Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O obxectivo xeral desta materia e dar a coñecer as diferentes alternativas tecnolóxicas das que se dispón cando se propón a instalación dun centro de proceso de datos ou, en xeral, dunha instalación informática de tamaño medio/grande. Estudiaranse as diferentes configuracións de servidores (rack, blade, etc.), sistemas de almacenamento, buses e rede. Tamén, analizaranse mecanismos para medi-lo rendemento dos sistemas instalados e para optimiza-la súa utilización. Por último, estudiaranse os diferentes estándares para a instalación e mantemento dunha instalación informática.
Bloque 1. Servidores en formato Rack e Blade:
a. Formatos de servidores
b. Concepto de mainframe
c. Vantaxes da tecnoloxía Blade
Bloque 2. Introducción aos Centros de Procesamento de Datos (CPDs):
a. Deseño dun CPD
b. Planificación e xestión da infraestructura
c. Alta dispoñibilidade
Bloque 3. Virtualización e consolidación de servidores:
a. Virtualización de servidores
b. Virtualización de almacenamento e redes
Bloque 4. Tecnoloxías e redes de almacenamento:
a. Tecnoloxía e estándares de discos duros
b. RAID
c. Redes de almacenamento
d. SAN e NAS
Bloque 5. Backup e arquivamento:
a. Backup
b. Arquivamento
c. Almacenamento removible
Bloque 6. Xestión e monitorización do rendemento:
a. Ferramentas de xestión
b. Monitorización
Prácticas de Campo:
-- Visita o Centro de Procesamento de Datos da empresa Altia, Vigo.
- Kailash Jayaswal. “Administering Data Centers: Servers, Storage, and Voice over IP”. Editorial Wiley. ISBN 978-0471771838. 2005.
- Barb Goldworm & Anne Skamarock. “Blade Servers and Virtualization: Transforming Enterprise Computing While Cutting Costs”. Editorial Wiley. ISBN 978-0471783954. 2007.
- Ulf Troppens & Rainer Erkens & Wolfgang Müller. „Storage Networks Explained: Basics and Application of Fibre Channel SAN, NAS iSCSI and InfiniBand”. Editorial Wiley. ISBN 978-0470861820. 2004.
Complementaria:
- W. Curtis Preston. “Backup & Recovery: Inexpensive Backup Solutions for Open Systems”. Editorial O'Reilly. ISBN 978-0596102463. 2007.
- René J. Chevance. “Server Architectures: Multiprocessors, Clusters, Parallel Systems, Web Servers, Storage Solutions”. Editorial Digital Press. ISBN 978-1555583330. 2004.
Nesta materia promóvese que o estudante adquira un conxunto de competencias tanto de carácter global como específico. En particular, incídese no desenvolvemento das competencias
CG1, CG2, CG4, CG6, CG7, CG9, CG10, CG11;
TR1 e TR3;
FB5;
RI1, RI2, RI4, RI5, RI9 e RI11;
TI2, TI4 e TI5;
tal e como se recollen na Memoria do Título de Grao en Enxeñaría Informática da USC. Así como as competencias do módulo de Enxeñería de Computadores:
- Coñecer as diferentes alternativas tecnolóxicas das que se dispoñen cando se plantexa unha instalación informática de alto rendemento (posibles configuracións de servidores, sistemas de almacenamento, buses e redes, así como os mecanismos para medir o rendemento dos sistemas instalados e para optimizar o seu uso).
Con este obxectivo o alumno/a coñecerá as tecnoloxías relacionadas coa posta en marcha e mantemento de instalacións informáticas de tamaño medio-grande. Aprenderá a dimensionar unha instalación de acordo coas necesidades e a avalía-lo rendemento. Valorará o impacto de cada tecnoloxía e estará en condicións de tomar decisións sobre a organización dun centro de datos.
Juan Carlos Pichel Campos
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Teléfono
- 881816437
- Correo electrónico
- juancarlos.pichel [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade