Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Nesta materia preténdese achegar conceptos físicos fundamentais vinculados ós procesos tecnolóxicos presentes nos sistemas informáticos. Con isto preténdese non só que os e as estudantes coñezan os piares tecnolóxicos dos sistemas de computación actuais mais tamén que poidan prevela súa evolución nun futuro inmediato.
DOCENCIA EXPOSITIVA
TEMA 0:Introducción ós fundamentos tecnolóxicos e físicos da informática
TEMA 1: Electricidade e Magnetismo
- Forza entre cargas eléctricas. Campo e potencial eléctrico
- Campo eléctrico en materiais conductores e dieléctricos
- Inducción magnética
- Ondas electromagnéticas
- Propiedades magnéticas dos materiais
TEMA 2: Circuitos eléctricos
- Introducción.
- Análise de circuitos.
- Circuitos RC: Carga e descarga dunha capacidade
- Corrente alterna e sinais eléctricas
- Potencia e enerxía nun circuito eléctrico
TEMA 3: Electrónica do estado sólido
- Introducción
- Teoría de bandas
- Electróns e ocos
- Xeración e recombinación de portadores
- Tipos de semiconductores
- Correntes en semiconductores
TEMA 4: Dispositivos semiconductores: O diodo
- Unión PN. Situación de equilibrio. Polarización
- Curvas características e modelos circuitais do diodo
- Dispositivos optoelectrónicos: Diodos LED. Fotodiodos. Diodos láser
TEMA 5: Dispositivos semiconductores: O transistor
- Transistor bipolar
- Transistor de efecto campo: Estructura MOS. Transistor MOS
- Tecnoloxía CMOS
TEMA 6: Métricas de calidade no deseño dixital
- Fiabilidade
- Prestacións
- Consumo de potencia
- Cuantificación sobre o inversor CMOS
TEMA 7: Circuitos lóxicos combinacionais
- Lóxica CMOS complementaria
- Lóxica relativa
- Lóxica dinámica
- Outras alternativas: Lóxica de transistores de paso e lóxica de portas de transmisión
TEMA 8: Circuitos lóxicos secuenciais
- Rexistros
TEMA 9: Memorias de estado sólido
- Memoria volátil: SRAM, DRAM e CAM
- Circuitos periféricos: Decodificadores e amplificadores detectores
- Memoria non volátil: ROM, PROM, EPROM, EEPROM, flash
DOCENCIA INTERACTIVA
Laboratorio de electrónica: Introdución ao manexo de instrumentación electrónica e reforzo dos coñecementos adquiridos na docencia expositiva.
Aula de Informática: Manexo da ferramenta LTSPICE para a análise e deseño de circuitos.
Bibliografía básica:
- GÓMEZ VILDA, Pedro et al. Fundamentos Físicos y Tecnológicos de la Informática. Madrid: Pearson Educación, 2006. ISBN 978-84-8966-085-4.
- Material de apoio da materia (dispoñible no Campus Virtual).
Bibliografía complementaria:
- RABAEY, J.M. et al. Circuitos Integrados Digitales, Madrid: Pearson Educación, 2004. ISBN:978-84-2054-103-7.
Nesta materia promóvese que a adquisición dun conxunto de competencias tanto de carácter global como específico. En particular, incídese no desenvolvemento das competencias CB1, CG8, CG11, TR1, TR2, TR3, FB2, RI4 e RI9; tal e como se recollen na Memoria do Título de Grao en Enxeñería Informática da USC.
Esta materia enfócase cara a unha aprendizaxe por obxectivos. Neste senso e sendo conscentes do tempo adicado para a aprendizaxe dos contidos da materia, profundizarase nos conceptos físicos o exclusivamente necesario para comprendela súa implicación no desenvolvemento tecnolóxico dos sistemas informáticos. Esta tarefa levarase a cabo esencialmente nas clases expositivas.
Ó longo deste camiño, que vai desde os principios básicos da electricidade e o magnetismo ata a fabricación de circuitos integrados, faranse diferentes paradas e saídas da ruta establecida para describir os elementos esenciais en calquera sistema informático (microprocesadores, memorias, alimentación, periféricos de entrada e saida de datos). Estes elementos tocaranse na súa meirande parte en clases interactivas e seminarios.
