Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
Formación dos alumnos nas tarefas dun administrador de Sistemas Xestores de Bases de Datos (SXDB). Obxectivos específicos son garantir a operatividade e dispoñibilidade dos datos almacenados, xestionar a seguridade e integridade da información, e mellorar o rendemento global do sistema.
Tema 1. Introdución
a. Instalación de SXBD
b. Configuración e avaliación de SXBD
c. Ferramentas do DBA
Tema 2. Rendemento
a. Xestión de estruturas de almacenamento
b. Escrutar o SXBD e axustar o rendemento
Tema 3. Seguridade
a. Xestión da seguridade e integridade.
b. Encriptación
c. Privilexios e roles de usuarios e grupos
Tema 4. Copias de Seguridade
a. Xestión de copias de seguridade
b. Recuperación da información
c. Prevención de desastres
Básica:
Mullins, Craig S. Database Administration: The Complete Guide to DBA Practices and Procedures. 2ª Edición, Estados Unidos: Addison-Wesley, 2012. ISBN: 978-03-2182-294-9.
Elmasri, Ramez, Navathe, Shamkant B. Fundamentos de Sistemas de Bases de Datos. 5ª Edición, Madrid: Addison-Wesley, 2008. ISBN 978-84-7829-085-7.
ORACLE, Database Administrator’s Guide (11g Release 2). Disponible online en https://docs.oracle.com
PostgreSQL 9.6.3 Documentation. Disponible online en https://www.postgresql.org
Complementaria:
Connolly, Thomas M., Begg Carolyn E. Sistemas de bases de datos : un enfoque práctico para diseño, implementación y gestión. 4ª Edición, Madrid: Pearson, Addison-Wesley, 2005. ISBN 84-7829-075-3.
O alumno terá coñecementos avanzados de administración de SXBD. Mostraráselle como instalar e configurar un SXBD, potenciaranse as habilidades de xestión e administración de bases de datos, profundarán na xestión da seguridade e os mecanismos de recuperación ante desastres, e serán capaces de axustar o rendemento e escrutar o SXBD.
De forma específica, a materia de Adminstración de Bases de Datos desenvolve as seguintes competencias do título de GrEI da USC:
Xerais:
CG6- Capacidade para concebir e desenvolver sistemas ou arquitecturas informáticas centralizadas ou distribuidas integrando hardware, software e redes.
CG8- Coñecemento das materias básicas e tecnoloxías, que capaciten para o aprendizaxe e desenvolvemento de novos métodos e tecnoloxías, así como as que lles doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións.
CG9- Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, autonomía e creatividade. Capacidade para saber comunicar e transmitir os coñecementos, habilidades e destrezas da profesión de Enxeñeiro Técnico de Informática.
CG10- Coñecementos para realizar medicións, cálculos, valoracións, tasacións, peritaxes, estudios, informes, planificación de tarefas e outros traballos análogos de informática.
Transversais:
TR1- Instrumentais. Capacicade de análise e síntese. Capacidade de organización e planificación. Comunicación oral e escrita en galego, castelán e inglés. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
TR2- Persoais. Traballo en equipo. Traballo nun equipo multidisciplinar e multilingüe. Habilidades nas relacións interpersoais. Razoamento crítico. Compromiso ético.
TR3- Sistémicas. Aprendizaxe autónoma. Adaptación a novas situacións. Creatividade. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Sensibilidade cara a temas ambientais.
A materia de Administración de Bases de Datos desenvolve parcialmente as seguintes competencias establecidas polo Consello de Universidades para os títulos de Enxeñaría Informática e Enxeñaría Técnica Informática no seu acordo do 03/03/2009:
RI5- Coñecemento, administración e mantemento de sistemas, servizos e aplicacións informáticas.
RI7- Coñecemento, deseño e utilización de forma eficiente dos tipos e estructuras de datos máis adecuados á resolución dun problema.
RI12- Coñecemento e aplicación das características, funcionalidades e estrutura das bases de datos, que permitan o seu axeitado uso, e capacidade para o deseño, análise e implementación de aplicacións baseadas neles.
RI13- Coñecemento e aplicación das ferramentas necesarias para o almacenamento, procesado e acceso aos Sistemas de información, incluídos os baseados en web.
TI5- Capacidade de seleccionar, desplegar, integrar e xestionar sistemas de información que satisfagan as necesidades da organización, con criteríos de coste e calidade específicos.
TI7- Capacidade para comprender, aplicar e xestionar a garantía e seguridade dos sistemas informáticos.
Dentro das competencias e resultados do aprendizaxe que o estudante adquire no módulo de Sistemas de Información, a materia desenvolve as seguintes competencias: xestionar bases de datos con SQL, desenvolver aplicacións que necesiten acceso ás bases de datos, coñecer fundamentos de administración de bases de datos, desenvolver a instalación e configuración dun SXBD, coñecer como xestionar a seguridade e recuperación dun SXBD e ser capaz de axustar e monitorizar un SXBD.
Nas clases de teoría expoñeranse os conceptos a ser desenvolvidos nas prácticas. Na medida do posible, as prácticas levaranse a cabo de maneira individual ou en grupos reducidos. As metodoloxías ABP (Aprendizaxe Baseado en Problemas) e ABC (Aprendizaxe Baseado en Casos) serán aplicadas durante esta fase, co propósito de estimular competencias tranversais adicionais de tipo instrumental, persoal e sistémica.
As clases expositivas traballarán as competencias CG8, CG9, CG10, TR1, TR3, RI7, RI12, RI13, TI5 e TI7.
Nas clases interactivas traballaranse as competencias CG6, CG9, CG10, TR1, TR2, TR3, RI5, RI7, RI12, RI13, TI5 e TI7.
O sistema de avaliación consistirá nunha compoñente de avaliación contínua e outra de exame final. Para superar a materia será imprescindible ter avaliación positiva en ámbalas dúas . A avaliación da materia ao final do cuadrimestre realizarase sobre:
Un exame obrigatorio referido aos conceptos teóricos: 30%
Prácticas propostas na clase: 70%
A parte teórica da materia terá en conta o grao de consecución das competencias xerais CG8, CG9 e CG10; as tranversais TR1 e TR3; as asociadas coa informática RI7, RI12 e RI13; e as relacionadas coas tecnoloxías da información TI5 e TI7.
As prácticas individuais e en grupo permitirán avaliar o grao de consecución das competencias CG6, CG9, CG10, TR1, TR2, TR3, RI5, RI7, RI12, RI13, TI5 e TI7.
Na oportunidade de Xullo só poderan aprobar aqueles alumnos que teñan entregadas as prácticas durante o semestre que se imparta a materia.
Considerarase como presentado a todo estudante que faga máis do 40% das prácticas ou se presente ao exame teórico.
Non se conservarán notas entre convocatorias de distintos cursos. En consecuencia, o alumnado repetidor será avaliado do mesmo xeito que o alumnado de primeira matrícula.
Aproximadamente, o estudante debería adicar 1,5 horas de traballo persoal por cada hora de traballo presencial.
Cursar Bases de Datos I e Bases de Datos II
Joaquín Ángel Triñanes Fernández
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881816001
- Correo electrónico
- joaquin.trinanes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
24.01.2023 16:00-20:45 | Grupo de exame | Sala descanso/comedor |
20.06.2023 16:00-20:45 | Grupo de exame | Sala descanso/comedor |