. http://www.decisionmetrics.net
2.4. Evaliación de procesos
2.4.1. ISO/IEC 15504 ISO/IEC Information Technologies – Process assessment (parts 1-5) ISO.
2.4.2. CMM/CMMI Capability Maturity models. Continuous and staged models. www.sei.cmu.edu/CMMI
2.5. Recursos humáns
2.5.1. J. Fernando Naveda, Stephen B. Seidman “Professional Certification of Software Engineers: The CSDP Program” IEEE Software September/October 2005
Ao finalizar o curso, o alumnado deberá dominar os seguintes aspectos:
1. Coñecer, analizar e potenciar os factores que inflúen no éxito dun proxecto.
2. Realizar a estimación de esforzo necesario para levar a cabo un proxecto.
3. Fixar o calendario de fitos e entregas e establecer a planificación dun proxecto.
4. Coñecer e realizar as tarefas de seguimento e control dun proxecto.
5. Realizar unha análise de riscos e tomar as medidas preventivas e/ou paliativas oportunas.
6. Entender os conceptos e métodos asociados coa xestión da calidade e a satisfacción do cliente.
7. Xestionar os cambios nos requisitos dun proxecto.
8. Xestionar a configuración, sendo capaz de manter un control de versións axeitado.
9. Xestionar o presuposto dun proxecto, facendo un bo control de gastos.
10. Xestionar os Recursos Humanos dun proxecto permitindo a súa participación noutros proxectos.
O alumnado deberá ter desenvolvido as competencias básicas e xerais CB3, CG1, CG2, CG3, CG5, CG6, CG8, CG9, CG12. O alumnado tamén traballará as competencias transversais en particular no que se refire a capacidade de análise e síntese, capacidade de organización e planificación comunicación oral e escrita, capacidade de xestión da información, resolución de problemas e toma de decisións, traballo en equipo e motivación pola calidade.
Como parte do módulo de Organización e Xestión na materia tamén se desenvolven as competencias de formación básica: FB5, FB6; as competencias relacionadas coa informática: RI1, RI2, RI3, RI8 e RI16; e as competencias relacionadas coas tecnoloxías da información TI1, TI2 e TI5. Ademais das cales a materia tamén contempla a última das competencias do modulo, isto é: Comprender como se desenvolve un proxecto integral de tecnoloxías da información no seo empresarial.
Os contidos da materia impartiranse indistintamente nas clases expositivas e interactivas. As unidades teóricas e as prácticas impartiranse de xeito alternativo ao longo do cuadrimestre, co obxectivo de afianzar os conceptos impartidos nelas e utilizar a teoría como a base real das prácticas.
A realización de todas as prácticas é necesaria, ao igual que a asistencia ás clases teóricas para aprobar a materia, xa que ambas se complementan.
Os recursos necesarios para a materia son os seguintes:
a) Copias dos apuntes da materia.
b) Acceso dos alumnos á bibliografía na Biblioteca ou por Internet.
c) Acceso ás ferramentas MS Project© ou OpenProj.
d) OpenOffice ou LibreOffice para a preparación da documentación das prácticas.
No apartado de avaliación resúmese como se abordan as competencias mediante o contido teórico e práctico da materia. A continuación resúmese a distribución dos contidos e as actividades da materia ao longo do curso.
No escenario 1, normalidade adaptada, que se describe neste apartado, a docencia será presencial aínda que estarán dispoñible desde o principio toda a documentación da materia a través do curso Moodle desenvolvido para ela. Os cambios para adecuar a metodoloxía aos escenarios 2, distanciamento; e 3, peche das instalacións; descríbense no plan de continxencia recollido no apartado de observacións.
As horas expositivas deben complementarse cunha hora de estudo autónomo do alumno e as horas iterativas requirirán do alumno ata un máximo de 3 horas repartidas entre redacción, revisión e corrección dos traballos segundo evoluciona o proxecto e os coñecementos e capacidades dos alumnos.
Semana: 1
Tipoloxía: Expositiva
Contido:
Tema 01. Introdución á materia
Obxectivos da materia
Organización da materia
Semana: 2
Tipoloxía: Expositiva
Contido:
Tema 02. Proxecto. Conceptos e iniciación. Xestión da Configuración
Concepto de proxecto
A dirección de proxectos
O ciclo de vida dos proxectos
Procedemento de xestión de cambios nos requisitos
Tipoloxía: Interactiva
Contido:
Caso Práctico 0: Desenvolvemento de exemplo básico dun proxecto.
Semana: 3
Tipoloxía: Expositiva
Contido:
Tema 03. Estimación
Introdución
Métodos de estimación
Tipoloxía: Interactiva
Contido:
Caso Práctico 1: Plan de Xestión da configuración
Caso Práctico 2: Alcance dun proxecto e catálogo de requisitos.
Semana: 4
Tipoloxía: Expositiva
Contido:
Tema 03. Estimación
Factores de complexidade
Un exemplo
Tipoloxía: Interactiva
Contido:
Caso Práctico 2: Alcance dun proxecto e catálogo de requisitos.
Semana: 5
Tipoloxía: Expositiva
Contido:
Tema 04. Planificación
Planificación de procesos
Planificación de Tarefas
Tipoloxía: Interactiva
Contido:
Caso Práctico 3: Estimacións sobre os requisitos dun proxecto.
Semana: 6
Tipoloxía: Interactiva
Contido:
Caso Práctico 3: Estimacións sobre os requisitos dun proxecto.
Semana: 7
Tipoloxía: Interactiva
Contido:
Tema 04. Planificación
Restricións na planificación
Caso Práctico 4: Elaboración do plan dun proxecto.
Semana: 8
Tipoloxía: Interactiva
Contido:
Caso Práctico 4: Elaboración do plan dun proxecto.
Semana: 9
Tipoloxía: Interactiva
Contido:
Tema 05. Xestión de Riscos
Introdución
Planificación de Riscos
Seguimento de Riscos
Caso Práctico 5: Elaboración do documento de riscos do proxecto.
Semana: 10
Tipoloxía: Interactiva
Contido:
Tema 06. Xestión de Custos
Contextualización do tema
Estimación de Custos e Elaboración de presupostos
Control de custos
Caso Práctico 6: Estimación e plan de distribución de custos.
Semana: 11
Tipoloxía: Interactiva
Contido:
Caso Práctico 6: Estimación e plan de distribución de custos.
Semana: 12
Tipoloxía: Interactiva
Contido:
Tema 07. Xestión de Recursos Humanos
Determinación e planificación de recursos
Xestión de Recursos Humanos segundo o PMP
Caso Práctico 7: Elaboración do plan dos RRHH dun proxecto
Semana: 13
Tipoloxía: Interactiva
Contido:
Tema 08. Xestión das Comunicacións
Xestión das comunicacións do proxecto segundo o PMBOK
Matrices de interesados
Planificación de Información e Comunicacións
Xestión da Información
Caso Práctico 8: Plan de comunicacións.
Semana: 14
Tipoloxía: Interactiva
Contido:
Tema 09: Seguimento e Control e Integración
Crise en Proxectos Informáticos.
Xestión da Integración do Proxecto
Caso Práctico 9: Integración e seguimento do proxecto
Semana: 15
Tipoloxía: Interactiva
Contido:
Caso Práctico 10: Integración de plans. Documento final.
Para superar a materia, o alumnado deberá aprobar por separado tanto a teoría como a práctica da materia. O sistema de avaliación que se describe a continuación correspóndese co Escenario 1, normalidade adaptada, onde a avaliación se realizará de modo presencial. Os cambios para adecualo aos escenarios 2, distanciamento; e 3, peche das instalacións; descríbense no plan de continxencia recollido no apartado de observacións.
As prácticas non se recuperan en xullo; agás naqueles casos nos que o alumno alcance o 40% da nota máxima de prácticas permitíndoselle entón ao alumno que realice todas as prácticas respecto a un novo caso práctico especificamente formulado para unha posible recuperación. De ser así, o novo caso práctico será subido á plataforma virtual unha semana antes do exame teórico da materia e con prazo máximo de entrega o mesmo día e hora fin do devandito exame. Na valoración dos traballos entregados polos alumnos valorarase o grao de consecución das competencias en particular a posta en práctica dos contidos achegados pola materia ás devanditas competencias. Ademáis, valorarase as competencias transversais en tanto en canto son requiridas para o desenvolvemento destes traballos.
As preguntas do exame teórico centraranse nos contidos específicos, que se desenvolveron na materia, en relación ás súas competencias e que poderán ter sido adquiridos polo alumno tanto na parte expositiva coma na interactiva. A duración media do exame é de aproximadamente 2 horas e poderá constar de preguntas tipo test, preguntas curtas e problemas de casos prácticos. No exame avaliarase o grao de asimilación dos obxectivos docentes establecidos no programa docente da materia.
A asistencia ás clases tanto prácticas como teóricas tamén se tendrá en conta para a evaliación da materia.
Non se realizará ningún exame parcial.
Unha vez aprobadas ambas partes por separado, o exame será o 40% da nota final y as prácticas o 60%.
Para ter unha avaliación de Non Presentado debe de concurrir algunha das seguintes circunstancias:
1. Non ter asistido a lo menos o 85% das prácticas da materia
2. Non ter realizado o examen teórico da asignatura a pesares de ter superado as prácticas da asignatura
3. Non ter realizado o examen teórico da asignatura e ter comunicado explícitamente e por escrito ao profesor que se abandona a asignatura cando, ainda tento realizado ao menos o 80% das prácticas da asignatura, non se tiveran aprobado ditas prácticas.
Peso da avaliación continua na oportunidade extraordinaria de recuperación (probas de Xullo)
1. Manténse a nota conseguida nas prácticas durante o curso e tamén o seu peso na nota final
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A continuación resúmese a distribución de competencias nas actividades e o temario da materia. Non obstante a puntuación obtida polo alumno nas prácticas corresponderase coa de Caso Práctico 10. Isto é debido a que todos os casos prácticos están relacionados cun único proxecto cuxa documentación final se corresponde co devandito Caso Práctico. Nel os alumnos deberán entregar todos os traballos previos coas correccións vinculadas ás aprendizaxes adquiridas ao longo do curso. Por este motivo aquelas competencias que se desenvolvan en todas as actividades vincularanse a este caso práctico mancándose outros unicamente cando teñen especial relevancia na adquisición da devandita competencia.
Mat 1: Caso Práctico 0, Caso Práctico 10, Tema 1, Tema 2
Mat 2: Caso Práctico 3, Caso Práctico 6, Tema 3, Tema 6
Mat 3: Caso Práctico 4, Tema 4
Mat 4:Caso Práctico 9, Tema 9
Mat 5: Caso Práctico 5, Tema 5
Mat 6: Caso Práctico 2, Caso Práctico 8, Tema 8
Mat 7:Caso Práctico 10, Tema 2
Mat 8: Caso Práctico 1, Caso Práctico 10, Tema 2
Mat 9: Caso Práctico 6, Tema 6
Mat 10: Caso Práctico 7, Tema 7
CB3: Caso Práctico 2, Caso Práctico 7, Tema 5, Tema 7
CG1:Caso Práctico 10
CG2:Caso Práctico 9, Caso Práctico 10
CG3:Caso Práctico 10, Tema 9
CG5:Caso Práctico 10
CG6:Caso Práctico 10
CG8:Tema 2
CG9:Caso Práctico 10
CG12:Tema 4, Tema 6, Tema 7
FB5:Tema 2
FB6:Tema 2
RI1: Caso Práctico 2
RI2: Caso Práctico 2, Caso Práctico 4, Caso Práctico 6, Caso Práctico 9
RI3: Caso Práctico 7, Caso Práctico 8
RI8: Caso Práctico 2, Caso Práctico 10
RI16:Tema 2
TI1: Caso Práctico 2
TI2: Caso Práctico 6, Caso Práctico 9, Caso Práctico 10
TI5: Caso Práctico 2, Caso Práctico 9, Caso Práctico 10
O tempo total de estudos e traballo persoal do estudante e de 90 horas, repartidas aproximadamente da seguinte maneira:
1. Estudo autónomo: 5 horas
2. Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 20 horas
3. Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio 40 horas
4. Evaluación de trabajos, proyectos, exámenes, … : 25 horas
Poderánse propoñer outras actividades (resolución de problemas, lectura de textos e casos prácticos, etc). No caso de tratarse de actividades obligatorias non suporán un incremento de traballo total (no seu caso reduciríanse as horas das actividades 2 e 4)
O material da clase deberá de complementarse coa bibliografía recomendada; especialmente coa documentación relativa a CMMI e PMP
A materia impartirase en castelán.
PLAN DE CONTINXENCIA
No escenario 1, normalidade adaptada, segundo descríbese nos seus apartados de metodoloxía de ensino e sistema de avaliación, a docencia e o exame serán presenciais aínda que estará dispoñible, desde o principio, toda a documentación da materia a través do curso Moodle da materia.
No caso de que se produzan os escenarios 2 e 3 de distanciamento e peche das instalacións respectivamente a Metodoloxía de ensino e o sistema de avaliación modificaranse da seguinte maneira.
Escenario 2: Distanciamento.
Metodoloxía de ensino: Neste escenario a docencia expositiva da materia será exclusivamente non presencial utilizando a ferramenta Teams. A parte práctica da materia realizarase presencialmente a non ser que a dinámica da práctica requira unha presentación extensa de contidos ou as medidas impostas de distanciamento non poidan cumprirse. Neste caso, as prácticas tamén poderán realizarse de maneira non presencial para algunha parte do grupo establecéndose nestas circunstancias as quendas necesarias para garantir unha repartición equitativa de clases presenciais e remotas entre todos os seus integrantes. As titorías, a non ser que o estudante solicite o contrario, realizaranse exclusivamente de forma telemática a través de calquera dos medios dispoñibles polo alumnado, e-mail ou, videoconferencia ou chat, mediante Teams.
Sistema de avaliación: A entrega de traballos de prácticas realizarase igualmente por medios telemáticos a través da ferramenta Moodle. A asistencia a clase para a avaliación continua continuarase rexistrando mediante sinaturas no caso presencial e a través das utilidades do Teams para o caso telemático sendo de aplicación os criterios de asistencia sinalados no sistema de avaliación. O exame teórico da materia realizarase de xeito presencial.
Escenario 3: Peche de instalacións
Metodoloxía de ensino: Neste escenario a docencia será exclusivamente remota. Nas clases expositivas, do mesmo xeito que no escenario anterior, utilizarase a ferramenta Teams. A parte práctica tamén se realizará de forma remota, para o que se xerarán canles, na ferramenta Teams, para a interacción dos equipos de prácticas dentro de cada grupo, de forma que o alumnado poida comunicarse, intercambiar e compartir documentos mediante as súas utilidades. A través das reunións nas devanditos canles, que terán lugar en horarios coincidentes cos horarios de prácticas correspondentes, o profesorado da materia tamén interaccionará cos devanditos equipos asesorándoos e respondendo as dúbidas que xurdan. As titorías realizaranse exclusivamente de forma telemática coas mesmas ferramentas indicadas no escenario anterior.
Sistema de avaliación: A entrega final da documentación das prácticas seguirase realizando a través da ferramenta de Moodle para poder uniformizar as entregas fronte a cambios de escenarios. O exame teórico da materia realizarase neste caso de maneira remota utilizando as utilidades proporcionadas a tal fin pola ferramenta Moodle. No que respecta á valoración de asistencia a clase, no caso de non ser presenciais, valorarase a actividade rexistrada polas ferramentas utilizadas e ás devanditas medidas aplicaránselles os mesmos criterios que xa se estableceron para o funcionamento normal da materia.
O resto de criterios e metodoloxías propostas para a materia, que non se modificaron neste plan, serán de aplicación en calquera dos escenarios.
José Manuel Cotos Yáñez
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881816461
- Correo electrónico
- manel.cotos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
José Ángel Taboada González
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881816457
- Correo electrónico
- joseangel.taboada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A4 |
Venres | |||
09:00-11:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula de Proxectos |
11:30-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | Aula de Proxectos |
16:00-18:00 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | Aula de Informática I5 |
20.01.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática I5 |
20.01.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_01 | Aula de Informática I5 |
20.01.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_03 | Aula de Informática I5 |
20.01.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_02 | Aula de Informática I5 |
20.01.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_03 | Aula de Informática I6 |
20.01.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática I6 |
20.01.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_02 | Aula de Informática I6 |
20.01.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_01 | Aula de Informática I6 |
20.01.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_03 | Aula de Informática I7 |
20.01.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_02 | Aula de Informática I7 |
20.01.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática I7 |
20.01.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_01 | Aula de Informática I7 |
01.07.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática I5 |
01.07.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_02 | Aula de Informática I5 |
01.07.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_01 | Aula de Informática I5 |
01.07.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_03 | Aula de Informática I5 |
01.07.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_01 | Aula de Informática I6 |
01.07.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática I6 |
01.07.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_03 | Aula de Informática I6 |
01.07.2021 16:00-20:45 | Grupo /CLIL_02 | Aula de Informática I6 |