As competencias CB1, CG8, CG11, RI4, RI9 e FB2 traballaranse esencialmente nas sesión expositivas e seminarios e avaliaranse mediante examen escrito ao final do cuadrimestre. Por outra banda as sesións interactivas están orientadas ao desenvolvemento das competencias transversais (TR1-3).
No apartado Observacións inclúese un “Plan de Continxencia” coas adaptacións correspondentes á metodoloxía do ensino previstas para os escenarios onde se impongan medidas de distanzamento ou se produza o peche das instalacións como consecuencia da crise sanitaria.
A cualificación da materia basearase nun proceso de avaliación continua ó longo do cuadrimestre combinado cun exame final.
A través da avaliación continua medirase o nivel de aproveitamento da materia, especialmente da docencia interactiva. A esta parte corresponderalle un 70% da cualificación global.
Ainda que a asistencia ás clases non é requisito imprescindible para supera-la materia, a falta de asistencia ás sesións interactivas e seminarios si podería ter repercusión na avaliación continua pois a meirande parte das mesmas debe realizarse no laboratorio correspondente.
O exame final consistirá nunha proba escrita a realizar ó final do cuadrimestre. Incluirá cuestións e exercicios de calquera parte da materia, con especial énfase na parte desenvolvida nas clases expositivas. A esta parte corresponderalle un 30% da cualificación global.
En caso de non superala materia na primeira oportunidade ordinaria o/a estudante poderase presentar á oportunidade extraordinaria de recuperación, pero soamente para outra proba escrita que abarca o 50% da cualificación global. A cualificación asociada á avaliación continua terase en conta nas dúas oportunidades.
Dado que a avaliación continua é unha parte irrenunciable da materia, non se considerará como "Non presentado/a" se se foi cualificado/a total o parcialmente da parte asociada a devandita avaliación continua.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
No apartado Observacións inclúese un “Plan de Continxencia” coas adaptacións correspondentes ao sistema de avaliación previstas para os escenarios onde se impongan medidas de distanzamento ou se produza o peche das instalacións como consecuencia da crise sanitaria.
Para superala materia considérase un esforzo persoal correspondente a unhas 92 horas. Nestas incluese o tempo adicado ó estudo autónomo, á resolución de exercicios e á preparación de traballos.
Para un mellor aproveitamento da materia recoméndase adicar 3 ou 4 horas semanais de traballo persoal ó longo do cuadrimestre e incrementala adicación durante as semanas sen docencia presencial.
É de especial importancia a asistencia a titorías e a participación activa durante as clases de carácter interactivo.
A admisión de alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que coñezan e cumpran as normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas, da Universidade de Santiago de Compostela. A devandita información atópase dispoñible dispoñible no apartado de Seguridade da súa web.
A comunicación xeral será prioritariamente en castelán. A comunicación persoal será en galego ou castelán segundo as preferencias de cada estudante.
Farase uso do Campus Virtual para a comunicación co estudantado, publicación de novas e como medio para a descarga de material docente (presentacións, guións de prácticas, ...)
Plan de continxencia:
* Escenario 2: distanciamento.
- A docencia expositiva será non presencial e os seminarios e prácticas de laboratorio e aula
informática presenciais. Con todo, as medidas de distanciamento impostas poderán supoñer
que sexa necesario reducir o tamaño dos grupos de prácticas e con iso o número de horas
presenciais (como máximo ata un 50% das horas prácticas da materia) que haberán de
complementarse con actividades non presenciais, mediante o uso do MS Teams.
- As titorías serán preferentemente virtuais.
- As probas finais serán preferentemente de carácter telemático.
* Escenario 3: peche das instalacións.
- A docencia será completamente de carácter virtual, con mecanismos síncronos (reunións a través de MS Teams, ou probas no Campus Virtual) ou asíncronos (videotutoriais, documentos de exercicios resoltos, ...).
- As titorías serán exclusivamente virtuais.
- As probas finais serán exclusivamente de carácter telemático.
David López Vilariño
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Electrónica
- Correo electrónico
- david.vilarino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade